viernes, 16 de marzo de 2018

V SEMANA DE CORESMA B. 19-23 MARZO

Luns, 19 de marzo
+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Comezamos a quinta semana da coresma, unha nova oportunidade para cambiar e ser mellores. Xa estamos a chegar…

Do evanxeo deste quinto domingo de Coresma imos fixarnos só nunha frase, moi significativa:

Lectura do santo Evanxeo segundo San Juan (12,20-33)
Naquel tempo, entre os que viñeran a celebrar a festa había algúns gregos; estes, achegándose a Felipe, o de  Betsaida de Galilea, rogábanlle: «Señor, quixésemos ver a Xesús.»
Palabra de Deus

Hoxe, Xoán fálanos duns gregos que querían ver a Xesús. Serían peregrinos ou turistas que querían facerse unha foto ou ter o autógrafo de Xesús para levar a casa. Xesús era a figura do momento e había que estreitarlle a man. Felipe e  Andrés, gardacostas de Xesús, comunicáronllo.
Non sabemos se houbo foto e autógrafo ou non. Pero Xoán deixounos escrito este desexo que latexa no corazón de moitos homes e mulleres: "Señor, queremos ver a Xesús".
Aquí e agora, neste hoxe da nosa vida, na nosa aula, nós, podemos dicir que queremos ver a Xesús?
Eu non son o gardacostas de Xesús que impide á xente que se achegue a Xesús. Eu son o porteiro que a todos convida a celebrar a festa do amor e do perdón.

Ver a Xesús, si, para que nos quite as máscaras, nos axude a ver aos irmáns, a cambiar de vida, a aprender a morrer, a recoñecelo nos irmáns…

Hoxe Deus convócate.
Hoxe Deus sae ao teu paso.
Hoxe Deus suxíreche, como invitación:
Volve a min. Estou a esperar por ti.
Rasga o teu corazón e  purifícao de todo o que te aparta del.
Pregúntate: Quen é o teu Deus? A quen ou a que adoras?

Hoxe Deus diche:
Este é o tempo oportuno.
Esta é unha nova oportunidade.
Este é un día de salvación.
En nome de Deus: “Déixate reconciliar con Deus”.

Hoxe Deus diche: Non vivas de aparencias.
Traballa en segredo o teu corazón ata facelo semellante a Deus.
Entra no segredo da túa vida. Atrévete.
Deus está no escondido, no teu dentro máis íntimo.
Entra alí, no teu dentro.
Atravesa a superficialidade que te rodea.
Entra no teu interiot e ora.
Deus escoita a túa secreta oración.
Deus ten ganas de  intimar contigo.
Deus está a esperar por ti.

Hoxe Deus espera:
Facerte novo.
Alegrar a túa vida.

Martes 20 de marzo

+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Hoxe propoñémosvos un exercicio de imaxinación, tomádeo en serio. Saiamos hoxe, por un momento, desta clase, e pensemos en tantos nenos e adolescentes coma nós, en adultos coma os nosos pais e demais familiares…

Se un conflito ameazase á miña familia… E se eu hoxe non estivese aquí, nin os meus pais nos seus traballos ou na casa… se eu fose un refuxiado, se os meus pais fosen uns refuxiados?????? Que faría? Quedarme e arriscar a vida no conflito? Fuxir e arriscarme a ser secuestrado, asesinado, torturado ou…?

Lembremos que tamén en España, moitas familias tiveron que fuxir da fame e a guerra non hai moito. Podemos poñernos na pel dos nosos irmáns?

A fe no Deus de Xesús exprésase na axuda aos orfos, estranxeiros e viúvas. En moitos textos da Palabra así se confirma:
“Aprendede a facer o ben; buscade o xuízo, restituíde ao agraviado, facede xustiza ao orfo, amparade á viúva” ( Is 1, 17 c)
“Non oprimiredes ao estranxeiro, ao orfo e á viúva” ( Jer 7, 6a)

Habemos de ter en conta que todos os refuxiados son desprazados forzosos. Moitos refuxiados teñen que elixir entre algo horrible ou algo aínda peor. Temos en mente países como Siria, Iraq, Afganistán, Palestina, Colombia, Somalia, Sudán,  Congo, Serra Leoa, Somalia e tantos outros, que sofren as condicións indignas de estar nun campo sen o necesario para vivir, lonxe das súas casas e familias, que moitas veces perderon.

ORACIÓN (Todos xuntos)
Pedímosche, Señor, por todos os homes e mulleres de boa vontade. Que a comunidade cristiá, nós, na diferenza de culturas, nos abramos aos emigrantes, non só para acollelos, senón sobre todo para crear a comuñón entre as diferentes comunidades, e vivir así a universalidade da Igrexa, que desexa ser Familia, irmáns e irmás, fillos e fillas dun mesmo Pai-Nai. Amén.

Canción: “Os incontables” ( Ain  Karem)

Mércores 21 de marzo

+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

SON UNHA PERSOA RESPONSABLE?

LECTURA BÍBLICA: Gálatas 6, 1-6
«Irmáns, no caso de que alguén se atope enredado nalgunha transgresión, vostedes que son espirituais restauren ao tal con espírito de mansedumbre, considerándoche a ti mesmo, non sexa que ti tamén sexas tentado. Soporten os uns as cargas dos outros e desta maneira cumprirán a lei de Cristo. Porque se alguén estima que é algo, non sendo nada, a si mesmo engánase. Así que, examine cada un a súa obra, e entón terá motivo de orgullo só en si mesmo e non noutro; 5porque cada cal levará a súa propia carga».

REFLEXIÓN
Achéganse as vacacións de Semana Santa e xa imos recollendo os froitos do que fomos traballando durante a primeira e segunda avaliación. Agora, ao comezo desta semana facédevos algunhas preguntas: recollemos os resultados que verdadeiramente nos merecemos? Estamos satisfeitos cos resultados? E co noso traballo?
Pero antes de responder a estas cuestións xorde outro interrogante, Considérome unha persoa responsable? Seguramente, todos diremos que somos moi responsables, pero … Que é ser responsable? Se buscamos a palabra no dicionario atopamos a seguinte definición: Persoa que é consciente das súas obrigacións e actúa conforme a elas. Por que merece a pena ser responsable? As persoas responsables saben usar ben a súa intelixencia e habilidades, e así se gañan o respecto dos demais.

ORACIÓN
Señor, concédeme Serenidade para aceptar as cousas que non podo cambiar;
Valor para cambiar aquelas que podo
E Sabedoría para recoñecer a diferenza entre estas dúas cousas.
Que teña Serenidade, Valor e Sabedoría.



Xoves 22 de marzo

+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo

Durante esta Coresma vímonos preparando para celebrar a Pascua do Señor que significa morrer para poder resucitar con El.
A pouco que nos fixemos no noso día a día, resulta sinxelo caer na conta de que necesitamos revisar a nosa vida.
Hoxe queremos mirarnos no espello de Cristo, para medir a distancia entre a súa vida e a nosa, para sopesar o que nos sobra e o que nos falta, para sentir a necesidade da conversión e abrirnos á graza do Espírito.
Por iso, ímonos regalar este tempo de revisión e celebración, deixando resoar de novo no noso corazón a Palabra de Deus que segue dicíndonos “camiño contigo”.

Lectura do Evanxeo
Velaí algo do que Deus nos di na súa palabra, neste caso a través do apóstolo Paulo:
"Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e apegádevos ó ben; sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua; no traballo non teñades preguiza; no espírito sede apaixonados. Vivide ledos na esperanza, constantes na oración, fortes e solidarios nos momentos de sufrimento. Tede sempre en conta as necesidades dos demais cristiáns practicando a hospitalidade". 

(Palabras de Paulo á comunidade cristiá  de Roma)

- Revisa a túa vida...
- Que actitudes debes cambiar na túa vida...
                        * de crecemento e maduración persoal,
                        * de estudos,
                        * de familia,
                        * de relación cos amigos,
                        * de compromiso polos demais,
                        * de relación con Deus.



Venres 23 de marzo

+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo
Estamos a chegar xa ao final da Coresma. É boa hora para avaliarme… E elixir que actitudes quero potenciar a partir de agora… convídoche a escoller…

Claves para seguir avanzando…
1.- A Coresma é DESERTO. É soidade, xaxún, austeridade, rigor, esforzo, penitencia, perigo, tentación.
2.- A Coresma é PERDÓN, é abrazo de reconciliación como na parábola do fillo pródigo
3.- A Coresma é ENCONTRO,  como a conversión de  Zaqueo ou no diálogo de Xesucristo coa muller  adúltera.
4.- A Coresma é LUZ, é o tránsito das tebras á luz. Xesucristo é a luz do mundo.
5.- A Coresma é SAÚDE, símbolo manifestado en textos como a curación do paralítico.
6.- A Coresma é AUGA. É o tránsito da sede da nosa insatisfacción á auga viva de Xesús como a muller  samaritana.
7.- A Coresma é LIBERACIÓN, TRIUNFO, é superación das probas e dificultades.
8.- A Coresma é CRUZ. Signo e presenza permanente durante todo este tempo,  co exemplo de Xesucristo, e como estamos chamados a cargar con ela como condición para o seguimento do Señor.
9.- A Coresma é  TRANSFIGURACIÓN. É a luz definitiva do camiño  coresmal.
10.- A Coresma é ESFORZO por retirar o  fermento vello e incorporar o FERMENTO NOVO da Pascua resucitada e  resucitadora, agora e para sempre.


Unha clave para cada día é preguntarnos que queres, Señor, hoxe de min?

No hay comentarios:

Publicar un comentario