Luns, 8 de xaneiro. NO
NOME DO PAI, DO FILLLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
FELIZ ANINOVO
Bo días a
todos e a todas neste primeiro día de cole de 2015.
Aninovo, novos
retos, múltiples posibilidades que se abren no noso horizonte. Dos moitos
whatsapp recibidos estes días compartimos e reenviamos un a cada un de vós:
“hoxe ingresei na túa conta 2015
trescentos sesenta e cinco días de boa sorte, alegría e felicidade cos que te
acompañen. Adminístraos ben. Feliz aninovo”
Moitos bos
desexos e un montón de posibilidades que se abren para o noso día a día. É unha
invitación a CRECER, a ser máis ti mesmo, a ser cada día mellor persoa, máis
competente profesionalmente, mellor compañeiro na aula, máis atento, cariñoso e
solidario con quen poida necesitarte, máis responsable e comprometido co teu
grupo de traballo, máis alegre e creador de bo ambiente nos encontros de tempo
libre.
Non o dubides,
desde hoxe mesmo empéñate en ser mellor persoa, en desenvolver cada día as túas
mellores calidades … en rentabilizar a túa conta 2015, para facela produtiva
persoal e colectivamente.
Feliz 2015
ORACIÓN
Grazas, Pai, polo novo ano que comeza.
Unha oportunidade para crecer e para facer o ben.
Dame fortaleza e alegría no traballo.
Que sexa xeneroso para sementar obras de caridade.
Concédeme a humildade e paciencia suficientes
para superar as dificultades que se irán facendo
presentes.
Que saiba crecer cada día como seguidor de Xesús.
Grazas, Señor.
Bendición no
novo ano:
Martes, 9 de xaneiro. NO NOME DO PAI, DO FILLLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
UN NOVO ANO
Estamos
comezando un novo ano. Cantos de vós fixestes propósitos para este ano? xa
sabedes que moitas persoas o fan mentres despiden o ano e reciben o novo. Que
se este ano vou ir ao ximnasio, que se este ano vou aprender idiomas, que se
este ano vou deixar de fumar, que se este ano por fin voume poñer a estudar ao
día …
Alguén fixo o
propósito de ser máis amable? Ou de ser máis solidario? Ou acaso se propuxo
estar máis dispoñible? Ou incluso facer voluntariado? É curioso, pero seguro
que a algún lle está parecendo que eses propósitos non se fan normalmente e
incluso está poñendo cara de sorpresa.
Pode que tal
vez cando pensamos un propósito caemos na tentación de pensar en algo para nós
mesmos, en mellorar algo noso. Non é que iso sexa malo, pero imaxino que
pasaría se todos fixéramos un propósito
que tivera que ver coa mellora dos demais.
Por iso, este ano,
suxíroche que mires ao teu redor, aos que tes ao teu carón neste momento ou aos
que te acompañan na túa vida e penses se non se podería conseguir algo entre
todos. Basta que cada un poña un pouco da súa parte. Xa sei que algún dirá que
iso soa moi bonito, pero e se deixamos as palabras bonitas e facemos un xesto?
Pénsao por un momento.
Unha persoa dixo
que o maior progreso da humanidade foi o progreso na cooperación. Así que ogallá este ano novo fagamos un
propósito nesta liña.
Xesús ensínanos:
“ Non hai amor meirande que dar a vida polos
amigos”
Oración:
Pai, conta coas nosas mans
para construír un Mundo onde habite a xustiza.
Pai, conta cos nosos pés,
para poñer en marcha a liberdade e o amor.
Conta cos nosos beizos para denunciar trampas e falsidades;
Pai, conta coa nosa acción
para conseguir que todas as persoas
podan vivir con dignidade e en irmandade.
Pai, danos a sabedoría para saber elixir
todo o que nos axude a medrar
como persoas e como fillos e fillas teus. Amén
Un vídeo sobre cooperación. A ponte:
No hay comentarios:
Publicar un comentario