MARTES 7 ABRIL 2015
“No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo”Amén
Feliz Pascua de
Resurrección!
Seguro que escoitaches esta expresión nestes días, sobre
todo dende o sábado santo pola noite. Pero, sabes o que significa?
Moita xente non sabe o verdadeiro sentido da Pascua.
Algúns pensan que son as vacacións de primavera. Outros cren que é a semana
despois na que algunhas persoas se disfrazaron de nazarenos e sacaron imaxes
moi antigas mentres unha persoa cantaba ou tocaba un tambor; e mesmo, para
bastantes é unha festa onde non se deixan de facer torradas, roscón e se buscan
ovos de chocolate....
Todo isto nada ten que ver coa orixe e o verdadeiro
sentido da Pascua. Os crentes celebramos a festa máis importante para nós.
Moito máis que o Nadal! Pascua é o paso do Señor. O Señor pasa pola nosa vida,
PERO NON PASA DA NOSA VIDA. Este paso é FÍSICO, Deus feito home e carne sufriu,
morreu e resucitou porque nos ama, a ti e a min (con nomes e apelidos).
VERDADEIRAMENTE RESUCITOU. E con iso deunos unha nova VIDA.
Lucas 24, 6:
" Por que
buscades entre os mortos ao que vive? Non está aquí, senón que resucitou"
Reflexión:
Encontrámonos nun momento privilexiado no que se nos
invita a "resucitar" tamén. Pascua significa "paso": deixar
atrás os lastres que nos encadean, as cegueiras, os cansanzos, as soidades,
etc. É un tempo de renovación, de abandonar ao" home vello" no que ás
veces nos convertemos (mozos sen ilusións e sen obxectivos) para abrazar unha VIDA
con maiúsculas. Unha vida que nace no noso corazón porque nos sentimos queridos,
únicos, e que nos lanza a ser difusores desta Boa Noticia. Cristo resucitou e
tamén o fixo na miña vida.
É unha oportunidade de sentir, abrazar, agradecer, bicar,
querer... de escribir que clase de persoa queremos chegar a ser...e de que
xeito podemos construír un mundo mellor
Que aspectos da túa vida necesitan "renacer"?
No hay comentarios:
Publicar un comentario