Lectura
do Santo Evanxeo segundo San Mateo
Xesús tomou consigo a Pedro, Santiago e o seu irmán Xoán
e levounos á parte a unha montaña alta. Transfigurouse diante deles e o seu
rostro resplandecía como o sol, e os seus vestidos volvéronse brancos como a
luz. E aparecéronselles Moisés e Elías conversando. Entón, Pedro tomou a
palabra e dixo a Xesús: "Señor, que fermoso é estar aquí! Se queres farei
tres chozas: unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías! Aínda estaba a
falar cando unha nube luminosa os cubriu coa súa sombra, e unha voz dende a
nube dicía: "Este é o meu Fillo, o amado, o meu predilecto. Escoitádeo. Ao
oílo, os discípulos caeron de fociños, cheos de espanto. Ao alzar os ollos, non
viron a ninguén máis que a Xesús, só. Cando baixaban da montaña, Xesús mandoulles:
"Non contedes a ninguén o que vistes ata que o Fillo do home resucite de
entre os mortos". Palabra do Señor
REFLEXIÓN:
Deus Pai fai unha clara recomendación: escoitar a Xesús, o seu Fillo amado, cres que é importante escoitar a Xesús? Por que? Se o escoitaramos máis, serían as nosas palabras e accións menos ferintes nalgunhas ocasións?
Fixámonos
nunha palabra: transfigurouse
TRANSFIGURADO
= Xesús reza no alto dunha montaña. Deus está tan preto del, que a súa luz
brillante o envolve completamente. Pedro, Santiago e Xoán son testemuñas da
gloria de Deus. Á vez quedan admirados vendo a Xesús totalmente transformado e
envolvido en luz.
Deus Pai fai unha clara recomendación: escoitar a Xesús, o seu Fillo amado, cres que é importante escoitar a Xesús? Por que? Se o escoitaramos máis, serían as nosas palabras e accións menos ferintes nalgunhas ocasións?
ORACIÓN: Pidamos ao noso Deus que nos faga
sensibles ante a súa Palabra, para conseguir que no noso ámbito cotián reine de
verdade o seu Amor.
Rezamos xuntos: Nosopai...
MARTES 18 DE MARZO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén
Lectura do Evanxeo segundo San Mateo
Xesús falou á xente
e aos seus discípulos, dicindo: «Na cátedra de Moisés sentaron os escribas e os
fariseos: facede e cumpride o que vos digan; pero non fagades o que eles fan,
porque eles non fan o que din (…)
Vós non vos deixedes chamar mestre, porque un só é o voso
mestre, e todos sodes irmáns. E non chamedes pai voso a ninguén na terra,
porque un só é o voso Pai, o do ceo. Non vos deixedes chamar conselleiros,
porque un só é o voso conselleiro, Cristo. O primeiro entre vós será o voso
servidor. O que se enaltece será humillado, e o que se humilla será enaltecido.
PALABRA DE DEUS
FACER AS COUSAS SEN QUE SE NOTE
Vivimos no mundo do "famoseo". Un non é famoso
por ser importante, senón que se converte en importante por ser famoso. Hai que
saír na tele, hai que saír nos xornais... hai que deixarse ver nas festas,
espectáculos e todo tipo de actos públicos. Se algún famoso axuda a alguén ten
que saír nas noticias. Se algún país dá axuda humanitaria a outro tense que
anunciar aos catro ventos.
Todos estamos de acordo en que son xestos magníficos e
necesarios. Pero non sempre a intención é a de axudar senón a de ser vistos,
gañarse simpatías e aumentar a fama.
Nestes 40 días de Coresma, nos que hai persoas que
deciden gastar menos e compartir o seu diñeiro axudando aos máis necesitados,
nos que "xaxuamos" de cousas habituais para dalo aos demais, hai
unhas palabras que poden servirnos de consello para non caer na mesma actitude:
"Procurade non facer o ben en público para que se vos vexa. Pola contra,
non terán ningún valor para o voso Pai do ceo.
Para a reflexión: Síntome eu superior a alguén? Compórtome de forma diferente a como penso para "agradar" a determinadas persoas e ser popular? Son humilde ou presumo das miñas calidades, coma se elas fosen un mérito propio? Que debo cambiar na miña vida ao respecto? Penso en algo concreto.
CANTO: AXÚDAME A MIRAR COS TEUS OLLOS
MÉRCORES 19 DE MARZO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo, amén.
Celebramos hoxe o día de San Xosé. Todos sabemos quen foi
Xosé, ese pobre carpinteiro dun pobo pequeno, esposo de María, a nai de Xesús.
Pero non sabemos máis de Xosé porque non se recolle ningunha palabra del en
todo o Evanxeo. Quizais esta lección silenciosa de San Xosé poida ensinarnos
hoxe moito.
San Xosé é por excelencia o patrón dos carpinteiros, xa
que exerceu esta profesión segundo nos narra o Evanxeo de Mateo.
O Papa Pío IX declarouno en 1870, patrón da Igrexa
Católica. Tamén é o patrón dos seminarios. Este padroado é doado de entender,
xa que como pai, educou ao seu fillo Xesús en Nazaret e preparouno durante
moitos anos para o seu traballo no futuro.
E non cabe esquecer que o 19 de marzo é tamén o día do
pai, unha festividade en honor aos nosos pais, como pai foi Xosé para Xesús.
REFLEXIÓN:
Os teus xestos falan tanto como as
túas palabras? Usas a túa palabra para
agradecer? Algunha vez dás as grazas por todo o que tes? Pensa en alguén a quen
poidas dar as grazas por algo que fixo por ti e, en canto teñas ocasión, faillo saber.
Esfórzate por coidar os teus xestos e comportamentos.
Oramos xuntos: Pedimos
especialmente hoxe por todos os pais do mundo e por todos aqueles que se
preparan para ser sacerdotes.
NOSOPAI
XOVES,
DÍA 20 DE MARZO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén.
A Coresma avanza e segue chamando á nosa porta que escusa
podemos poñer? Por que non abrir a porta e deixar que entre na nosa vida e nos
conduza cara ao Señor?
A Coresma vén como un peregrino e pídenos aloxarse nas
nosas casas. Temos a estanza preparada? Ben, tampouco fan falta grandes agasallos,
xa que a Coresma é sinxela e humilde.
A Coresma tráenos tres marabillosas ferramentas para
traballar unidos a Deus: Xaxún, esmola e oración. Estas tres ferramentas deben
traballar unidas: Pero non abonda o xaxún sen a esmola. Tampouco basta o xaxún e
a esmola sen oración, xa que a oración nos sintoniza coa vontade de Deus. O
xaxún complementa a esmola, porque con el simbolizamos o desapego ás nosas
necesidades. Quitar o noso para darllo a quen o necesita.
Podemos escoller, propoñernos, cada un, un tipo de
"xaxún", de "esmola", de "oración", o que máis
necesitemos para un pouquiño máis mellores persoas.
O xaxún que Deus quere
. que non fagas gastos superfluos,
. que prefiras pasar ti necesidade, antes que a pase o
irmán, ou a túa nai, ou o teu pai, a túa avoa...
. que ofrezas o teu tempo ao que cho pida,
. que teñas fame e sede de xustiza, para que,
loxicamente, non haxa inxustizas,
. que te comprometas na loita contra toda marxinación ou
pobreza
. que esperes cada
día unha nova humanidade.
A abstinencia que Deus quere
. que non sexas escravo do consumo, os xogos, as modas,
. que te absteñas de tanta televisión, tanto vídeo e
tanto internet,
. que te absteñas de toda violencia, insultos e
agresividade,
. que respectes todo ser vivo,
. que te absteñas de tacos, palabras ociosas e necias,
. que te alimentes da Palabra de Deus, cada día na
oración da mañá,
Porque Deus quere que crezamos en positivo e non só que
nos reprimamos.
Cando un crece, non lle serve a roupa e téñenlla que
cambiar.
Por Coresma, nós deberamos estar en tempo de cambio porque
a nosa conversión nos fixo crecer en SABEDORÍA, AMOR, ESPERANZA, ALEGRÍA,
ILUSIÓN, PAZ, COMPRENSIÓN, AMABILIDADE, CONFIANZA, TENRURA, BONDADE
Escolliches xa?
Recemos o Nosopai todos xuntos, para que nos axude a ser
constantes, e non nos desanimemos...
VENRES, DÍA 21 DE MARZO. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén.
Lectura do Evanxeo segundo San Mateo
Dixo Xesús aos sumos sacerdotes e aos anciáns do pobo: «Escoitade outra parábola: Había un propietario que plantou unha viña, rodeouna cun valo, cavou nela un lagar, construíu a casa do garda, a arrendou a uns labradores e marchou de viaxe. Chegado o tempo da vendima, enviou os seus criados aos labradores, para percibir os froitos que lle correspondían. Pero os labradores, agarrando aos criados, mallaron a un, mataron a outro, e a outro apedrárono. Enviou de novo outros criados, máis que a primeira vez e fixeron con eles o mesmo. Por último mandou ao seu fillo dicíndose: "Terán respecto ao meu fillo". Pero os labradores, ao ver o fillo, dixéronse: "Este é o herdeiro: vide, matámolo e quedamos coa súa herdanza". E, agarrándoo, empurrárono fóra da viña e matárono. E agora, cando volva o dono da viña, que fará con aqueles labradores?» ... Por iso dígovos que se vos quitará a vós o reino dos ceos e se dará a un pobo que produza os seus froitos»...PALABRA DE DEUS
Dixo Xesús aos sumos sacerdotes e aos anciáns do pobo: «Escoitade outra parábola: Había un propietario que plantou unha viña, rodeouna cun valo, cavou nela un lagar, construíu a casa do garda, a arrendou a uns labradores e marchou de viaxe. Chegado o tempo da vendima, enviou os seus criados aos labradores, para percibir os froitos que lle correspondían. Pero os labradores, agarrando aos criados, mallaron a un, mataron a outro, e a outro apedrárono. Enviou de novo outros criados, máis que a primeira vez e fixeron con eles o mesmo. Por último mandou ao seu fillo dicíndose: "Terán respecto ao meu fillo". Pero os labradores, ao ver o fillo, dixéronse: "Este é o herdeiro: vide, matámolo e quedamos coa súa herdanza". E, agarrándoo, empurrárono fóra da viña e matárono. E agora, cando volva o dono da viña, que fará con aqueles labradores?» ... Por iso dígovos que se vos quitará a vós o reino dos ceos e se dará a un pobo que produza os seus froitos»...PALABRA DE DEUS
Para a reflexión: Quen somos hoxe os viñadores? Cal é a nosa
actitude á hora de consumir? Desenmascaramos a inxustiza e comprometémonos coa
realidade ou preferimos seguir instalados no noso benestar egoísta?
O VALOR DAS COUSAS
Vivimos nunha situación de crise económica que está a
afectar seriamente ás familias. Cada día hai máis persoas no paro e menos
diñeiro nas casas. Ti e eu non podemos solucionar a crise. Pero igual podemos
axudar a que na nosa casa non se note tanto. Pregúntate o seguinte:
Canto gastaches este último mes en teléfono? Quen corre
cos teus gastos habituais? Canto foi o gasto familiar de electricidade, gas,
alimentación? Canto custa a roupa que usas e a que está no armario e xa non
usas?
Deberiamos vivir un consumo máis intelixente e moderado,
unha vida máis austera e sería unha forma de educarnos na corresponsabilidade.
Non está de máis, de cando en vez, caer na conta das
cousas que teño, que non valoro e que mesmo nunca me parei a pensar canto
custan.
Hoxe é venres e estamos en coresma. De
que me vou privar hoxe para axudar a quen necesita de min?
"Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo".
Amén
E unha pequena
reflexión falando de valorar…. Hoxe 21 de marzo é o Día Mundial da
Síndrome de Down. Con esta celebración quérese aumentar a conciencia
pública sobre a cuestión e recordar a dignidade inherente, a valía e as
valiosas contribucións das persoas con minusvalidez intelectual como promotores
do benestar e da diversidade das súas comunidades. Tamén quere resaltar a
importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a
liberdade de tomar as súas propias decisións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario