Comezou un novo ano e con el un mundo de oportunidades
ábrese ante nós. O momento é propicio para reflexionar internamente sobre
experiencias vividas, situacións actuais e expectativas futuras; para aprender
do pasado, tomar conciencia do presente e construír un futuro mellor.
A nosa vida, a de cada un de nós, é á vez regalo,
oportunidade e responsabilidade. E é asumíndoa persoalmente dende estas tres
dimensións como imos crecendo e convertendo en realidade o noso proxecto vital:
aquilo que cada un de nós estamos chamados a ser.
A vida é un regalo,
algo que se nos dá gratuitamente. E cando recibimos un regalo, a nosa mente e o
noso corazón, se somos agradecidos, diríxense ao doador… para agradecer...
Temos unha vida que se nos deu "para algo"....
A vida é unha oportunidade...
Na existencia de cada un de nós hai oportunidades moi variadas e de distinto calado... non todas teñen a mesma profundidade nin o
mesmo alcance. Hai oportunidades que se repiten, intrascendentes... pero tamén
as hai que son únicas. A vida é unha oportunidade única: só se vive unha vez...
A vida é tamén unha responsabilidade... unha tarefa.
Dentro da "oportunidade" que é a vida,
momentos, ocasións, circunstancias... que nos invitan a rectificar, a cambiar
de actitude, a facer propósitos e plans novos... a reorientar os nosos pasos.
Este ano 2014 que acabamos de estrear é unha desas oportunidades... para a nosa
vida persoal. Ogallá non teñamos que velo dentro duns meses como unha ocasión
perdida.
Sempre podemos escoller entre vivir o mundo tal como o
coñecemos ou cambialo no que desexamos. Todo dependerá da decisión que cada un
de nós tomemos.
Cita bíblica
Quen
sementa xenerosamente, xenerosamente obterá; quen sementa tacañamente, tacañamente
obterá (2Cor.9. 9, 6)
Oración
Grazas,
Pai, polo novo ano que empeza. Pola vida que continúa.
Unha
oportunidade para crecer e para facer o ben.
Ogallá
sexa xeneroso para sementar obras de caridade. Dáme humildade e paciencia.
Que
sexa tamén unha ocasión para crecer como seguidor de Xesús.
Dáme
fortaleza e alegría.
Grazas, Señor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario