LUNS
13 XANEIRO 2014. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Naquel
tempo veu Xesús desde Galilea ao Xordán para que Xoán o bautizase. Xoán trataba
de impedilo dicindo:
‑
Como vés ti onda min, se es ti quen me tes que bautizar a min?
Xesús
respondeulle:
‑
Deixa agora, pois convén que cumpramos a vontade de Deus.
Xoán
accedeu.
Axiña
que foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o
Espírito de Deus baixar coma unha pomba ata se pousar enriba del. E oíuse desde
o ceo unha voz que dicía:
‑
Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
UNHA NOVA ETAPA
Despois de ser bautizado por
Xoán, Xesús séntese o Fillo querido de Deus. Alentado polo Espírito, Xesús
ponse en marcha para anunciar a todos, coa súa vida e a súa mensaxe, a Boa
Noticia dun Deus amigo e salvador do ser humano.
A Igrexa necesita máis que nunca
"evanxelizadores con Espírito". Xente de hoxe escoite a mesma mensaxe
que Xesús proclamaba polos camiños de Galilea. Temos que "volver á fonte,
(á esencia) e recuperar a frescura orixinal do Evanxeo".
Debemos construír, como di o Papa
Francisco, "unha Igrexa coas portas abertas", pois a alegría do
Evanxeo é para todos e non se debe excluír a ninguén.
MARTES 14 XANEIRO 2014. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
OLLO POR OLLO OU PERDOAR?
Xesús tráenos hoxe unha Boa
Noticia. Quizais creamos que sabemos moito sobre el, que oímos moitas veces
feitos da súa vida, pero a súa palabra pode soar de forma distinta cada día e
pódenos dar luz nos nosos problemas.
En ocasións, enfadámonos cos
demais ou mesmo podemos chegar a insultar aquel que non nos cae ben. Ante isto
Xesús dinos unhas palabras:
"Oístes que antes se dixo:
'Ollo por ollo e dente por dente. ' Pero eu dígovos: Non resistades a quen vos
faga algún dano. Ao contrario, se alguén te pega na meixela dereita, ofrécelle
tamén a outra. Ao que che pida algo, dállo; e non lle volvas as costas a quen
te pida prestado. "
"Tamén oístes que antes se
dixo: 'Ama os demais e odia o teu inimigo. ' Pero eu dígovos: Amade os vosos
inimigos e orade polos que vos perseguen. Así seredes fillos do voso Pai que
está no ceo, pois el fai que o seu sol saia sobre malos e bos, e envía a chuvia
sobre xustos e inxustos. Porque se amades soamente os que vos aman, que
recompensa teredes? E se saudades soamente os vosos irmáns, que facedes de
extraordinario? "
Xesús deixounos esta mensaxe,
para que o teñamos en conta na nosa relación cos demais. O seu consello para
que sexamos felices é que non utilicemos ningún tipo de violencia, pois esta
non leva a ningún sitio. Dar e axudar a todo o que nos pide algo, aínda que non
nos caia ben ou non o coñezamos. En definitiva, saudar, querer, compartir con
todos, pero empezando cos que temos ao lado: cos nosos compañeiros de clase.
Que Deus nos axude a dicir si sempre que alguén nos necesite.
NOSOPAI
MÉRCORES 15 XANEIRO. NO NOME DO PAI, DO
FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
A SEMENTE HA DE MEDRAR
Unha muller soñou que estaba
nunha tenda recén inaugurada e, para a súa sorpresa, descubriu que Deus se
encontraba tras o mostrador.
Que vendes aquí?, preguntoulle.
Todo o que o teu corazón desexe,
respondeu Deus.
Sen atreverse a crer o que estaba
a oír, decidiuse a pedir o mellor que un ser humano podería desexar:
Desexo paz, amor, felicidade,
sabedoría...
Tras un instante de vacilación,
engadiu:
Non só para min, senón para todo
o mundo...
Deus sorriu e díxolle:
Creo que non me comprendiches.
Aquí non vendemos froitos, unicamente vendemos sementes.
Para sementar unha planta hai
necesidade de romper primeiro a capa endurecida de terra e abrir os sucos;
logo, esmiuzar e afrouxar os anacos que aínda permanecen prensados, para que a
semente poida penetrar, regando abundantemente para conservar o chan húmido e
entón... Esperar con paciencia ata que xerminen e crezan...
Na mesma forma en que procedemos
coa natureza hai que traballar co corazón humano, "roturando" a codia
da indiferenza que a rutina formou, removendo os anacos dun egoísmo mal entendido,
esmiuzándoos en pequenos anacos de xestos amables, palabras cálidas e
xenerosas, ata que con soltura, permitan acoller as sementes que diariamente
podemos solicitar "gratis" no almacén de Deus, porque EL mantén o seu
supermercado en promoción.
Son sementes que hai que coidar
con dedicación e esmero e regalas con suor, bágoas e ás veces ata con sangue,
como regou Deus a nosa redención e como tantos deron a súa vida e o seu sangue
por outros, nun traballo de fe e esperanza, de esforzo, mentres os fráxiles
xermolos, van transformándose en plantas firmes capaces de dar os froitos
anhelados...
NOSOPAI
XOVES 16 XANEIRO. NO NOME DO PAI, DO
FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Non vos adaptedes ao mundo
actual, sede transformados mediante a renovación da súa mente. Así poderán
comprobar cal é a vontade de Deus, boa, agradable e perfecta" Romanos 12.2
Confía, porque un mundo novo é posible
O mundo non cambiará se tan só eu
o digo, ou só porque quero que cambie; debo empezar por cambiar eu mesmo. Como
lograr isto? Cultivando os valores como o respecto, a honradez, a puntualidade,
a responsabilidade, a solidariedade, entre outros. É moi importante que
cambiemos nós mesmos para que poidamos obter resultados positivos coas persoas
que se encontran a noso arredor, pois se nós queremos que nos respecten debemos
respectar… É así é como funciona todo, porque adoita dicirse: o que ti
sementas, é o que obtés.
É moi importante que tomemos
conciencia do que está a danar ao mundo enteiro e tratemos de cambiar nós
mesmos; por exemplo, na actualidade o que está a afectar ao mundo enteiro é o
cambio climático, factor que é causado polo home; daquela, para que este efecto
se minimice debemos ser conscientes do que pasa e saber que se non cambiamos a
nosa actitude imos acelerar o dano. Que podemos facer?. Hai algunhas accións
moi sinxelas que axudan moito. Por exemplo:
- Substituír unha lámpada
tradicional por unha de baixo consumo aforra máis de 45 quilogramos de dióxido
de carbono ao ano.
- -Só con apagar a televisión, o
DVD ou o ordenador cando non estean en uso evitarás que miles de quilos de CO2
saian á atmosfera.
- Camiña, monta en bicicleta, usa
o transporte público. Aforrarás 30 gramos de CO2 por cada 4,5 quilómetros que
non conduzas.
- Podes aforrar máis de 730
quilos de CO2 ao ano ao reciclar a metade do lixo que se produce na casa.
- Escolle produtos con pouco
envase: unha botella de 1,5 litros xera menos residuos que tres de medio litro.
- Na compra usa bolsas
reutilizables. Evita as toalliñas húmidas e de papel. Podes evitar a emisión de
1.100 quilos de CO2 se reduces o teu lixo un 10 por cento.
- Planta unha árbore; unha soa
árbore absorbe unha tonelada de dióxido de carbono durante toda a súa vida.
VENRES 17 XANEIRO. No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo
Anel de compromiso
Un rapaz entrou con paso firme
nunha xoiaría e pediu que lle mostrasen o mellor anel de compromiso que
tivesen. O xoieiro ensinoulle un. O rapaz contemplou o anel e cun sorriso
aprobouno. Preguntou logo o prezo e dispúxose a pagalo.
" Vostede vai casar pronto?
", preguntou o dono.
"Non. Nin sequera teño
noiva", contestou.
A sorpresa do xoieiro divertiu ao
rapaz.
"É para a miña nai. Cando eu
ía nacer estivo soa. Alguén lle aconsellou que me matase antes de que nacese,
pois así evitaríase problemas. Pero ela negouse e deume o don da vida. E tivo
moitos problemas, moitos. Foi pai e nai para min, e foi amiga e irmá, e foi
mestra. Fíxome ser o que son. Agora que podo cómprolle este anel de compromiso.
Ela nunca tivo un. Eu doullo como promesa de que se ela fixo todo por min,
agora eu farei todo por ela. Quizais despois entregue eu outro anel de
compromiso, pero será o segundo".
O xoieiro non dixo nada. Soamente
ordenou á súa caixeira que lle fixese ao rapaz o desconto aquel que se facía só
a clientes especiais.
Señor, grazas polas nosas
familias, por todos aqueles que nos queren e grazas por todo o que nos dan.
NOSOPAI...
No hay comentarios:
Publicar un comentario