LUNS 1 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Evanxeo. LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Naquel
tempo, empezoulles a dicir Xesús na sinagoga:
‑ Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da Escritura.
E todos
se lle puxeron á contra, estrañados polas palabras de graza que saían da boca
del. E dicían:
‑ Pero non é este o fillo de Xosé?
El
díxolles:
‑ Seguramente me recordaredes aquel refrán: Médico, cúrate a ti mesmo; todo
canto oímos que fixeches en Cafarnaúm, faino aquí na túa terra.
Pero el
continuou:
‑ Asegúrovos que ningún profeta é ben recibido na súa terra. Tede por seguro
que no tempo de Elías había moitas viúvas en Israel, cando o ceo estivo pechado
durante tres anos e seis meses e unha gran fame anegou todo o país; e a
ningunha delas mandaron a Elías, senón a unha muller viúva de Sarepta, en
Sidón.
E moitos
gafos había en Israel no tempo de Eliseo, o profeta, e a ningún deles curou,
fóra de Naamán, o sirio.
Oíndo
estas cousas, todos os que estaban na sinagoga puxéronse feitos unhas feras;
así que, erguéronse, botárono fóra da vila, levárono ata o alto do monte no que
está edificada, coa intención de o precipitaren embaixo. Pero el botou a andar
polo medio deles e marchou.
Palabra do
Señor
R/. Loámoste, Cristo
Mira que insistimos unha e
outra vez na importancia da fe e máis da esperanza! E facemos ben; pero
esquecemos que estas dúas non valerían ren se non as poñemos en relación coa
caridade. A mensaxe de Xesús está dirixida ás persoas, ao seu corazón, a canto
nos fai sentir e percibir. Xesús fala e fai, invitándonos tamén a nós a falar e
facer poñendo o amor no centro da nosa vida. Por que nós nos empeñamos en levar
conta das veces, do como, e do con quen, no canto de esforzarnos por ser
mellores persoas, máis humanas e felices, para que o amor sexa o cerne desde o
que confesemos a fe e vivamos a esperanza?
MARTES 2
NO ECUADOR DO CURSO:
TEMPO DE REVISIÓN
Do santo Evanxeo
segundo san Lucas 19, 1-10
Naquel tempo, Xesús, entrando en Xericó,
atravesaba a cidade. Había un home chamado Zaqueo, que era xefe de publicanos,
e rico. Trataba de ver quen era Xesús, pero non podía por mor da xente, porque
era de pequena estatura. Adiantouse correndo e subiuse a un sicómoro para velo,
pois ía pasar por alí. E cando Xesús chegou a aquel sitio, alzando a vista,
díxolle: «Zaqueo, baixa pronto; porque convén que hoxe quede eu na túa casa».
Apresurouse a baixar e recibiuno con alegría. Ao velo, todos murmuraban
dicindo: «Foi a hospedarse a casa dun home pecador». Zaqueo, posto en pé, dixo
ao Señor: «Darei, Señor, a metade dos meus bens aos pobres; e se en algo defraudei
a alguén, devolvereille o cuádruplo». Xesús díxolle: «Hoxe chegou a salvación a
esta casa, porque tamén este é fillo de Abraham, pois o Fillo do home veu
buscar e salvar o que estaba perdido».
Reflexión: É TEMPO
DE CAMBIO
O Señor cambia as nosas vidas.
Zaqueo deu aos pobres a metade dos seus bens. Nós, que tamén buscamos a Xesús,
sairemos transformados dese encontro e darémoslle a totalidade do noso ser.
Lectura:
O sufí Bayazid di acerca de si
mesmo: «De mozo eu era un revolucionario e a miña oración consistía en dicir a
Deus: «Señor, dáme forzas para cambiar o mundo». «A medida que fun facéndome
adulto e caín na conta de que me pasaba media vida sen lograr cambiar a unha
soa alma, transformei a miña oración e comecei a dicir: «Señor, dáme a graza de
transformar a cantos entran en contacto comigo. Aínda que só sexa á miña
familia e aos meus amigos. Con iso doume por satisfeito».
«Agora, que son un vello e teño os
días contados, empecei a comprender o estúpido que eu fun. A miña única oración
é a seguinte: «Señor, dáme a graza de cambiarme a min mesmo«. Se eu orase deste
xeito desde o principio, non malgastaría a miña vida».
Todo o mundo pensa en cambiar á
humanidade. Case ninguén pensa en cambiarse a si mesmo.
Anthony de Mello
Reflexión:
Quen non sentiu a chamada para
cambiar o mundo? A sociedade non é xusta, e hai que cambiala. Son necesarias outras leis, outra economía,
outras relacións internacionai… Pero o
tempo lévache a comprobar que, a pesar dos teus éxitos e logros, o mundo segue
sendo inxusto. E poida que te
decepciones, e que consideres que canto fixeches supuxo un gran fracaso, pois
non lograches a meta desexada.
E poida que abandones ou que, no
mellor dos casos, intentes espertar conciencias, convencido de que se os demais
fosen mellores todo melloraría. Pero
algúns non queren espertar, prefiren seguir sumidos no soño no que viven. E poida que te decepciones, que aborrezas ao
teu próximo e que consideres que canto fixeches supuxo un gran fracaso, pois
non lograches a meta.
Cando sentiches a túa incapacidade
para cambiar o mundo e aos demais? Xa só che queda unha opción: cambiarte a ti
mesmo. E a sorpresa que che espera é
que, se ti cambias, todo cambia. Non son
as palabras as que transforman aos demais, senón os exemplos. As grandes ideas transmítense de corazón a
corazón, non a través de campañas nin grandes discursos. O teu cambio transforma aos demais, e ao
mundo, e ás súas leis e á súa economía.
Porque todo o bo e o malo nace do corazón do home
MÉRCORES 3
NO ECUADOR DO CURSO:
TEMPO DE MÁIS ESFORZOS
Seguro que escoitaches centos de
veces esta lectura. A miúdo adoitámola ler nas celebracións de inicio de curso.
Edificar, poñer bos alicerces son bos propósitos para os primeiros meses do
trimestre.
Hoxe, día 3 de febreiro de 2016,
no ecuador deste curso, convídoche a que volvas escoitala. Bota a vista atrás,
lembra que tipo de casa proxectaches construír, e pensa no resultado que ves
hoxe.
Evanxeo: Mt 7,24-25
Así pois, todo o que
oia estas palabras miñas e as poñas en práctica, será como o home prudente que
edificou a súa casa sobre roca: caeu a choiva, viñeron os torrentes, sopraron
os ventos, e embestiron contra aquela casa; pero ela non caeu, porque estaba
cimentada sobre roca.
Reflexión:
O esforzo é unha palabra que non
está moi de moda. As présas do día a día, a inmediatez que nos rodea e a
urxencia de optimizar o noso tempo fan que con tan só un dobre click consigamos
practicamente todo. E a verdade é que este sinxelo xesto de colocar a nosa man
no rato e mover o noso dedo índice dúas veces, axúdanos en moitas
circunstancias, pero non pode suplir absolutamente todo. A nosa vida non é como
reservar unhas vacacións, nin sacar unhas entradas, nin facer a compra en liña.
Segundo o dicionario da RAE o
verbo esforzar ten diferentes
acepcións: “Dar ou comunicar forza ou vigor; infundir ánimo ou valor e tomar
ánimo”. Tres significados que se centran moito no outro, no que teño á beira.
Pero se o usamos como verbo pronominal, é dicir, se o conxugamos cun pronombre,
o seu significado faise máis concreto e máis persoal: “Facer esforzos física ou
moralmente con algún fin”.
Atopámonos xa no mes de febreiro,
na metade do curso. Parácheste a pensar como conxugas este verbo na túa vida?
Con que fin? En presente (Eu esfórzome todos os días), en pretérito imperfecto
(eu esforzábame cando era máis pequeno), en futuro (esforzareime na 3ª
avaliación), en condicional (esforzaríame no caso de…)…
Hoxe pode ser un bo momento para
facer balance do teu esforzo, do teu afán de superación e das túas ganas de
progresar. Hai aspectos que se poderían mellorar? Estás a tempo. Sentes que non
podes só? Pide axuda.
Estás a facer todo o que podes?
Ánimo. Segue así.
O éxito pertence ás persoas que
perseveran, que se esforzan e que dan o mellor deles mesmas. Iso é construír a
nosa casa sobre roca.
Oración final (xuntos):
Dáme forzas
para soportar as adversidades
para non fraquear na loita
para non crer "chegar"
e sabelo todo.
Dáme forzas
para aprender sempre do outro
para abrir os oídos e o corazón
para cambiar,
e perdurar no cambio.
Dáme forzas
para vivir con sentido
para vivir como penso
para pensar como vivo.
Dáme forzas
para crer na verdade
para buscar a verdade
para loitar pola verdade.
Dáme forzas
para cambiar o meu camiño
(se cambiar faime falta),
para non cambiar de camiño
(se non cambiar fai falta),
para abrir camiños novos
(se abrilos é o que falta).
Dáme forzas
para dar sempre máis,
para entregar
sempre o máximo,
para pensar sempre o mellor.
Dáme forzas
para non comparar
nin compararme,
para comprender
antes de ser comprendido,
para escoitar
antes de ser escoitado.
Dáme forzas
para non baixar os brazos,
para contaxiar entusiasmo,
para acompañar sen descanso.
Dáme forzas
para animar aos meus compañeiros,
para acender a esperanza,
para tender a man ao outro.
Dáme forzas
para vivir como vale a pena vivir,
dando a vida
que é tempo, traballo,
esforzo e compañía.
Dáme forzas para seguir os teus
pasos, Señor,
polos camiños do Evanxeo
e construír xunto aos meus irmáns
un Mundo Novo
XOVES 4
Escoitade esta
historia:
A unha estación de trens chega
unha tarde, unha señora moi elegante. No portelo infórmanlle que o tren está
atrasado e que tardará aproximadamente unha hora en chegar á estación.
Un pouco amolada, a señora vai ao
posto de diarios e compra unha revista, logo pasa ao quiosco e compra un
paquete de galletas e unha lata de gasosa.
Preparada para a forzosa espera,
senta nun dos longos bancos da plataforma. Mentres follea a revista, un mozo
senta ao seu lado e comeza a ler un diario. Imprevistamente a señora ve, polo
rabo do ollo, como o raparigo, sen dicir unha palabra, estira a man, agarra o
paquete de galletas, ábreo e despois de sacar unha comeza a comela
despreocupadamente.
A muller está indignada. Non está
disposta a ser groseira, pero tampouco a facer de conta que nada pasou; así
que, con xesto ampuloso, toma o paquete e saca unha galleta que exhibe fronte
ao mozo e cómea fitándoo.
Por toda resposta, o mozo sorrí...
e toma outra galleta.
A señora toma unha nova galleta e,
con sinais de amolo, cómea sostendo outra vez a mirada no raparigo.
O diálogo de miradas e sorrisos
continúa entre galleta e galleta. A señora cada vez máis irritada, o raparigo
cada vez máis divertido.
Finalmente, a señora dáse conta de
que no paquete queda só a última galleta. "Non poderá ser tan
caradura", pensa, e queda como conxelada mirando alternativamente ao rapaz
e ás galletitas.
Con calma, o raparigo alonga a man,
toma a última galleta e, con moita suavidade, pártea exactamente pola metade.
Co seu sorriso máis amoroso ofrécelle media á señora.
- Grazas! - di a muller tomando
con rudeza a media galleta.
- De nada - contesta o mozo
sorrindo mentres come a súa metade.
O tren chega.
Furiosa, a señora levántase coas
súas cousas e sobe ao tren. Ao arrincar, desde o vagón ve ao raparigo aínda
sentado no banco da plataforma e pensa: " Insolente".
Sente a boca reseca de ira. Abre a
carteira para sacar a lata de gasosa e sorpréndese ao atopar, pechado, o seu
paquete de galletas... Intacto!
Reflexión:
Compañeirismo é o vínculo que
existe entre compañeiros. Os compañeiros, pola súa banda, son as persoas que se
acompañan para algún fin, formando algún tipo de comunidade, corpo ou equipo.
Debemos tratar de ser bos
compañeiros, e agora a metade de curso é bo momento para preguntarse se o
estamos a facer, ou se pola contra, remo eu só nunha dirección distinta. A
forza do traballo en equipo pódenos facer chegar moito máis lonxe.
VENRES 5 FEBREIRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
NO ECUADOR DO CURSO:
TEMPO DE ILUSIÓN
Evanxeo:
Xesús ao ver á multitude de xente,
subiu ao monte, sentou e achegáronselle os discípulos, entón díxolles:
Ditosos os que elixen ser pobres,
porque o seu Rei é Deus; ditosos os que sofren porque os consolarán millóns de
abrazos; ditosos os que non usan a violencia, porque coa súa forza lograrán a
paz; ditosos os que buscan un mundo xusto onde se dea o perdón; ditosos os que
prestan axuda porque eles recibirana tamén; ditosos cando a xente non vos mire
ben por defenderme, alegrádevos porque Eu estou convosco.
Lectura:
O debuxo parlante
Luca era un mozo que gozaba indo
ao cole e facendo calquera cousa, menos debuxar, non se lle daba moi ben iso de
usar os lapis, así que os seus debuxos non lle saían moi adecuados e el desanimábase
rápido e non quería seguir traballando. Pero un día, por casualidade, atopou un
lapis de cores un tanto rechamante, que non puido resistirse e púxose a pintar
un círculo. Como sempre, non lle saíu moi ben, e xa estaba a piques de tirar o
lapis cando o debuxo comezou a falar:
- Pss, non irás deixarme así,
verdade? Píntame uns ollos polo menos.
Luca, alucinado, debuxou dous
puntiños dentro do círculo.
- Moito mellor, así xa podo verme
- dixo o círculo mentres se observaba - Argggg!!! pero que me fixeches!
O mozo comezou a escusarse:
-É que eu non debuxo moi ben...
- Bo, non pasa nada!
-interrompeulle o acelerado debuxo-. Seguro que se o volves tentar, sáeche
mellor. Veña, podes borrarme!
Luca borrou o círculo e trazou
outro novo. Como o anterior, non era moi redondo.
- Eh!, !os ollos, que se che
esquecen outra vez!
- Ah, si!
- Hmmm, creo que vou ter que
ensinarche a pintar ata que me deixes ben -dixo o boneco coa súa voz rápida e
gritona.
A Luca, que seguía case
paralizado, non lle pareceu mala idea, e enseguida atopouse debuxando e
borrando círculos. O boneco non paraba de dicir, "borra aquí, pero con
coidado que doe", ou "píntame un pouco de pelo, anda, que parezo un
chupa chups!"?.. Despois de pasar xuntos case toda a tarde, Luca xa era
capaz de debuxar o boneco moito mellor que a maioría dos seus compañeiros de
clase. Estaba tan contento, que non quería deixar de pintar con aquel profesor
tan chiflado, e antes de deitarse, deulle miles de grazas por ensinarlle a
pintar tan ben.
- Pero se eu non fixen nada!-
respondeu o lapis co seu habitual ton acelerado-. Non ves que estiveches
practicando moito e con ilusión? Seguro
que nunca antes o facías!
Luca parou a pensar. Realmente
antes debuxaba tan mal que nunca practicara máis de 10 minutos seguidos, e
sempre o facía enfadado e protestando. Sen dúbida, o boneco tiña razón.
- Boh, tes razón, pero grazas de
todos os xeitos- dixo o mozo, e antes de meterse na cama, gardou con moito
coidado o lapis na súa mochila.
Á mañá seguinte, levantouse dun
salto e foi correndo a buscar o seu lapis, pero non estaba. Buscou por todas
partes, pero non había rastro do lapis. E a folla en que debuxara o boneco estaba
branca. Empezou a poñerse nervioso, e xa non sabía se estivera toda a tarde
anterior falando co boneco ou o soñaba. Así que para saír de dúbidas, tomou un
lapis e unha folla, e púxose a debuxar un boneco...
Non lle saíu nada mal, só se lle
torceron un par de esquinas; entón imaxinou ao boneco mandón pedíndolle que
redondease eses bordos, que parecía que lle quería poñer grans, e con ilusión
borrou ese tramo. E deuse conta de que o seu tolo debuxo tiña razón: daba igual
ou non ter o lapis máxico, para aprender a facer as cousas bastaba seguir
tentándoas con ánimo e ilusión; e desde aquel día, cada vez que pintaba,
debuxaba ou facía calquera outra cousa, non deixaba de divertirse imaxinando o
resultado do seu traballo protestando e dicindo "arránxame un pouco, mozo,
que así non podo saír de festa!".
Reflexión:
Preguntáchesche algunha vez: Que é
o que o home desexa no fondo e sempre anda buscando? É a FELICIDADE!!
Moitas veces pensamos que a
felicidade é conseguir unhas zapatillas desta marca ou estoutra, ou comprar o
último xogo da play, ou sermos populares e termos fama, ou termos éxito?.
Pero o que Xesús nos di non ten
nada que ver co que se propón na sociedade, nas revistas, nas noticias, nos
escaparates...
Xesús dinos que o que é realmente
feliz é aquel que vive con ilusión e esperanza; o que se deixa acompañar e
persegue os seus soños.
Xesús tráenos unha mensaxe de
esperanza que nos anima e alenta nesta metade de curso. Moitas veces, seguro,
que ao longo do que levamos de curso sentímonos cansos, desanimados e vimos
difícil podermos conseguir o que desexamos; pero a súa mensaxe anímanos a
seguir vivindo con ilusión todos os soños cos que comezamos o curso, El quere
acompañarnos hoxe para seguir avanzando, quere darnos o seu ánimo e apostar por
nós para que tamén sexamos felices.
Se ti experimentas esa ilusión que
che trae a mensaxe de Xesús, sen dúbida que tamén podes conseguir iso que
sempre andamos buscando, os teus soños, a felicidade!
Por iso HOXE, é un bo momento para
deixarnos acompañar por Xesús no noso esforzo e entrega, sabendo que con El
todo se vive dunha maneira nova.
Oración final:
Grazas Señor polos momentos bos, e
tamén os difíciles
Polas persoas que me queren e
tamén as que non.
Polas cousas que fixen mal e
permitíronme aprender delas.
Polo bo que teño hoxe e polo que
está por vir
E sobre todas as cousas,
Grazas porque estás ao meu lado
sen importarche quen son, o que teño ou onde vou
Por todo iso, GRAZAS, Señor.
Vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=Kidd1KpyHYY
No hay comentarios:
Publicar un comentario