sábado, 11 de abril de 2015

2ª SEMANA PASCUA_B (13 - 17 ABRIL)

LUNS  13 ABRIL 2015
 “No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

Vivimos nun mundo no que o que non entra polos ollos non existe. Necesitamos comprobar os feitos para que estes sexan verdade. Todo se compra, e incluso a ledicia e a felicidade que en demasiadas ocasións esperamos atopar no material, na acumulación de cartos. Pero mira por onde, descoidamos o que non nos convén. Non somos capaces de descubrir que nos que sofren, que nas persoas desherdadas e silenciadas, está Xesús e é nas súas chagas nas que temos que meter o noso dedo e a nosa vida.
Que a nosa oración de hoxe nos faga conscientes de que grazas á fe, temos que ser quen de descubrir a Xesús en todas as persoas que sofren.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
            Pasados oito días, veu Xesús
            Naquel día, o primeiro da semana, ao serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús e, poñéndose no medio, díxolles:
            Paz convosco.
            Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez:
            Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
            E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
            Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
            Pero Tomé, un dos Doce, o chamado Xemelgo, non estaba con eles cando chegou Xesús.          
            Dicíanlle entón os outros discípulos:
            Vimos o Señor.
            Pero el contestoulles:
            Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como non meta a miña man no seu costado, non crerei.
            Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:
            Paz convosco.
            Despois díxolle a Tomé:
               Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
            Tomé respondeulle:
            Meu Señor e meu Deus!
            Xesús díxolle:
            Tes fe porque me viches? Benia os que creron sen veren!
            Moitos outros signos fixo Xesús diante dos seus discípulos, que non se escribiron neste libro. Estes escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus e, crendo, teñades vida nel.

  Palabra do Señor                                       R/. Loámoste, Cristo



MARTES 14 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

Mirade un momento ao voso lado… Se observamos a noso arredor, podemos ver que estamos a compartir o noso tempo e a nosa vida cun montón de persoas, os nosos compañeiros. Todos algunha vez nos encontramos perdidos ou nunha situación difícil e vénnos moi ben que alguén do noso arredor nos dedique o seu tempo para superar ese obstáculo e iso ademais fainos sentirnos moito mellor.
E nós, decatámonos cando os demais necesitan axuda de como respondemos? Somos capaces de saír das nosas comodidades, de deixar de facer as nosas cousas, de deixar de pensar un momento en nós e axudar a quen temos ao noso lado?

Moitas veces quen nos explica algo e nos axuda é quen menos nos esperamos. Isto tamén se reflicte nunha das parábolas que explicou Xesús, na parábola do bo samaritano.

Evanxeo (Lc 10, 25-27)
Xesús entón preguntoulle: «Segundo o teu parecer, cal destes tres  foi os demais do home que caeu en mans dos ladróns?»
O mestre da Lei contestou: «O que se mostrou compasivo con el.»
E Xesús díxolle: «Mira e fai ti o mesmo.»

Xesús dinos que o noso próximo é calquera persoa que nos rodee, aínda que inicialmente non sexa o noso coñecido ou amigo. E se os demais necesitan axuda hai que deixar as escusas a un lado e achegarnos a prestar a nosa axuda.

Na clase moitas veces o noso compañeiro encóntrase triste, ou non sabe facer algunha tarefa ou ten algunha dificultade.... e podemos elixir entre apoialo e buscar unha solución conxunta ou pasar de longo, como o sacerdote ou o levita no Evanxeo.
Por iso, podemos facernos as seguintes preguntas:
- "Tomas as rendas" ante unha situación difícil cando ves que podes achegar algo como o samaritano ou adoitas escaquearte como o sacerdote e o levita?
- Prestas a túa axuda aos teus compañeiros sen distinguir se son ou non os teus amigos habituais? Cando algún compañeiro non entende algo, moléstaste en explicarllo para que tamén poida aprender e avanzar?
- Estás atento ao que pasa ao teu arredor e tes predisposición para axudar ou só te moves para colaborar cando se che solicita?
- Cando dedicas o teu tempo a que outro compañeiro mellore falo de xeito desinteresado, sen esperar nada a cambio, ou gústache recibir eloxios e que se recoñeza o teu esforzo?

Pidámoslle o Señor que nos axude a estar predispostos para os demais, para que sexamos como o samaritano que atende desinteresadamente aos demais, ou como a ovella, que axuda ao lobo, o seu maior inimigo.

vídeo: (PÓDESE PARAR NO MINUTO 4:00)



MÉRCORES 15 ABRIL 2015
 “No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

Santiago subliña a importancia de escoitar cando escribe "deberiamos estar prontos para oír, tardos para falar" (Santiago 1, 19).
Cantas veces non oíches frases como as seguintes? "Estás na idade do pavo". Non sei que facer contigo xa non me obedeces como antes". Ou mesmo te formulaches cuestións como: Cara a onde ir? Como me miran os outros? Como me miro eu? Por que estou triste? Como poderei ser importante, popular ou o/ a máis "guay" da clase ou do meu grupo de amigos?

En definitiva, quen sentiu a necesidade de ser escoitado? TODOS. Pero vivimos nun mundo onde TODOS queremos falar porque ESCOITAR require máis esforzo, aínda que temos dous oídos e unha soa boca.

"Temos dous oídos e unha soa boca porque oír é dúas veces máis necesarios que falar"

A pregunta que vos queremos formular hoxe é: sabes escoitar as persoas que te rodean ou só preocúpaste dos teus propios problemas? Talvez haxa alguén preto de ti que necesita ser escoitado ou talvez sexas ti quen necesite ser escoitado... a quen acudirías nese caso?

Cada un de nós como seres humanos necesitámonos os uns aos outros para ser escoitados; necesitamos compartir os nosos sentimentos, problemas ou alegrías cos demais. Necesitamos o consello do noso compañeiro, o seu consolo, a súa comprensión ou simplemente o seu silencio.

Escoitar é un poder, que nos permite coñecer os demais, equivocarnos menos, e gañar amigos e oportunidades. Resulta un feito evidente que cada persoa, no seu foro interior, desexa ou necesita ser escoitado con respecto e cortesía.

Cando isto acontece, acudimos aos nosos amigos e compañeiros porque nos coñecen, comparten o noso día e crecen connosco. Pero hai ocasións, en que necesitamos algo ou a alguén distinto, que tamén nos coñeza e que nos permita expresarnos sen ser xulgados. Dende aquí querémosvos invitar a pensar que hai máis persoas a voso arredor que tamén poden estar aí para vós, que se preocupan polo voso benestar e que vos entenden aínda que ás veces pareza mentira. Si, esas persoas das que falo, son os pais, os profesores, as Hermanas... dispostos a botar unha man a quen necesite, para escoitar os vosos problemas, darvos os mellores consellos posibles que vos axuden a encontrar unha solución ou acompañarvos cando o necesitedes.

Para reflexionar sobre o valor da escoita imos ver un vídeo sinxelo no que nos decataremos da importancia de escoitar os demais:


XOVES 16 ABRIL 2015
 “No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

Cristo resucitou e estamos alegres. Esta alegría non debería ser só unha manifestación interna, senón que debería manifestarse cun sorriso e saúdo a todos os que nos cruzamos no noso centro: Hermanas, secretaria, persoal de limpeza, profesores, compañeiros…


Oración (xuntos)
Ti e eu
Só Ti podes dar a fe,
pero eu podo dar o meu testemuño.
Só Ti podes dar a esperanza,
pero eu podo devolverlle a confianza aos meus irmáns.
Só Ti podes dar a alegría,

pero eu podo facer feliz ao triste.
Só Ti podes dar o amor,
pero eu podo ensinarlle aos outros a amar.
Só Ti podes dar a paz,
pero eu podo salvar a unión.
Só Ti podes dar a forza,
pero eu podo levantar ao desanimado.
Só Ti es o camiño,
pero eu podo ensinarllo aos outros.
Só Ti es a vida,
pero eu podo devolver aos outros o desexo de vivir.
Só Ti podes facer o imposible,
pero eu podo facer o posible.
Só Ti non necesitas a ninguén,

pero prefires contar comigo. Amén

Coa alegría de María que sabe que o seu fillo está vivo, rezamos todos:
Ave María...

E non esquezades que nunca estamos completamente vestidos sen un sorriso.


VENRES 17 ABRIL 2015
 “No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

"A familia é o primeiro", "a familia é o máis importante", "sentirse como en familia"… a familia sempre está aí: tamén no colexio as familias son importantes.

Cita Bíblica (Efesios 6, 1-4)
Fillos, obedecede os vosos pais no Señor, porque iso é xusto. Honra ao teu pai e á túa nai é o primeiro mandamento ao que se engade unha promesa: Irache ben e vivirás longo tempo na terra. Pais, non exasperedes os vosos fillos; criádeos educándoos e corrixíndoos segundo o Señor.

Dende que naciches os teus pais estiveron aí. Ensináronche moitas cousas, débeslles moito do que ti es. Non só a túa mera existencia, senón outras cousas que agora tes como costume, trazos da túa personalidade. Cando volvas hoxe á casa, agradécello.

NOSOPAI



miércoles, 8 de abril de 2015

FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN! ALELUIA!!!

XOVES 9 ABRIL 2015
 “No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

NOTICIAS DE ESPERANZA
Contigo hai vida porque nos enchemos de esperanza. Cada día cando nos erguemos, se poñemos a tele, escoitamos a radio ou lemos as noticias encontrámonos un montón de enquisas ou de estudos que nos intentan mostrar o "mal que van as cousas". Non obstante, hai uns días recibimos a mellor noticia que nos poderían ter dado, a noticia máis esperanzadora:
(Mc 16,1-7): «Xesús de Nazaret, o Crucificado. Resucitou»
Esta noticia que recibimos na Vixilia da Pascua de Resurrección tennos que facer reformularnos as cousas, reformularnos a nosa vida e tinguila de esperanza. Xesús resucita precisamente por iso, para encher as nosas vidas de esperanza.
Se miramos a noso arredor, estou seguro que somos capaces de encontrar máis actitudes cheas de esperanza que actitudes negativas. Propoñémosvos un video que mira un pouquiño máis alá destes estudos, das estatísticas, e de todas esas cousas que aparecen nas noticias e busca unha interpretación positiva de todas elas, chea de esperanza… Porque nesta Pascua podemos cambiar as cousas e podemos sentirnos felices. Intentemos darlle a volta a todas esas situacións que se nos presentan, e sexamos capaces de, á luz da esperanza da Pascua, ver a parte positiva de cada situación e de cada momento que o día nos regale.



VENRES 10 ABRIL 2015
 “No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo” Amén

Segundo o pensamento cristián, na orixe e no ser mesmo da vida encóntrase sempre a Deus. Consecuentemente, é a luz que emana desta postura a que mostra a enormidade da doutrina cristiá sobre o valor da vida.

Unha cita do Evanxeo (Xoán 14:6)

Tomás díxolle: Señor, se non sabemos onde vas, como imos coñecer o camiño? Xesús díxolle: Eu son o camiño, e a verdade, e a vida; ninguén vén ao Pai senón por min. Se me coñecésedes, tamén coñeceriades o meu Pai; e dende agora coñecédelo e vístelo.

Oración: (un poema de Gloria Fuertes)

UN HOMBRE PREGUNTA…

¿Dónde está Dios? Se ve, o no se ve.
Si te tienen que decir donde está Dios, Dios se marcha.
De nada vale que te diga que vive en tu garganta.
Que Dios está en las flores y en los granos, en los pájaros y en las llagas,
en lo feo, en lo triste, en el aire, en el agua;
Dios está en el mar y a veces en el templo,
Dios está en el dolor que queda y en el viejo que pasa
en la madre que pare y en la garrapata,
en la mujer pública y en la torre de la mezquita blanca.
Dios está en la mina y en la plaza,
es verdad que está en todas partes, pero hay que verle,
sin preguntar que dónde está como si fuera mineral o planta.
Quédate en silencio,
mírate la cara.
el misterio de que veas y sientas,
¿no basta?
Pasa un niño cantando,
tú le amas,
ahí está Dios.
Le tienes en la lengua cuando cantas
en la voz cuando blasfemas,
y cuando preguntas que dónde está,
esa curiosidad es Dios, que camina por tu sangre amarga,
en los ojos le tienes cuando ríes,
en las venas cuando amas,
ahí está Dios, en ti,
pero tienes que verle tú,
de nada vale quién te le señale,
quién te diga que está en la ermita, de nada,
has de sentirle tú,
trepando, arañando, limpiando,
las paredes de tu casa:
de nada vale que te diga que está en las manos de todo el que trabaja,
que se va de las manos del guerrero,
aunque éste comulgue, practique cualquier religión, dogma o rama;
huye de las manos del que reza y no ama,
del que va a misa y no enciende a los pobres velas de esperanza;
suele estar en el suburbio a altas horas de la madrugada,
en el hospital, y en la casa enrejada.
Dios está en eso tan sin nombre
que te sucede cuando algo te encanta,
pero de nada vale que te diga que Dios está en cada ser que pasa.
Si te angustia ese hombre que compra alpargatas,
si te inquieta la vida del que sube y no baja,
si te olvidas de ti y de aquéllos, y te empeñas en nada,
si sin por qué una angustia se te enquista en la entraña,
si amaneces un día silbando a la mañana
y sonríes a todos y a todos das las gracias,
Dios está en ti, debajo mismo de tu corbata.

NOSOPAI 

lunes, 6 de abril de 2015

FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!!!!! ALELUIA!!!!!

MARTES 7 ABRIL 2015
 “No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo”Amén
Feliz Pascua de Resurrección!
Seguro que escoitaches esta expresión nestes días, sobre todo dende o sábado santo pola noite. Pero, sabes o que significa?
Moita xente non sabe o verdadeiro sentido da Pascua. Algúns pensan que son as vacacións de primavera. Outros cren que é a semana despois na que algunhas persoas se disfrazaron de nazarenos e sacaron imaxes moi antigas mentres unha persoa cantaba ou tocaba un tambor; e mesmo, para bastantes é unha festa onde non se deixan de facer torradas, roscón e se buscan ovos de chocolate....
Todo isto nada ten que ver coa orixe e o verdadeiro sentido da Pascua. Os crentes celebramos a festa máis importante para nós. Moito máis que o Nadal! Pascua é o paso do Señor. O Señor pasa pola nosa vida, PERO NON PASA DA NOSA VIDA. Este paso é FÍSICO, Deus feito home e carne sufriu, morreu e resucitou porque nos ama, a ti e a min (con nomes e apelidos). VERDADEIRAMENTE RESUCITOU. E con iso deunos unha nova VIDA.

Lucas 24, 6:
" Por que buscades entre os mortos ao que vive? Non está aquí, senón que resucitou"

Reflexión:
Encontrámonos nun momento privilexiado no que se nos invita a "resucitar" tamén. Pascua significa "paso": deixar atrás os lastres que nos encadean, as cegueiras, os cansanzos, as soidades, etc. É un tempo de renovación, de abandonar ao" home vello" no que ás veces nos convertemos (mozos sen ilusións e sen obxectivos) para abrazar unha VIDA con maiúsculas. Unha vida que nace no noso corazón porque nos sentimos queridos, únicos, e que nos lanza a ser difusores desta Boa Noticia. Cristo resucitou e tamén o fixo na miña vida.
É unha oportunidade de sentir, abrazar, agradecer, bicar, querer... de escribir que clase de persoa queremos chegar a ser...e de que xeito podemos construír un mundo mellor

Que aspectos da túa vida necesitan "renacer"?