LUNS 25 XANEIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO
ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Escoitamos e mesmo dicimos moitas veces
que co Papa Francisco a Igrexa está a vivir unha nova primavera eclesial
despois dunha “longa noite de pedra”. Unha primavera na que recupera o diálogo
co mundo que inaugurara o Concilio Vaticano II desde dúas categorías:
compromiso e solidariedade.
Na liña marcada por Francisco, a oración
de hoxe quere ser unha invitación a que abramos portas de diálogo e
entendemento; portas de búsqueda do ben da persoa; portas de misericordia que
poñan á persoa no centro. Só así poderemos dicir que hoxe tamén se cumpre
esta Palabra, Palabra de vida, de esperanza, de alento, de compromiso, de
compaña... de amor.
ORACIÓN
(dous coros)
Que non se me afaga
o corazón, Señor,
a ver persoas sufrindo en situacións inxustas.
Que non vexa normal tropezar todos os días
con homes e mulleres desprazados, sen casa, sen teito.
a ver persoas sufrindo en situacións inxustas.
Que non vexa normal tropezar todos os días
con homes e mulleres desprazados, sen casa, sen teito.
Que me sorprenda
cada día deste mundo que montamos
no que uns temos de
todo e a outros fáltalles todo.
Que non se me afaga o corazón
á mirada triste e perdida,
ao xesto caído e desanimado,
á palabra soez ou burlona,
ás poucas ganas de vivir,
a calquera deterioro do irmán.
Que non se me afaga o corazón, Señor,
a ver como normal ao refuxiado
que cruza o mar para buscar un futuro,
ao que quedou sen familia, sen traballo, sen teito
e mañá non atopará saída para o seu problema.
Pon tenrura, Señor, no meu mirar;
pon agarimo na miña man que saúda;
pon misericordia na miña mente que fai xuízos;
pon sabedoría na miña linguaxe;
pon escoita nos meus oídos abertos. Amén
MARTES 26 XANEIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
A SEMANA DA
PAZ E A NON VIOLENCIA
Comezamos onte luns a Semana da
Paz e a Non Violencia que celebraremos o vindeiro venres.
Son días para lembrar o importante que é construír entre todos a PAZ,
buscar máis o que nos une que o que nos separa. A paz é moi contaxiosa, capaz
de unir os corazóns separados e enfrontados NUN SÓ CORAZÓN, para transformar o
noso mundo dividido NUNHA SOA FAMILIA onde todos sexamos irmáns.
Imos fixarnos nunha breve pasaxe do Evanxeo onde Xesús ten que facer
fronte á violencia. Lémolo no evanxeo de Mateo
"Pedro
achegouse entón e díxolle:
-Señor, cantas
veces teño que perdoar as ofensas que me faga o meu irmán? Ata sete veces?
Respóndelle Xesús:
-Non che digo
ata sete veces, senón ata setenta veces sete”.
Na época de Xesús, como na nosa, había frases feitas que todos
entendían. Cando alguén falaba de perdoar sete veces era como dicir perdoar
moitísimo; así que perdoar setenta veces sete era o mesmo que dicir que había
que perdoar sempre.
A todos nos custa moito perdoar, pero é case imposible renunciar á
violencia sen empezar por perdoar.
A quen teño que pedir perdón? A quen teño que perdoar? Que debería
facer eu para traballar pola paz na miña clase? Na miña familia? No mundo?
Pidamos a Xesús que nos axude nesta tarefa de construír entre todos a
paz.
NOSOPAI
MÉRCORES 27 XANEIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
QUE É O AMOR?
Se necesitas a unha persoa para ser feliz, iso non é amor... É
carencia.
Se tes celos, inseguridades e fas calquera cousa para manter a esa
persoa ao teu lado, aínda sabendo que non es correspondido, iso non é
amor... É falta de amor propio.
Se cres que a túa vida queda baleira sen esa persoa; e non consegues
imaxinarte só, mantendo unha relación que se acabou, iso non é amor... É
dependencia.
Se pensas que ese ser amado che pertence; sénteste dono e señor da súa
vida e non lle dás a oportunidade de expresarse, de decidirse, iso non é
amor... É posesión e egoísmo.
Se non o desexas; e con todo queres estar ao seu lado, iso non é
amor... É amizade.
Se o teu corazón latexa máis forte; e a túa temperatura sobe e baixa
vertixinosamente, só en pensar na outra persoa, iso non é amor... É paixón.
O amor é:
Paciente e servicial,
non ten envexa
nin busca a súa propia interese;
esquece as ofensas e perdoa,
non se alegra de algo inxusto,
sempre lle agrada a verdade.
O amor descúlpao todo,
todo o cre e todo o espera,
todo o soporta, pois o amor nunca pasará. Amén
NOSOPAI
XOVES 28 XANEIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO
ESPÍRITO SANTO. AMÉN
ENGANAR AO
OUTRO
“Dar o pego”. Esta frase tan coñecida, está sacada dos xogos de
cartas.
Alude á fullería e ás trampas, tan usuais entre os tahúres que sentan
á mesa para xogar cantidades de diñeiro ás cartas. Estes sabían como manipular
as cartas, pegándoas entre si a conveniencia mediante o emprego habilidoso de
sustancias untosas, coñecidas vulgarmente co nome de "pego" ou cerote".
Dábaselle pego á carta en cuestión e pasaba inadvertida ante a
descoidada mirada do adversario no xogo. O tramposo cumpría o seu obxectivo e o
derrotado lamentábase da mala sorte ou empezaba a desconfiar da sorte do
adversario, sen saber como era capaz de enganalo ante os seus propios narices.
Por iso é polo que "dar o pego" veu ser, moitos anos despois
na linguaxe común, sinónimo de enganar a outro, sorprendendo a súa boa fe. Hoxe
aínda se dan moitos pegos, pero con técnicas máis avanzadas e sutís.
Reflexiona:
A honradez e transparencia contribúen grandemente a crear un bo
ambiente de convivencia. Alí onde existen trampas, é imposible construír un
grupo unido.
Oración
Xesús, quero escoitar a túa voz e seguir as túas ensinanzas que me
convidan a ser unha boa persoa, disposto a axudar, coa alegría preparada para
animar a todos, coa verdade nos beizos e a sinceridade no corazón.
Quero aprender a vivir coma Ti, seguindo os teus pasos con fidelidade.
Quero escoitar a túa voz e a túa Palabra para vivir neste día que
comeza máis preto de Deus.
NOSOPAI
VENRES 29 XANEIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO
ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Hoxe celebramos no colexio o día Escolar da Paz e a Non Violencia
Declaración de Principios desta Xornada da Non-violencia e a Paz
1- Creo que o amor é mellor que o odio e a paz mellor que a guerra.
2- Comprométome a ser amigo de todos. A non pensar mal das persoas e a
fixarme en todo o bo que nos une antes que no que nos separa.
3- Comprométome a axudar a todos os que me necesiten, a perdoar aos
que me ofendan, e a pedir perdón cando eu ofenda a alguén.
4- Farei todo o posible para que todos vivamos como UNHA GRAN FAMILIA,
A VICENCIANA, CUN SÓ CORAZÓN, para que remate a violencia, a guerra, e
consigamos a paz.
O noso centro educativo manifesta a súa aposta incondicional pola paz
e en contra de calquera acción que implique violencia entre os seres humanos.
Os valores que promovemos son os que anuncia o Evanxeo, plenamente
humanos: a vida, o amor, a liberdade, a xustiza e a paz.
Por principio, rexeitamos calquera actitude ou conduta que implique a
perda deses valores fundamentais que nos fan humanos. As guerras entre irmáns
nunca poden estar xustificadas; pero tampouco os insultos entre nós, as
ameazas, os enfrontamentos entre grupos, as vinganzas, a discriminación…
ORACIÓN
Fainos, Señor, instrumentos da túa Paz.
Que onde haxa odio, levemos amor.
Onde haxa agravio, levemos perdón.
Onde haxa dúbida, poñamos fe.
Onde haxa desesperación, poñamos esperanza.
Onde haxa tebras, levemos a luz.
E onde haxa tristeza, levemos a alegría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario