Esta semana ímonos fixar dun modo especial na seguinte frase: Limpa a túa mirada. Non quedes nas aparencias. (Pódese colocar a frase nun lugar visible, xunto co símbolo: uns lentes)
Frase de
Luisa de Marillac: RECOÑECER A DEUS
"Debo
empregar todo o meu ser en recoñecer a Deus nas súas obras e recoñecelo por
amor".
Nesta primeira semana de Coresma teremos especialmente presente na nosa oración a Luisa de
Marillac, cuxa festa celebraremos o sábado, 15 de marzo. Recordaremos cada día
unha frase dos nosos fundadores, Luísa de Marillac e Vicente de Paúl e
procuraremos tela presente para facela realidade na nosa vida.
Estes lentes simbolizan o noso desexo e o noso convite ao compromiso de mirar mellor, dun xeito máis profundo, a nosa propia realidade e a dos que nos rodean, para estar atentos, especialmente, a aqueles que máis nos necesitan.
Lectura do Evanxeo segundo San Mateo:
PALABRA DE DEUS
REFLEXIÓN: Todos os días, dende que amence, o Señor pon diante nosa
moitos rostros: uns, son coñecidos: familiares, amigos, compañeiros,
profesores, veciños.... Outros, non o son tanto. Pero, en todos, habemos de ver
clara unha cousa (especialmente nos que máis sofren): o rostro de Xesús.
Como miro eu as persoas que me encontro cada día? Está a
miña mirada chea de prexuízos? Quedo no superficial, nas apariencias? Como me
vexo a min mesmo? Con quen necesito cambiar a miña mirada? Que estou disposto a
facer concretamente?
Que o Señor, neste día, nos axude a limpar nosa mirada
para velo nos que nos rodean e, se pode ser, axudar ao que nos necesita.
ORACIÓN
SEMANA VOCACIÓN- MISIÓN:
Señor, necesito unha decisión firme para buscar en todo a
túa gloria. Faime falta constancia e perseveranza para superar as dificultades
ou os entusiasmos pasaxeiros. Quero aproveitar o tempo para amarte e servirche
con fe, con xenerosidade, con decisión, ata nos máis pequenos detalles.
MARTES,
DÍA 11 DE MARZO. "No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo"
Frase de
Vicente: PERFECCIÓN
Para
tender á perfección, hai que revestirse do Espírito de Cristo.
No texto do Evanxeo de hoxe, Xesús vainos dar uns
consellos sobre como debemos orar. Escoitemos con atención:
Lectura do evanxeo segundo San Mateo
Dixo Xesús aos seus discípulos: Cando recedes, non usedes
moitas palabras, como fan os pagáns: Eles cren que por falar moito serán
escoitados. Non fagades como eles, porque o voso Pai sabe o que vos fai falta,
antes de que llo pidades.
Vós rezade así: Noso Pai, que estás no ceo, santificado
sexa o teu Nome, que veña o teu Reino, que se faga a túa vontade na terra como
no ceo. Dános hoxe o noso pan de cada día. Perdoa as nosas ofensas, como nós
perdoamos os que nos ofenderon. Non nos deixes caer na tentación, senón
líbranos do mal. Porque se perdoades aos demais as súas culpas, o Pai que está
no ceo tamén vos perdoará a vós. Pero se non perdoades os demais, tampouco o
voso Pai perdoará as vosas culpas.
PALABRA DE DEUS
REFLEXIÓN: Para Xesús, Deus é un pai que quere infinitamente os
seus fillos e que está sempre disposto a acollernos de novo, aínda que nos
afastásemos moito del. Ponnos unha condición: que perdoemos os que nos
ofenderon. Hoxe é un día para que te preguntes: Alguén me fixo dano?, A quen
teño que perdoar? Este é o momento de facelo.
Pidamos ao Señor que limpe a nosa mirada e o noso corazón
para vivir a alegría que supón perdoar e ser perdoados. Recordemos sempre que
un bo cristián ha de ser un cristián alegre.
ORACIÓN
SEMANA VOCACIONAL:
Señor: pedímosche forzas para ir dando día a día, sentido
pleno á nosa vida. Queremos facer desaparecer de nós todo o que nos frea, todo
o que non nos deixa ser libre, todo o que nos impide descubrir a túa presenza
nas nosas vidas. Sen ti, a nosa vida está falta de pouta, de forza de alegría,
de decisión para afrontar esta tarefa de ser mellores.
Unimos os nosos corazóns e rezamos confiadamente a
oración que Cristo nos ensinou: Nosopai....
MÉRCORES, DÍA 12 DE MARZO. "No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo"
Frase de
Luisa de Marillac: AMOR A DEUS
O amor
que debemos ter a Deus, ha de ser tan puro, que non pretenda outra cousa que a
gloria do seu Fillo
Neste camiño que comezamos cara á Pascua, temos que
sentirnos como peregrinos que imos XUNTOS. Os peregrinos teñen unha meta, van
cara a algún sitio. Cal vai ser este sitio?
Invítovos a peregrinar nestes días cara a esa persoa que
espera algo de nós: amizade, perdón, axuda...
Abre ben os ollos, camiña cara ao teu compañeiro ou
compañeira polos cales non sentes simpatía. Fai por falar con el ou ela,
interésate polos seus problemas, a súa familia. Esoutra persoa é alguén a quen
tes que respectar e xunto ao que tes que chegar a poder camiñar, para o cal necesitas
comprensión, misericordia, simpatía e isto, aínda que non che caia ben. Axuda e
déixate axudar. Xesús pedía aos seus discípulos que o acompañaran, que rezasen
con el, que comeran xunto a el. Hoxe, bota unha mirada ao redor...no colexio,
na casa, entre os teus compañeiros e amigos... quen necesita de ti?, de quen ti
sentes necesidade? Dá un paso á fronte. Que estás disposto a facer?
ORACIÓN
SEMANA VOCACIONAL:
Señor, que non deixe de buscarte. Que o meu camiño sexa o
teu camiño. Que os meus pasos, aínda que vacilen e dubiden, sigan as túas
pegadas;
Que as miñas opcións sexan as que me axuden a seguir o
teu paso nesta vida.
Que o meu horizonte sexa o teu Reino, a miña meta a túa
xustiza, a miña palabra, o teu Evanxeo,
Cando haxa tormentas e cando haxa paz; en sendeiros
suaves e en camiños abruptos.
Axúdame, Señor, a seguir camiñando tras as túas pegadas..
XOVES,
DÍA 13 DE MARZO. "No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo"
Frase de
Vicente: OS POBRES
Os
pobres son o meu peso e a miña dor!
Xesús no evanxeo de hoxe dinos: "Pedide e darásevos,
buscade e encontraredes, chamade á porta e abrirásevos. Porque o que pide
recibe, o que busca encontra e ao que chama ábreselle. Acaso algún de vós sería
capaz de darlle ao seu fillo unha pedra cando lle pide pan? Ou de darlle unha
cobra cando lle pide un peixe? Pois se vós, que sodes malos sabedes dar cousas
boas aos vosos fillos, canto máis o voso Pai Deus as dará aos que llas pidan.
Así pois, facede cos demais o mesmo que queredes que os demais fagan convosco.
(Mt. 7,7-12)
Pedimos o Señor por todas aquelas persoas que sofren,
vítimas da inxustiza e da insolidariedade. OREMOS
R/ PREGÁMOSTE, ÓENOS
Por todos os nenos e mozos que non teñen a oportunidade
de recibir unha educación. OREMOS
R/ PREGÁMOSTE, ÓENOS.
Por todos aqueles que non che coñecen e polos que non te
queren coñecer, OREMOS
R/ PREGÁMOSTE, ÓENOS
Por todas as persoas que loitan para construír un mundo
máis xusto e máis feliz para todos. OREMOS
R/ PREGÁMOSTE, ÓENOS
Por todos nós para que poidamos ser bos amigos, bos
compañeiros, bos irmáns, bos fillos... e sementar no mundo a alegría PREGUEMOS
AO SEÑOR
ORACIÓN
SEMANA VOCACIONAL:
Señor, eu quero construír un mundo novo, non un mundo de
cores espectaculares, senón un mundo onde reine a caridade, a xustiza, a
igualdade, a unión, o espírito de equipo, para que o perdón e a solidariedade,
fagan crecer a paz nun mundo cuxa lei sexa o Evanxeo.
Oh, María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a ti.
"Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo". Amén
VENRES, DÍA 14 DE MARZO
"No
nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo"
Frase de
Santa Luisa: "Coidade moito dos pobres. Estade ben unidos entre vós e
rezade con insistencia a Santa Virxe".
Na véspera da celebración de Santa Luisa de
Marillac, presentamos un breve resumo da súa biografía, ela lanzouse a buscar a Cristo...
Escoita con atención!
ORACIÓN SEMANA VOCACIONAL:
Grazas, Señor, por buscarme, por non me deixar só no
camiño. Coñécesme e sabes que son presa doada do desánimo e do abatemento e me
custa moito recoñecerte na miña oración. Ilumina a miña mente e o meu corazón
para que saiba descubrirte e experimente esa proximidade que me enche de paz e
amor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario