sábado, 16 de noviembre de 2013

ORACIÓNS NOVEMBRO 2013


LUNS 18 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

            Naquel tempo, comentaban algúns a fermosa cantería con que estaba construído o templo, e os exvotos que o adornaban. Pero Xesús díxolles:
            ‑ Todo isto que estades a contemplar, días virán nos que o derrubarán ata que non quede pedra sobre pedra.
            Eles preguntáronlle:
            ‑ Mestre, dinos, cando van pasar estas cousas? Cal será o signo de que van suceder?
            El empezoulles a dicir:
            ‑ Estade atentos, para non vos extraviar. Porque han vir moitos no meu nome, dicindo: "son eu" e "está a chegar o momento", pero non os sigades. Cando oiades falar de guerras e desordes, non vos asustedes; que iso ten certamente que acontecer primeiro, pero aínda non será.
            Entón díxolles:
            ‑ Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá grandes terremotos, pestes e fames en diversos lugares; cousas espantosas, e grandes sinais no ceo. Pero antes de todo isto botaranse sobre vós, perseguíndovos: levaranvos ás sinagogas e á cadea, ante reis e gobernadores pola miña causa; así teredes a oportunidade de dar testemuño.
                 Palabra do Señor                                 R/. Loámoste, Cristo

TEMPOS DE CRiSE
            Segundo o relato de Lucas, os tempos difíciles non han de ser tempos de lamentos e desalento. Non é tampouco a hora da resignación o da fuxida. A idea de Xesús é outra. Precisamente en tempos de crise “teredes s ocasión de dar testemuño”. É daquela cando se nos ofrece a mellor ocasión de dar testemuño de que somos seguidores de Xesús e do seu proxecto.
            Levamos xa cinco anos sufrindo unha crise que está golpeando duramente a moitos. É momento tamén de analizar a nosa resposta:
            Témonos posicionado de maneira responsable, espertando en nós un sentido de solidariedade, ou estamos vivindo de costas a todo o que pode turbar a nosa tranquilidade?
             A crise está abrindo unha fractura social inxusta entre quen podemos vivir sen medo ao futuro e aqueles que están quedando excluídos da sociedade e privados dunha saída digna.
            Pouco a pouco, imos coñecendo máis de cerca os que se van quedando máis indefensos e sen recursos (familias sen ingreso ningún, parados de longa duración, inmigrantes enfermos...) Abrimos os ollos para ver se podemos comprometernos en aliviar a situación dalgúns? Podemos pensar nalgunha iniciativa realista? Algúns de vós xa estades facendo, verdade?
            A crise non só crea empobrecemento material. Xera, ademáis, inseguridade, medo, impotencia e experiencia de fracaso. Rompe proxectos, afunde familias, destrúe a esperanza. Temos que recuperar a importancia da axuda entre familiares, o apoio entre compañeiros, a acollida... Poucas cousas poden ser máis nobres nestes momentos que o aprender a coidarnos mutuamente.

NOSOPAI





MARTES 19 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…

O pasado 11 de outubro de 2012 o papa Benedicto XVI abriu en Roma o Ano da fe.

O papa emérito, Benedicto XVI, convocaba en outubro de 2012 un Ano da FE para toda a Igrexa. Foi un convite dirixido a cada un de nós, a percorrer de novo e con entusiasmo, a peregrinación da fe iniciada o día do noso bautismo.
O próximo día 24 de novembro, o actual papa, Francisco, concluirao en Roma.


O CREDO é a oración que contén os principais artigos da fe ensinada polos apóstolos

Cada domingo, recitamos o Credo na Misa, despois de oír o Evanxeo, como  unha declaración da nosa fe. Isto é porque a fe nace da escoita da Palabra de Deus, é a nosa resposta persoal a esta Palabra. Soamente unha persoa que escoitou a Xesús pode despois crer en Él.



O Credo, chamado tamén Símbolo da fe, non naceu na liturxia eucarística, senón na liturxia bautismal. Cando unha persoa quería ser bautizada antes debía recitar o Credo, é dicir, facer unha declaración pública da súa fe.



Os dous "Credos" máis coñecidos son o apostólico usado en Roma xa no século III, e o niceno-constantinopolitano.  


O Credo dos Apóstolos ou Símbolo dos Apóstolos, é o curto, é chamado dos apóstolos por que é considerado con xustiza como o resumo fiel da fe dos apóstolos.
O Credo de Nicea-Constantinopla, é máis longo  e o recitamos todos os domingos na Misa. É froito dos dous primeiros Concilios ecuménicos,  do Concilio de Nicea ano 325 e o Concilio de Constantinopla ano 381. 
Recitar con fe o Credo é recordar o noso Bautismo e entrar en comuñón con Dios Padre, Fillo e Espírito Santo, é tamén entrar en comuñón con toda a Igrexa que nos transmite a fe e no seo da cal cremos. 

Imos recitar un dos dous e reafirmemos a nosa fe.

 Credo apostólico
Creo en Dios, Padre Todopoderoso,
Creador del cielo y de la tierra.
Creo en Jesucristo su único Hijo Nuestro Señor,
que fue concebido por obra y gracia del Espíritu Santo.
Nació de Santa María Virgen, 
padeció bajo el poder de Poncio Pilato,
fue crucificado, muerto y sepultado, descendió a los infiernos,
al tercer día resucitó de entre los muertos,
subió a los cielos y está sentado a la derecha de Dios Padre, todopoderoso.
Desde allí va a venir a juzgar a vivos y muertos.
Creo en el Espíritu Santo, la Santa Iglesia católica
la comunión de los santos, el perdón de los pecados,
la resurrección de la carne y la vida eterna. Amén


Credo Nicenoconstantinopolitano

Creo en un solo DIOS, PADRE todopoderoso,
Creador del cielo y de la tierra,
de todo lo visible y lo invisible.

Creo en un solo Señor, JESUCRISTO,
Hijo único de Dios,
nacido del Padre antes de todos los siglos:
Dios de Dios, Luz de Luz.
Dios verdadero de Dios verdadero,
engendrado, no creado,
de la misma naturaleza del Padre,
por quien todo fue hecho;
que por nosotros los hombres
y por nuestra salvación, bajó del cielo;
y por obra del Espíritu Santo
se encarnó de María, la Virgen, y se hizo hombre.
Y por nuestra causa fue crucificado
en tiempos de Poncio Pilato;
padeció y fue sepultado,
y resucitó al tercer día, según las Escrituras,
y subió al cielo,
y está sentado a la derecha del Padre;
y de nuevo vendrá con gloria para juzgar a vivos y muertos,
y su reino no tendrá fin.

Creo en el ESPÍRITU SANTO,
Señor y dador de vida,
que procede del Padre y del Hijo,
que con el Padre y el Hijo,
recibe una misma adoración y gloria,
y que habló por los profetas.

Creo la iglesia,
que es una, santa, católica y apostólica.
Confieso que hay un solo bautismo
para el perdón de los pecados.

Espero la resurrección de los muertos
y la vida del mundo futuro. Amén.



 

MÉRCORES 20 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…

Creo en Deus, Pai Todopoderoso
Creo en Deus. Esta primeira afirmación da Profesión de fe é tamén a máis fundamental. Todo o Símbolo fala de Deus, e se fala tamén do home e do mundo, faino por relación a Deus. A nosa profesión de fe comeza por Deus, porque Deus é "o primeiro e o último" (Is 44,6), o principio e o fin de todo.

Oramos ao Pai
Pai Bo, Señor Deus vivo e verdadeiro, creo en ti.
Creo en ti neste momento da historia no que quero que sigas sendo
a razón primeira e última da miña vida.
Creo en ti a pesar de que moitos
e moitos acontecementos me inviten a crer noutras cousas, doutros modos, dende outros lugares.
Creo en ti que es Deus, que es Pai
e que na túa admirable e desconcertante sinxeleza es tamén Todopoderoso.
Creo en ti e iso faime máis a min mesmo. Creo en Deus Pai... e iso recórdame cada instante que son criatura túa, feitura das túas mans,
fillo teu, irmán de tantos...
Creo en ti, Deus Pai, e iso invítame, unha vez máis, a revisar o meu camiño persoal, o meu itinerario crente, o meu seguimento, a miña fidelidade á túa aposta definitiva e cariñosa por min, sempre.
Creo en ti, Deus Pai Todopoderoso,
e iso conmóveme, sitúame e compromete
porque o teu ser Pai e o teu Poder
tradúcese sempre en Todo Ben, Deus vivo e verdadeiro.
Creo en ti, Deus Pai Todopoderoso,
presente na brecha do mundo, nas fronteiras do humano, na restitución de dignidades,
no detalle máis pequeno e na Creación enteira.
Creo en ti, Deus Pai, e en ti
recoñézome pequeno, menor, fillo e discípulo teu.
Creo en ti, Deus Pai Todopoderoso, creador, amable, alto, omnipotente, bo Señor e iso compromete toda a miña vida.
Faime consciente do que significa crer hoxe en ti
e dáme a capacidade e a disposición interior necesarias para profesar con palabras, xestos e obras que por ti,
creo que en ti, Deus Pai todopoderoso. Amén



XOVES 21 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…

Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, Noso Señor
Xesús significa "Deus salva": "Non" hai "baixo o ceo outro nome dado aos homes polo que nós debamos salvarnos (Hch 4, 12).O nome de Cristo significa "Unxido", "Mesías". Xesús é o Cristo porque "Deus o unxiu co Espírito Santo" (Feit 10, 38). Dicir "o seu único Fillo" significa confesar a relación única e eterna de Xesucristo con Deus o seu Pai: El é o Fillo único do Pai e El mesmo é Deus. Os cristiáns cremos que Xesucristo é o Fillo de Deus. Por último, confesar a Xesús como Señor é crer na súa divindade: "Ninguén pode dicir: Xesús é Señor! senón por influxo do Espírito Santo"(1 Cor 12, 3).

Oramos ao Fillo
Xesús, Cristo, Fillo único de Deus,
Señor da nosa vida, creo en ti. Permíteme, unha vez máis, que che fale como un amigo.
Contigo, Xesús, eu non teño necesidade de presentarme. Ti xa sabes todo de min.
Ningún dos meus pensamentos está escondido ante ti, ningún dos meus desexos, ningún dos meus soños.
Ti sabes como me chamo e chámasme polo meu nome.
Chámasme de ti e eu fago o mesmo: Non somos estraños!

Creo en ti, Señor Xesús.
Pero unha cousa que non lograrei xamais entender é esta: Como fixeches para quererme tanto? Sobre as túas costas cargas os meus pecados,
as miñas debilidades, os meus medos,...
e fixeches o meu camiño, a miña carga e o meu corazón máis lixeiros.

Creo en ti, Señor Xesús.
Tamén agora o estás a facer, síntoo,
e por iso non teño necesidade de falarche hoxe de todos os detalles claros e escuros da miña vida. Ti es o Señor da miña vida.

Creo en ti, Señor Xesús.
Grazas porque non me deixas vagar só polo mundo; grazas pola Igrexa que me acolle e me fala de ti. E grazas porque, cada vez, co teu amor,
me insignias a amar sempre máis.

Creo en ti, Señor Xesús.
E como din os que che coñeceron, Que bo e que sorte
é ter un tal irmán e un tal Fillo, xusto, humilde, pacífico
e máis que todas as cousas desexable, o noso Señor Xesucristo! Amén





VENRES 22 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO…

Creo no Espírito Santo
"Ninguén pode dicir: " Xesús é Señor! " senón é baixo o influxo do Espírito Santo" (1 Cor 12, 3). Para entrar en contacto con Xesús, o Cristo, é necesario primeiramente ter sido tocado polo Espírito Santo. El é quen nos precede e esperta en nós a fe. Mediante o Bautismo, a vida que ten a súa fonte no Pai e se nos ofrece polo Fillo, comunícasenos íntima e persoalmente polo Espírito Santo na Igrexa. Crer no Espírito Santo é profesar que é unha das persoas da Santa Trindade, xunto ao Pai e ao Fillo, "que co Pai e o Fillo recibe unha mesma adoración e gloria".

Oramos ao Espírito
Espírito Santo, Espírito de Deus,
Que sería a nosa fe, a nosa vida, o noso compromiso pola xustiza, a nosa experiencia comunitaria e a nosa vida de oración sen ti!
Nesta clausura do Ano da Fe dígoche dende o máis profundo:
Ven Espírito Santo, renova toda a miña vida. Creo en ti.

Espírito Santo, dáme a alegría e a forza para seguir adiante
na busca de Xesucristo, o Señor da Vida, o Señor dos amigos.
Manda a túa luz, ilumina as tebras do meu corazón,
sé descanso, tregua, brisa e gozo;
rega, sanda, lava, quenta, doma, guía e salva a miña vida. Creo en ti.

Espírito Santo, dáme sabedoría para vivir segundo o evanxeo,
fortaleza para comprometerme na defensa dos últimos do noso mundo, dos máis pobres, dos máis débiles, dos que
e dos que non teñen traballo, nin cariño, nin horizonte ningún,
e valor para dicir a verdade sempre e en todo lugar. Creo en ti.

Espírito Santo, axúdame cada día a renacer de novo
para servir a Deus e para servir aos demais,
a quen me gustaría recoñecer sempre como os meus irmáns. Ven Espírito Santo, renova toda a miña vida. Creo en ti. Amén

“Para que todos tengan Vida”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog