viernes, 20 de febrero de 2015

1ª SEMANA DE CORESMA: ¡Se crítico! Ponte en camino cara á PASCUA. Fai o ben e evita o mal

LUNS 23 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Comezamos a primeira semana da coresma, unha nova oportunidade para cambiar, arrepentirse e ser mellores.

Lectura do santo Evanxeo segundo San Marcos 1, 12-15.
Naquel tempo o Espírito empurrou a Xesús ao deserto.
Quedou no deserto corenta días, deixándose tentar por Satanás.
Cando arrestaron a Xoán, Xesús marchou a Galilea a proclamar o Evanxeo de Deus; dicía:
-Cumpriuse o prazo, está preto o Reino de Deus. Convertédevos e crede a Boa Noticia.
Palabra de Deus
 Reflexión: Tempo de optar.
Tan só pasaron uns días dende o inicio deste tempo novo, a Coresma. Ante todo habemos de destacar que a Coresma é un tempo para decidir, para optar por Deus.
Esta semana busca o teu deserto, o teu lugar para cambiar, e sente quen che empurra cara a el. Mira en todas direccións e rodéate de millóns e millóns de grans de area. E agora?
É tempo de decidir, de optar. É tempo de coherencia. Porque cando realmente o consigas terás algo que te distinga...
Camiña cara ao teu interior repleto de perigos e tentacións. Atravesa o teu propio deserto. Mantente en silencio. Deixa que a luz que está no teu interior te invada por completo. Serás feliz e farás felices os que te rodean.

ORACIÓN (xuntos)
Xesús, móstranos o camiño da conversión.
Necesitamos seguir os teus pasos
e cambiar dende o interior.
Dános forzas,
axúdanos a vivir esta coresma
como un tempo de renovación na fe.



MARTES 24 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

O pasado mércores 18 de febreiro, as Fillas de Caridade da nosa provincia celebraban o día de Guinea Ecuatorial para recordar así o labor que realizan irmás da nosa comunidade nese país.
Xa que ese día estabamos de descanso, nós queremos unirnos nesa celebración e renderlles a nosa pequena homenaxe na oración de hoxe.

Vexamos o seu traballo.


Agora todos faremos unhas peticións, por aquelas persoas que dan a súa vida ao servizo dos demais por amor a Xesús.

· Por todos os misioneiros e misioneiras que regalaron a súa vida á gran misión encomendada por Deus, que teñan a forza necesaria para o desempeño desta cada día. OREMOS

· Polos nosos mozos para que saiban ver nas palabras de Xesús e de San Vicente, as claves para o desenvolvemento dunha vida plena que os guiará á felicidade. OREMOS

· Por todas as Fillas da Caridade que están destinadas nos distintos lugares de misións, especialmente polas de Guinea, que non se lles apague a luz que dá enerxía aos seus corazóns. OREMOS

· Por nós para que traballemos decididamente pola paz ao noso arredor e naqueles países que sofren a guerra. OREMOS

María, acolle estas peticións e dános ganas de anunciar con todo o que Él dixo e fixo e sexamos quen de realizar o traballo de evanxelización no día a día. Amén.
NOSOPAI

MÉRCORES 25 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Salmo: Pequena e insignificante semente (dous lectores)

 L1: Pequena semente de mostaza!
Pequena semente do sorriso,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en raio de sol
Para o ancián ou o enfermo abandonado.

L2: Pequena semente do apertón de mans,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en salvavidas
Para o solitario a punto de afogarse.

L1: Pequena semente do oído atento,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en tenrura
Para o adolescente desamparado.

L2: Pequena semente do xesto gratuíto,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en palabra de vida
Para o home saturado de discursos.

L1: Pequena semente dos bos cristiáns,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en cita de esperanza
Para todos os pobres.

REFLEXIÓN:
Non nos cansemos de proxectar o ben servindo aos demais, dando bos consellos, cumprindo coas nosas obrigas, perdoando a quen nos ofende, evitando todo acto de violencia; deste modo, estamos a colaborar para construír o mundo que Deus quere para todos nós.

Rezamos xuntos: Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo...



XOVES 24 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Canción: ¡Qué bonita la vida! De Dani Martín. 
PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN:

REFLEXIÓN:

Que bonita a vida! Gózaa, aproveita cada día, soña, sorrí, constrúe, valora o que tes, aprende algo novo cada día, inténtao sempre, loita, non perdas o teu tempo, comparte, a axuda,….
Ás veces é necesario parar e pensar en todas as cousas que nos ofrece a vida e que sen decatarnos non aproveitamos e deixándonos invadir pola rutina.
Estamos en Coresma, é o momento oportuno para eliminar o malo e abrir os brazos ao bo, a todas esas cousas bonitas que nos ofrece a vida.

Rezamos todos xuntos: AVE MARÍA

VENRES 27 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Un día un home novo situouse no centro dun poboado e proclamou que el posuía o corazón máis fermoso de toda a bisbarra.
Unha gran multitude congregouse ao seu arredor e todos admiraron e confirmaron que o seu corazón era perfecto, pois non se observaban nel nin máculas nin rabuñaduras. Nisto, un ancián achegouse e dixo: "Perdoa o meu atrevemento, pero, por que dis iso, se o teu corazón non é nin sequera aproximadamente tan fermoso coma o meu, ou o de tantas outras persoas?”. Sorprendidos, a multitude e o mozo miraron o corazón do vello e viron que, se ben latexaba vigorosamente, este estaba cuberto de cicatrices e ata había zonas onde faltaban anacos que foran substituídos por outros que non encaixaban perfectamente no lugar, pois se vían bordos e arestas irregulares no seu redor. É máis, había lugares con ocos, onde faltaban anacos profundos.
O mozo contemplou o corazón do ancián e ao ver o seu estado desgarrado, botouse a rir. "Debes estar a bromear, " dixo. "Compara o teu corazón co meu... O meu é perfecto! En cambio o teu é un conxunto de cicatrices e dor"
"É certo", dixo o ancián, "o teu corazón loce perfecto, pero eu xamais me involucraría contigo ... Mira, cada cicatriz representa unha persoa á cal entreguei todo o meu amor. Arranquei anacos do meu corazón para entregarllos a cada un daqueles que amei.
Moitos á súa vez, obsequiáronme un anaco do seu, que coloquei no lugar que quedou aberto. De aí quedaron os ocos, dar amor é arriscar, pero a pesar da dor que esas feridas me producen ao ter quedado abertas, recórdanme que os sigo amando e alimentan a esperanza, de que algún día -talvez- regresen e enchan o baleiro que deixaron no meu corazón. Comprendes agora o que é verdadeiramente fermoso? "
O mozo permaneceu en silencio, as bágoas corrían polas súas meixelas. Achegouse e deulle un anaco do seu corazón ao ancián, de igual xeito fixo este e deulle un anaco do seu corazón ao mozo. Aos non seren idénticos os anacos, notábanse os bordos e as unións. O mozo mirou o seu corazón, que xa non era perfecto, pero lucía moito máis fermoso que antes, porque o amor do ancián fluía no seu interior... e o amor del no corazón do ancián.
O mozo só puido reaccionar e dicirlle ao ancián..
"Si, en verdade agora podo ver o fermoso que é o teu corazón”
E o teu corazón... cantas cicatrices ten? Pagou a pena telas?

NOSOPAI








viernes, 13 de febrero de 2015

CORESMA 2015 "UNHA VIAXE CARA Á PASCUA"

Se crítico! Ponte en camiño cara á PASCUA. Prepara o corazón

XOVES 19 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Tras un pequeno descanso comezamos outra nova etapa no cole.
Onte foi mércores de cinza e comezamos a Coresma, que é un tempo de preparación á Pascua.
Na Misa deste día bendícese e imponse a cinza, feita dos ramos de oliveira ou doutras árbores, bendicidas no Domingo de Ramos do ano precedente.
O mesmo que a cinza dunha árbore queimada serve de aboamento para que medre un novo bosque, o signo do mércores de cinza recórdanos que é necesario transformarnos, cambiar, porque somos como a cinza, que non serve gran cousa en si mesma. Pero que, non obstante, estamos chamados a algo grande, a crecer das nosas propias cinzas. A CORESMA É UN TEMPO PARA PENSAR non no malos que somos, senón no bos que podemos chegar a ser seguindo o estilo de Xesús.
A cinza representa, por un lado, todo o que queremos queimar e apartar da nosa vida: os nosos egoísmos, pelexas, mentiras, preguiza no estudo, falta de cariño e respecto aos nosos pais... e por outro, aquilo que queremos que naza en nós: a paz, a amizade, a solidariedade, o amor, a dozura, a comprensión...
A vida hai que vivila intensamente pero sen queimarnos e, ao tempo, tomar consciencia de que hai que pararse a pensar o que é mellor en cada momento, de como me afectan as cousas a min e ao meu ámbito.
Procura vivir a coresma como un tempo de parada, de parada de excesos que pasan factura, de parada de falsidades que non conducen a nada. Un tempo de silencio interior, é dicir, de pararte a sentir as cousas, o que che rodea para logo poder decidir con que estilo queres camiñar pola vida.
A igrexa na coresma móstrache un estilo de vivir moi concreto, o de Xesús. Se vives a coresma dende aí verás que é un camiño inesperado onde nunca, nunca! estamos sós. Deus está connosco, CONTIGO!!

-      Reflexión: Estás disposto a emprender a viaxe cara á Pascua? Que gardarías na túa maleta? Que deixarías na túa casa? Quen ou quen escollerías como compañeiros de viaxe? Por que?

-      ORACIÓN FINAL: ¡Oh, María sen pecado concibida! Roga por nós que recurrimos a ti.



VENRES 20 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

DESPOIS DO ENTROIDO, AUTENTICIDADE
Nestes días pasados fomos moitos os que nos disfrazamos ou, cando menos, vimos pasar diante nosa moitas máscaras, e dende aquí vai un sorriso polos e polas valentes que intentaron botarlle ese humor tan necesario á vida disfrazándose e poñéndolle ao mal tempo boa cara pintada!
Agora xa rematou ou Entroido e os disfraces foron dar no armario ou no lixo.... Pero podemos ter a tentación de seguir co mesmo plantexamento na vida real:
e que disfraz me poño agora? Que máscara? É dicir, Que forma de ser adopto para ser máis popular?
A todos e a  todas nos gusta caer ben, que queiran ser os nosos amigos, que nos recoñezan e ata que nos admiren un pouco, non si?  Pero sexamos conscientes de que querer conseguilo a base de esconder o que es, non paga a pena.
Un consello que xa saía nos antigos oráculos: SE TI MESMO.
Para ser ti mesmo intenta ir deixando a imaxe superficial que creaches de ti só para compracer os demais.

Estamos a empezar a Coresma: Escoitastes que é un tempo no que se  nos invita  a que sexamos auténticos e que teñamos a audacia de mostrarnos tal e como somos de verdade.
Deus anímanos a que sexamos xente auténtica, xente transparente...
Recorda: SE TI

REFLEXIÓN: ¿Cres que a viaxe cara á Pascua se pode facer directo, sen ningunha parada? ¿Que momentos de parada cres que necesitarías? ¿Para que utilizarías eses momentos de parada? ¿Que cousas cres que podes facer para axudar a quen viaxa contigo cara á Pascua?

NOSOPAI





sábado, 7 de febrero de 2015

SEMANA 9-13 FEBREIRO (5ª TEMPO ORDINARIO_B)

LUNS 9 FEBREIRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

O mundo conta contigo
Se metemos a palabra MANS en “google todo o sabe” encontramos moitas opcións de busca sobre expresións de mans. “Mans limpas” por exemplo é unha asociación de funcionarios; “Mans arriba” recórdanos a todos unha situación de atraco; “Manostijeras” é unha película; “Mans rápidas” recórdanos ao mago Machi, a béisbol ou baloncesto, e así ata onde queiramos.
Pero todos botamos en falta unhas mans, faltábanos na lista Manos Unidas, que como todos sabemos é unha asociación para a axuda e desenvolvemento do terceiro mundo. Todos os anos os centros educativos de toda España e outras moitas asociacións celebran a campaña de Mans Unidas para recadar fondos co fin de solucionar algunha das moitas desigualdades e inxustizas que aínda existen no mundo.
Creo non me equivocar se afirmo que todos somos conscientes do mal que o están a pasar moitas persoas no noso ámbito, ás veces mesmo xente próxima a nós, pero sabemos que existen moitos países e moitos millóns de persoas que o pasan aínda peor.
No noso Centro a achega conséguese preparando merendas no recreo. Tamén dende JMV contribuímos este ano quedando un día a comer no colexio, o coñecido bocata solidario, co que non solucionamos ningún problema do mundo, pero achegamos o noso humilde gran de area e, sobre todo, demostramos sensibilidade cos problemas dos desfavorecidos.
Xuntando moitos grans de area como o que conseguimos este e todos os anos o noso colexio, conseguiuse nos últimos 8 anos, por exemplo, reducir á metade o número de persoas en extrema pobreza, ou que uns 2000 millóns de persoas accedesen á auga potable, ou que practicamente se conseguise a igualdade entre sexos na educación primaria, e así moitas máis cousas. O negativo sería enumerar o que queda por facer, que desgraciadamente é moito aínda.
Loitamos contra a pobreza, apúntaste?

NOSOPAI



MARTES 10 FEBREIRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

O mundo conta contigo: xestos que o cambian...
Cada segundo venres do mes de febreiro, dende 1963, xeracións de españois practican o Xaxún Voluntario, apuntándose a ese pequeno xesto tan simbólico como cargado de sentido.
En moitos centros escolares de toda España (vicencianos e tamén doutras ordes relixiosas) o xesto do Xaxún Voluntario converteuse no día do Bocata Solidario e, no noso caso, na semana dos recreos solidarios. E non se trata de solidarizarnos cos que o pasan mal, comendo. O xesto orixinario do Bocata Solidario, tratábase diso: solidarizarnos cos que menos teñen, experimentando o que para eles é o día a día, é dicir, comer unha única comida ao día. Por iso, o xesto non busca comer a un bocadillo máis grande do normal, ou merendar como nós facemos  deliciosos biscoitos e repostería de todo tipo, senón que toda a comida dese día fose, simplemente, ese bocata.
O prezo dun anaco de biscoito, ou dun bocadillo, ou de comprar unha camiseta, ou un bolígrafo, ou unha axenda, ou un caderno,… pode transformarse en material escolar para escolarizar unha nena; ou pode proporcionar sementes para algún horto de mulleres... E a suma de todas as colaboracións vense materializadas en centenares de proxectos de desenvolvemento en decenas de países.
As merendas solidarias deberían ser un xesto de xenerosidade e compromiso cos 840 millóns que xaxúan a diario por obriga e comen, a duras penas e con sorte, unha única comida ao día.
Grazas a todos pola vosa participación, aos que vos achegastes a comprar as merendas e, especialmente, aos que aportastes xenerosamente a deliciosa comida para a venta.
Agora ben,  "non" abonda "só cun xesto". Tamén fan xestos as tabaqueiras cando invisten en medicinas, ou as grandes compañías petroleiras cando invisten en ecoloxía, ou os gobernos máis belicistas cando organizan xornadas mundiais da paz, ou un multimillonario famoso cando organiza unha obra benéfica.
Cando falamos de solidariedade algún entende dar unhas moedas, e "non me pidas máis que xa colaboro demasiado durante todo o ano". Equivócaste: a auténtica solidariedade non está no peto, senón no corazón. E os xestos solidarios que fagamos, se non nos axudan a ser máis humanos, se non cambian algo na nosa forma de ser, na nosa forma de comportarnos cos demais, serven para nada. Os xestos que facemos comprométennos na nosa vida, comprométennos co mundo.
O xesto que mellor pode cambiar aos demais é o de abrir máis o corazón. Este xesto é moito máis difícil, pero consegue mellores resultados. Ánimo! e que este xesto axude a transformar a túa vida e a dos demais.



MÉRCORES 11 FEBREIRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

O mundo conta contigo: Construción dun centro de saúde rural en Burkina Faso
Dentro da campaña de Mans Unidas un proxecto que se pretende levar a cabo, e para o cal se solicita a colaboración de todos (aínda podemos seguir facendo aportacións) é a construción dun Centro de Saúde en Kamiankoro, unha pequena aldea da Diocese de Nouna no oeste de Burkina Faso, país situado en África e un dos países máis pobres do mundo. A economía está baseada na agricultura e a gandaría, e o 75% das terras están degradadas por un proceso crecente de desertización. Hai unha gran carencia de estruturas sanitarias que afecta sobre todo á poboación rural. A media do país é dun médico por cada 100.000 habitantes; de enfermeiros, un por cada 17.393 habitantes, e só o 36% da poboación ten acceso a un centro de saúde a menos de 5 km.
Esta é a situación en Kamiankoro xa que non posúe ningunha estrutura sanitaria e os seus habitantes teñen que acudir a outras poboacións máis ou menos próximas para recibir atención médica. Os habitantes deste pobo son pequenos agricultores moi pobres e entre eles o índice de analfabetismo é moi elevado. O problema agrávase na época das chuvias, xa que as pistas de terra que lles manteñen comunicados son impracticables de xuño a outubro, mesmo para desprazarse á poboación máis próxima que conta con dispensario, Sikoro, situada só a 7 km, non poden chegar polo desbordamento do río. Isto fai que en moitos casos os familiares decidan deixar os enfermos sen tratamento ou acudan á medicina tradicional, coa esperanza de que se curen, producíndose un aumento do índice de mortalidade.
Nun primeiro momento intentaron resolver o problema arranxando a estrada pero o custo era inasumible. Tamén se dirixiron ao Estado para solicitar a construción dun centro de saúde, pero o Estado está desbordado e non pode atender a todas as peticións que recibe.
Van comezar pouco a pouco, construíndo un pequeno dispensario, xa que o proxecto total do centro médico constará tamén de maternidade. Xuntos diríxense a Mans Unidas para solicitar financiamento para a construción do dispensario que beneficiará de forma directa aos 1.217 habitantes de Kamiankoro. Hai unha achega local de terreo no que se construirá, e de man de obra para a construción. O Estado, ao ser un proxecto que se inscribe dentro da política sanitaria de Burkina, comprometeuse por escrito a facerse cargo do funcionamento unha vez construído, pagando os salarios do persoal e o equipamento.
Con esta pequena construción pódense salvar moitas vidas e conseguir que a vida sexa un pouco máis doada, non obrigándoos a ter que emigrar, ou deixarse morrer. Ademais este obxectivo pódese conseguir cunha pequena cantidade, e a todos nos gustará ver o sorriso nas persoas que viven nesta pequena aldea.

NOSOPAI



XOVES 12 FEBREIRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

O mundo conta contigo: os obxectivos do milenio
"2015 pode e debe ser o momento da acción global" (Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU)
Durante todo este ano 2015, o mundo ten unha oportunidade histórica para trazar unha nova era de sostibilidade, a partir do que se ten conseguido mediante os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM).
Os ODM - Obxectivos globais acordados polos países en 2000 para facer fronte á pobreza extrema, promover a educación e previr a enfermidade, demostraron o que se pode lograr cando a comunidade internacional traballa unida. A pobreza extrema reduciuse á metade, máis nenos van á escola e os investimentos na loita contra millóns malaria, a sida e a tuberculose deron resultados.
Tres reunións internacionais de alto nivel en 2015 ofrecen a oportunidade da acción mundial:
1. A Terceira Conferencia Internacional sobre o Financiamento para o Desenvolvemento que se celebrará en Addis Abeba, Etiopía en xullo.
2. O Cumio Extraordinario sobre o Desenvolvemento Sostible na sede da ONU en Nova York en setembro, cando os líderes mundiais adopten un novo programa de desenvolvemento, que incluirá un conxunto de obxectivos de desenvolvemento sostible, para proporcionar un plan de acción ata 2030.
3. A conferencia sobre o clima da ONU en París en decembro, espérase que remate nun acordo significativo sobre o cambio climático universal.
Ao longo do ano haberá distintos eventos e actividades para involucrar a xente nesta campaña de acción, o pistoletazo de saída deuse cun mitin dixital o 15 de xaneiro.

NOSOPAI



VENRES 13 FEBREIRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

O mundo conta contigo: inxustizas de aquí e de alá
As cifras de pobreza no noso país, a maioría da clase media, eses que non son nin pobres nin ricos, son cada vez máis pobres.
Moitos perderon o seu traballo, e outros moitos reduciron o seu salario.
Cada vez hai máis españois que acoden á beneficencia para poder comer e pagar os alugueres, non obstante, os ricos non perderon riqueza, xa que a adquisición de produtos de luxo aumentou durante a crise.
Aínda así, no noso país a maioría seguimos sendo clase media, somos un país do denominado primeiro mundo.
Pero nos países do terceiro mundo onde hai moi pouca clase media, a maioría son moi pobres e están condenados a seguir séndoo. Nestes países, están afectados de guerras, enfermidades, malas colleitas. Onde a riqueza está en mans duns poucos, os gobernos a maioría deles corruptos, non están dispostos a preocuparse da súa propia poboación. A situación da infancia é dramática, de escravitude ou ben serán usados como nenos soldados ou explotado sexualmente.
Isto recorda o seguinte conto:
Un Monxe ía camiñando polas rúas populosas dunha cidade da india. Mentres camiñaba viu dous nenos que mendigando nunha beirarrúa.
O monxe mirou cara ao ceo e dixo:
-Deus, que estás a facer?
Seguiu camiñando e nun canellón sucio encontrou un ancián enfermo que estaba a morrer e dixo:
-Deus, que estás a facer?
Noutra rúa viu como o xefe dunha nena lle daba unha malleira e dixo:
-Deus, que estás a facer?
O monxe foi durmir e Deus aparéceselle en soños e díxolle:
- Xa fixen algo, fíxente a ti.
Este conto quérenos dicir que temos que ser nós os que loitemos pola xustiza. Ánimo!!!!

NOSOPAI