Desde MANS UNIDAS fannos unha proposta para a nosa oración de hoxe.
Co sinxelo xesto de
acender a luz dunha vela queremos iluminar un mundo que deixa na sombra a
millóns de persoas cada día.
Búscase promover un xesto solidario, un acto ao que a sociedade poida sumarse de xeito activo e demostrar así o seu apoio aos países do Sur e á acción que Mans Unidas apoia neles e como símbolo da promesa dun mundo mellor.
Vós sodes a luz do mundo (Mt 5, 15)
Máis alá das nosas fronteiras segue habendo multitude de
persoas que se encontran ao límite das súas forzas, vivindo unha vida inhumana,
pasando fame, sen acceso á educación ou á sanidade. Millóns de seres humanos
viven en condicións indignas. Este mundo, escurecido pola inxustiza, necesita
luz.
A nosa sensibilidade é grande, pero recoñecemos, como di
o Papa, que é bo insistir para que sigamos crecendo en amor e compromiso. Por
iso:
- Hoxe, miles de persoas en todo o mundo acenden esta chama
de solidariedade.
- Hoxe, miles de persoas súmanse á marea de luz que
percorre o planeta como símbolo da promesa dun mundo mellor.
- Hoxe, Mans Unidas acende esta vela como impulso e
compromiso solidario polo desenvolvemento, a xustiza e a igualdade.
- Hoxe, TODOS NÓS, PROFESORES E ALUMNOS DO COLEXIO LA INMACULADA, acendemos esta vela porque creemos que,
xuntos, podemos iluminar un mundo mellor.
ORACIÓN
Dixéchenos, Señor: "ninguén acende unha lámpada para
metela debaixo da cama, senón para poñela no candeeiro, e que ilumine a
todos os da casa".
Señor, que esta vela que acendemos hoxe sexa luz que
ilumine os nosos camiños, as nosas dificultades e as nosas decisións. Que sexa
lume para que queime en nós todo egoísmo, todo orgullo e toda impureza. Que
sexa chama para que quente os nosos corazóns e nos ensine a amar.
Que con ela fagamos chegar, a todos os que tanto
necesitan a nosa axuda, a nosa fraternidade e a nosa solidariedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario