domingo, 4 de octubre de 2015

ORACIÓNS 5-9 OUTUBRO

LUNS 5 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..

Lectura do Evanxeo
“Deixade que os nenos se acheguen a min: non llo impidades; dos que son coma eles é o Reino de Deus. Asegúrovos que o que non acepte o Reino de Deus coma un neno, non entrará nel”.
E abrazábaos e bendicíaos impoñéndolles as mans.

Palabra do Señor

REFLEXIÓN: ACOLLER AOS PEQUENOS

Xesús pon no centro do grupo a un neno para que aprendan ben que son os pequenos os que han de ser o centro de atención e coidado dos seus discípulos. Son os pequenos, débiles e indefensos, os primeiros que han de ter aberto o acceso a Xesús.

A razón é moi profunda pois obedece aos designios do Pai: «Dos que son coma eles é o reino de Deus». No reino de Deus e no grupo de Xesús, os que molestan non son os pequenos, senón os grandes e poderosos, os que queren dominar e ser os primeiros.

O centro da súa comunidade non ha de estar ocupado por persoas fortes e poderosas que se impoñen aos demais desde arriba. Na súa comunidade necesítanse homes e mulleres que buscan o último lugar para acoller, servir, abrazar e bendicir aos máis débiles e necesitados.

O reino de Deus non se difunde desde a imposición dos grandes senón desde a acollida e defensa aos pequenos. Onde estes se converten no centro de atención e coidado, aí está a chegar o reino de Deus, a sociedade humana que quere o Pai.

NOSOPAI



MARTES 6 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..

EVANXEO dos Feitos dos apóstolos 4,32-35

«A multitude dos crentes tiña un só corazón e unha soa alma. Ninguén consideraba os seus bens como propios, senón que todo era común entre eles. Os Apóstolos daban testemuño con moito poder da resurrección do Señor Xesús e gozaban de gran estima. Ningún padecía necesidade, porque todos os que posuían terras ou casas vendíanas e poñían o diñeiro a disposición dos Apóstolos, para que se distribuíse a cada un segundo as súas necesidades».

Reflexión
Cada curso que pasa hai novidades. Ás veces compañeiros que cambian de centro e outras, novas incorporacións. Con eles imos compartir moitísimas horas. De clase, de actividades, de momentos formativos e tamén de excursións, deportes, festas… Tamén é un grupo onde se comparten ilusións, ideais e onde reflexionamos sobre o que nos toca vivir. Aí xurdirán preguntas.

Como todo grupo humano a suma de persoas é moito máis que unha simple suma. Multiplícanse os valores, as ideas, as vivencias...

O tempo compartido é unha gran oportunidade para aprender: a convivir, a respectar, a querer, a perdoar, a ser mellores persoas.

Como se pode ver, non hai tempo para o aburrimento e si tempo que aproveitar e gozar xunto aos compañeiros e amigos, profesores e a familia.

Convidámosvos a aproveitar esta oportunidade e a gozar no noso grupo de clase e do colexio dun ambiente onde todos e todas sintan acollidos, apreciados e compartindo metas e esforzos.  

Coñeces ben aos teus compañeiros de curso? Como podemos lograr que haxa bo ambiente entre todos os compañeiros?

ORACIÓN POLOS MEUS COMPAÑEIROS DE CLASE
 Pai,
Ao comezar un novo curso
quero pedirche por todos os meus compañeiros de clase.

Ensíname a querelos a todos,
non porque me caian ben ou teñan os meus mesmos gustos,
senón porque son Fillos e Fillas teus e, por tanto,
este é o máis fermoso dos teus milagres:
tamén Irmáns meus.

Douche grazas, Pai,
porque me deches compañeiros e amigos,
cada un deles e delas son un agasallo para min.
Dáme a túa mirada para contemplalos,
as túas mans para axudalos,
o teu sorriso para divertilos,
e, sobre todo, Pai
dáme o teu corazón,
si, o teu enorme corazón,
para non deixar nunca de amalos.



MÉRCORES 7 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..

EVANXEO de san Mateo 2,13

«Un anxo do Señor apareceuse en soños a Xosé e díxolle:
- Érguete, toma o neno e a súa nai, foxe a Exipto e queda alí ata que te avise, porque Herodes vai buscar o neno para matalo»

REFLEXIÓN
Centos de refuxiados exhaustos, a maioría procedentes de Siria, chegan cada día á fronteira de Grecia con Macedonia á espera dunha autorización que lles permite viaxar ao norte de Europa. A travesía continuará a través de Serbia, Hungría e Austria ata Alemaña, onde a maioría dos refuxiados sirios solicitan asilo.

A maioría son familias sirias que foxen da guerra, pero tamén hai iraquís, paquistanís ou afgáns. Preto de 160.000 persoas pasaron por Grecia durante 2015 neste exilio forzoso. En xullo, 50.000 persoas chegaron ás illas do mar Exeo, máis de todas as que o fixeron en 2014. Só na última semana desembarcaron 21.000 migrantes nas costas gregas. Desde as illas helenas viaxan a Atenas. Alí toman autobuses ata a estación de tren de Idomeni, a 80 quilómetros ao noroeste de Tesalónika. E desde alí saltan a Macedonia, a Gevgelija, onde loitan por facerse un oco nun dos vagóns rumbo á fronteira serbia.

Nenos e bebés dormen cada día xunto ás vías do tren e nas plataformas nesta pequena cidade de Macedonia. Non teñen comida nin bebida.

"Non temos medo a nada. Escapamos de morrer. En calquera lugar estamos a morrer, morrendo. Se nada ocorre, non é un problema. Escapamos da morte", afirma Obab, un mozo sirio de 20 anos.

"En Siria non hai futuro, que podo facer?"

Osman Biyram é de Kobani, a cidade kurda asediada polo Estado Islámico. Leva días camiñando cara a Macedonia onde espera conseguir un permiso de tránsito de 72 horas. "Sei que hai un muro (entre Serbia e Hungría) pero que podo facer?", pregúntase. "En Siria non hai futuro. Está o Estado Islámico e outros grupos terroristas loitando contra nós e queren matarnos", lamenta.

A Hungría chegaron por esta ruta 35.000 migrantes e demandantes de asilo só no mes de xullo. Este país converteuse nun dos máis expostos da liña de fronte, con Grecia e Italia, segundo subliñou a propia Comisión Europea, que prepara un axuda de urxencia ao país de Europa do Leste mentres de miles de sirios seguen preguntándose por que Europa non os quere acoller.

Como nos afectan os problemas a nivel mundial, como este de os emigrantes, á nosa sociedade?
Por que se razón se producen as fuxidas masivas cara a Europa?
Como acollemos na nosa sociedade aos emigrantes?

ORACION FINAL
Señor Xesús, hoxe chámasnos a acoller aos membros da familia de Deus que chegan á nosa terra escapando de opresión, pobreza, persecución, violencia e guerra. Como os teus discípulos, tamén nós estamos cheos de temor e dúbida, e mesmo sospeita. Construímos barreiras nos nosos corazóns e nas nosas mentes. Axúdanos coa túa graza a desterrar o temor dos nosos corazóns, que poidamos abrazar a cada un dos teus fillos como ao noso propio irmán e irmá e acoller aos refuxiados con alegría e xenerosidade e á vez respondendo ás súas moitas necesidades.

VÍDEO: Tren da esperanza.



XOVES 8 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..

«O amigo ama en todo momento; en tempos de angustia é como un irmán».  (Proverbios 17:17)
«Hai amigos que non son amigos, e hai amigos que son máis que irmáns». (Proverbios 18:24)
«O bálsamo e o perfume alegran o corazón; os consellos do amigo alegran a alma». (Proverbios 27:9)
«Dous son mellor que un, porque sacan máis proveito dos seus afáns. Se un deles tropezase, o outro levántao». (Eclesiastés 4:9-10)

LECTURA: A lenda do verdadeiro amigo
Di unha linda lenda árabe que dous amigos viaxaban polo deserto e nun determinado punto da viaxe discutiron. Un pegou ao outro.
O outro, ofendido, sen nada que dicir, escribiu na area: HOXE, O MEU MELLOR AMIGO PEGOUME UNHA LABAZADA NO ROSTRO.
Seguiron adiante e chegaron a un oasis onde resolveron bañarse. O que fora magoado comezou a afogar, sendo salvado polo amigo.
Ao recuperarse tomou un estilete e escribiu nunha pedra: HOXE, O MEU MELLOR AMIGO SALVOUME A VIDA.
Intrigado, o amigo preguntou: Por que despois que che magoei  escribiches na area e agora escribes nunha pedra??
Sorrindo, o outro amigo respondeu: Cando un gran amigo nos ofendenos, deberemos escribir na area onde o vento do esquecemento e o perdón se encargarán de borralo e apagalo; doutra banda, cando nos pase algo grandioso, deberemos gravalo na pedra da memoria do corazón onde ningún vento en todo o mundo poderá borralo.

REFLEXION:
Compartimos estas primeiras horas da mañá cos nosos compañeiros/as e amigos. A amizade ha de crecer día a día como as propias persoas. Pódennos xurdir algunhas preguntas sobre a nosa amizade:
Hai algún que non teña amigos? Cantos amigos temos de verdade? En que ha de basearse a amizade?



VENRES 9 OUTUBRO 2015. NO NOME DO PAI…..

DÍA MUNDIAL CONTRA A PENA DE MORTE
(10 de outubro)

EVANXEO: Juan 19, 7-16
Os xudeus respondéronlle: Nós temos unha lei, e segundo a nosa lei debe morrer, porque se fixo a si mesmo Fillo de Deus.
Cando Pilato oíu dicir isto, tivo máis medo.
E entrou outra vez no pretorio, e dixo a Xesús: De onde es ti? Mais Xesús non lle deu resposta.
Entón díxolle Pilato: A min non me falas? Non sabes que teño autoridade para crucificarte, e que teño autoridade para soltarte?
Respondeu Xesús: Ningunha autoridade terías contra min, se non che fose dada de arriba; por tanto, o que a ti me entregou, maior pecado ten.
Desde entón procuraba Pilato soltalo; pero os xudeus daban voces, dicindo: Se a este soltas, non es amigo de César.
Entón Pilato, oíndo isto, levou fóra a Xesús, e sentou no tribunal no lugar chamado o Lousado, e en hebreo Gabata.
Era a preparación da pascua, e como a hora sexta. Entón dixo aos xudeus: Velaquí o voso Rei!
Pero eles gritaron: Fóra, fóra, crucifícao! Pilato díxolles: Ao voso Rei hei de crucificar? Responderon os principais sacerdotes: Non temos máis rei que César.
Así que entón entregouno a eles para que fose crucificado. Tomaron, pois, a Xesús, e levárono.

LECTURA:
O día 10 de outubro é o Día Mundial contra a Pena de morte.
Este é un día especial no calendario dos dereitos humanos.  
Este día pretende chamar a atención con respecto á pena capital, a negación máis extrema aos dereitos humanos.

Na actualidade máis de 140 países din non á pena de morte e cada ano máis países renuncian á condena de morte como pena criminal.

REFLEXION:
Hai que abolir a pena de morte en todos os países?
Hai crimes que merezan a pena capital?

ORACION FINAL
Señor, escoita a nosa causa xusta,
atende o noso clamor,
presta oído á nosa oración.

Que veña de ti a nosa sentenza,
pois ti sabes o que é xusto!

Afastámonos de camiños de violencia,
de acordo cos teus mandatos.
Seguimos firmes nos teus camiños;
Xamais nos apartamos deles.

Dános unha clara mostra do teu amor,
ti, que salvas dos seus inimigos
aos que buscan protección no teu poder.
Cóidanos e protéxenos baixo a sombra das túas ás. Amén



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog