LUNS 23 XANEIRO
+ No nome do Pai e do Fillo e do
Espírito santo.
A Boa Nova
E desde aquela empezou Xesús a
predicar, dicindo:
- Arrepentídevos, que o Reino dos
Ceos xa está aí.
Camiñando pola ribeira do mar de
Galilea, viu a dous irmáns: Simón, tamén chamado Pedro, e Andrés; os dous, que
eran pescadores, estaban largando o aparello no mar. Díxolles:
- Vide comigo, e fareivos
pescadores de homes.
Eles deixaron de contado o
aparello, e seguírono. Máis adiante atopou outros dous irmáns: Santiago e mais
Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban co seu pai na barca arranxando o aparello.
Tamén os chamou, e eles coa mesma deixaron a barca e mais a seu pai e
seguírono.
Xesús percorría a Galilea enteira
ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino, curando canta doenza
padecía o pobo. Falábase del en toda Siria e traíanlle enfermos con toda clase
de doenzas e padecementos, endemoñados, epilépticos, tolleitos; e a todos
curaba. Eran moitos os que o seguían, un mundo de xente chegada de Galilea,
Decápole, Xerusalén, Xudea e da outra banda do Xordán.
MARTES
24 XANEIRO
+
No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.
Esta
é a radiografía de dous inmigrantes que, desde hai un par de anos, viven baixo
a ponte de San Telmo. El chámase Eustati Todorov. Naceu en Bulgaria, e ten 52
anos, 12 máis que a súa compañeira, a rusa Rosa Soltonova. Ambos chegaron a
Sevilla hai tres anos. Levan dous vivindo xuntos, compartindo a rúa e un mesmo
soño. Viven nunha tenda de campaña situada baixo a ponte de San Telmo; os dous
emigraron en busca dun futuro mellor, e os dous queren pasar o resto das súas
vidas en Sevilla. Ela traballaba no seu país de caixeira nun supermercado. O
soldo dáballe para sacar ao seu neno adiante. Cando este entrou no instituto,
decidiu vir a España porque non lle daba para pagar a súa formación. Soltonova
traballa hoxe no servizo doméstico. Case todo o que gaña envíao ao seu país, ao
seu fillo. El é soldador eléctrico. A súa baixa nómina foi a escusa para
emigrar. Aquí atopou un traballo do seu, pero sen moito éxito. «Deixaron de
pagarme, e abandonei», di Todorov, que agora se atopa en paro. Din que
solicitaron praza no albergue da Macarena, pero non hai prazas ou só poden
estar catro días. A parella busca regularizar a súa situación. «Sen papeis non
hai traballo digno, e sen este tampouco hai papeis», din estes “sen teito”.
Reflexión:
Se o teu Deus é xudeu, o teu coche xaponés, a túa pizza italiana, o teu gas
alxerino, o teu café brasileiro, as túas vacacións marroquís, as túas cifras
árabes, as túas letras latinas… Como te atreves a dicir que o teu veciño é
estranxeiro?
Oración:
Señor,
fai de min un instrumento da túa paz.
Axúdame
a vivir en paz cos que me rodean.
Que
busque a paz no meu grupo de amigos/as,
que
evite as pelexas e discusións,
que
axude a mellorar as miñas relacións con eles,
que
aprenda a perdoar e a aceptar o perdón doutros,
que
sexa alegre e servicial con todos.
Xesús,
que hoxe sexa eu instrumento da túa paz.
MÉRCORES 25 XANEIRO
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.
Seguro que escoitaches centos de veces esta lectura. A miúdo adoitámola ler nas celebracións de inicio de curso. Edificar, poñer bos alicerces son bos propósitos para o comezo do trimestre.
Palabra de Deus: Así pois, todo o que oia estas palabras miñas e as poña en práctica, será coma o home prudente que edificou a súa casa sobre roca: caeu a choiva, viñeron os torrentes, sopraron os ventos, e embestiron contra aquela casa; pero ela non caeu, porque estaba cimentada sobre roca. Mt 7,24-25
Reflexión: O esforzo é unha palabra que non está moi de moda. As présas do día a día, a inmediatez que nos rodea e a urxencia de optimizar o noso tempo fan que con tan só un dobre click consigamos practicamente todo. E a verdade é que este sinxelo xesto de colocar a nosa man no rato e mover o noso dedo índice dúas veces, axúdanos en moitas circunstancias, pero non pode suplir absolutamente todo. A nosa vida non é como reservar unhas vacacións, nin sacar unhas entradas, nin facer a compra en liña…
Segundo o dicionario da RAE o verbo ESFORZAR ten diferentes acepcións: Dar ou comunicar forza ou vigor; infundir ánimo ou valor e tomar ánimo. Tres significados que se centran moito no outro, no que teño á beira. Pero se o usamos como verbo pronominal, é dicir, se o conxugamos cun pronombre, o seu significado faise máis concreto e máis persoal: Facer esforzos física ou moralmente con algún fin. Un fin?.
Parácheste a pensar como conxugas este verbo na túa vida? Con que fin? En presente (Eu esfórzome todos os días?), en pretérito imperfecto (eu esforzábame cando era máis pequeno), en futuro (esforzareime na 3ª avaliación), en condicional (esforzaríame no caso de…), en pretérito de subxuntivo (se os demais se esforzasen eu…)
Hoxe pode ser un bo momento para facer balance do teu esforzo, do teu afán de superación e das túas ganas de progresar. Hai aspectos que se poderían mellorar… Estás a tempo. Sentes que non podes só? Pide axuda.
Estás a facer todo o que podes? Ánimo. Segue así.
O éxito pertence ás persoas que perseveran, que se esforzan e que dan o mellor deles mesmas. Iso é construír a nosa casa sobre roca.
Oración
Señor, fai de min un instrumento da túa paz.
Axúdame a vivir en paz cos que me rodean.
Que busque a paz no colexio, na miña clase, onde todos nos axudemos.
Que saiba achegar á clase todo o bo que teño.
Que respecte aos meus compañeiros e profesores.
Que acepte ao que me cae mal.
Que sexa xeneroso con todos.
Xesús, que hoxe sexa eu instrumento da túa paz.
XOVES 26 XANEIRO
+ No nome do Pai e do Fillo e do
Espírito santo.
Neste
mes de xaneiro poñemos a primeira reflexión sobre o terrible drama das ”persoas emigrantes e refuxiadas”. E facémolo a través
dos ollos dun neno refuxiado.
Abrir os ollos a emigrantes e refuxiados
Finais
do ano 2015: 65,3 millóns de persoas atopábanse desprazadas (ACNUR)
A
metade dos refuxiados son nenos (Save the Children)
Emigrantes
menores de idade, vulnerables e sen voz (Papa Francisco)
103
Xornada Mundial do emigrante e refuxiado (15 xaneiro 2017)
Mirando con ollos novos
Onde
está o teu irmán? (Xn 4, 9)
Quen
non ama permanece na morte (1 Xn 3, 14)
Mirando o propio corazón
Nunha
beira, eles, vítimas:
Fuxindo
do
medo e o horror,
da
violencia e a persecución,
da
pobreza e a fame,
da
morte
Deixando
o
seu fogar e a súa familia,
a
súa casa e a súa terra,
o
seu traballo,
o
seu amor
Buscando
terra
e unha patria,
un
refuxio e un teito,
seguridade
e paz,
vida
nova.
E na outra, nós
Verdugos ou irmáns?
maldicindo
ou bendicindo?
desconfiando
ou acollendo?
expulsando
ou integrando?
levantando
valos ou construíndo pontes?
desprezando
ou amando?
Irmáns ou verdugos?
Debemos ter “Mirada vicenciana”, isto é, mirar cos
ollos do carisma vicenciano as distintas situacións de pobreza, abandono,
miseria, marxinación, exclusión social...
que se multiplican traxicamente no noso mundo de hoxe.
Quizais
estas miradas te animen a editar un videoclip,
gravar unha mensaxe, compoñer un power point, escribir un poema, suxerir unha
lectura.... Anímate e faino correr nas redes sociais.
VENRES 26 XANEIRO
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.
E estes días ha de resoar tamén a palabra PAZ porque san Vicente, nun período particularmente turbado polas guerras, un "Artesán da Paz", dunha eficacia e dun ánimo notable. O seu pensamento,e a súa actividade están influídos polo seu tempo. Quen podería estrañarse diso? Así é por exemplo, como o sorprendemos aprobando o proxecto dunha expedición militar para combater a escravitude en Alxer. Pero o pensamento e a actividade de san Vicente non son menos significativos e provocadores para a actualidade, un pensamento alimentado pola experiencia; unha acción dirixida valerosamente ás causas; unha acción que pon remedio ás inxustizas e aos sufrimientose ocasionados pola guerra.
San Vicente comprométese coa paz
A organización de socorros ás vítimas das guerras é un dos exemplos máis significativos da caridade de san Vicente. Atopamos nela as grandes características da súa santidade e do seu xenio.
Sabe sensibilizar as conciencias e suscitar a xenerosidade. Socorre as necesidades. Axuda segundo as necesidades. Supervisa a caridade. Para o envío e a distribución dos socorros escolle colaboradores dos máis eficaces e máis seguros.
REFLEXIÓN:
A violencia e a inseguridade forman parte da nosa "paisaxe" diaria.
- Os medios de comunicación social son a proba dese feito: uns temen a guerra, outros a viven e padecen, outros case a desexan ou a propician.
Cal é o teu coñecemento real das causas que están actualmente xerando violencia e guerras?
Cal é a túa reacción persoal, se te vemos directamente enfrontado/a cunha situación de violencia (na clase, na rúa, na familia, cos amigos…?)
"Bienaventurados os que sempre buscan a paz".
- Cal é o meu comportamento, a miña implicación?
- Acollida do estranxeiro, o emigrante e o inmigrante?
- Acollida das ideas de quen pensa diferente de min, tolerancia e dialogo?
- Acollida do perdón, acollida da alegría dos demais?
- Acollida do futuro?
- Cal é o teu esforzo de participación na transformación da violencia en paz? Tomo conciencia e sensibilizo aos demais? Cal pode ser a túa implicación e compromiso a favor da Paz?
A violencia e a inseguridade forman parte da nosa "paisaxe" diaria.
- Os medios de comunicación social son a proba dese feito: uns temen a guerra, outros a viven e padecen, outros case a desexan ou a propician.
Cal é o teu coñecemento real das causas que están actualmente xerando violencia e guerras?
Cal é a túa reacción persoal, se te vemos directamente enfrontado/a cunha situación de violencia (na clase, na rúa, na familia, cos amigos…?)
"Bienaventurados os que sempre buscan a paz".
- Cal é o meu comportamento, a miña implicación?
- Acollida do estranxeiro, o emigrante e o inmigrante?
- Acollida das ideas de quen pensa diferente de min, tolerancia e dialogo?
- Acollida do perdón, acollida da alegría dos demais?
- Acollida do futuro?
- Cal é o teu esforzo de participación na transformación da violencia en paz? Tomo conciencia e sensibilizo aos demais? Cal pode ser a túa implicación e compromiso a favor da Paz?
ORAMOS POLA PAZ: NOSO PAI
No hay comentarios:
Publicar un comentario