sábado, 29 de marzo de 2014

CUARTA SEMANA DE CORESMA ¡Escoita atentamente a Palabra de Deus!

LUNS 31 DE MARZO No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén
Na nosa relación cos amigos ás veces non vemos ben, fixámonos só nalgunhas maneiras de comportarnos; ás veces mesmo nos cegamos; non debemos fiarnos das aparencias; temos que pedir axuda; Xesús ofrécesenos como luz e como guía cando esteamos na escuridade do desánimo, da falta de saídas, de velo todo escuro, de que todo parece que nos sae mal. É o que fixo Xesús cando curou o cego de nacemento. Estade ben atentos a este Evanxeo de hoxe.

Lectura do santo Evanxeo segundo San Xoán 9, 1-41
(6 alumnos: Narrador, Discípulos, Xesús, Cego, Fariseos, Veciños)
Narrador: Naquel tempo, ao pasar Xesús viu un home cego de nacemento. E os seus discípulos preguntáronlle:
Discípulos: «Mestre, quen pecou: este ou os seus pais, para que nacese cego?»
Narrador: Xesús contestou:
Xesús:«Nin este pecou nin os seus pais, senón para que se manifesten nel as obras de Deus».
Narrador: Dito isto, cuspiu na terra, fixo barro coa saliva, untoullo nos ollos ao cego, e díxolle:
Xesús: «ve a lavarte á piscina de Siloé» (que significa Enviado).
Narrador: El foi, lavouse, e volveu con vista. E os veciños e os que antes adoitaban velo pedir esmola preguntaban:
Veciños: «Non» é ese o que se sentaba a pedir?»
Narrador: Uns dicían:
Veciños: «O mesmo».
Narrador: Outros dicían:
Veciños: «Non é el, pero paréceselle».
Narrador: El respondía:
Xesús: «Son eu».
Ciego: púxome barro nos ollos, laveime e vexo».
Narrador: Algúns dos fariseos comentaban:
Fariseos: «Este home non vén de Deus, porque non garda o sábado,».
Narrador: Outros replicaban:
Fariseos: «Como pode facer un pecador semellantes signos?»
Narrador: E estaban divididos. E volveron preguntarlle ao cego:
Fariseos: E ti que dis do que che abriu os ollos?»
Narrador: El contestou:
Cego: «Que é un profeta».
Narrador: Dixéronlle:
Fariseos: «Confésao ante Deus: nós sabemos que ese home é un pecador».
Narrador: Contestou el:
Cego:«Se é un pecador, non o sei; só sei que eu era cego e agora vexo».
Narrador: Pregúntanlle de novo:
Fariseos « Que te fixo, como che abriu os ollos?»
Narrador: Contestoulles:
Cego: «xamais se oíu dicir que ninguén lle abrise os ollos a un cego de nacemento, se este non viñese de Deus, non tería
ningún poder».
Narrador: Replicáronlle:
Fariseos «Con pecado naciches ti de pés a cabeza, e vas darnos leccións a nós?»
Narrador: E expulsárono. Oíu Xesús que o expulsaran, encontrouno e díxolle:
Xesús: «Crees ti no Fillo do home?»
Narrador: El contestou:
Cego «E quen é, Señor, para que crea nel?»
Narrador: Xesús díxolle:
Xesús: Estalo a ver: o que che está a falar, ese é».
Narrador: El dixo:
Cego: «Creo, Señor,».
E prostrouse ante el.
Narrador: E prostrouse ante el.              Palabra do Señor.

ORACIÓN (dous coros)
Señor que te vexa!
E, logo, darei grazas por coñecerte, por verte e por curarme de tantas doenzas que afectan ao meu pensamento, corazón, alma ou espírito!

Señor, que te vexa!
E logo dáme a forza necesaria para defender o teu señorío fronte aqueles que din que, as cousas na vida, acontecen por casualidade ou por simple azar. AMÉN



MARTES 1 DE ABRIL No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén

Imaxínate o obradoiro dun oleiro... o barro, o torno, o forno, as cores, os modelos... Deus como oleiro, Xesús é o modelo, o barro es ti. ...
Orar é deixar que a luz nos ilumine por dentro e por fóra. Deixar que a luz ilumine o noso camiño e o noso mundo. Á parte da cegueira material hai outras moitas cegueiras que podemos padecer, unhas persoais, outras estructurais; elas impídennos ser persoas libres, persoas liberadas. Intenta descubrir as túas cegueiras.

Cegueiras do mundo no que vivimos

A nosa primeira tarefa é aprender a ver a realidade. Como vemos a realidade?
- Cando abres a prensa, que ves...?
- nos pasaxeiros dos “cayucos”, no salto do aramado… "ilegais" ou "cidadáns"?;
- nos vendedores de DVD do top-manta, "Atentado contra a propiedade intelectual" ou "economía de supervivencia"?;
- na morte do neno palestino, "crime de guerra" ou «dano colateral»?
Debemos aprender a ver. Velaquí unha serie de cegueiras coas que te podes sentir, máis ou menos, identificado.
. Os que só ven a fachada, non ven o corazón. Valoramos máis as persoas polo seu físico, polo seu poder ou a súa riqueza, polo seu saber.
. Os que só son capaces de ver cos ollos do corpo e non utilizan os ollos do corazón. Se falla esta mirada nunca se verá ben.
. Os que só ven o que queren ver.
. Os que non teñen desexos de ver máis.
. Os que son cegos para ver os seus defectos, pero son uns linces para ver os defectos dos demais: aquilo da mouta e a viga.
. Os que non son capaces de ver os seus propios valores. Non se ven ben a si mesmos -e xa é cegueira!-, nin poden aceptarse a si mesmos.
. Os que non saben ver as cousas boas e bonitas da vida, e se consumen no pesimismo existencial e desencanto vital.
. Os que só se fixan nas grandes estrelas, luces brillantes, e non son capaces de ver, miopes, os pequenos puntos de luz.
E o máis importante, os que non ven a Deus, nin saben ver as súas pegadas, nin saben descubrir a luz que achegan os signos dos tempos.

ORACIÓN
(TODOS: QUERO VER, SEÑOR)
Para sentirte preto e nunca te abandonar QUERO VER, SEÑOR Porque me perdo e camiño confundido QUERO VER, SEÑOR
Para verte e nunca perderte QUERO VER, SEÑOR
Para vivir alegre e aberto aos demais QUERO VER, SEÑOR
E agradecer o moito que fas por min QUERO VER, SEÑOR
E defenderte cando algúns te ignoren QUERO VER, SEÑOR
E non me tropezar cando xurdan dificultades QUERO VER, SEÑOR
Para que ninguén me confunda con falsas luces QUERO VER, SEÑOR
Para que nada me afaste da túa amizade QUERO VER, SEÑOR



MÉRCORES 2 DE ABRIL
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén

O evanxeo deste domingo trataba sobre "limpar a vista", saber mirar e ver de xeito diferente. Xesús curou o cego e el comezou a ver a vida e aos demais de forma distinta. Importa cultivar a mirada, para así poder ver con outra perspectiva, e aprender a valorar as cousas, as situacións, os acontecementos as persoas, cunha mirada purificada, sen retorcementos..

Un conto:
Dous mozos enfermos estaban ingresados no cuarto dun grande hospital. Un, ao lado da parede, era cego. O outro, ao outro lado do cuarto, tiña os seus ollos totalmente vendados por unha grave operación na cabeza e descoñecía que, o seu compañeiro, non podía ver. Este último comezou a preguntar o seu compañeiro; Que ves ao outro lado da ventá? O mozo cego, respondeulle: Non podes imaxinalo! Uns preciosos xardíns; persoas que se queren; unha fonte de cores; nenos que xogan.
Foron pasando os días e, cando quedaban sós, de novo o que tiña os ollos vendados preguntaba unha e outra vez: E agora? Que ves hoxe? E, o mozo cego respondíalle; Cousas moi bonitas! Un can que xoga co seu amo. Uns montes nevados ao fondo. Unha banda de música que toca nun parque e, sobre todo, miles de paxaros que cruzan o ceo.. mesmo vexo a Deus que dirixe todo.
O mozo dos ollos vendados estaba emocionado. A Deus tamén? Nunca fora tan feliz. Estaba a desexar curarse para observar por si mesmo toda aquela paisaxe que o seu compañeiro lle relataba.
Unha mañá, cando espertou, chamou o seu compañeiro cego pero este non lle contestou. Unha enfermeira díxolle: levárono esta noite e faleceu hai un momento. A cara do mozo dos ollos vendados palideceu pero, deseguida, recuperou parte da alegría cando lle dixeron que, durante a mañá quitaríanlle a vendaxe e podería recuperar a vista. En canto lle retiraron as vendas preguntou: Poden poñerme ao outro lado do cuarto? A enfermeira preguntoulle. Ao outro lado? Para que? O mozo respondeu; quero ver a paisaxe, os montes, os paxaros, os nenos, as fontes, os namorados, o parque, e sobre todo a Deus que dirixe todo....quero contemplar ese mundo precioso que o meu compañeiro me describiu. A enfermeira, con bágoas nos ollos, contestoulle: Neste cuarto non hai ningunha ventá. O compañeiro que estivo xunto a ti durante este mes, era cego e....todo o que che comentou que existía...existía de ver- dade...pero no seu corazón. Fíxoo para que foses ti máis feliz e se che fixese a enfermidade máis tolerable. El, sen ver, foi os ollos que ti necesitabas para vivises e contemplases o que no seu corazón habitaba e vibraba.

Que tamén nós saibamos comunicar aos demais a alegría que levamos dentro. E, unha delas, ha de ser a beleza da fe.

ORACIÓN:
Señor Deus, fai que non perdamos a vista e que saibamos ver aos demais cun corazón limpo e sincero..
Axúdanos a valorar o que nos rodea, a coidar da natureza e dos demais, sobre todo fai que saibamos axudar os que perderon a súa vista.
Dános luz e calor para vivir a amizade. Amén.



XOVES 3 DE ABRIL Xoves 3 de abril. No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén

A Coresma é un tempo oportuno para «abrir os ollos» e mirar a vida en profundidade. Moita xente pasan pola vida «distraídas», sen poñer atención nin a si mesmas nin aos demais. Mirar con atención e profundidade.

Xesús abre os ollos a un cego
Cando xa saía Xesús da cidade de Xericó seguido dos seus discípulos e moita xente, un mendigo cego chamado Bartimeo, estaba sentado xunto ao camiño. Ao oír que era Xesús de Nazaret, comezou a berrar:
- Xesús, Fillo de David, ten compaixón de min! Moitos reprendíano para que calase, pero el berraba máis aínda:- Fillo de David, ten compaixón de min!
Xesús detívose e dixo:-Chamádeo. Chamaron ao cego e lle dixeron:- Ánimo, levántate. Estate chamando. O cego botou a súa capa, e dando un salto achegouse a Xesús, que lle preguntou:
- Que queres que faga por ti?
O cego contestoulle:- Mestre, quero recobrar a vista.
Xesús díxolle:- Podes irte. Pola túa fe fuches curado.
Naquel mesmo instante o cego recobrou a vista, e seguiu a
Xesús.
Palabra de Deus

Unha mirada crítica e profunda
Mediante a crítica construtiva as persoas buscamos un cambio favorable que mellore situacións e beneficie aos que viven ao noso lado. A actitude crítica debe estar fundamentada no respecto e no desexo sincero e honesto de colaboración. Se algo non nos gusta ou pode mellorarse, non hai que xerar murmuracións ou crear conflitos.
O correcto é expresar con delicadeza o noso punto de vista e estar dispostos a escoitar e chegar a un resultado proveitoso para todos.
Antes de poñerse a criticar, convén ser críticos connosco mesmos. Para iso:
· Observa as situacións con atención, escoita e pregunta.
· Obtén os elementos necesarios para formar un
xuízo correcto.
· Infórmate ben e acostúmate a falar dos feitos, evitando as suposicións e prexuízos.
· Antes de criticar unha persoa, examínate a ti mesmo co mesmo rigor.
· Descubre o bo que hai nas persoas.
· Examina os teus sentimentos e estado de ánimo antes de falar
. Se estás enfadado ou alterado, espera a un mellor momento para pronunciarte.
· Acepta con madureza as críticas que che fagan, considerándoas unha oportunidade de mellora

ORACIÓN
Señor, Ti pasaches por esta vida con a mirada atenta para descubrir o sufrimento e a exclusión. Ti contemplabas o sufrimiento con ollos de compaixón e misericordia.
Señor, Ti curaches aos leprosos, abriches os ollos aos cegos, levantaches os caídos...
Dános unha mirada como a túa,
capaz de mirar con profundidade os rostros marcados pola dor.
Fainos capaces de axudar os que necesitan unha man amiga que ofrece todo sen esperar nada a cambio.





VENRES 4 DE ABRIL
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén

A cuarta semana da Coresma anímanos á alegría. Cando Xesús é, ademais de auga viva, luz no sendeiro, todo está abocado ao optimismo, ao entusiasmo. En definitiva, a proximidade da Pascua, lévanos a contemplar a luz que espera detrás do fracaso aparente da cruz.
Todos os días acontecen pequenos milagres a noso arredor. Que custa percibir a intervención de Deus, e a súa presenza, en todo aquilo que facemos, tocamos ou somos? Pode ser. Pero, non será que estamos máis cegos do que creemos e, que precisamente por iso, porque non vemos con nitidez, nos custa agradecer os dons, os regalos, os grandes ou pequenos prodixios que Deus obra na nosa vida, saúde, traballo, etc?
Estamos tan metidos en escuridades e en problemas que, sen querelo, todo iso nos impide ver, xulgar e actuar con claridade, á luz da fe, nos acontecementos da nosa existencia.

Deamos grazas a Deus porque os nosos ollos consideran as grandes ou pobres marabillas do mundo. Ser cegos no coñecemento de Xesús, de Deus, da súa Palabra é unha afección moito máis grave que ser cegos para recoñecer as cores.

ORACIÓN (DOUS COROS)
SON CEGO, SEÑOR?

Digo crer en Ti, e vivo como se non existises
Pretendo camiñar polas túas senllas e non palpo a túa presenza Presumo de coñecerte e apenas escoito a túa Palabra
Digo que ninguén hai coma Ti! e laméntome cando as dificultades asoman
SEREI ACASO CEGO, SEÑOR?

Abro os ollos ante o mundo e cústame dicir que Ti o moves Confeso que Ti es a luz do mundo
e escóndome en escuridades perigosas
Rezo mirando ao ceo
e á vez fíome demasiado das decisións do mundo
TEREI CEGUEIRA ESPIRITUAL, SEÑOR?

Son humano e, moitos días, considérome exclusivamente divino Son pecador e, querendo ou sen querer, doumas de xusto e honrado
Afirmo coñecer todos os segredos e, aos meus ollos, escápase o esencial
Coñezo a ciencia e a matemática e non sei como encontrarte na miña vida
SEREI CEGO, SEÑOR?

Porque leo a túa Palabra e, penso que é para os demais
Escoito a túa Palabra e creo que non vai comigo
Camiño, subo e baixo, rodo e avanzo
e tropézome a cada instante dándome de fociños contra as miñas propias ideas e pensamentos
CÁMBIAME, SEÑOR!

A miña natureza humana, para recoñecerte
A forma de mirar para non te perder de vista
O ritmo no meu camiñar para ir ao teu lado
O ruído da miña existencia para escoitar as túas pisadas
Os nuboeiros dos meus pensamentos para que Ti sexas a luz de todo o meu ser
ESTAREI CEGO, SEÑOR?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog