domingo, 8 de abril de 2018

2 Domingo de Pascua – Ciclo B

Luns 9 de abril. 
FESTA DA ENCARNACIÓN. "SI" DAS FILLAS DA CARIDADE

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.

Hoxe festexamos unha festa moi importante na familia  vicenciana de todo o mundo: o SI de María, a Encarnación de Xesús.
Cada ano, as Fillas da Caridade renovan a súa entrega a Deus. Do mesmo xeito que María, con valentía e fidelidade, volven dicirlle Si a Deus. Esta festa convídanos a todos nós á xenerosidade, a pensar en serio que quero facer coa miña vida, que me pide Deus a min.

Escoitemos o testemuño dunha Filla da Caridade e… 

FELICIDADES A TODAS AS FILLAS DA CARIDADE NO SEU DÍA! 
GRAZAS POR GUIARNOS E ESTAR SEMPRE PRESENTES.


Martes 10 de abril.

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.

Vivir apaixonado é elixir a vida, vivila dando sentido a canto se fai... Que pouco nos custa descubrir, diferenciar esas persoas que viven apaixonadas, que lles gusta a vida e van prendendo vida... Teñen un non sei que, especial, que as fai distintas, no seu ser, no seu estar, no seu relacionarse... Saben elixir. As cousas pódennos suceder, pódennos vir dadas pero hai algo que nós podemos facer, que é elixir a resposta.
A VIDA é un regalo que Deus nos concedeu. Xesús viviu apaixonado pola humanidade, e elixiu dar a súa vida aínda a custa da súa propia vida. El dilles aos seus discípulos “Vin para que teñades vida, e vida en abundancia" (cf. Xn 10,10).
Como estou a dar a miña vida?
Como a estou "a gastar"? Paga a pena?
Dou vida aos demais animándoos, axudándoos, sendo amable, agradecido, respectuoso?

¡ ¡ ATRÉVETE A VIVIR CON PAIXÓN!!!

Aproveita ao máximo cada hora, cada día e cada época da vida.
Así poderás mirar ao futuro con confianza e ao pasado sen tristura.
Sé ti mesmo, pero sé o mellor de ti mesmo.
Ten valor para ser diferente e seguir a túa propia estrela e non teñas medo de ser feliz, goza do belo, ama con toda a alma e o corazón.
Non reproches o que o mundo che debe e fíxate no que lle debes a el.
Cando te enfrontes a unha decisión, tómaa tan sabiamente como che sexa posible. Logo esquécea.
O momento da certeza absoluta nunca chega.
Sobre todo recorda....
Que Deus axuda os que se axudan a si mesmos.
Actúa coma se todo dependese de ti.
Reza coma se todo dependese de Deus, vive en plenitude.
Aproveita o día coma se fose o último.
Dilles aos teus seres queridos ou amigos o que sentes por eles porque despois será demasiado tarde.......



Mércores 11 de abril ABRIL. 

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.

O Señor resucitou. Cristo Resucitado dános novas forzas para vivir con ánimo renovado e alegre este novo día. Temos un gran motivo para vivir esperanzados. Nós tamén estamos chamados á Resurrección.

Oración
O Señor resucitou.
O Señor deu un paso.
O Señor guía os nosos pasos...
É Pascua cando dás un paso cara á bondade.
É Pascua cando dás un paso cara á verdade.
É Pascua cando dás un paso cara á vida e pola vida.
É Pascua cando dás un paso que non te atrevías a dar.
É Pascua cando dás un paso atrás porque ías por camiños prohibidos...
É Pascua cando dás un paso cara aos teus.
É Pascua cando dás un paso de xigante... ou un paso pequeniño,
Porque hai cousas que só se fan "pasiño a pasiño".
É Pascua cando dás un paso e rompes o muro
e a distancia entre amigos.
É Pascua cando algo novo xorde e déixalo xurdir,
algo novo xermola e acóllelo e coidas con mimo.
Señor, Deus da Vida
remove a pedra do noso egoísmo,
a pedra que afoga a nosa esperanza,
a pedra que destrúe o entusiasmo,
a pedra que pecha o corazón ao perdón.
Resucita en nós a alegría,
as ganas de vivir, o desexo de soñar.
Fainos persoas resucitadas
que non se deixan envolver pola morte,
senón que coidade e alentan sempre
o xerme de vida en que cren.



Xoves 12 de abril.

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.

ORACIÓN: MIRADA DE ESPERANZA
Porque Cristo resucitou,
cremos na vida, para sempre.
Porque Cristo resucitou,
non cremos en morte ningunha para quen queira vivir.
Porque Cristo resucitou,
cremos nel.
Porque Cristo resucitou,
a forza do presente é o futuro.
Porque Cristo resucitou,
o mundo está en marcha
e non o pararán os intereses dos vencedores.
Porque Cristo resucitou
temos que construír unha cidade sen clases,
na que as persoas sexamos compañeiras e irmás.
Porque Cristo resucitou,
hai un amor e unha casa para todos.
Porque Cristo resucitou,
cremos nunha terra nova.
...E, porque cremos e esperamos,
non temos nada que conservar;
e afirmamos que o mellor xeito de conseguilo todo

é perdelo todo por unha soa causa.



VENRES 13 DE ABRIL. TRAS AS PEGADAS DO RESUCITADO

+ No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.
Ambientación
Moitas veces vivimos confusos, preocupados, fartos de problemas. Non obstante, presta atención esta mañá ao Evanxeo que nos di que se cremos en Xesús, seremos felices.

Lectura (Xn 16, 6-14)
Naquel tempo Xesús dixo: Eu son o camiño, a verdade e a vida. Soamente por min se pode chegar ao Pai. Se me coñecedes, tamén coñeceredes o meu Pai; e dende agora xa lle coñecedes e estádeslle a ver. " Felipe díxolle entón: "Señor, déixanos ver ao Pai e con iso abóndanos. " Xesús contestoulle: "Felipe, tanto tempo hai que estou convosco e aínda non me coñeces? O que me ve a min ve o Pai: por que me pides que vos deixe ver ao Pai? No cres que eu estou no Pai e o Pai en min? As cousas que eu vos digo non as digo pola miña propia conta. O Pai, que vive en min, é o que fai a súa propia obra.
Crédeme que eu estou no Pai e o Pai en min; se non, crede polo menos polas propias obras. Asegúrovos que o que cre en min fará tamén as obras que eu fago; e fará outras aínda máis grandes, porque eu vou ao Pai. E todo o que pidades no meu nome eu o farei, para que polo Fillo se manifeste a gloria do Pai. Eu farei calquera cousa que me pidades no meu nome". Palabra de Deus

Oración
Dámosche grazas, Pai, por Xesucristo, que é o camiño, a verdade e a vida.
Sen nomealo ou recoñecendo o seu nome, todos os homes o buscan. Tamén o buscamos nós cando escoitamos a súa voz e o seguimos impulsados polo Espírito.
Bendicímoste, Pai, porque o Espírito que todos levamos dentro nos impulsa a recoñecer a túa palabra e a túa obra nas encrucilladas da vida, alí onde os nosos irmáns traballan pola verdade, a xustiza e a liberdade.
Bendicímoste, Pai, porque no fondo de nós mesmos sentimos unha chamada á vida, á bondade e á sinceridade.
E sabemos que ti plantaches esa semente en nós, e en todos os homes. AMÉN.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog