viernes, 20 de febrero de 2015

1ª SEMANA DE CORESMA: ¡Se crítico! Ponte en camino cara á PASCUA. Fai o ben e evita o mal

LUNS 23 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Comezamos a primeira semana da coresma, unha nova oportunidade para cambiar, arrepentirse e ser mellores.

Lectura do santo Evanxeo segundo San Marcos 1, 12-15.
Naquel tempo o Espírito empurrou a Xesús ao deserto.
Quedou no deserto corenta días, deixándose tentar por Satanás.
Cando arrestaron a Xoán, Xesús marchou a Galilea a proclamar o Evanxeo de Deus; dicía:
-Cumpriuse o prazo, está preto o Reino de Deus. Convertédevos e crede a Boa Noticia.
Palabra de Deus
 Reflexión: Tempo de optar.
Tan só pasaron uns días dende o inicio deste tempo novo, a Coresma. Ante todo habemos de destacar que a Coresma é un tempo para decidir, para optar por Deus.
Esta semana busca o teu deserto, o teu lugar para cambiar, e sente quen che empurra cara a el. Mira en todas direccións e rodéate de millóns e millóns de grans de area. E agora?
É tempo de decidir, de optar. É tempo de coherencia. Porque cando realmente o consigas terás algo que te distinga...
Camiña cara ao teu interior repleto de perigos e tentacións. Atravesa o teu propio deserto. Mantente en silencio. Deixa que a luz que está no teu interior te invada por completo. Serás feliz e farás felices os que te rodean.

ORACIÓN (xuntos)
Xesús, móstranos o camiño da conversión.
Necesitamos seguir os teus pasos
e cambiar dende o interior.
Dános forzas,
axúdanos a vivir esta coresma
como un tempo de renovación na fe.



MARTES 24 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

O pasado mércores 18 de febreiro, as Fillas de Caridade da nosa provincia celebraban o día de Guinea Ecuatorial para recordar así o labor que realizan irmás da nosa comunidade nese país.
Xa que ese día estabamos de descanso, nós queremos unirnos nesa celebración e renderlles a nosa pequena homenaxe na oración de hoxe.

Vexamos o seu traballo.


Agora todos faremos unhas peticións, por aquelas persoas que dan a súa vida ao servizo dos demais por amor a Xesús.

· Por todos os misioneiros e misioneiras que regalaron a súa vida á gran misión encomendada por Deus, que teñan a forza necesaria para o desempeño desta cada día. OREMOS

· Polos nosos mozos para que saiban ver nas palabras de Xesús e de San Vicente, as claves para o desenvolvemento dunha vida plena que os guiará á felicidade. OREMOS

· Por todas as Fillas da Caridade que están destinadas nos distintos lugares de misións, especialmente polas de Guinea, que non se lles apague a luz que dá enerxía aos seus corazóns. OREMOS

· Por nós para que traballemos decididamente pola paz ao noso arredor e naqueles países que sofren a guerra. OREMOS

María, acolle estas peticións e dános ganas de anunciar con todo o que Él dixo e fixo e sexamos quen de realizar o traballo de evanxelización no día a día. Amén.
NOSOPAI

MÉRCORES 25 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Salmo: Pequena e insignificante semente (dous lectores)

 L1: Pequena semente de mostaza!
Pequena semente do sorriso,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en raio de sol
Para o ancián ou o enfermo abandonado.

L2: Pequena semente do apertón de mans,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en salvavidas
Para o solitario a punto de afogarse.

L1: Pequena semente do oído atento,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en tenrura
Para o adolescente desamparado.

L2: Pequena semente do xesto gratuíto,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en palabra de vida
Para o home saturado de discursos.

L1: Pequena semente dos bos cristiáns,
Pequena e insignificante semente
Que se converte en cita de esperanza
Para todos os pobres.

REFLEXIÓN:
Non nos cansemos de proxectar o ben servindo aos demais, dando bos consellos, cumprindo coas nosas obrigas, perdoando a quen nos ofende, evitando todo acto de violencia; deste modo, estamos a colaborar para construír o mundo que Deus quere para todos nós.

Rezamos xuntos: Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo...



XOVES 24 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Canción: ¡Qué bonita la vida! De Dani Martín. 
PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN:

REFLEXIÓN:

Que bonita a vida! Gózaa, aproveita cada día, soña, sorrí, constrúe, valora o que tes, aprende algo novo cada día, inténtao sempre, loita, non perdas o teu tempo, comparte, a axuda,….
Ás veces é necesario parar e pensar en todas as cousas que nos ofrece a vida e que sen decatarnos non aproveitamos e deixándonos invadir pola rutina.
Estamos en Coresma, é o momento oportuno para eliminar o malo e abrir os brazos ao bo, a todas esas cousas bonitas que nos ofrece a vida.

Rezamos todos xuntos: AVE MARÍA

VENRES 27 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Un día un home novo situouse no centro dun poboado e proclamou que el posuía o corazón máis fermoso de toda a bisbarra.
Unha gran multitude congregouse ao seu arredor e todos admiraron e confirmaron que o seu corazón era perfecto, pois non se observaban nel nin máculas nin rabuñaduras. Nisto, un ancián achegouse e dixo: "Perdoa o meu atrevemento, pero, por que dis iso, se o teu corazón non é nin sequera aproximadamente tan fermoso coma o meu, ou o de tantas outras persoas?”. Sorprendidos, a multitude e o mozo miraron o corazón do vello e viron que, se ben latexaba vigorosamente, este estaba cuberto de cicatrices e ata había zonas onde faltaban anacos que foran substituídos por outros que non encaixaban perfectamente no lugar, pois se vían bordos e arestas irregulares no seu redor. É máis, había lugares con ocos, onde faltaban anacos profundos.
O mozo contemplou o corazón do ancián e ao ver o seu estado desgarrado, botouse a rir. "Debes estar a bromear, " dixo. "Compara o teu corazón co meu... O meu é perfecto! En cambio o teu é un conxunto de cicatrices e dor"
"É certo", dixo o ancián, "o teu corazón loce perfecto, pero eu xamais me involucraría contigo ... Mira, cada cicatriz representa unha persoa á cal entreguei todo o meu amor. Arranquei anacos do meu corazón para entregarllos a cada un daqueles que amei.
Moitos á súa vez, obsequiáronme un anaco do seu, que coloquei no lugar que quedou aberto. De aí quedaron os ocos, dar amor é arriscar, pero a pesar da dor que esas feridas me producen ao ter quedado abertas, recórdanme que os sigo amando e alimentan a esperanza, de que algún día -talvez- regresen e enchan o baleiro que deixaron no meu corazón. Comprendes agora o que é verdadeiramente fermoso? "
O mozo permaneceu en silencio, as bágoas corrían polas súas meixelas. Achegouse e deulle un anaco do seu corazón ao ancián, de igual xeito fixo este e deulle un anaco do seu corazón ao mozo. Aos non seren idénticos os anacos, notábanse os bordos e as unións. O mozo mirou o seu corazón, que xa non era perfecto, pero lucía moito máis fermoso que antes, porque o amor do ancián fluía no seu interior... e o amor del no corazón do ancián.
O mozo só puido reaccionar e dicirlle ao ancián..
"Si, en verdade agora podo ver o fermoso que é o teu corazón”
E o teu corazón... cantas cicatrices ten? Pagou a pena telas?

NOSOPAI








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog