LUNS 30 XANEIRO
+ No nome do Pai e do Fillo
e do Espírito santo.
30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.
A mensaxe básica é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal
é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é
mellor que a guerra".
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a
concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos
para lembrar o 30 de xaneiro. Neste día, os colexios convértense en
instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza,
cultura e relixión.
EVANXEO
A través do anuncio da Palabra de Deus, tentamos
descubrir, cal é a paz que nos ofrece Xesús. Tomaremos algunhas pasaxes do
Evanxeo, deixando que o Señor nos ilumine co que ten para dicirnos:
EVANXEO: Xoán 14, 25. 27.
29
«Dígovos isto agora que estou ao voso lado. Déixovos a
paz, douvos a miña paz: Non vola dou como a dá o mundo. Que non trema nin se
acovarde o voso corazón»
Palabra de Deus
Para comezar o tema recorremos a unha das persoas máis
significativas na loita pola paz: Martin Luther King.
El formou un movemento pola non-violencia, na que
participaron miles de persoas loitando contra a discriminación racial e polos
dereitos civís de toda persoa.
Cada voluntario non-violento asinaba un decálogo ou
"cartón de compromiso":
"Entrego aquí a miña persoa, física e espiritual,
ao movemento non violento. En consecuencia, comprométome a respectar os 10
mandamentos seguintes:
1. Meditar
diariamente sobre a mensaxe e a vida de Xesús.
2. Lembrar
que o movemento non violento ten por fin buscar a reconciliación e a xustiza, e
non a vitoria.
3. Conservar
na miña conduta e nas miñas palabras a actitude do amor, porque Deus é amor.
4. Orar
todos os días e pedir a Deus ser o seu instrumento para que todos os homes
poidan ser libres.
5. Sacrificar
os meus intereses persoais para que todos os homes sexan libres.
6. Observar,
tanto cara ao meu amigo como cara ao meu inimigo, as regras habituais de
cortesía.
7. Tratar de
servir con regularidade aos demais e ao mundo.
8. Absterse
da violencia de palabra, física e tamén de corazón.
9. Facer
canto poida por conservarme espiritual e fisicamente san.
10. Respectar
as indicacións do movemento e as dos responsables cando haxa unha
manifestación.
PARAR A PENSAR
Como podemos ser construtores desta paz? Como podemos
ser construtores da paz na nosa casa, entre os nosos amigos, no grupo de clase,
na rúa…?
Cantas veces nos enfadamos con quen máis amamos, e
damos malas contestacións á xente que máis nos coida?
Imaxina que é o último día da túa vida… Que farías,
que lles dirías aos teus, á túa familia, aos teus amigos?
MARTES 31 de xaneiro
+ No nome do Pai e do Fillo
e do Espírito santo.
EVANXEO
Vendo Xesús a
multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos e el,
tomando a palabra, ensináballes dicindo:
Ditosos os que
teñen espírito de pobres, porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos os que
choran, porque eles serán consolados.
Ditosos os non
violentos, porque eles herdarán a terra.
Ditosos os
famentos e sedentos de xustiza, porque eles ficarán fartos.
Ditosos os
misericordiosos, porque eles acadarán a misericordia.
Ditosos os de
corazón limpo, porque eles verán a Deus.
Ditosos os que
traballan pola paz porque eles serán chamados fillos de Deus.
Ditosos os
perseguidos por causa da xustiza, porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos vós
cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa:
alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos.
Palabra de Deus
Palabra de Deus
REFLEXIÓN
Lembremos que na época de Xesús o seu pobo estaba
dominado polos romanos e aparecían grupos revolucionarios que tentaban impoñer a
paz por medio das armas.
Ante isto El dinos que serán felices os mansos, os
pacientes, os misericordiosos, os que traballan pola paz, denunciando as
inxustizas. Serán felices os que perdoan con alegría, os que non coñecen o
rancor nin o odio, porque comprende as debilidades propias e alleas.
MÉRCORES 1 FEBREIRO
+ No nome do Pai e do Fillo
e do Espírito santo.
Comezamos un novo mes e con el unha nova campaña
solidaria: a de Mans Unidas. Ao longo do curso imos realizando algunhas destas
campañas que nos fan caer na conta de realidades que existen no noso mundo e
ante as que podemos ser un pouco máis sensibles. Oxalá que isto nos axude a
seguir fomentando eses sentimentos de xustiza, porque de nada servirá facer
unha campaña pensando nos países onde non se dá igualdade se logo somos nós os
primeiros en fomentar as desigualdades e as inxustizas ao noso ao redor.
Oración
Deus de amor,
móstranos o noso lugar neste mundo
como instrumentos do teu agarimo
por todos os seres desta terra,
porque ningún deles está esquecido de ti.
Ilumina aos donos do poder e do diñeiro
para que se garden do pecado da indiferenza,
amen o ben común, promovan aos débiles
e coiden este mundo que habitamos.
Os pobres e a terra están a clamar:
Señor, tómanos a nós co teu poder e a túa luz,
para protexer toda vida,
para preparar un futuro mellor,
para que veña o teu Reino. Amén
(Encíclica Laudato se Papa Francisco)
Ave María
XOVES 2 FEBREIRO
+ No nome do Pai e do Fillo
e do Espírito santo.
Palabra de Deus: «Naquel tempo, dixo Xesús a Tomás: «Eu
son o camiño, e a verdade, e a vida. Ninguén vai ao Pai, senón por min. Se me
coñecedes a min, coñeceredes tamén o meu Pai. Agora xa o coñecedes e vístelo.»
Felipe dille: «Señor, móstranos o Pai e bástanos.»
Xesús replica: «Hai tanto que estou convosco, e non me
coñeces, Felipe? Quen me vexa a min viu ao Pai. Como dis ti: "Móstranos o
Pai"? Non cres que eu estou no Pai, e o Pai en min? O que eu vos digo non
o falo por conta propia. O Pai, que permanece en min, fai as súas obras,
Crédeme: eu estou no Pai, e o Pai en min. Se non, crede ás obras. Asegúrovolo:
o que cre en min, tamén el fará as obras que eu fago, e aínda maiores. Porque
eu voume ao Pai; e o que pidades no meu nome, eu fareino, para que o Pai sexa
glorificado no Fillo. Se me pedides algo no meu nome, eu fareino» Xoán 14, 6-14
Nunca estaremos máis cheos de proxectos, ilusións,
ganas, ideas e ímpeto que cando somos novos. Isto é unha constante que non por
ser moi coñecida deixa de ser certa, xa que é a mocidade unha etapa onde, a
miúdo, as ganas de comerse o mundo supeditan en ocasións á reflexión, pero
tamén ás barreiras que podemos atoparnos. E é frecuente que nos atopemos esas
barreiras en forma de eufemismos: “fáltache experiencia, agarda e xa verás máis
adiante…” pero, con soamente unha concesión, unha oportunidade outorgada,
podemos derrubar eses obstáculos.
Debemos de aproveitar esas ganas e inercia positiva da
mocidade; vós sodes os construtores do voso propio destino e dun mundo mellor.
Outorgamos e depositamos en vós non só esperanzas, senón tamén
responsabilidades e confianza, para que sexades actores principais nunha
película que soamente vós podedes rodar.
O errar non ten idade, e ha de ser desterrado como un
privilexio case exclusivo da mocidade, ademais de que debe ser enxalzado como a
base da aprendizaxe. O peor dos erros non é
facelos, senón o non poder volver cometelos coa mesma inconsciencia.
Dicía o humorista Jaume Perich que ?” xente nova está convencida de que posúe a
verdade. Desgraciadamente, cando logran impoñela, xa nin son novos, nin é
verdade”. Esperemos que a verdade se impoña cando toca, e sexa cal for.
Oración:
Señor, fai de min un instrumento da túa paz.
Axúdame a vivir en paz cos que me rodean.
Que eu viva a paz no meu corazón.
Que busque a paz na miña familia, poñendo bo humor,
ganas de axudar, comprensión, agarimo...
Quero ser
persoa de paz e desexar a todos a paz.
Xesús, que sexa instrumento da túa paz.
NOSOPAI
VENRES 3 FEBREIRO
+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito santo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario