viernes, 9 de marzo de 2018

SEMANA 12-16 MARZO

LUNS 12 MARZO
+No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.

ORACIÓN POR GABRIEL, “PESCADITO”
Dicen que cuando un niño cierra los ojos al mundo

un nuevo ángel nace en el cielo,

que cuando sus manos se cierran
en la tierra
dos alas se despliegan en la eternidad.
Dicen que cuando un niño deja de palpitar,

un corazón limpio y puro late junto al de Dios,

que cuando dos pies inocentes dejan de caminar,

un gran sendero con flores y plantas

espera en lo más alto de la cumbre.
Dicen que cuando un niño deja de vivir,

Dios lo recoge para que viva eternamente.

Porque un niño es sonrisa en la mañana,
tarde y noche,
es juego y travesura.

Y por ello mismo, porque es esperanza

un niño nunca deja de existir.

Vive porque Dios como creador

no permite una obra inacabada,

no quiere que algo suyo
quede injustamente en el olvido,

desea que este mundo nuestro

sea adornado por la belleza y la candidez,

la alegría y espontaneidad de un niño.
Por eso, cuando un niño cierra los ojos prematuramente
un nuevo ángel nace en el cielo,

dos alas se despliegan en lo alto,

un canto angelical se escucha en el firmamento,

un susurro celestial sostiene la tristeza del momento.
Hoy, un ángel existe:

en nuestro corazón,
en nuestra fe,

en nuestra esperanza.


Su nombre es…. Gabriel

Por  él,
el pequeño Gabriel que se convirtió en “Pescadito” ,
por sus padres y familiares,
por todos los que han ayudado en su búsqueda
y por quienes le han hecho daño.
Señor,
Ablanda el corazón duro de quienes así lo han hecho,
Perdónalos.
Ojalá todo hubiese sido un mal sueño.
Ojalá la vida y la esperanza hubiesen vencido.
Hoy tienes un nuevo ángel a tu lado,
Cuida de él
y de tantos otros inocentes anónimos
que cada día te acompañan en el cielo. Amén


PADRENUESTRO

Martes 13 de marzo
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.

Uns pouco cegos?

Hai persoas que ven mal, padecen miopía, etc… A parte da cegueira física hai outros tipos de cegueiras: “cego de amor e de celos”, “ir cego”, “unha cita a cegas”, “dar paus de cego”…
Que queremos dicir? Cales son as causas destas cegueiras? Como poden curarse?.

Todos estamos uns pouco cegos: só vemos a fachada sen descubrir o que hai no interior do corazón, vemos só o que nos interesa, o negativo ou as grandes estrelas. Non percibimos o bonito da vida, nin o Misterio, a Deus…

Oración:

Xesús pon luz nos meus ollos!
Grazas, Xesús, polos meus ollos.
Quixese que sempre estivesen dispostos para abrir o meu corazón, para mirarte a ti.
Dálles a túa luz, para que sexan uns ollos limpos que miren sen mentira nin rancor.
Que desapareza deles a tristeza e que saiban abrirse sempre para ver admirados todo o que nos rodea.
Que saiba pechalos para atoparte moi dentro enchéndoos de fe, de confianza en ti.
Que saiba abrilos e ver en profundidade para recoñecer a túa presenza en todas as cousas.
Que nunca se pechen ante as necesidades dos demais.
Toca os meus ollos coas túas mans, énchenos da túa luz para ver a vida coa mirada da fe.
Que deamos testemuño de ti con valentía para que outros crean e te sigan.
Xesús, dáme a túa luz.



Mércores 14 de marzo
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.

Xesús, es a LUZ!


EVANXEO Curación dun cego 
E chegou a Xericó. Cando saía cos seus discípulos e outra moita xente, Bartimeo, o fillo de Timeo, un cego pobre de pedir, estaba sentado a carón do camiño. Oíndo que pasaba Xesús o Nazareno, empezou a berrar:
‑¡Xesús, Fillo de David, ten piedade de min!
Moitos mandábano calar; pero el berraba aínda máis alto:
‑¡Fillo de David, ten piedade de min!
Deténdose  Xesús, dixo:
‑Dicídelle que veña aquí.
E chamaron polo cego, dicíndolle:
‑¡Veña, érguete, que te chama!
El, ceibándose do manto, veu dando brincos ata onde estaba Xesús. Este preguntoulle:
‑¿Que queres que che faga?
O cego respondeu:
‑Mestre, que volva a ver.
Xesús díxolle:
‑Ve, salvoute a túa fe.
E no instante comezou a ver, e seguiuno polo camiño.

REFLEXIÓN
No evanxeo Xesús cura a un cego: Devólvelle a luz aos seus ollos: “Púxome barro nos ollos, laveime, e vexo”. Devólvelle a luz da fe: “Creo, Señor” E prostrouse ante el.
Que pasou mentres tanto? Que proceso houbo?
Que nos quere dicir Xesús?: Que necesitamos acudir a El, o gran oculista, para que…

1. Cure as nosas cegueiras:
- Enfados, preguiza, dúbidas, desánimos, mentiras, inxustizas.

2. Nos gradúe a vista para:
- Ver o interior, o corazón das persoas.
- Ver aos outros con mirada sensible, compasiva.
- Ver a vida coa LUZ DA FE, con mirada de Deus, descubrindo os nosos pecados e pedindo perdón.
- Ver que el é o Salvador, o que merece a fe.

Que queres que faga por ti Xesús?



Xoves 15 de marzo
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.

Lembra que o encontro con Xesús supuxo unha transformación grande no cego.

Pon as cegueiras da túa vida ante Xesús e pídelle que che abra os ollos para ver.

Que vas facer para atoparte con Xesús e recibir a súa LUZ?


Na Coresma renovamos o noso bautismo
No bautismo os padriños acenden a vela.
No bautismo acendemos a vela (a fe incipiente dos nenos) no Cirio Pascual (a luz de Cristo resucitado onde nace a nosa fe).
O sacerdote di aos pais e padriños: “A vós, pais e padriños, confíasevos acrecentar esta luz, para que iluminados por Cristo camiñen sempre como fillos da luz”

Desde entón vemos a vida cos ollos novos da fe, é dicir, coa mirada de Deus. Os pais, os padriños e os profesores axúdannos a crecer na fe.

Hoxe rezamos:
Xesús, hoxe dicímosche que cremos en Ti, que iluminados pola túa luz vivamos sempre unha fe forte sendo valentes testemuñas túas como fillos da luz. Amén



VENRES 16 MARZO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A música axúdanos a entender os sentimentos e emocións que a vida nos vai poñendo.
A Coresma é ese tempo de encontro, de ir camiñando cara a Pascua e ir descubrindo no camiño o irmán, ao compañeiro...

Ao visualizar hoxe esta canción feita vida e xestos pregúntate: en quen confías?

Ora con ela, sente que é Deus quen cho pregunta, quen te interpela dende a necesidade da túa axuda para que confíes.
Sente así este tempo de Coresma, encontro e relación con Deus.


Despois de escoitar, sentir... sentir...  escribe un sentimento que podes compartir cos teus compañeiros e logo pégao na axenda ou no corcho de clase para que sigas orando e pedindo...


Rematamos xuntos dicindo Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo…



ES LUZ, ILUMÍNAME

Estamos xa no cuarto domingo de Coresma. Nestas últimas semanas en que nos preparamos para a celebración da Semana Santa, atopámonos con Xesús que é a auga viva, a Luz do mundo e a Vida verdadeira.

Xoán 3, 14-21: Deus enviou o seu Fillo para que o mundo se salve por el.
Narrador: Naquel tempo díxolle Xesús a Nicodemo:Xesús: -«O mesmo que Moisés elevou a serpe no deserto, así ten que ser elevado o Fillo do home, para que todo o que cre nel teña vida eterna. Porque tanto amou Deus o mundo, que entregou ao seu Unixénito, para que todo o que cre nel non pereza, senón que teña vida eterna. Porque Deus non enviou o seu Fillo ao mundo para xulgar o mundo, senón para que o mundo se salve por el. O que cre nel non será xulgado; o que non cre xa está xulgado,
porque non creu no nome do Unixénito de Deus.
Este é o xuízo: que a luz veu ao mundo, e 
os homes preferiron a tebra á luz, porque as súas obras eran malas. Pois todo o que obra o mal detesta a luz, e non se achega á luz, para non verse acusado polas súas obras. En cambio, o que obra a verdade achégase á luz, para que se vexa que as súas obras están feitas segundo Deus».

Palabra do Señor. 

ORACIÓN
Xesús, acende en min a túa luz

Xesús, no noso mundo a miúdo vemos que hai ladróns ou violentos que se esconden na escuridade para facer o mal.
Tamén dentro de min descubro esa loita entre luz e escuridade, entre querer obrar ben e facer o mal.
Hoxe no evanxeo descubría a Nicodemo acudindo de noite a ti, Xesús, e deixándose “acender” por ti.
Como Nicodemo, tamén eu acudo a ti porque sei que se ti estás preto, a túa luz inúndame e non paro de amar os que me rodean, as miñas obras son boas e a miña fe grande.
Grazas Xesús porque me enches de luz e de esperanza para que resplandeza o bo, xeneroso, amable e solidario que hai en min.
O teu amor é fonte de toda luz e de todo amor. Tamén quero agradecer que haxa tantas persoas que sementan en min e en nós un pouco da túa luz, os guías e acompañantes que nos coidan e nos levan polo bo camiño. Xesús acende en nós a túa luz, a luz da fe, a luz da verdade, para que regalemos a todos a luz do teu AMOR 



No hay comentarios:

Publicar un comentario