LUNS
29 DE FEBREIRO
+
No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. Amén
Se non vos convertedes, todos pereceredes
da mesma maneira
Lectura
do santo evanxeo segundo san Lucas 13, 1-9
Nunha ocasión, presentáronse algúns a
contar a Xesús o dos galileos, cuxo sangue verteu Pilato coa dos sacrificios
que ofrecían. Xesús contestoulles:
«Pensades que eses galileos eran máis
pecadores que os demais galileos, porque acabaron así? Dígovos que non; e, se
non vos convertedes, todos pereceredes o mesmo. E aqueles dezaoito que morreron
esmagados pola torre de Siloé, pensades que eran máis culpables que os demais
habitantes de Xerusalén? Dígovos que non; e, se non vos convertedes, todos
pereceredes da mesma maneira.»
E díxolles esta parábola:
«Un tiña unha figueira plantada na súa
viña, e foi buscar froito nela, e non o atopou.
Dixo entón ao viñador:
- "Xa ves: tres anos levo vindo
buscar froito nesta figueira, e non o atopo.
- Córtaa. Para que vai ocupar terreo en
balde?"
Pero el
contestou:
-"Señor, déixaa aínda este ano; eu
cavarei ao redor e botareille esterco, a ver se dá froito. Se non, córtala".»
Palabra do Señor (todos
responden: Gloria a ti, Señor)
Reflexión: Como andas de paciencia? Es deses que “cortan
polo san”? Gústache que os demais teñan paciencia contigo? Cres que é
importante ter paciencia?
En moitas ocasións comportámonos como o
dono da figueira; queremos obter froitos inmediatamente, ver os resultados dun
traballo que en ocasións non facemos nin lle damos o valor suficiente cando o
fan outros.
Nesta terceira semana de coresma
comportémonos como o viñador: se o noso traballo non dá froito, cambiemos algo,
poñamos novos elementos en xogo, pidamos axuda a outros viñadores, pois a súa
experiencia pódenos dar as claves do éxito e, sobre todo, PACIENCIA.
Rezamos xuntos: NOSOPAI
MARTES
1 DE MARZO
+
No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. Amén
A oración da mañá é un instante precioso
para a reflexión. Na Coresma buscamos recoñecer as nosas faltas, emendar os
nosos erros, sabendo que sempre estamos acompañados por Xesús.
Aproveitando este momento, convídovos a
reflexionar sobre a letra desta canción
Reflexión:
- Fuches
creado coa intención de ser algo grande. Paráchesche a pensar cales son os
plans de Deus para ti?
- Dentro
de ti está todo o que necesitas. Escoitas a miúdo o teu interior? Acéptaste tal
como es e quéreste? Que necesitas para ser feliz?
- Cales
son os teus medos? Cres que podes superalos? Ata que punto che impiden ser
feliz?
- Cres
que a paciencia che pode axudar a enfrontarte aos teus problemas?
-
Vive a vida! Ámate, comparte e experimenta desde o amor.
E cantade, que xa dicía San Agustín: “O
que canta, ora dúas veces”
https://www.youtube.com/watch?v=56fCraTMuxQ
+
No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. Amén
A compaixón nunca nos pode deixar
indiferentes e hanos de mover necesariamente á acción en beneficio da persoa en
necesidade.
- Son
compasivo cos meus compañeiros?
-
Trato de axudar a aqueles que me rodean segundo as miñas posibilidades?
- Estou
pendente das necesidades e dos problemas dos demais?
SALMO:
(Lese a dous coros)
O Señor é compasivo e xusto;
o noso Deus é todo tenrura.
O Señor protexe á xente sinxela;
estaba eu moi débil, e El salvoume.
As túas mans fixéronme e plasmáronme,
instrúeme e aprenderei os teus mandatos.
Míranme os que te respectan
e se regocixan,
porque confiei na túa palabra.
Señor, ben sei
que os teus mandamentos son xustos.
Que o teu amor sexa o meu consolo.
Que me alcance a túa compaixón, e
vivirei,
porque a túa lei é a miña delicia.
Oración: Gloria ao Pai?
Veamos este vídeo: https://youtu.be/5AUI-GpPIcI
XOVES
3 DE MARZO
+
No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. Amén
Conta a lenda que Buda estaba a meditar
xunto cos seus discípulos no bosque, cando, un home empezou a insultalo e quererlle
agredir.
Buda saíu do transo ao instante e cun
sorriso plácido envolveu con compaixón ao agresor; con todo, os discípulos
reaccionaron violentamente, atraparon ao home e alzando paus e pedras,
esperaron a orde do Buda para darlle o seu merecido.
Buda, nun instante, percibe a totalidade
da situación, e ordénalles aos discípulos que solten ao home e diríxese a este
con suavidade e convicción dicíndolle:
- Mire o que vostede xerou en nós,
expúxonos como un espello o noso verdadeiro rostro. Desde agora pídolle por
favor que veña todos os días, a probar a nosa verdade ou a nosa hipocrisía.
Vostede viu que nun instante eu enchino de amor, pero estes homes que hai anos que
me seguen por todos lados meditando e orando, demostran non entender nin vivir
o proceso da unidade e quixeron responder cunha agresión similar ou maior á
recibida.
Regrese sempre que desexe, vostede é o
meu invitado de honra. Todo insulto seu será ben recibido como un estímulo para
ver se vibramos alto, ou é só un engano da mente isto de ver a unidade en todo.
Cando escoitaron isto, tanto os
discípulos como o home, retiráronse da presenza do Buda rapidamente, cheos de
culpa, cada un percibindo a lección de grandeza do mestre e tratando de escapar
da súa mirada e da vergoña interna.
Á mañá seguinte, o agresor, presentouse
ante Buda, arroxouse aos seus pés e díxolle en forma moi sentida:
- Non puiden durmir en toda a noite, a
culpa é moi grande, suplícolle que me perdoe e me acepte xunto a Vostede
Buda, cun sorriso no rostro, díxolle: - Vostede
é libre de quedar connosco, xa mesmo; pero non podo perdoalo.
O home moi compunxido, pediulle que por
favor o fixese, xa que el era o mestre da compaixón, ao que o Buda respondeu:
- Enténdame… Para que alguén perdoe, debe
haber un ego ferido; só o ego ferido, a falsa crenza de que un é a
personalidade, ese é quen pode perdoar, despois de odiar, ou resentido, pásase
a un nivel de certo avance que é a necesidade de sentirse espiritualmente
superior, a aquel que na súa baixeza mental os feriu. Só alguén que segue vendo a dualidade,
e considérase a si mesmo moi sabio, perdoa a aquel ignorante que lle causou
unha ferida.
E continuou: - Non é o meu caso, eu véxoo
como unha alma afín, non me sinto superior, non sinto que me ferira, só teño
amor no meu corazón por vostede, non podo perdoalo, só amalo. Quen ama, xa non
necesita perdoar.
O home non puido disimular unha certa
desilusión, xa que as palabras de Buda eran moi profundas para ser captadas por
unha mente chea aínda de turbulencia e necesidade, e ante esa mirada carente, o
Buda engadiu con comprensión infinita:
- Percibo o que lle pasa, imos resolvelo:
Para perdoar, xa sabemos que necesitamos a alguén disposto a perdoar. Imos
buscar aos discípulos, na súa soberbia están aínda cheos de rancor, e vailles gustar moito que vostede lles pida perdón. Na
súa ignorancia van sentirse magnánimos por perdoalo, poderosos por darlle o seu
perdón, e vostede tamén vai estar contento e tranquilo por recibilo, e así máis
ou menos todos quedarán contentos e seguiremos meditando no bosque, como se
nada pasase.
E así foi.
Reflexión
- Como
andas de amor? Necesitas perdoar? Necesitas que che perdoen?
- Que
o amor infinito de Deus nos faga sentirnos iguais aos nosos irmáns, que non nos
sintamos superiores a ninguén e que saibamos transmitir tanto amor como
recibimos do Pai.
VENRES
4 DE MARZO
+
No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. Amén
Deus Creador dotounos de moitas calidades
(talentos) e quere que as poñamos ao servizo dos demais. Xesús era unha persoa
que se portaba moi ben con todo o mundo, que sempre perdoaba ás persoas e que
axudaba a todos os que sufrían. Agora tamén está moi pendente de nós, quérenos
a todos e quere que sexamos os seus amigos. Por iso dicimos que XESÚS É
MISERICORDIOSO.
Vemos
o seguinte vídeo: Parábola dos talentos
https://www.youtube.com/watch?v=IWQC7lh619k
REFLEXIÓN:
- Que
é o que máis che gustou e o que menos?
- Por
que crees que se enfadou o señor co home que escondeu o seu talento?
- Cales
son as calidades (talentos) que tes e que che fan brillar?
- Pos
esas calidades ao servizo dos demais?
Rezamos xuntos: Gloria ao Pai?
ORAMOS
TODOS XUNTOS NO ANO DA MISERICORDIA:
Señor, axúdanos a ser misericordiosos
como Ti.
Dános un corazón grande, capaz de amar e
perdoar como Ti ensínasnos. Amén
No hay comentarios:
Publicar un comentario