XOVES 7 XANEIRO
FELIZ 2016, UN ANO MÁIS
Feliz ano 2016! Esperamos que descansarades
e disfrutarades destes días de vacacións. Que aproveitásedes o tempo para facer
esas cousas que quedan pendentes no día a día e que a familia fose o elemento
principal destes días.
Durante estes días de Nadal lemos
estas palabras do evanxeo, que nos dan a clave do que realmente celebramos en
nadal. Así di o texto: “Os pastores foron correndo e atoparon a María e a Xosé,
e ao neno deitado no pesebre”.
Esta é a gran noticia que nos chegou
hai máis de dous mil anos: Deus fíxose neno, Deus quixo estar tan preto da
humanidade que se fixo un de nós.
Como un libro en branco preséntasenos
este novo ano, de nós dependerá como enchamos as súas páxinas. Teremos miles de
anécdotas, unha chea de xente nova que entra nas nosas vidas, novas decisións… En resumo, moita vida que dar e compartir.
Un ano máis que tes para ser feliz e
para facer o ben a todas as persoas. Para formarte mellor e para construír o
teu futuro con responsabilidade. Non deixes que pase o tempo e este ano sen
enchelo de vida e de proxectos.
Convidámosvos a que nestes primeiros
días do ano reflexionemos sobre que queremos de nós mesmos para o 2016. Tentade
que sexan propostas profundas nas que nos paremos a pensar que é o que podemos
mellorar e facer para que saia a mellor versión de nós mesmos.
Palabra de Deus (Filipenses 3, 13)
"Esquecendo certamente o que
queda atrás, e estendéndome ao que está diante, prosigo á meta, ao premio do
supremo chamamento de Deus en Cristo Xesús."
Oración
Grazas Señor:
que palabra tan sinxela, pero nela vai todo o noso
ser.
Grazas Señor pola vida, pola nosa vida, polas túas
inspiracións.
Grazas Señor porque nos chamas,
porque nos pides que colaboremos contigo;
que sexamos o teu instrumento como papel branco
onde Ti podes ir escribindo;
como barro ante o seu oleiro.
Grazas Señor porque a pesar das dificultades
Ti estás ao noso lado,
coñécesnos e estás presente
en cada un dos nosos pasos.
Amén
VENRES 7 XANEIRO
2016, UN ANO PARA CELEBRAR
Se hai algo que se espera dun novo
ano é a posibilidade de celebrar diversos acontecementos. Sendo cristiáns, a
celebración coa Comunidade, coa que compartimos vida e coa que camiñamos día a
día, é un dos elementos craves para crecer na nosa fe.
Seguro que este novo ano nos ofrece moitos motivos polos que dar grazas e
celebrar coa nosa xente. Quizais non todos sexan bos, quizais algúns nos
descoloquen, pero o que é seguro que cada un deses momentos que vivamos
farannos crecer e non hai maior motivo de celebración que o crecemento dun
mesmo.
Que non se nos esqueza facer presente
a Deus en cada momento, que sexamos agradecidos e que busquemos nel as razóns
da nosa felicidade.
Palabra de Deus (Isaías 43: 18,19)
"Non lembredes as cousas
anteriores nin consideredes as cousas do pasado. Velaquí, fago algo novo, agora
acontece; non o percibides? Aínda nos desertos farei camiño e ríos no ermo."
Reflexión
Es capaz de ver todo aquilo polo que dar grazas, motivos para celebrar?
Tes ganas de compartir a túa alegría cos demais? Serías capaz de facer
partícipe a Deus en todo iso?
Oración
Chegará un novo día:
Un día en que xa non se fale nin de ricos nin de
pobres;
un día en que xa non teñamos que descubrirnos
nin chamar de vostede a quen saúdo;
un día en que xa non haxa asentos altos
nin postos importantes, nin postos ramplóns;
un día en que todos nos podamos dirixir a palabra,
uns a outros, sen poñernos a estudar antes
a posición das persoas.
Chegará un novo día:
Un día en que a xustiza chegue a todos,
para que todos podamos mirar con ollos limpos;
un día en que as portas das casas
poidan estar abertas de pau a pau,
sen medo do abuso de moitos;
un día en que o pan sexa realmente repartido
e desapareza como desexo
daqueles que nunca o tiveron;
un día en que o sorriso sexa o vehículo
de comunicación máis sinxelo e coñecido por todos.
Chegará un novo día:
Un día en que a liberdade non sexa un soño,
senón unha alegre realidade;
un día en que os nenos poidan xogar
sen medo ás balas dos fusís, dos canóns, dos tanques;
un día en que as fronteiras desaparezan e os homes
poidamos buscar e atopar no outro a un amigo;
un día en que non haxa clasificación de persoas
pola súa cor, pola súa raza, pola súa condición
social, polo seu diñeiro,...
senón que se lles coñeza polo amor que habita no seu
corazón.
Chegará un novo día:
Un día en que as trincheiras e muros desaparezan
En que se poidan construír casas sen portas sempre
abertas a todos;
un día en que todo sexa paz, alegría e felicidade;
un día en que o noso corazón teña o mesmo ritmo
que o do noso irmán e vibre e comparta todo;
Un día en que ese mundo sexa distinto
e que se pareza
xa ao Reino definitivo
que estamos chamados a crear entre todos.
Chegará un novo día:
Un día en que por todas as paredes,
en todos os xardíns,
en todas as televisións,
en todas as montañas,...
estea escrita a palabra AMOR,
porque botaría raíces grandes
no corazón de cada home.
Pronto chegará un novo día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario