Luns, 24 de setembro
DO EVANXEO DE LUCAS (4,18-19)
Entrou na sinagoga o día de sábado, e levantouse para facer a
lectura. Entregáronlle o volume do profeta Isaías e desenrolando o volume,
achou a pasaxe onde estaba escrito: “O Espírito do Señor está sobre min, porque
me unxiu para anunciar aos pobres a Boa Nova, envioume a proclamar a liberación
aos cativos e a vista aos cegos, para dar a liberdade aos oprimidos e proclamar
un ano de graza do Señor”. Enrolando o volume devolveuno ao ministro, e sentou.
Na sinagoga todos os ollos estaban fixos nel.
Palabra de Deus
Reflexión: Esta semana celebraremos a festividade de San Vicente de Paúl. Para San Vicente, estas palabras do Evanxeo
marcaron un antes e un despois na súa vida. Xesucristo e San Vicente si
cumpriron o que nos di o texto de San Lucas, e fixeron esa opción de verdade:
“O Espírito do Señor envioume a evanxelizar
aos pobres”.
Non creo que, despois de Cristo, houbese alguén que fixese tan
de verdade como Vicente de Paúl a opción
polos pobres: “Os pobres son o meu peso e a miña dor”, dixo moi expresivamente.
ORACIÓN
"Dános, Señor, ollos atentos
para descubrir as necesidades dos
pobres,
ao estilo de San Vicente.
Dános, Señor, pés lixeiros
para correr e comprometernos
en resolver as necesidades dos
pobres.
Dános, Señor, corazón grande,
ao estilo de San Vicente
para comprender todas as miserias.
Dános, Señor, valentía e capacidade
de compromiso
para participar en accións caritativas."
AMÉN
Todos: NOSOPAI…
Martes, 25 de setembro
O xoves é a festa do noso fundador, San Vicente de Paúl. San Vicente educou a interioridade coa
mirada posta en catro aspectos:
-
Cara a un mesmo: San Vicente, a
través do silencio e a reflexión, mirábase a si mesmo para coñecerse mellor,
cambiar o que non era bo e poder ser cada día mellor persoa.
-
Cara a Deus: a oración era para San
Vicente o máis importante; tanto que lle dedicaba todos os días tres horas.
Nela, na oración, é onde atopou a auténtica relación con Deus e nela é onde se
apoiou para superar os momentos difíciles da súa vida.
-
Cara aos demais: San Vicente evitou
sempre a superficialidade. A relación cos demais foi auténtica e profunda; chea
de implicación na axuda aos demais e moi en especialmente aos máis necesitados,
ata o punto que algunha das súas frases máis usuais era: “os pobres son os
nosos amos e señores”.
-
Cara á realidade: San Vicente fixábase
nos pequenos detalles, na beleza das cousas; e facíanlle feliz pero tamén se
fixaba na pobreza extrema que sufría o pobo de París. É a partir desa realidade
de pobreza cando dedica a súa vida para axudar aos pobres.
Mércores, 26 de setembro
ESCOITAMOS UN CONTO “A Raíz”
Preto dun arroio de augas frescas, había un pequeno bosque.
As árbores eran moi variadas. Todas gastaban as enerxías en ser
máis altos e grandes, con moitas flores e perfumes; pero quedaban débiles e
tiñan pouca forza para botar raíz.
Un loureiro, en cambio, dixo:
- Eu, mellor vou investir a miña savia en ter unha boa raíz: así
crecerei e poderei dar as miñas follas a todos os que me necesiten.
As outras árbores estaban moi orgullosas de ser belas. En ningún
lado había tantas cores e perfumes! E non deixaban de admirarse e de falar dos
encantos dunhas e outras, e así todo o tempo, mirándose e ríndose dos demais.
O loureiro sufría continuamente as súas burlas. Rían del, señoreando as súas flores e perfumes, meneando a abundante follaxe.
- Loureiro – dicíanlle-, para que queres tanta raíz? Mira, a nós
todos encómiannos porque temos pouca raíz e moita beleza. Deixa de pensar nos
demais! Preocúpate só de ti!
Pero o loureiro estaba convencido do contrario; desexaba amar
aos demais e por iso tiña raíces fortes. Un bo día veu unha gran tormenta, e
sacudiu, soprou e resoplou sobre o
bosque. As árbores máis grandes, que tiñan unha ramaxe inmensa, víronse tan
fortemente golpeadas que, por máis que gritaban, non puideron evitar que o
vento as abatese. En cambio o pequeno loureiro, como tiña poucas ramas e moita
raíz, apenas perdeu unhas cantas follas. Entón todos comprenderon que o que nos
mantén firmes nos momentos difíciles, non son as aparencias, senón o que está
oculto nas raíces, dentro do teu corazón… alí… na túa alma…
REFLEXIÓN
- O que nos mantén
firmes nos momentos difíciles, non son as aparencias, senón o que está oculto
nas raíces, dentro do corazón... O AMOR!
- En que poñemos o
noso ideal? na beleza, no corpo, nas aparencias…? Caiamos na conta do que
realmente é importante na nosa vida!!!!
- Igual ca o loureiro,
preocupámonos dos demais? ou pola contra facemos como as demais árbores que só
pensan en si mesmas? A exemplo de san
Vicente vexamos a importancia dos que máis sofren nas nosas vidas.
Cales son as túas calidades e puntos fortes para vivir con
autenticidade deixando atrás as aparencias e sementado na túa vida e na dos que
che rodean sementes de esperanza do
mesmo xeito que fixo san Vicente?
Rematamos dando grazas polos talentos e calidades das persoas
que queremos e polos propios. Tamén polas limitacións e os defectos, que nos
poden facer máis humildes ademais de máis tolerantes cos demais, converténdonos
en creadores de pequenos oasis no medio dun mundo con demasiados desertos.
E agradecemos a vida de
san Vicente.
Xoves, 27 de setembro
FESTA DE SAN VICENTE DE PAÚL
Hoxe celebramos a festa grande do
noso fundador. Hoxe as Fillas da Caridade séntense felices, porque grazas á
pegada que deixou San Vicente de Paúl ao
longo de máis de 400 anos, puideron e poden axudar a moitos pobres en todo o
mundo. Nós tamén nos temos que sentir contentos de pertencer a esta gran
familia vicenciana. Imos rezar por elas,
para que xuntas poidan servir máis e mellor aos pobres.
NOSOPAI
Venres, 28 de setembro
No nome do Pai, do Fillo e do
Espírito Santo. Amén
Xesús séguenos chamando a todos para que deamos unha resposta
xenerosa e valente como a de Vicente. Decátaste de que ti tamén podes
responder, “botar unha man”?
Deus necesita das nosas mans para axudar, para abrazar, para
acompañar, para consolar... Atréveste a escoitar a Xesús e a dicirlle que estás
disposto, que conte contigo?
Pensa a través de que persoas ou de que situacións está a
falarche e decídete a responderlle.
Facemos hoxe nosa a oración da Familia Vicenciana, imos dicila
amodo e desde o corazón, pensando ben no que di:
"Señor Xesús, ti que quixeches facerte pobre,
fai que teñamos ollos e corazón para os pobres;
e que che recoñezamos a ti neles;
na súa sede, na súa fame, na súa soidade.
Pon no noso corazón
a sinxeleza, a humildade e a caridade
que abrasou a San Vicente de
Paúl.
Dános fortaleza para que como el fixo,
poidamos servirte nas persoas dos pobres". Amén
No hay comentarios:
Publicar un comentario