LUNS 9 FEBREIRO 2015. NO
NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
O mundo conta contigo
Se metemos a palabra MANS
en “google todo o sabe” encontramos moitas opcións de busca sobre expresións de
mans. “Mans limpas” por exemplo é unha asociación de funcionarios; “Mans
arriba” recórdanos a todos unha situación de atraco; “Manostijeras” é unha
película; “Mans rápidas” recórdanos ao mago Machi, a béisbol ou baloncesto, e
así ata onde queiramos.
Pero todos botamos en
falta unhas mans, faltábanos na lista Manos
Unidas, que como todos sabemos é unha asociación para a axuda e
desenvolvemento do terceiro mundo. Todos os anos os centros educativos de toda
España e outras moitas asociacións celebran a campaña de Mans Unidas para
recadar fondos co fin de solucionar algunha das moitas desigualdades e
inxustizas que aínda existen no mundo.
Creo non me equivocar se
afirmo que todos somos conscientes do mal que o están a pasar moitas persoas no
noso ámbito, ás veces mesmo xente próxima a nós, pero sabemos que existen
moitos países e moitos millóns de persoas que o pasan aínda peor.
No noso Centro a achega
conséguese preparando merendas no recreo. Tamén dende JMV contribuímos este ano
quedando un día a comer no colexio, o coñecido bocata solidario, co que non
solucionamos ningún problema do mundo, pero achegamos o noso humilde gran de
area e, sobre todo, demostramos sensibilidade cos problemas dos desfavorecidos.
Xuntando moitos grans de
area como o que conseguimos este e todos os anos o noso colexio, conseguiuse
nos últimos 8 anos, por exemplo, reducir á metade o número de persoas en
extrema pobreza, ou que uns 2000 millóns de persoas accedesen á auga potable,
ou que practicamente se conseguise a igualdade entre sexos na educación
primaria, e así moitas máis cousas. O negativo sería enumerar o que queda por
facer, que desgraciadamente é moito aínda.
Loitamos contra a
pobreza, apúntaste?
NOSOPAI
MARTES 10 FEBREIRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
O mundo conta contigo: xestos que o cambian...
Cada segundo venres do
mes de febreiro, dende 1963, xeracións de españois practican o Xaxún
Voluntario, apuntándose a ese pequeno xesto tan simbólico como cargado de
sentido.
En moitos centros
escolares de toda España (vicencianos e tamén doutras ordes relixiosas) o xesto
do Xaxún Voluntario converteuse no día do Bocata Solidario e, no noso caso, na
semana dos recreos solidarios. E non se trata de solidarizarnos cos que o pasan
mal, comendo. O xesto orixinario do Bocata Solidario, tratábase diso:
solidarizarnos cos que menos teñen, experimentando o que para eles é o día a
día, é dicir, comer unha única comida ao día. Por iso, o xesto non busca comer
a un bocadillo máis grande do normal, ou merendar como nós facemos deliciosos biscoitos e repostería de todo
tipo, senón que toda a comida dese día fose, simplemente, ese bocata.
O prezo dun anaco de
biscoito, ou dun bocadillo, ou de comprar unha camiseta, ou un bolígrafo, ou
unha axenda, ou un caderno,… pode transformarse en material escolar para
escolarizar unha nena; ou pode proporcionar sementes para algún horto de
mulleres... E a suma de todas as colaboracións vense materializadas en centenares
de proxectos de desenvolvemento en decenas de países.
As merendas solidarias
deberían ser un xesto de xenerosidade e compromiso cos 840 millóns que xaxúan a
diario por obriga e comen, a duras penas e con sorte, unha única comida ao día.
Grazas a todos pola vosa
participación, aos que vos achegastes a comprar as merendas e, especialmente,
aos que aportastes xenerosamente a deliciosa comida para a venta.
Agora ben, "non" abonda "só cun
xesto". Tamén fan xestos as tabaqueiras cando invisten en medicinas, ou as
grandes compañías petroleiras cando invisten en ecoloxía, ou os gobernos máis
belicistas cando organizan xornadas mundiais da paz, ou un multimillonario
famoso cando organiza unha obra benéfica.
Cando falamos de
solidariedade algún entende dar unhas moedas, e "non me pidas máis que xa
colaboro demasiado durante todo o ano". Equivócaste: a auténtica
solidariedade non está no peto, senón no corazón. E os xestos solidarios que
fagamos, se non nos axudan a ser máis humanos, se non cambian algo na nosa forma
de ser, na nosa forma de comportarnos cos demais, serven para nada. Os xestos
que facemos comprométennos na nosa vida, comprométennos co mundo.
O xesto que mellor pode
cambiar aos demais é o de abrir máis o corazón. Este xesto é moito máis
difícil, pero consegue mellores resultados. Ánimo! e que este xesto axude a
transformar a túa vida e a dos demais.
MÉRCORES 11 FEBREIRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
O mundo conta contigo: Construción dun centro de saúde
rural en Burkina Faso
Dentro da campaña de Mans
Unidas un proxecto que se pretende levar a cabo, e para o cal se solicita a
colaboración de todos (aínda podemos seguir facendo aportacións) é a construción
dun Centro de Saúde en Kamiankoro, unha pequena aldea da Diocese de Nouna no
oeste de Burkina Faso, país situado en África e un dos países máis pobres do
mundo. A economía está baseada na agricultura e a gandaría, e o 75% das terras
están degradadas por un proceso crecente de desertización. Hai unha gran
carencia de estruturas sanitarias que afecta sobre todo á poboación rural. A
media do país é dun médico por cada 100.000 habitantes; de enfermeiros, un por
cada 17.393 habitantes, e só o 36% da poboación ten acceso a un centro de saúde
a menos de 5 km.
Esta é a situación en
Kamiankoro xa que non posúe ningunha estrutura sanitaria e os seus habitantes
teñen que acudir a outras poboacións máis ou menos próximas para recibir
atención médica. Os habitantes deste pobo son pequenos agricultores moi pobres
e entre eles o índice de analfabetismo é moi elevado. O problema agrávase na
época das chuvias, xa que as pistas de terra que lles manteñen comunicados son
impracticables de xuño a outubro, mesmo para desprazarse á poboación máis
próxima que conta con dispensario, Sikoro, situada só a 7 km, non poden chegar
polo desbordamento do río. Isto fai que en moitos casos os familiares decidan
deixar os enfermos sen tratamento ou acudan á medicina tradicional, coa
esperanza de que se curen, producíndose un aumento do índice de mortalidade.
Nun primeiro momento
intentaron resolver o problema arranxando a estrada pero o custo era inasumible.
Tamén se dirixiron ao Estado para solicitar a construción dun centro de saúde,
pero o Estado está desbordado e non pode atender a todas as peticións que
recibe.
Van comezar pouco a
pouco, construíndo un pequeno dispensario, xa que o proxecto total do centro
médico constará tamén de maternidade. Xuntos diríxense a Mans Unidas para
solicitar financiamento para a construción do dispensario que beneficiará de
forma directa aos 1.217 habitantes de Kamiankoro. Hai unha achega local de
terreo no que se construirá, e de man de obra para a construción. O Estado, ao
ser un proxecto que se inscribe dentro da política sanitaria de Burkina,
comprometeuse por escrito a facerse cargo do funcionamento unha vez construído,
pagando os salarios do persoal e o equipamento.
Con esta pequena
construción pódense salvar moitas vidas e conseguir que a vida sexa un pouco
máis doada, non obrigándoos a ter que emigrar, ou deixarse morrer. Ademais este
obxectivo pódese conseguir cunha pequena cantidade, e a todos nos gustará ver o
sorriso nas persoas que viven nesta pequena aldea.
NOSOPAI
XOVES 12 FEBREIRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
O mundo conta contigo: os obxectivos do milenio
"2015 pode e debe
ser o momento da acción global" (Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU)
Durante todo este ano
2015, o mundo ten unha oportunidade histórica para trazar unha nova era de
sostibilidade, a partir do que se ten conseguido mediante os Obxectivos de
Desenvolvemento do Milenio (ODM).
Os ODM - Obxectivos
globais acordados polos países en 2000 para facer fronte á pobreza extrema,
promover a educación e previr a enfermidade, demostraron o que se pode lograr
cando a comunidade internacional traballa unida. A pobreza extrema reduciuse á
metade, máis nenos van á escola e os investimentos na loita contra millóns
malaria, a sida e a tuberculose deron resultados.
Tres reunións
internacionais de alto nivel en 2015 ofrecen a oportunidade da acción mundial:
1. A Terceira Conferencia
Internacional sobre o Financiamento para o Desenvolvemento que se celebrará en
Addis Abeba, Etiopía en xullo.
2. O Cumio Extraordinario
sobre o Desenvolvemento Sostible na sede da ONU en Nova York en setembro, cando
os líderes mundiais adopten un novo programa de desenvolvemento, que incluirá
un conxunto de obxectivos de desenvolvemento sostible, para proporcionar un
plan de acción ata 2030.
3. A conferencia sobre o
clima da ONU en París en decembro, espérase que remate nun acordo significativo
sobre o cambio climático universal.
Ao longo do ano haberá
distintos eventos e actividades para involucrar a xente nesta campaña de
acción, o pistoletazo de saída deuse cun mitin dixital o 15 de xaneiro.
NOSOPAI
VENRES 13 FEBREIRO 2015. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
O mundo conta contigo: inxustizas de aquí e de alá
As cifras de pobreza no
noso país, a maioría da clase media, eses que non son nin pobres nin ricos, son
cada vez máis pobres.
Moitos perderon o seu
traballo, e outros moitos reduciron o seu salario.
Cada vez hai máis
españois que acoden á beneficencia para poder comer e pagar os alugueres, non
obstante, os ricos non perderon riqueza, xa que a adquisición de produtos de luxo
aumentou durante a crise.
Aínda así, no noso país a
maioría seguimos sendo clase media, somos un país do denominado primeiro mundo.
Pero nos países do
terceiro mundo onde hai moi pouca clase media, a maioría son moi pobres e están
condenados a seguir séndoo. Nestes países, están afectados de guerras,
enfermidades, malas colleitas. Onde a riqueza está en mans duns poucos, os
gobernos a maioría deles corruptos, non están dispostos a preocuparse da súa
propia poboación. A situación da infancia é dramática, de escravitude ou ben
serán usados como nenos soldados ou explotado sexualmente.
Isto recorda o seguinte
conto:
Un Monxe ía camiñando
polas rúas populosas dunha cidade da india. Mentres camiñaba viu dous nenos que
mendigando nunha beirarrúa.
O monxe mirou cara ao ceo
e dixo:
-Deus, que estás a facer?
Seguiu camiñando e nun canellón sucio encontrou un ancián enfermo que estaba a morrer e dixo:
-Deus, que estás a facer?
Noutra rúa viu como o
xefe dunha nena lle daba unha malleira e dixo:
-Deus, que estás a facer?
O monxe foi durmir e
Deus aparéceselle en soños e díxolle:
- Xa fixen algo, fíxente
a ti.
Este conto quérenos dicir
que temos que ser nós os que loitemos pola xustiza. Ánimo!!!!
NOSOPAI
No hay comentarios:
Publicar un comentario