LUNS 1
OUTUBRO
No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
A espiritualidade vicenciana
O carisma e a espiritualidade vicenciana tratan do encontro con Cristo
pobre, presente entre os pobres. Para San Vicente as dúas preguntas clave son:
Quen é Xesús e como o sigo?
No seu proceso de conversión ía captando,
aos poucos, o sentido das dúas preguntas. A súa conversión é o proceso de
coñecer a Xesús e velo representado nos pobres.
Os que somos vicencianos non debemos conformarnos só con
rezar oracións, senón que debemos buscar e seguir a Xesús comprometéndonos en
favor dos necesitados e estar dispostos a prestar un servizo alí onde nos
necesiten.
Reflexión:
Hoxe pregúntome eu…
Que espazos da miña vida son lugar de
encontro con Xesús de Nazaret? Que poño
da miña parte para que Xesús poida falarlle á miña vida? Como coido a miña
relación con Xesús para que poida seguir crecendo?
Oración:
(San Ignacio)
Toma, Señor, e recibe
toda a miña liberdade,
a miña memoria, o meu entendemento
e toda a miña vontade,
todo o meu haber e o meu posuír;
Déchesmo, Señor;
E a ti tórnocho;
todo é teu,
dispón todo á túa vontade;
dáme o teu amor e graza,
Ampliar horizontes, derribar barreras - 26 TO B
MARTES 2 OUTUBRO
No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
SEXAMOS
LUZ PARA OS DEMAIS
Se cadra coñecedes esta anécdota:
Era un home que unha noite camiñaba polas
escuras rúas do seu pobo levando unha lámpada de aceite acendida. A cidade era
moi escura nas noites sen lúa como aquela. Nun determinado momento, atópase cun
amigo. O amigo mírao, e de súpeto, recoñéceo. Dáse conta de que é Fruela, o cego do pobo. Entón, dille:
“Que fas ti que es cego cunha lámpada na
man? Se ti non ves!”.
Entón o cego respóndelle:
“Eu non levo a lámpada para ver o meu
camiño. Coñezo as rúas de memoria. Levo a luz para que outros atopen o seu
camiño cando me vexan a min. Non só é importante a luz que me serve a min,
senón tamén a que eu uso para que outros poidan tamén servirse dela”.
A quen che lembra esta anécdota? Seguro que estás a pensar en Xesús.
El convértese para nós en Luz. E como o
fai? Propoñéndonos un estilo de vida, no que nos fai diferentes ao resto das
persoas. El, a través da súa entrega desinteresada, foi capaz de cambiar o
mundo.
Este pequeno relato pode deixarnos un
propósito para realizar durante este día. Cada un de nós imos cumprindo coas
nosas responsabilidades e actividades, pero ás veces non nos fixamos no que fan
os demais, -e sobre todo no que poden necesitar-.
Reflexión: Propóñoche prestar un pouco máis de
atención ao que fan outras persoas próximas a nós: compañeiros, irmáns, pais,
etc.
Non sexamos cegos, sexamos orixinais e
ofrezamos a nosa luz á xente que convive
connosco con pequenos detalles como o saudar,
dar grazas, ser amables…,
etc. Seguro que a súa vida mellorará en
calidade e tamén a nosa.
Oración:
(Todos)
Oh María sen pecado concibida!
Roga por nós que recorremos a ti
MÉRCORES 3 OUTUBRO
No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
XESÚS LUZ
DO MUNDO
Xesús presentouse primeiro como a luz do
mundo: "Eu son a luz do mundo..." ( Jn. 8,1); despois mandounos ser
tamén nós esa luz para os demais: "Vós sodes a luz do mundo" (Mt.
5,14).
De modo que o mandato é para que todos
podamos iluminar o camiño dos demais. Xesús é o Sol que nace do alto: “Pola
entrañable misericordia do noso Deus,
visitaranos o sol que nace do alto, para iluminar aos que viven en tebras e en
sombra de morte, para guiar os nosos pasos polo camiño da paz” ( Lc 1, 77 b-79)
Reflexión: A nós correspóndenos reflectir esa luz que
del recibimos; o noso traballo é facer a función da lúa, que polas noites encárgase
de iluminar as tebras reflectindo a luz do sol. Para ser ese reflexo, debemos deixarnos
primeiro iluminar por Xesús, ser outros Cristos na terra. Ese é o noso
traballo.
Tan intensa e brillante é a luz que
emitimos para que o camiño dos demais sexa suficientemente iluminado? O mundo
vive en tebras e a luz dun cristián debe brillar o suficiente como para
iluminar esa escuridade. Xesús deixouno ben claro: unha lámpada, para que
brille, debe colocarse no alto. Como podería servir unha lámpada colocada debaixo
da cama ou a mesa?
Oración: Nosopai…
(Todos)
XOVES 4 OUTUBRO
No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
PARÁBOLA
DA LUZ (EN CLAVE DE INTERIORIDADE)
As catro velas estaban a consumirse
tranquilamente, o ambiente estaba tan silencioso que se podía oír o diálogo
entre elas. A primeira dixo:
- Eu son a Paz, a pesar da miña luz as persoas non conseguen manterme acesa. E
diminuíndo a súa chama apagouse totalmente.
A segunda dixo:
- Eu chámome Fe, e son superflua para moitas persoas porque elas non queren
saber de Deus, por iso non ten sentido continuar queimándome; ao terminar as
súas palabras, un vento abateuse sobre ela. E esta apagouse.
En voz baixa e triste a terceira vela manifestouse:
- Eu son o Amor, non teño máis forzas para queimar. As persoas déixanme de
lado porque só conseguen manifestarme para elas mesmas, esquécense ata daquelas
que están ao seu ao redor. E tamén se apagou.
De súpeto entrou unha nena e viu as tres velas
apagadas e dixo:
- Que é isto? Vós debeden estar acesas e
consumirvos ata o final.
A cuarta vela falou:
- Non teñas medo nena, en canto eu estea
acesa poderemos acender as outras velas. Entón a nena tomou a vela da Esperanza e acendeu as que estaban
apagadas.
Oxalá que a vela da esperanza nunca se
apague dentro de nós!
Reflexión:
Moitas persoas buscan un modelo para
seguir, unha luz que lles ilumine e lles
mostre o horizonte. Ás veces búscano fóra: nos artistas, futbolistas ou
calquera tipo de persoa famosa. Pero o risco é grande, porque a realidade con
frecuencia, non corresponde coa propaganda, nin co que anuncian as revistas.
O mellor é levar esa lámpada acesa no noso
interior e así iluminaremos aos demais. Pregúntome: Como podo manter acendidas
esas catro velas: PAZ-FE-AMOR-ESPERANZA?
(Pódeno plasmar nunha pequena vela ou
comentalo en gran grupo)
Oración:
Todos xuntos cantamos a canción: “Anda,
levántate e anda”
VENRES 5 OUTUBRO
No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
A NOSA
CASA-COLEXIO
TEXTO
BÍBLICO
( Mt 7,
24-27: edificar a casa sobre roca ou sobre area)
“Así, todo o que escoita as miñas palabras
e as pon en práctica, pode compararse a un home sensato que edificou a súa casa
sobre roca. Caeron as choivas, precipitáronse os torrentes, sopraron os ventos e sacudiron a
casa; pero esta non se derrubou porque estaba construída sobre roca. Ao
contrario, o que escoita as miñas palabras e non as practica, pode compararse a
un home insensato, que edificou a súa casa sobre area. Caeron as choivas,
precipitáronse os torrentes, sopraron os
ventos e sacudiron a casa: esta derrubouse, e a súa ruína foi grande”
ORACIÓN
Oración
polos meus compañeiros de clase
Pai,
Nos comezos deste novo curso
quero pedirche por todos os meus
compañeiros de clase.
Ti coñécelos a todos,
sabes as súas calidades e os seus defectos,
entendes mellor que ninguén de que pé coxean
e en que cousas necesitan axuda.
Dáme a túa mirada para contemplalos,
as túas mans para axudarlles,
o teu sorriso para divertilos,
a túa intelixencia para ensinarlles
e, sobre todo, Pai, dáme o teu corazón
para non deixar nunca de amalos. Amén
(José Mª Escudero, Misión Joven)
No hay comentarios:
Publicar un comentario