LUNS 19 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO
FILLO….
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Díxolles
Xesús:
‑ Con
toda verdade volo aseguro: se non comedes a carne do Fillo do Home e non
bebedes o seu sangue, non teredes vida en vós. Quen come a miña carne e bebe o
meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día. Pois a miña
carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida.
Quen come
a miña carne e bebe o meu sangue, permanece en min e eu nel. Do mesmo xeito que
o Pai que me mandou vive e eu vivo polo Pai, así tamén quen me coma vivirá por
min. Este é o pan que baixou do ceo; non semellante ao que comeron os vosos
pais, que mesmo así morreron: quen come este pan, vivirá para sempre.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Onte celebramos a Festividade do Corpus
Christi, do Corpo de Cristo; a festa da Eucaristía. E todos os anos neste día
os bispos españois escriben un texto coa finalidade de que nos axude a entender
e celebrar con verdadeiro sentido cristián esta festa relixiosa e cristiá. O
deste ano ten coma título: “Chamados á
comuñón". Con el quérennos lembrar que sen capacidade para atoparnos,
camiñar xuntos, saber comprendernos, ser xenerosos, poñer a nosa mirada e o corazón
no facer o ben a quen vemos que se sente necesitado, ou esforzarnos para que o
perdón e a misericordia estean por riba da vinganza, o comentario ferinte ou as
palabras fóra de ton; sen todo iso, non pode haber Eucaristía. É dicir, que non
nos chega con vir á igrexa os domingos, por moi constantes que nisto sexamos,
senón que a Eucaristía non se pecha nas paredes dos nosos templos, senón que se
prolonga nas rúas. Esas rúas polas que onte pasou a custodia co pan consagrado,
presenza de Cristo no medio do mundo, o noso, tan necesitado de pan que
alimente a xenerosidade e as ansias de encontro e sentido participativo e
comunitario.
MARTES 20 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO….
Estamos
a piques de terminar o curso. Seguro que traballamos moito e ben e os
resultados han ser bos. Por iso merecédesvos unhas boas vacacións, onde teñades
tempo para pasalo ben, descansar, ver moitas cousas, xogar, gozar da natureza e
estar coa familia e cos amigos.
ORACIÓN
Señor,
dámosche grazas polo curso que conclúe.
Grazas
polos amigos e amigas con quen pasei
tantos
traballos, dificultades en tantos días.
Grazas
pola amizade que brotou dos traballos compartidos, das esperanzas, proxectos,
xogos e alegrías.
Grazas
porque non camiñei só.
Grazas
porque sentín o afecto de amigos, amigas e da miña familia.
Grazas
polos libros que lin, polos profesores que me axudaron, polos traballos que
fixen, polos esforzos que me ensinaron a importancia do traballo.
Grazas
porque Ti acompañáchesme para ensinarme o camiño que conduce ao ben, á procura
do ben común e á bondade.
Señor,
hoxe pídoche que as cousas boas que aprendemos ao longo deste curso permanezan
sempre en todos nós.
MÉRCORES 21 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO….
DESPEDÍMONOS: A VIDA, UNHA GRAN CAMPAÑA
LECTURA BÍBLICA: 1 Pedro 5, 7
«Pon
as túas preocupacións nas mans de Deus, pois el ten coidado de ti»
LECTURA E REFLEXIÓN
O
final dun curso académico sempre é unha celebración moi especial. É o momento
das despedidas, das emocións e de facer balance dos logros conseguidos e dos
que aínda quedan por conseguir.
Os
seres humanos expresan sentimentos a través de celebracións e festas
significativas, Se lles preguntamos o motivo, algúns responden cousas como:
-
Porque
nos gusta compartir a alegría, a amizade e o que temos.
-
Porque
herdamos dos nosos antepasados o costume de reunirnos para celebrar
acontecementos significativos.
-
Porque
Deus queres que esteamos felices.
-
Porque
nos gusta admirar o fermoso, o belo e o artístico
-
Porque
para os que cremos en Deus, celebrar festas na súa honra, é unha oportunidade
para darlle grazas e unirnos máis a el e á comunidade
ORACIÓN
Loámoste,
Deus, con todas as túas criaturas,
que
saíron da túa man poderosa.
Son
túas,
e
están cheas da túa presenza e da túa tenrura.
Encomiado
sexas.
Fillo
de Deus, Xesús,
por
ti foron creadas todas as cousas.
Formácheste
no seo materno de María,
fixécheste
parte desta terra,
e
miraches este mundo con ollos humanos.
Hoxe
estás vivo en cada criatura
Coa
túa gloria de resucitado.
Loaado
sexas.
XOVES 22 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO….
LECTURA BÍBLICA: Gálatas 6, 9
“E
non nos cansamos de facer o ben, pois ao seu tempo, se non nos cansamos,
segaremos”.
REFLEXIÓN
Un
curso máis terminou. Pero, ollo!, non é o final da carreira, só final dunha
etapa máis.
É
momento de facer memoria deste percorrido: as ilusións e proxectos iniciais; as
dificultades; as alegrías e éxitos persoais e de equipo; as axudas recibidas;
as axudas prestadas aos compañeiros; as caídas e escapadas… todo iso será
aprendizaxe positiva para mellorar nas seguintes etapas.
Todo,
menos abandonar. Mesmo se te sentises fracasado, non é así. En tal caso, borrón
e conta nova! Dentro de ti levas o tesouro dun manancial de posibilidades e
futuro.
Durante
o curso acompañounos a Virxe Milagrosa, San Vicente, Santa Luisa, os profesores
e Hermanas e os compañeiros. Lembra todo o positivo que viviches; o negativo,
as posibles broncas recibidas, esquéceas, iso amargaríache o verán e restaríache
forzas e ilusión.
Agora
comezas esta paréntese de vacacións. Non as desperdicies, recupera forzas pero
non te abandones.
Non
te esquezas: non vas só. Xesús acompañarate e moitos temos grandes esperanzas
en ti.
Feliz
verán!
VENRES 23 XUÑO. NO NOME DO PAI, DO FILLO….
"Pregaria
para unhas vacacións cristiás"
Señor Xesús, ti dixeches aos teus discípulos
"vide comigo a un lugar apartado e descansade
un pouco",
pedímosche polas nosas vacacións.
O afán de cada día multiplica a nosa vida
de quefaceres, urxencias, angustias, présas e
impaciencias.
Necesitamos o repouso e sosego.
Necesitamos a paz e o diálogo.
Necesitamos o encontro e a tenrura.
Necesitamos a osixenación do corpo e da alma.
Necesitamos descansar. Necesitamos as vacacións.
Bendice, Señor, as nosas vacacións.
Fai que sexan tempo fecundo para a vida de familia,
para o encontro connosco mesmos e cos demais,
para a brisa suave da amizade e do diálogo,
para o exercicio físico que sempre rexuvenece,
para a lectura que sempre enriquece
para as visitas culturais que sempre abren
horizontes,
para a festa auténtica que enche o corazón do home.
Fai que as nosas vacacións de verán sexan tempo
santo
para a nosa busca constante de Ti,
para o reencontro coas nosas raíces cristiás,
para os espazos de oración e reflexión,
para compartir a fe e o testemuño,
para a práctica da túa Lei e a da túa Igrexa,
para a escoita da túa Palabra,
para participar na mesa da túa eucaristía.
Ti vés sempre a nós.
Ti sempre te fas o encontradizo.
Os teus camiños buscan sempre os nosos.
Fai que nas vacacións de verán,
saibamos remar mar dentro e encontrémoste a Ti,
o Pescador, o Pastor, o Salvador, o Irmán, o Amigo,
e encontremos os nosos irmáns.
Xuntos realizaremos a gran travesía das nosas
vidas.
No teu nome, Señor,
tamén en vacacións,
quero estar disposto a remar mar dentro.
Axúdame. Necesítote, tamén en vacacións.
AMÉN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario