+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
DÍA DE GUINEA
O pasado
sábado 18 de febreiro, as Fillas de Caridade da nosa provincia celebraban o Día
de Guinea Ecuatorial para recordar así o labor que realizan irmás da nosa
comunidade nese país.
Xa que ese día
estabamos de descanso, nós queremos unirnos nesa celebración e renderlles a
nosa pequena homenaxe na oración de hoxe.
Queremos pedir por aquelas persoas que dan a súa vida ao servizo dos demais por amor a Xesús.
· Por todos os misioneiros e misioneiras que regalaron a súa vida á gran misión encomendada por Deus, que teñan a forza necesaria para o desempeño desta cada día. OREMOS
· Polos nosos mozos para que saiban ver nas palabras de Xesús e de San Vicente, as claves para o desenvolvemento dunha vida plena que os guiará á felicidade. OREMOS
· Por todas as Fillas da Caridade que están destinadas nos distintos lugares de misións, especialmente polas de Guinea, que non se lles apague a luz que dá enerxía aos seus corazóns. OREMOS
· Por nós para que traballemos decididamente pola paz ao noso arredor e naqueles países que sofren a guerra. OREMOS
María, acolle estas peticións e dános ganas de anunciar con todo o que Él dixo e fixo e sexamos quen de realizar o traballo de evanxelización no día a día. Amén.
NOSOPAI
Vexamos o seu traballo.
Martes 21 de febreiro
LECTURA DO EVANXEO DE SAN MATEO 5, 38-48
Tedes oído que se vos dixo: Ollo por ollo e dente por dente. Pero eu dígovos: non volvades mal por mal. Ao contrario, se alguén che dá un lapote na túa meixela dereita, preséntalle a outra; a quen queira preitear contigo e che leve a túnica, déixalle ir tamén o mantelo; a quen te obrigue a camiñar con el unha milla, acompáñao dúas. A quen che pide, dálle; e non te vires de costas a quen che pida emprestado.
Tedes oído que se vos dixo: Amarás o teu próximo e aborrecerás o teu inimigo. Pero eu dígovos: amade os vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen. Así seredes fillos de voso Pai que está no ceo, que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos. Porque, se amades os que vos aman, ¿que recompensa ides ter? ¿Non fan o mesmo os recadadores de impostos? E se saudades soamente a vosos irmáns, que facedes de máis? Non fan outro tanto os pagáns? Daquela sede bos sen exclusivismos, coma o voso Pai celestial é totalmente bo.
UNHA CHAMADA ESCANDALOSA.
A súa linguaxe de Xesús pode resultarnos escandalosa e sorprendente, pero totalmente coherente coa súa experiencia de Deus. O Pai non é violento: ama incondicionalmente a todos.
Cando Xesús fala do amor ao inimigo non está pedindo que alimentemos en nós sentimentos de afecto, simpatía ou agarimo cara a quen nos fai mal. Amar ao inimigo significa, primeiriño de todo, non facerlle mal, non buscar nin desexar facerlle dano. Non habemos estrañarnos se non sentimos amor ou afecto cara a el.
O perdón sincero ao inimigo non é fácil. Nalgunhas circunstancias, á persoa pódeselle facer practicamente imposíbel liberarse enseguida do rexeitamento, do odio ou da sede de vinganza. Non xulgaremos a ninguén desde fóra. Só Deus nos comprende e nos perdoa de xeito incondicional, mesmo cando non somos capaces de perdoar.
ORACIÓN:
Veño onda ti, Xesús,
meu irmán maior, meu mestre;
veño coma un/unha aprendiz,
con corazón e alma de discípula/o,
con mans e pés de discípulo/a.
Veño onda ti, Xesús,
porque necesito de ti
para que me aprendas a afrontar o mal,
con forza, con vigor, pero sen violencia;
para que me pacifiques a fondo
e así, coma ti,
saber vencer coa miña paz activa e ousada
a violencia que me nace dentro
ou que me provocan outros cos seus feitos.
Veño onda ti, Xesús,
para que me aprendas a amar como ti amabas.
Ben coñeces o cativo que son amando,
como arrimo o meu corazón a quen me cae ben,
a quen pensa coma min, sente coma min, vive coma min;
ben ves canto me custa amar desinteresadamente,
gratuitamente, sen agardar nada a cambio,
libremente,
sen límites,
sen reservas.
Veño onda ti, Xesús,
para que me collas pola man
e me leves polos mesmos camiños que ti andaches. Amén
Mércores 22 de febreiro
+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
As modas rexen a nosa sociedade. Nos últimos anos a aparición dos teléfonos intelixentes provocou que todas as nosas actividades viren ao redor deles e creámonos a necesidade de telos. Parece que non somos capaces de relacionarnos se non é a través dun wathsapp ou un like en Facebook ou Instagram. Pero que se esconde detrás de todo isto?
EVANXEO: Mateo 22, 17-22
«Dinos a túa opinión: é lícito pagar tributo ao César ou non? Xesús, adiviñando a súa mala intención, díxolles: -Por que me tentades, hipócritas? Mostrádeme a moeda do tributo. Presentáronlle un denario. E el díxolles: -De quen é esta imaxe e esta inscrición? Contestaron: -Do César. Entón díxolles: -Pois, dade ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus. Ao oílo, sorprendéronse, deixárono e fóronse». Palabra do Señor.
REFLEXIÓN
Hoxe en día estamos atados aos nosos móbiles intelixentes. As nosas relacións, as nosas compras, o noso entretemento, todo cabe no teléfono. As marcas aprovéitanse disto e sacan novos modelos constantemente con lixeiras melloras respecto ao anterior pero que non producen un cambio significativo no manexo e prestacións dos terminais. Con todo, os mozos sempre queren ter o último, presumir da calidade do seu teléfono, aparentar diante dos seus amigos e coñecidos de que teñen o último modelo de móbil. Pero, quen paga todo iso? Somos conscientes dos esforzos que teñen que facer os nosos pais para pagar todo iso? Sabemos algo da explotación que sofren nalgúns países? Dámoslle o verdadeiro valor ás cousas? Estaría ben que reflexionásemos sobre o que custa conseguir as cousas na vida e sobre se somos capaces de valorar todo o que temos.
VÍDEO: Idiots - Unha curtametraxe que nos ensina sobre o consumismo tecnolóxico
NOSOPAI
Xoves 23 de febreiro
+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
EVANXEO: Mateo 5, 8
«Ditosos os de corazón limpo
porque eles verán a Deus»
REFLEXIÓN
Nestes momentos do curso podes
preguntarte por aquilo que necesitas mellorar. É necesario abonar con esforzo.
Mira a ver como podes afrontar o día de hoxe con ganas. Non esquezas que
estamos en tempo de entroido; tempo de imaxinar un novo rostro para a nosa vida
monótona e triste.
ORACIÓN
Señor,
Nós usamos moitas caretas a
diario
coas que ocultamos os nosos
sentimentos,
segundo conveniencia, para
despistar ao persoal.
Permaneceremos escondidos
detrás da careta
e non nos manifestamos
sinceramente...
Señor,
ti que coñeces o noso verdadeiro
rostro
mellor ca nós mesmos
e sabes as caretas que nos
poñemos
para disimular ou parecer
mellores,
acepta os nosos desexos de
sincerarnos
ante nós mesmos,
ante os homes e diante túa.
Amén
Venres 24 de febreiro
+ No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Este fin de semana celébrase
en moitos sitios o Entroido e moitas persoas utilizarán máscaras para
disfrazarse. As máscaras teñen a función de esconder a nosa cara e mesmo as nosas
expresións, é moi difícil adiviñar as emocións de alguén que leve unha máscara
posta porque na cara móstranse a maioría destas.
EVANXEO: Mateo 23, 27-28
«Ai de vós, letrados e
fariseos hipócritas, que vos parecedes a sepulcros encalados: por fóra son
fermosos, por dentro están cheos de ósos de mortos e de toda clase de impurezas!
Así tamén vós, por fóra parecedes honrados á xente, por dentro estades cheos de
hipocrisía e iniquidade» Palabra do Señor
LECTURA: O HOME IMAXINARIO
O home imaxinario
vive nunha mansión imaxinaria
rodeada de árbores imaxinarias
á beira dun río imaxinario.
Dos muros que son imaxinarios
penden antigos cadros
imaxinarios
irreparables gretas
imaxinarias
que representan feitos
imaxinarios
ocorridos en mundos
imaxinarios
en lugares e tempos
imaxinarios.
Todas as tardes imaxinarias
sobe as escaleiras imaxinarias
e asómase ao balcón imaxinario
a mirar a paisaxe imaxinaria
que consiste nun val
imaxinario
circundado de cerros
imaxinarios.
Sombras imaxinarias
veñen polo camiño imaxinario
entoando cancións imaxinarias
á morte do sol imaxinario.
E nas noites de lúa imaxinaria
soña coa muller imaxinaria
que lle brindou o seu amor
imaxinario
volve sentir ese mesma dor
ese mesmo pracer imaxinario
e volve palpitar
o corazón do home imaxinario.
Nicanor Parra
REFLEXIÓN
Cantas veces no noso día a día
utilizamos “máscaras” coas que evitamos que os que nos rodean vexan o noso eu
real e acabamos vivindo un personaxe, acabamos vivindo unha mentira?
Deixemos que a xente nos vexa
tal e como somos e nos queiran polo que somos, non polo que aparentamos ou
dicimos ser.
No hay comentarios:
Publicar un comentario