viernes, 11 de noviembre de 2016

ORACIONS SEMANA 14-18 NOVEMBRO











Luns 14 novembro, O ANVERSO: MARÍA EN PÉ COS BRAZOS ESTENDIDOS

+NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

María está de pé acolléndonos. Como cando un chega a casa e alguén a está recibindo cos brazos abertos. Vén a nós coas mans abertas. Está presente, feita bondade, acollida, disposta a escoitarnos. Ponse ao noso servizo sen impoñerse e móstranos o camiño do verdadeiro encontro.
Pensa nos momentos da túa vida nos que necesitas axuda, apoio, acollida?. Acode a María? preséntalle a túa realidade.
Pensa nos momentos da vida doutros que necesitan axuda, apoio, acollida?. Pon esas persoas nas súas mans? Reza polos refuxiados, polos que non teñen fogar ou van perdelo, polos anciáns sós, polos nenos que non teñen familia?

(Imos pegar a imaxe de María no óvalo e nela imos plasmar a nosa oración; míraa, acolle a súa imaxe como acollerías a foto dun ser moi querido. Recíbea con alegría)

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!




Martes 15 novembro: As MANS ESTENDIDAS E Os RAIOS

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
“De súpeto, os dedos da Santísima Virxe, que sostiñan o globo, cubríronse de aneis con pedrerías. Destas pedras saíann uns raios dun brillante resplandor. Ao mesmo tempo unha voz díxome: “estes raios son o símbolo das grazas que a Santísima Virxe concede ás persoas que llas piden”. Por último, algunhas pedras non despedían raios: son o símbolo das grazas que se esquecen de lle pedir”.

Os aneis son os símbolos da alianza. María fixo unha alianza con Deus e, desta alianza irradia o amor con Deus en forma de raios. Esa luz é a luz do Amor, a luz que ilumina e dá forza a todas as persoas que o necesitan. Por iso, os raios son o símbolo das grazas que se derraman.

(RECORTADE OS RAIOS PARA PODER COLOCALOS, NESES RAIOS PEDIDE POLAS INTENCIÓNS MÁIS DIFÍCILES, POR AQUELES QUE NECESITAN DA TÚAORACIÓN.
ESCRIBIDE NOS RAIOS AS SITUACIÓNS MÁIS NECESITADAS QUE COÑECEDES… É A VOSA ORACIÓN POR ELAS)


OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mentres podemos escoitar esta canción:
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU


Mércores 16 de novembro: OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA!

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Esta oración que tantas veces rezamos, esta frase que apareceu diante dos ollos de Santa Catalina quérenos expresar  hoxe moitas cousas:
Oh, María sen pecado: María dinos a súa identidade profunda. É unha muller que desde o primeiro instante da súa vida acolleu totalmente o amor de Deus. Nela non houbo ningún signo de pecado. Por ela, Deus fíxose carne no noso mundo. 
A través de nós, cando nos achegamos máis a Deus, cando somos mellores e deixamos de lado o pecado…  Deus quere seguir nacendo no noso mundo.


(Pegamos as letras Oh María sen pecado concibida. Con elas queremos expresar a nosa oración sincera. Hoxe recorremos a María que nos transmite o seu valor e confianza. Pedímoslle que nos axude a ser coma ela, a vivir preto de Deus e a non caer no pecado)

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mentres podemos escoitar esta canción:
https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU


Xoves 17 novembro: ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Do Evanxeo de San Xoán:
Di a súa nai aos que servían: "Todo canto el vos diga, facédeo. Había alí seis tinas de pedra, destinadas á purificación dos xudeus. Dille Xesús: "Enchede de auga as tinas". E enchéronas ata arriba. E dilles: "Sacade agora e levádeo ao maestresala". E levárono. Mais cando probou o maestresala a auga feita viño (e non sabía de onde era, pero sabíano os que servían, que sacaran a auga), chama ao esposo o maestresala e dille: "Todo home pon primeiro o bo viño, e cando están xa bebidos, pon o peor; ti reservaches o viño bo ata agora.

María está presente na nosa vida, atenta ás nosas necesidades. Quen non acode á súa nai cando está necesitado de algo? Que persoa non lle pide á súa nai que lle axude cando non ten máis remedio? Roga a Deus por cada un de nós, como o fixo en Caná. A través dese “nós” María lémbranos que habemos de aprender, día tras día, a vivir como irmáns e irmás dunha familia, a ser solidarios os uns dos outros ata na oración.
Cando nos oprimen demasiadas inxustizas ou golpes duros, cando non sabemos que facer para acudir en axuda do que nos chama, queda un último recurso: María. Como unha nai, María está presente, totalmente próxima a nós. Ela pode oír e comprender todo o que non sabemos como expresar. Ela oriéntanos cara ao seu fillo: Facede o que El vos diga.  Ela comunícanos o seu valor e a súa confianza.
Que lle queres contar hoxe a María? Recorre a ela... Non falla nunca.


(COLÓCASE NO ANVERSO DA MEDALLA AS PALABRAS: ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI
Presentamos as nosas necesidades, hoxe unímonos nese “nós” pedindo en voz alta por cada unha das necesidades da clase: mellor comportamento, máis estudo, máis compañeirismo, … )


OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mentres colocamos podemos escoitar esta canción:
 https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

Venres 18 novembro: Cristo venceu o poder do maligno
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

(Debaixo da Imaxe Da Virxe imos poñer a serpe e o mundo)

Lectura do Libro da Apocalipse 12, 3-5
E apareceu outro sinal no ceo: un gran Dragón vermello, con sete cabezas e dez cornos, e sobre as súas cabezas sete diademas. A súa cola arrastra a terceira parte das estrelas do ceo e precipitounas sobre a terra. O Dragón detívose diante da Muller que ía dar a luz, para devorar ao seu Fillo en canto dese a luz. A muller deu a luz un  Fillo home, o que ha de rexer  a todas as nacións con cetro de ferro; e o seu fillo foi arrebatado ata Deus e ata  o seu trono.

Reflexión: O libro da Apocalipse lémbranos que o ser humano non pode seguir poñendo o seu corazón naquel que perdeu pelexa, é dicir, no Demo e todas as súas seducións, apostemos a vivir unha vida chea de fe e alegría naquel que gañou, triunfou, resucitou e venceu co seu sangue o poder escuro que gobernaba no mundo. Xoán lémbranos que veu a luz ao mundo e moitos preferiron as tebras, por iso hoxe a través de María quen tamén venceu o pecado, non polas súas propias virtudes, senón porque creu en Deus e no seu propio Fillo, porque se fixo discípula, poidamos nós camiñar na luz e vencer as tentacións deste mundo.
 
A serpe representa o inimigo antigo, que tentou a Eva e causou a expulsión dos primeiros habitantes do paraíso, é dicir, quen os afasto da graza de Deus. A promesa no medio do castigo, era que unha muller pisaría a cabeza da serpe. E un antigo sermón lémbranos que “pola desobediencia de Eva pecháronse as portas do paraíso e pola fe de María abríronse de novo”

Como podemos recoñecer o mal no noso mundo actual?

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!

Mentres colocamos podemos escoitar esta canción:

https://www.youtube.com/watch?v=AvO78v-7NKU

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog