viernes, 13 de febrero de 2015

CORESMA 2015 "UNHA VIAXE CARA Á PASCUA"

Se crítico! Ponte en camiño cara á PASCUA. Prepara o corazón

XOVES 19 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Tras un pequeno descanso comezamos outra nova etapa no cole.
Onte foi mércores de cinza e comezamos a Coresma, que é un tempo de preparación á Pascua.
Na Misa deste día bendícese e imponse a cinza, feita dos ramos de oliveira ou doutras árbores, bendicidas no Domingo de Ramos do ano precedente.
O mesmo que a cinza dunha árbore queimada serve de aboamento para que medre un novo bosque, o signo do mércores de cinza recórdanos que é necesario transformarnos, cambiar, porque somos como a cinza, que non serve gran cousa en si mesma. Pero que, non obstante, estamos chamados a algo grande, a crecer das nosas propias cinzas. A CORESMA É UN TEMPO PARA PENSAR non no malos que somos, senón no bos que podemos chegar a ser seguindo o estilo de Xesús.
A cinza representa, por un lado, todo o que queremos queimar e apartar da nosa vida: os nosos egoísmos, pelexas, mentiras, preguiza no estudo, falta de cariño e respecto aos nosos pais... e por outro, aquilo que queremos que naza en nós: a paz, a amizade, a solidariedade, o amor, a dozura, a comprensión...
A vida hai que vivila intensamente pero sen queimarnos e, ao tempo, tomar consciencia de que hai que pararse a pensar o que é mellor en cada momento, de como me afectan as cousas a min e ao meu ámbito.
Procura vivir a coresma como un tempo de parada, de parada de excesos que pasan factura, de parada de falsidades que non conducen a nada. Un tempo de silencio interior, é dicir, de pararte a sentir as cousas, o que che rodea para logo poder decidir con que estilo queres camiñar pola vida.
A igrexa na coresma móstrache un estilo de vivir moi concreto, o de Xesús. Se vives a coresma dende aí verás que é un camiño inesperado onde nunca, nunca! estamos sós. Deus está connosco, CONTIGO!!

-      Reflexión: Estás disposto a emprender a viaxe cara á Pascua? Que gardarías na túa maleta? Que deixarías na túa casa? Quen ou quen escollerías como compañeiros de viaxe? Por que?

-      ORACIÓN FINAL: ¡Oh, María sen pecado concibida! Roga por nós que recurrimos a ti.



VENRES 20 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

DESPOIS DO ENTROIDO, AUTENTICIDADE
Nestes días pasados fomos moitos os que nos disfrazamos ou, cando menos, vimos pasar diante nosa moitas máscaras, e dende aquí vai un sorriso polos e polas valentes que intentaron botarlle ese humor tan necesario á vida disfrazándose e poñéndolle ao mal tempo boa cara pintada!
Agora xa rematou ou Entroido e os disfraces foron dar no armario ou no lixo.... Pero podemos ter a tentación de seguir co mesmo plantexamento na vida real:
e que disfraz me poño agora? Que máscara? É dicir, Que forma de ser adopto para ser máis popular?
A todos e a  todas nos gusta caer ben, que queiran ser os nosos amigos, que nos recoñezan e ata que nos admiren un pouco, non si?  Pero sexamos conscientes de que querer conseguilo a base de esconder o que es, non paga a pena.
Un consello que xa saía nos antigos oráculos: SE TI MESMO.
Para ser ti mesmo intenta ir deixando a imaxe superficial que creaches de ti só para compracer os demais.

Estamos a empezar a Coresma: Escoitastes que é un tempo no que se  nos invita  a que sexamos auténticos e que teñamos a audacia de mostrarnos tal e como somos de verdade.
Deus anímanos a que sexamos xente auténtica, xente transparente...
Recorda: SE TI

REFLEXIÓN: ¿Cres que a viaxe cara á Pascua se pode facer directo, sen ningunha parada? ¿Que momentos de parada cres que necesitarías? ¿Para que utilizarías eses momentos de parada? ¿Que cousas cres que podes facer para axudar a quen viaxa contigo cara á Pascua?

NOSOPAI





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog