LUNS 13 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito
Santo” Amén
Vivimos nun mundo no que o que non entra polos ollos non existe.
Necesitamos comprobar os feitos para que estes sexan verdade. Todo se compra, e
incluso a ledicia e a felicidade que en demasiadas ocasións esperamos atopar no
material, na acumulación de cartos. Pero mira por onde, descoidamos o que non
nos convén. Non somos capaces de descubrir que nos que sofren, que nas persoas
desherdadas e silenciadas, está Xesús e é nas súas chagas nas que temos que
meter o noso dedo e a nosa vida.
Que a nosa oración de hoxe nos faga
conscientes de que grazas á fe, temos que ser quen de descubrir a Xesús en
todas as persoas que sofren.
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Pasados oito días, veu Xesús
Naquel día, o primeiro da semana, ao serán, estando
pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou
Xesús e, poñéndose no medio, díxolles:
‑ Paz convosco.
Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse,
vendo o Señor. El díxolles outra vez:
‑ Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos
mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
‑ Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os
pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Pero Tomé, un dos Doce, o chamado Xemelgo, non estaba con eles cando chegou
Xesús.
Dicíanlle entón os outros discípulos:
‑ Vimos o Señor.
Pero el contestoulles:
‑ Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non
meta nelas o meu dedo; como non meta a miña man no seu costado, non crerei.
Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles.
Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:
‑ Paz convosco.
Despois díxolle a Tomé:
‑ Trae aquí o teu dedo e
mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas incrédulo,
senón home de fe.
Tomé respondeulle:
‑ Meu Señor e meu Deus!
Xesús díxolle:
‑ Tes fe porque me viches? Benia os que creron sen veren!
Moitos outros signos fixo Xesús diante dos seus discípulos, que non se
escribiron neste libro. Estes escribíronse para que creades que Xesús é o
Mesías, o Fillo de Deus e, crendo, teñades vida nel.
Palabra do
Señor R/.
Loámoste, Cristo
MARTES 14 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito
Santo” Amén
Mirade un momento ao voso lado… Se observamos a noso
arredor, podemos ver que estamos a compartir o noso tempo e a nosa vida cun
montón de persoas, os nosos compañeiros. Todos algunha vez nos encontramos
perdidos ou nunha situación difícil e vénnos moi ben que alguén do noso arredor
nos dedique o seu tempo para superar ese obstáculo e iso ademais fainos
sentirnos moito mellor.
E nós, decatámonos cando os demais necesitan axuda de
como respondemos? Somos capaces de saír das nosas comodidades, de deixar de
facer as nosas cousas, de deixar de pensar un momento en nós e axudar a quen
temos ao noso lado?
Moitas veces quen nos explica algo e nos axuda é quen
menos nos esperamos. Isto tamén se reflicte nunha das parábolas que explicou
Xesús, na parábola do bo samaritano.
Evanxeo (Lc 10, 25-27)
Xesús entón preguntoulle:
«Segundo o teu parecer, cal destes tres foi os demais do home que caeu en mans dos ladróns?»
O mestre da Lei contestou: «O que se mostrou compasivo
con el.»
E Xesús díxolle: «Mira e fai ti o mesmo.»
Xesús dinos que o noso próximo é calquera persoa que
nos rodee, aínda que inicialmente non sexa o noso coñecido ou amigo. E se os
demais necesitan axuda hai que deixar as escusas a un lado e achegarnos a
prestar a nosa axuda.
Na clase moitas veces o noso compañeiro encóntrase
triste, ou non sabe facer algunha tarefa ou ten algunha dificultade.... e
podemos elixir entre apoialo e buscar unha solución conxunta ou pasar de longo,
como o sacerdote ou o levita no Evanxeo.
Por iso, podemos facernos as seguintes preguntas:
- "Tomas as rendas" ante unha situación difícil
cando ves que podes achegar algo como o samaritano ou adoitas escaquearte como
o sacerdote e o levita?
- Prestas a túa axuda aos teus compañeiros sen distinguir
se son ou non os teus amigos habituais? Cando algún compañeiro non entende
algo, moléstaste en explicarllo para que tamén poida aprender e avanzar?
- Estás atento ao que pasa ao teu arredor e tes
predisposición para axudar ou só te moves para colaborar cando se che solicita?
- Cando dedicas o teu tempo a que outro compañeiro
mellore falo de xeito desinteresado, sen esperar nada a cambio, ou gústache recibir
eloxios e que se recoñeza o teu esforzo?
Pidámoslle o Señor que nos axude a estar predispostos
para os demais, para que sexamos como o samaritano que atende
desinteresadamente aos demais, ou como a ovella, que axuda ao lobo, o seu maior
inimigo.
vídeo: (PÓDESE PARAR
NO MINUTO 4:00)
MÉRCORES 15 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito
Santo” Amén
Santiago subliña a importancia de escoitar cando escribe "deberiamos estar prontos para oír, tardos para falar" (Santiago 1, 19).
Cantas veces non oíches frases como as seguintes?
"Estás na idade do pavo". Non sei que facer contigo xa non me obedeces
como antes". Ou mesmo te formulaches cuestións como: Cara a onde ir? Como
me miran os outros? Como me miro eu? Por que estou triste? Como poderei ser
importante, popular ou o/ a máis "guay" da clase ou do meu grupo de
amigos?
En definitiva, quen sentiu a necesidade de ser escoitado?
TODOS. Pero vivimos nun mundo onde TODOS queremos falar porque ESCOITAR require
máis esforzo, aínda que temos dous oídos e unha soa boca.
"Temos dous oídos e unha soa boca porque oír é dúas
veces máis necesarios que falar"
A pregunta que vos queremos formular hoxe é: sabes
escoitar as persoas que te rodean ou só preocúpaste dos teus propios problemas?
Talvez haxa alguén preto de ti que necesita ser escoitado ou talvez sexas ti
quen necesite ser escoitado... a quen acudirías nese caso?
Cada un de nós como seres humanos necesitámonos os uns
aos outros para ser escoitados; necesitamos compartir os nosos sentimentos,
problemas ou alegrías cos demais. Necesitamos o consello do noso compañeiro, o
seu consolo, a súa comprensión ou simplemente o seu silencio.
Escoitar é un poder, que nos permite coñecer os demais,
equivocarnos menos, e gañar amigos e oportunidades. Resulta un feito evidente
que cada persoa, no seu foro interior, desexa ou necesita ser escoitado con
respecto e cortesía.
Cando isto acontece, acudimos aos nosos amigos e
compañeiros porque nos coñecen, comparten o noso día e crecen connosco. Pero
hai ocasións, en que necesitamos algo ou a alguén distinto, que tamén nos
coñeza e que nos permita expresarnos sen ser xulgados. Dende aquí querémosvos
invitar a pensar que hai máis persoas a voso arredor que tamén poden estar aí
para vós, que se preocupan polo voso benestar e que vos entenden aínda que ás
veces pareza mentira. Si, esas persoas das que falo, son os pais, os
profesores, as Hermanas... dispostos a botar unha man a quen necesite, para
escoitar os vosos problemas, darvos os mellores consellos posibles que vos
axuden a encontrar unha solución ou acompañarvos cando o necesitedes.
Para reflexionar sobre o valor da escoita imos ver un vídeo
sinxelo no que nos decataremos da importancia de escoitar os demais:
XOVES 16 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito
Santo” Amén
Cristo resucitou e estamos alegres. Esta alegría non
debería ser só unha manifestación interna, senón que debería manifestarse cun
sorriso e saúdo a todos os que nos cruzamos no noso centro: Hermanas,
secretaria, persoal de limpeza, profesores, compañeiros…
Oración (xuntos)
Ti e eu
Só Ti podes dar a fe,
pero eu podo dar o meu testemuño.
Só Ti podes dar a esperanza,
pero eu podo devolverlle a confianza aos meus irmáns.
Só Ti podes dar a alegría,
pero eu podo facer feliz ao triste.
Só Ti podes dar o amor,
pero eu podo ensinarlle aos outros a amar.
Só Ti podes dar a paz,
pero eu podo salvar a unión.
Só Ti podes dar a forza,
pero eu podo levantar ao desanimado.
Só Ti es o camiño,
pero eu podo ensinarllo aos outros.
Só Ti es a vida,
pero eu podo devolver aos outros o desexo de vivir.
Só Ti podes facer o imposible,
pero eu podo facer o posible.
Só Ti non necesitas a ninguén,
pero prefires contar comigo. Amén
Coa alegría de María que sabe que o seu fillo está vivo,
rezamos todos:
Ave María...
E non esquezades que nunca estamos completamente vestidos
sen un sorriso.
VENRES 17 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito
Santo” Amén
"A familia é o primeiro", "a familia é o
máis importante", "sentirse como en familia"… a familia sempre
está aí: tamén no colexio as familias son importantes.
Cita Bíblica (Efesios 6, 1-4)
Fillos, obedecede os
vosos pais no Señor, porque iso é xusto. Honra ao teu pai e á túa nai é o
primeiro mandamento ao que se engade unha promesa: Irache ben e vivirás longo
tempo na terra. Pais, non exasperedes os vosos fillos; criádeos educándoos e
corrixíndoos segundo o Señor.
Dende que naciches os teus pais estiveron aí.
Ensináronche moitas cousas, débeslles moito do que ti es. Non só a túa mera
existencia, senón outras cousas que agora tes como costume, trazos da túa
personalidade. Cando volvas hoxe á casa, agradécello.
NOSOPAI
No hay comentarios:
Publicar un comentario