viernes, 19 de enero de 2018

SEMANA 22-26 XANEIRO (3ª TEMPO ORDINARIO_B)

LUNS 22 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

OUTRO MUNDO É POSÍBEL


O evanxelista Marcos dinos no evanxeo de onte: «marchou a Galilea proclamando a boa noticia de Deus». Xesús anuncia a Deus como algo novo e bo.

«Está chegando o reino de Deus»

Con Xesús comeza unha nova era. Deus non quere deixarnos sos ante os nosos problemas, sufrimentos e desafíos. Quere construír xunto connosco un mundo máis humano.
Xesús, cunha audacia descoñecida, sorprende a todos anunciando: «Xa está aquí Deus, coa forza creadora da súa xustiza, tratando de reinar entre nós».
Toda a vida de Xesús é unha chamada á esperanza. É posíbel un mundo máis xusto e fraterno.
«Convertédevos»
Deus pide aos seus fillos colaboración. Por iso Xesús grita: «Cambiade o xeito de pensar e de actuar». Somos as persoas as que primeiro temos de cambiar. Deus non impón nada pola forza, pero está sempre atraendo as nosas conciencias cara a unha vida máis humana.
«Crede nesta boa noticia»
Tomádea en serio. Espertade da indiferenza. Mobilizade as vosas enerxías. Crede que é posíbel humanizar o mundo. Crede na forza liberadora do Evanxeo. Crede que é posibel a transformación. Introducide no mundo a confianza.
Que fixemos desta mensaxe apaixonante de Xesús? Como a puidemos esquecer? Se o primeiro é «buscarmos o reino de Deus e a súa xustiza», en que nos estamos a entreter? Como podemos vivirmos tranquilos observando que o proxecto creador de Deus dunha terra chea de paz e de xustiza está sendo aniquilado polos homes?

MARTES 23 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Esta semana as oracións pola paz están sacadas doutras confesións relixiosas, para expresar deste xeito a comuñón que debe de existir entre todos os que nos chamamos crentes. O obxectivo desta actividade é tomar conciencia de que os crentes doutras relixións, ao seu modo e xeito oran a Deus pedindo o mesmo ca nós: Paz e Reconciliación no noso mundo como froito da Xustiza.


ORACIÓN MUSULMÁ POLA PAZ
No nome de Alá,
o Bo, o Misericordioso.
Encomiado sexa, o Señor do universo
que nos creou e nos formou
repartíndonos en tribos e nacións.
¡Que nos coñezamos e non nos desprecemos!
Se o inimigo está disposto a facer a paz,
dispoñámonos tamén nós a buscala.
E confía en Deus, porque Alá, o señor, é o único que escoita
e sabe todas as cousas.
Servos de Deus,
cheos de graza son aqueles que camiñan na Terra con humildade e saúdan aos seus semellantes dicindo “Paz”.

ORACIÓN FINAL (xuntos)
Dámosche grazas, Señor, por estes crentes e os seus desexos de paz. Pedimos que todos os que profesan a relixión Musulmá, interpreten as ensinanzas dos seus santos e profetas, de maneira que nos leven á paz e a un mundo de non-violencia.
Axúdanos, bo Deus, a cambiar as nosas sociedades para que reine o respecto, a comprensión, a compaixón e a misericordia. Amén


NOSOPAI

MÉRCORES 24 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


ORACIÓN XUDÍA POLA PAZ
Subamos ao Monte do Señor
para que camiñemos polos carreiros do Altísimo. Coa súa forza transformaremos as espadas en arados e as nosas lanzas en ferramentas de podar.
As nacións non alzarán a espada contra outras, nin se adiestrarán máis para a guerra.
E ningún terá medo,
porque a boca do Señor falou.

ORACIÓN FINAL (xuntos)
Dámosche grazas, Señor, por estes crentes e os seus desexos de paz. Pedimos que todos os que profesan o Xudaísmo, interpreten as ensinanzas dos seus santos e profetas, de maneira que nos leven á paz e a un mundo de non-violencia.
Axúdanos, bo Deus, a cambiar as nosas sociedades para que reine o respecto, a comprensión, a compaixón e a misericordia. Amén

NOSOPAI



XOVES 25 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


ORACIÓN BUDISTA POLA PAZ
¡Que se liberen rápidamente a todos os acosados polos sufrimentos do corpo e da mente!
¡Que sexan libres os esclavizados!
¡Que os débiles recuperen a fortaleza!
¡Que toda persoa pense en facer amizade con outros!
¡Que aqueles nenos, novos, adultos e anciáns que se atopan nun deserto, medorentos e sen rastro, sexan protexidos por forzas celestiais e que rapidamente logren a paz e a serenidade de Buda!

ORACIÓN FINAL (xuntos)
Dámosche grazas, Señor, por estes crentes e os seus desexos de paz. Pedimos que todos os que profesan a relixión de Buda, interpreten os ensinos dos seus santos e profetas, de maneira que nos leven á paz e a un mundo de non-violencia.
Axúdanos, bo Deus, a cambiar as nosas sociedades para que reine o respecto, a comprensión, a compaixón e a misericordia. Amén

NOSOPAI



VENRES 26 XANEIRO 2018. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Oración de Paz San Francisco de Asís
Señor, fai do min, un instrumento da túa paz;
onde haxa odio, poña amor;
onde hai ofensa, perdón;
onde hai dúbida, fe;
onde hai desesperanza, esperanza;
onde hai tebras, luz;
onde hai tristeza, alegría.
Oh, Mestre,
que non me empeñe tanto.
En ser consolado como consolar.
En ser comprendido como comprender.
En ser amado como amar.
Porque dando recíbese.
Perdoando ése perdoado.
E morrendo a si mesmo resucítase á vida eterna. Amén

ORACIÓN FINAL (xuntos)
Dámosche grazas, Señor, por estes crentes e os seus desexos de paz. Pedimos que todos os que profesan o Cristianismo e viven o Evanxeo ao estilo de Xesús, interpreten as ensinanzas dos seus santos e profetas, de maneira que nos leven á paz e a un mundo de non-violencia. Axúdanos, bo Deus, a cambiar as nosas sociedades para que reine o respecto, a comprensión, a compaixón e a misericordia.

NOSOPAI

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog