sábado, 19 de noviembre de 2016

CLAUSURA ANO DA MISERICORDIA E SEMANA DA MILAGROSA


LUNS 21 NOVEMBRO

ORACIÓN CLAUSURA ANO DA MISERICORDIA

Hoxe facemos unha parada nas oracións dedicadas á Virxe Milagrosa, porque onte a igrexa celebrou algo moi importante: a clausura do Ano da Misericordia.

A misericordia é amor profundo e xeneroso. Ata o extremo. É querer facer un mundo mellor. É desexar e poñerse en marcha para facer un mundo novo.
A misericordia debe mover o mundo. Debe transformar os corazóns. Debemos poñer máis misericordia nas nosas vidas.
E é que o amor ao próximo cambia o corazón. Fainos máis humanos e felices. Como vivir a misericordia hoxe? Esa é a cuestión para atopar a verdadeira felicidade.

A misericordia significa vir en axuda de quen está en dificultades, en calquera forma de miseria, de quen sofre inxustiza, pero busca facer desaparecer todo aquilo que desfigura o rostro da persoa, que escurece e conduce á morte o corazón; en Xesús a misericordia revelouse como fidelidade e compaixón ao home como vitoria sobre a morte.
O mellor futuro do ano xubilar que clausuramos é que gardemos viva a conciencia de que nós cremos na misericordia, que é real e verdadeira e vitoriosa en Xesucristo, e que poida ser en nós criterio de vida para mirar todas as cousas, a cada persoa e a nós mesmos, porque só neste amor pódese ver como é a outra persoa; só con misericordia saberémola tratar de modo xusto e só así é posible conservar esperanza fundada de felicidade neste mundo.

Hoxe queremos dar grazas por ese ano de perdón que nos regalou Xesús, un perdón que vai sempre unido ao amor que nos ten, por iso dicimos:

ORACIÓN DE ACCIÓN DE GRAZAS (A DOUS COROS)

Pai Santo,
rico en misericordia e grande no amor.
Grandes cousas fixeches a favor do teu pobo:
a misericordia e a verdade atopáronse,
a xustiza e a paz bicáronse,
cando a nosa terra deu o seu froito.
Concédenos practicar a misericordia con alegría,
para que todos experimentemos o teu perdón.

Grazas,
por este tempo precioso
de misericordia e de conversión.

Grazas,
por enviarnos ao teu fillo Xesús,
que coas súas ensinanzas de vida nos explica
que é a verdadeira misericordia.

Grazas,
por ensinarnos a ver as necesidades nos demais
e darnos a forza para estar ao seu lado.

Grazas,
porque cada día nos guías
polo camiño da misericordia e a paz.

Grazas,
porque a nosa nai María
está sempre ao noso lado nese camiño diario.

Grazas,
porque este ano aprendemos a perdoar desde o amor,
como ti fas connosco.
O noso corazón está disposto a ti. Amén.

Oremos ao Pai para que o seu Reino cheo de misericordia, o Reino prometido, veña e se faga realidade plena en nós. Cheos de fe e confianza, fagámolo coa oración que o Señor nos ensinou:

NOSOPAI



MARTES 22 novembro: A CRUZ COROA A INICIAL DE MARÍA: A FORZA DO AMOR.

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Despois de contemplar este cadro, pareceume que daba a volta. Foi entón cando vin o reverso da medalla. Inquieta por saber o que había que poñer no reverso da medalla, despois de moitas oracións, un día, na meditación, pareceume oír unha voz que me dicía: "A cruz, o M e os dous Corazóns din bastante".

O reverso da Medalla fala do Proxecto de Amor de Deus para aos home.


Xesús foi no medio dos homes a presenza de Deus. Ensinoulles que El era Deus. Xesús mostrou un amor especial aos pobres cos que se identificou. Ao aceptar, libremente e, por amor, o pasar polo camiño da cruz, Xesús abriunos o camiño da Vida.
María ocupa un lugar principal no camiño de vida  e de amor. Ao decidir libremente ser a Nai de Deus ela vainos mostrando o camiño que nos leva a Xesús. María tamén estivo xunto á cruz. 

É entón cando Xesús nos regala a María como Nai. 
Decídete a poñer a Xesús e a María no centro da túa vida, quita por hoxe os teus malos rollos, as túas preocupacións inútiles, a túa preguiza, o teu egoísmo...
Deixa que eles estean aí, verás como todo cambia.

(PEGADE NO REVERSO DA MEDALLA A CRUZ E O M,  ESTÁ NO CENTRO DA MEDALLA, REPRESENTA O voso DESEXO DE QUE ELES ESTEAN NO CENTRO DA vosa VIDA)

ORACIÓN: 
MARÍA, AXÚDANOS A VIVIR O PROXECTO DE AMOR DE DEUS CARA AOS HOMES.


MARÍA, AXÚDANOS A SER PORTADORES DA BOA NOTICIA DE JESÚS A TODO O MUNDO.

MARÍA, AXÚDANOS A SER MEDALLAS VIVAS PARA TODOS Os QUE NOS RODEAN.  

AMÉN.

Podemos escoitar esta canción: 
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

Mércores 23 novembro: OS DOUS CORAZÓNS

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


Os dous corazóns son os de Xesús e María. Indícannos que sempre é tempo de amar. O corazón é, en todos os idiomas, o símbolo do amor.
Un dos dous corazóns está coroado de espiñas e o outro atravesado por unha espada. Estes símbolos ensínannos que amar non é cousa fácil. Todo amor leva nalgún momento sufrimento porque implica esquecerse de si para entregarse ao outro.
Sen amor, nada ten valor. O que vale unha persoa non se mide polos seus títulos ou diplomas, polo seu diñeiro... senón pola capacidade de amor. Non hai amor sen entrega, non hai felicidade sen amor.

Pensaches algunha vez como sería a vida sen aqueles aos que queres e sen aqueles que te queren? Dáste conta do feliz que te fai amar?

(ESCRIBIDE NO DORSO DOS CORAZÓNS NOMES DE PERSOAS ÁS QUE QUEREDES POÑER O VOSO AMOR NA MEDALLA)

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!

Podemos escoitar esta canción:
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

Xoves 24 novembro: As ESTRELAS


+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


A medalla é para cada un de nós, como o Reino de Deus. Xesús non pode facer nada sen os apóstolos, sen os seus discípulos... Tampouco podería facer nada sen ti e sen min.

Nós somos cada unha desas 12 estrelas. Representan aos doce apóstolos, aos mensaxeiros do Reino, a aqueles cos que Deus conta para dar a coñecer a súa mensaxe. María é a principal estrela, a estrela da Evangelización.

(ESCRIBIDE NAS 12 ESTRELAS CADA UN DOS VOSOS NOMES. Nesas 12 estrelas estarán os nosos nomes, podedes escribilos un a un, podedes ir deixando o voso compromiso de ser mellores persoas, seguidores de Xesucristo. Ao escribir o teu nome, es parte do seu proxecto)

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Podemos escoitar esta canción:
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

Venres 25 novembro: 
SER MEDALLA PARA Os DEMAIS

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


Entón deixouse oír unha voz que me dixo: Fai acuñar unha medalla con este modelo; todas as persoas que a leven recibirán grandes grazas ao levala ao pescozo, as grazas serán abundantes para as persoas que a leven con confianza

Con esta invitación María quere deixar un recordo da súa mensaxe de tenrura. Unha mensaxe que vai destinada a todos. Podemos levar a medalla como un recordo pero non ten valor en si mesmo. É o signo da presenza amiga de María que nos acompaña día a día. É o recordo da Boa noticia do Evanxeo.
Deus convídanos a encher o noso corazón coa súa graza. Se a medalla é un agasallo, recibila é unha misión.

Deus chámanos a ser medalla para os demais, a transmitir a mensaxe de María a todos os que nos rodean e tamén a mirar aos demais como medallas a través das súas palabras e actos.

A medalla esixe o teu compromiso. Esixe:
*COÑECELA: Durante todo o mes estivemos reflexionando sobre ela
*LEVALA: É sinal de confianza, recibir a María na nosa vida. Non é levar un amuleto senón un recordatorio de que se vivimos a Graza de Deus, na que viviu María, Deus salvaranos de todos os perigos.
*PROPAGALA: Ao difundila, levala a outros, regalala... Convertémonos en Apóstolos, Mensaxeiros da Boa Nova de toda a mensaxe de amor e salvación de Deus por medio de María.



GRAZAS, MARÍA, POR SER A NOSA NAI 

GRAZAS, MARÍA, POR LEVARNOS A XESÚS.

GRAZAS, MARÍA, PORQUE GRAZAS A TI XESÚS VEU AO MUNDO. 

GRAZAS, MARÍA, POR VISITARNOS, REGALARNOS A TÚA MEDALLA E ESTAR SEMPRE CONNOSCO. AMÉN


OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mannequin Challenge MILAGROSA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog