LUNS 17 FEBREIRO. No nome do Pai,
do Fillo e do Espírito Santo
Lectura do santo evanxeo segundo
san Mateo (5,17-37):
Naquel tempo, dixo Xesús aos seus
discípulos: «Non» creades «que vin a abolir a Lei e os profetas: non vin a
abolir, senón a dar plenitude. Asegúrovos que antes pasarán o ceo e a terra que
deixe de cumprirse ata a última letra ou til da Lei. O que se salte un só dos
preceptos menos importantes, e llelo ensine así aos homes será o menos
importante no reino dos ceos. Pero quen os cumpra e ensine será grande no reino
dos ceos. Asegúrovolo: Se non sodes mellores que os escribas e fariseos,
entraredes no reino dos ceos. Oístes que se dixo aos antigos: Non
matarás", e o que mate será procesado. Pero eu dígovos: Todo o que estea
pelexado co seu irmán será procesado. E se un chama o seu irmán
"imbécil" terá que comparecer ante o Sanedrín, e se o chama
"renegado" merece a condena do lume.
Polo tanto, se cando vas poñer a
túa ofrenda sobre o altar, te acordas alí mesmo de que o teu irmán ten queixas
contra ti, deixa alí a túa ofrenda ante o altar e mírate primeiro a
reconciliarte co teu irmán, e entón volve presentar a túa ofrenda.
(…) A vós abóndavos dicir
"si" ou "non"».
Palabra
do Señor
ORACIÓN: A PAZ VIRÁ (dous coros)
Se cres que o sorriso é
máis forte que as armas,
se cres no poder da man estendida,
se cres que o que irmá as persoas
é máis forte que o que as separa,
se cres que ser diferente é unha riqueza e non
un perigo,
se sabes mirar aos outros cun pouco de amor,
se prefires a esperanza á sospeita,
se crees que ti has dar o primeiro paso para
achegarte ao outro,
se podes alegrarte da alegría do veciño,
se a mirada dun neno aínda che chega ao
corazón,
a paz virá.
Se a inxustiza que padecen
os outros che fai tanto dano
como se ti a padeceses,
se sabes aceptar que o
outro te axude,
se cres que o perdón vai
máis aló da vinganza,
se sabes cantar a alegría
dos demais e bailar a túa festa,
se podes escoitar -malia
que perdas tempo-,
cun sorriso nos beizos,
como che explican as desgrazas,
se sabes aceptar a crítica
sen defenderte,
se cres que os outros
poden axudarte a cambiar,
se o Evanxeo non te
escandaliza, ...
a paz virá.
Se
sabes escoller e aceptar un punto de vista diferente ao teu,
se non descargas as túas
culpas sobre os demais,
se o outro é, por encima
de todo, o teu irmán,
se a rabia é para ti un
signo de debilidade e non de forza,
se prefires ser ferido
antes que facer dano a alguén,
se miras o pobre e o
oprimido sen sentirte un heroe,
se cres que o amor é a
única forza,
se cres que a paz é
posible, ...
a paz virá. J.M.
Moratiel
MARTES 18 FEBREIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Día de Guinea
MÉRCORES 19 FEBREIRO. No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
XESTOS POR UN MUNDO NOVO
Todo é novo cando hai amor. Amor
aos de casa, amor aos veciños, sorrindo ao que encontro, compartindo o pouco ou
moito que teño, ofrecendo cariño a quen busca amizade.
Aquí un xesto concreto: Un
profesor universitario de socioloxía quixo que os seus alumnos se internasen
nos suburbios de Boston
para conseguir as historias de douscentos mozos. A estes alumnos pediulles que
fixesen unha avaliación do futuro de cada entrevistado. En todos os casos os
estudantes escribiron: "Sen a menor probabilidade". Vinte e cinco
anos despois, outro profesor de socioloxía deu casualmente co estudo anterior e
encargou aos seus alumnos un seguimento do proxecto, para ver que sucedera con
aqueles rapaces. Coa excepción de vinte individuos que se mudaran ou morreran,
os estudantes descubriron que 176 restantes dos 180 alcanzaran éxitos
superiores á media como avogados, médicos e homes de negocios.
O profesor quedou atónito e
decidiu continuar o estudo. Afortunadamente, todas aquelas persoas vivían na
zona e foi posible preguntalo a cada unha como explicaba o seu éxito. En todos
os casos a resposta moi sentida, foi: "Tiven unha mestra".
A mestra aínda vivía, e o
profesor buscou a aínda esperta anciá para preguntarlle de que fórmula máxica
se servira para salvar aqueles rapaces da sordidez do suburbio e guialos cara
ao éxito.
En realidade, é moi simple - foi
a súa resposta- Eu amábaos.
ORACIÓN (xuntos)
Oh
Deus, que guías aos homes
polo camiño do ben, e márcanos
metas
que conseguir, ilusións que
cumprir,
soños que realizar,…
Dános confianza
no que temos que facer
e a fortaleza para cumprilo!
Que a realidade non oscureza a nosa ilusión,
que o fracaso non nos faga
desistir!
Dános, Señor, a capacidade de
soñar a vida
antes de facela,
e facer a vida segundo un
proxecto soñado! Amén
XOVES 20 FEBREIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Grazas, entre todos é máis doado
confiar
Non é tan doado confiar.
Queremos confiar nos demais,
sempre esperamos que nos digan a verdade. A decepción é unha das cousas que
máis nos mancan, en que podemos confiar? Preocupámonos moito por non fallar aos
demais, por non defraudar a súa confianza.... Non defraudar, e que non nos
defrauden os demais.
Un non espera que os seus seres
máis queridos lle fallen, que un pai, un amigo, un irmán, a túa noiva che
fallen. E en moitos casos encerrámonos como unha tartaruga coa cabeza na
cuncha, por medo a que nos fagan dano.
Escoitade a seguinte fábula:
A ra e o escorpión
Conta un relato popular, que nas
beiras do río Níxer, vivía unha ra moi xenerosa.
Cando chegaba a época das chuvias
ela axudaba a todos os animais que se encontraban en problemas ante a enchente
do río. A súa
xenerosidade e nobreza non lle permitían aproveitarse delas en circunstancias
tan desiguais.
Tamén vivía por alí un escorpión,
que certo día lle suplicou á ra: "Desexo atravesar o río, pero non estou
preparado para nadar. Por favor, lévame á outra beira sobre as túas
costas".
A ra, que aprendera moito durante
a súa longa vida chea de privacións e desencantos, respondeu deseguida: "
Que te leve sobre as miñas costas? Nin pensalo! Coñézote o suficiente para
saber que se estou preto de ti, me
inxectarás un veleno letal e morrerei! "
O escorpión replicoulle:
"Non digas estupideces”. Ten por seguro que non te picarei. Porque se así
o fixese, ti afundiríaste nas augas e eu, que non sei nadar, perecería afogado.
"
A ra negouse ao principio, pero a
incuestionable lóxica do escorpión foron convencéndoa... e finalmente aceptou.
Cargouno sobre as súas escorregadizas costas, onde el se agarrou, e comezaron a
travesía do río Níxer.
Todo ía ben. A ra nadaba con
soltura a pesar de soster sobre as súas costas o escorpión. Pouco a pouco foi
perdendo o medo a aquel animal que levaba sobre as súas costas.
Chegaron á metade do río. Atrás
quedara unha beira. Fronte a eles divisábase a beira á que debían chegar. A ra,
habilmente sorteou un remuíño...
Foi aquí, e de súpeto, cando o
escorpión picou á ra. Ela sentiu unha dor aguda e percibiu como o veleno se
estendía por todo o seu corpo. Comezaron a fallarlle as forzas e a súa vista
anubrouse. Mentres afogaba, quedáronlle forzas para berrarlle ao escorpión:
"Sabíao! Pero... Por que o
fixeches? "
O escorpión respondeu: "Non
podo evitalo. É a miña natureza".
E xuntos desapareceron no medio
do remuíño mentres afogaban nas profundas augas do río Níxer.
Mirando polo lado positivo, o que
debemos facer é gozar das ras que encontremos no noso camiño, e estar sempre
alerta dos escorpións. Nós, os humanos, temos liberdade, e con esa liberdade
podemos decidir a moral coa que actuamos. Cada quen decide se se rexe pola
moral da ra ou pola moral do escorpión; ti podes escoller en que te convertes e
como rematará a túa vida.
Entre todos é máis doado confiar.
VENRES 21 FEBREIRO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
UN PROXECTO COMÚN: CAMBIAR A INXUSTIZA POR XUSTIZA
Todos somos conscientes da
situación actual de desequilibrio entre unhas persoas e outras. Algunhas temos
moito mentres outras persoas sobreviven con menos do necesario.
Non podemos enganarnos culpabilizando soamente ás
estruturas económicas e políticas de todos os males da sociedade,
tranquilizando así as nosas conciencias, e esperando exclusivamente do cambio
da economía, das finanzas ou da administración pública, a solución de todos os
problemas. Responsabilidade individual.
En primeiro lugar, porque nesas
estruturas operan e inflúen persoas individuais, coa súa propia
responsabilidade. Ademais, porque sempre haberá situacións de soidade e
desarraigamento, que dificilmente poderá resolver soamente a acción protectora
das institucións sociais. Ningunha reforma estrutural nin ningunha
reivindicación social poderán ofrecer amizade e compañía ao que se sente só e
fracasado.
Fronte a masificación da
sociedade que tende a despersonalizar o individuo, e a maquinaria do Estado
moderno, frío e implacable como unha inmensa computadora, é preciso dar a voz
de alarma e espertar as conciencias na busca dun novo humanismo que humanice o noso
mundo deshumanizado. Porque nós mesmos, todos e cada un pola nosa conta,
precisamos facer un cambio, volvernos, "converternos das nosas actitudes
de egoísmo e de insolidariedade, das que entresacamos algunhas manifestacións:
É necesario un novo humanismo e unha nova civilización. E nós, individuos desta
cadea, pero persoas de ben, entre todos, podemos conseguilo.
ORACIÓN (xuntos)
Señor, poño cada unha das miñas
relacións diante túa
e pídoche que as bendizas.
Axúdame a elixir as miñas
amizades con sabedoría.
Dáme discernimento e fortaleza
para distinguir
quen me fai ben e quen me pode
facer mal,
a quen podo estimular ou
defraudar.
Quero
ser coma Ti:
o Amigo que nunca falla!
No hay comentarios:
Publicar un comentario