LUNS 16 ABRIL. NO NOME
DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Lucas describe o encontro do Resucitado
cos seus discípulos coma unha experiencia fundante. O desexo de Xesús é claro.
A súa tarefa non terminou na cruz. Resucitado por Deus, toma contacto cos seus
para pór en marcha un movemento de «testemuñas» capaces de contaxiaren a todos
os pobos a súa Boa Noticia: «Vós sodes as miñas testemuñas».
LECTURA
DO EVANXEO DE SAN LUCAS
Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles
Xesús no medio e díxolles:
‑A paz sexa convosco!
Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un
espírito. Pero el díxolles:
‑Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas? Mirade para as miñas
mans e para os meus pés: son eu. Palpade aquí e decatádevos de que un espírito
non ten carne nin ósos, como vedes que teño eu.
E dicindo isto, mostroulles as mans e mais os pés. Pero
eles, tolos de contento e sen saíren do seu asombro, non acababan de crer.
Xesús preguntoulles:
‑Tedes por aí algo que comer?
Déronlle un anaco de peixe asado. El colleuno e comeuno
diante deles. Logo díxolles:
‑A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía que conviña
que se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos Profetas e mais
nos Salmos acerca de min.
E abriu os seus entendementos para que comprendesen as
Escrituras. E engadiu:
‑Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no
terceiro día, e predicarase no seu nome a conversión e mais o perdón dos
pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén. Vós seredes testemuñas de
todo isto. E eu heivos mandar o don prometido por meu Pai. Mentres tanto
seguide na cidade, ata que se vos revista co poder que vén de arriba.
ORACIÓN
Grazas, Xesús,
por estar vivo no medio de nós,
alentando as nosas vidas, as nosas comunidades.
Grazas pola túa paz,
esa paz que a diario nos fai falla
coma auga de maio en tempo de seca.
Grazas, Xesús,
por encararte cos nosos medos, dúbidas e sobresaltos,
por comprendelos,
por acompañarnos na tarefa de superalos.
Grazas pola túa oración do Noso Pai,
na que nos pides preocuparnos polo pan de cada día,
pois entendes que o sustento é imprescindible,
aínda que non só con pan se amañe a xente.
Grazas, Xesús,
polas persoas que, hoxe máis ca nunca,
loitan polo pan de cada día,
polo posto de traballo, polo salario digno.
Grazas polas persoas que o fan solidariamente,
ancheando a tenda da súa vida, da súa loita,
para que non haxa grupos excluídos dela.
Grazas, Xesús,
por abrir coa cruz, froito do amor comprometido,
camiños novos, imprevistos,
de vida e de liberdade.
Grazas por te fiares de nós
e solicitarnos axuda para a preciosa tarefa
de humanizar esta humanidade nosa,
e a cada persoa que fai e a representa,
e sermos así as túas fieis testemuñas.
MARTES 17 ABRIL. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
EVANXEO: Mateo 6, 24
«Ninguén pode estar ao servizo de dous señores, pois
odiará a un e amará ao outro ou apreciará a un e desprezará ao outro. Non
podedes estar ao servizo de Deus e do diñeiro».
LECTURA
Neste discurso de Denzel Washington no comezo do curso da
Universidade de Dillard, o actor dá unha
poderosa mostra das conviccións que lle guían, e moito do que di pódenos servir
a calquera para reflexionar sobre a vida que vivimos:
Non aspires tan só a gañar a vida…
«Estaba a fracasar na universidade. En certo momento a
miña media baixou. Espero que non vos ocorra a ningún. Un día estaba sentado no
salón de beleza da miña nai, miro tras min e unha muller desde o secador non
deixaba de mirarme. Ata que me dixo unha profecía: 'Rapaz, ti vas viaxar polo
mundo e vas falar ante millóns de persoas'. Eu, que estaba a pensar en deixar a
universidade e alistarme no exército, e esta muller dime todo iso.
Fíxeno. Viaxei polo mundo. E falei a millóns de persoas.
Pero iso non é o máis importante que fixen. O máis importante que aprendín
aprendino dela aquel día: fun protexido, dirixido, corrixido. Fai algo que che
guste. Aproveita as oportunidades profesionais. Non teñas medo de fracasar. Só se
vive unha vez. Non teñades medo de saír dos límites, de pensar ao grande, de
caer ao grande, de soñar ao grande. Pero lembrade, os soños sen un propósito
son só soños e só producen insatisfacción. Así que tede propósitos, fins, na
vosa vida, cada ano, cada mes, cada día. Eu tento ter un propósito cada día. E
para conseguir o que te propós necesitas disciplina e constancia. Tes que
traballar cada día. Traballar duro é o
que fai a xente que triunfa. E neste mundo de test, tuits... no que crecestes, o que fagas moitas
máis cousas non significa que consigas moito máis. Seguide esforzándovos, tendo
metas e progresando.
E todo o que queirades, bo, podédelo ter. Reclamádeo,
traballade duro para telo e, cando o alcancedes, tirade de alguén máis. Non
aspiredes tan só a ter unha vida. Aspirade a marcar unha diferenza».
REFLEXIÓN
Dános medo perder, pero non podemos esquecer que cando
optamos diante de nós ábrese un novo horizonte que nos espera.
- Con que
criterios vas tomando decisións na túa vida: estudos, optativas…?
- Elixes
aquilo que che apaixona e traballas duro para conseguilo ou escolles o camiño
fácil?
MÉRCORES 18 ABRIL. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
LECTURA BÍBLICA:
Isaías 41, 10
«Non temas, que eu estou contigo; non te angusties, que
eu son o teu Deus »
LECTURA
«Durante anos fun un
neurótico. Era un ser angustiado,
deprimido e egoísta. E todo o mundo insistía en dicirme que cambiase. E non
deixaban de lembrarme o neurótico que eu
era. E eu ofendíame, aínda que estaba de acordo con eles, e desexaba cambiar,
pero non acababa de conseguilo por moito que o tentase. O peor era que o meu
mellor amigo tampouco deixaba de lembrarme o
neurótico que eu estaba. E tamén insistía na necesidade de que eu
cambiase. E tamén con el estaba de acordo, e non podía sentirme ofendido con
el. De maneira que me sentía impotente e como atrapado. Pero un día díxome:
«Non cambies. Segue sendo tal como es. En realidade, non importa que cambies ou
deixes de cambiar. Eu quérote tal como es e non podo deixar de quererte».
Aquelas palabras soaron nos meus oídos como música: «Non cambies. Non cambies.
Non cambies... Quérote...». Entón tranquiliceime. E sentinme vivo. E, Oh,
marabilla!, cambiei. Agora sei que en realidade non podía cambiar ata atopar a
alguén que me quixese, prescindindo de que cambiase ou deixará de cambiar».
(Non Cambies. O Canto do Paxaro. Anthony de Mello)
REFLEXIÓN
Quen non andou un pouco perdido no camiño? Cando se
inicia a viaxe da vida aínda non sabemos ben que equipaxes tomar, o lugar de
chegada aparece cheo de incertezas e preséntansenos moitas follas de ruta
alternativas. O que si é seguro é que queremos facer esa viaxe con outros e que
os amigos son o máis importante que temos.
Buscar a nosa identidade e conectar co mundo dos nosos
sentimentos é unha parte principal desa viaxe. Este crecemento ten un movemento
cara a fóra e ten, tamén, un movemento cara ao interior que é o que enche de
beleza, de liberdade e de sentido todo o demais: «mirarme dentro e comprender…»
Perderiámonos moito de nós mesmos e dos outros sen esa miradaao interior.
O noso GPS
indícanos dúas condicións indispensables se queremos penetrarnos nese espazo
por descubrir da nosa interioridade: buscarnos un acompañante, unha persoa coa
que podemos nomear e expresar o que imos sentindo, como un guía experimentado
que nos poida dar indicadores para o camiño… e pararnos para conectar connosco
mesmos.
(Vivir por dentro. Habilidades para lidar cun mesmo
-Mariola López Villanueva )
XOVES 19 ABRIL. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
EVANXEO: Mateo 5, 7-9
«Ditosos os
misericordiosos, porque serán tratados con misericordia. Ditosos os limpos de corazón,
porque verán a Deus. Ditosos os que traballan pola paz, porque se chamarán
fillos de Deus».
BENAVENTURANZASDO
PAPA FRANCISCO: “QUERES PAZ? TRABALLA POLA PAZ”
“Xesús vén extirpar a inmobilidade paralizante do que cre que as cousas non
poden cambiar, do que deixou de crer no poder transformador de Deus Pai e nos
seus irmáns, especialmente nos seus irmáns máis fráxiles, nos seus irmáns
descartados. Xesús, ao proclamar as benaventuranzas
vén sacudir esa resignación que nos fai crer que se pode vivir mellor se nos
escapamos dos problemas, se fuximos dos demais; se nos escondemos ou encerramos
nas nosas comodidades, se nos adormentamos nun consumismo tranquilizante”.
- “As benaventuranzas son ese novo día para todos
aqueles que seguen apostando ao futuro, que seguen soñando, que seguen
deixándose tocar e impulsar polo Espírito de Deus”.
- “
Benaventurados os que se deixan contaxiar polo Espírito de Deus e loitan e
traballan por ese novo día, porque seu será o reino dos ceos”.
- “
Benaventurados os que se comprometen pola reconciliación“.
- “Felices
aqueles que son capaces de ensuciarse as
mans e traballar para que outros vivan en paz”.
- “Felices
aqueles que se esforzan por non sementar división”.
- “Queres
dita? Queres felicidade? Felices os que traballan para que outros poidan ter
unha vida ditosa. Queres paz? Traballa pola paz”.
“Sementar a paz a golpe de proximidade, de
veciñanza! A golpe de saír de casa e mirar rostros, de ir ao encontro daquel
que o está pasando mal, que non foi tratado como persoa, como un digno fillo
desta terra. Esta é a única maneira que temos de tecer un futuro de paz”.
VENRES 20 ABRIL. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
EVANXEO:
Xoán 1, 37-39
«Os discípulos, ao oílo falar así seguiron
a Xesús. El volveuse e, ao ver que lle seguían, díxolles: “Que buscades?”
Responderon: “Rabí –que significa mestre–, onde vives?” Díxolles: “Vide e
vede”. Foron, pois, viron onde residía e quedaron con el aquel día. Eran as
catro da tarde».
LECTURA
Comezamos cun extracto do xornal El País do
verán pasado que recolle unha enquisa que permite mergullar nas inquietudes de
futuro de máis de 12.000 mozos españois: quen son para eles referentes?
“Os mozos teñen aspiracións quizais
parecidas ás doutras xeracións: éxito, fama e diñeiro, pero tamén dúbidas,
vocación e desapego. O final da
adolescencia é unha etapa difícil en todas as épocas. De entre os 12.000, só
5.800 responderon á pregunta a quen querían parecerse de maiores.
O personaxe que máis coincidencias suscitou
foi Amancio Ortega. As seguintes aspiracións femininas son “a miña nai”, Emma
Watson e Steve Jobs. Outros mozos colocaron a Bill Gates e
Steve Jobs por diante de Ortega.
Agora, podemos pensar quen ou quen son
referencia para nós:
- Quizais
son xente anónima, que traballa desde o silencio, a maioría das veces sen
recoñecemento, pero que fai que a vida sexa moito máis fácil (e algunhas veces
sinxelamente posible) para os demais.
- Quizais
deportistas… que poden ser referencia de esforzo por encima dos logros
conseguidos.
- Santos
e santas, San Vicente ou Santa Luisa.
- María
de Nazaret: Onde todos visen unha
tolemia, María viu un horizonte. Onde moitos visen unha trasgresión, ela intuíu a promesa de Deus.
Onde tantos se estremeceron ante a perspectiva e esixisen máis probas, máis
seguridades ou máis garantías, ela exclamou: “Fágase”.
- Quen
ou quen son referencia para ti?
- A
quen admiras?, por que?
ORACIÓN: A miña
equipaxe
A miña equipaxe será lixeira,
para poder avanzar rápido.
Terei que deixar tras de min a carga inútil:
as dúbidas que paralizan
e non me deixan moverme.
Os temores que me impiden
saltar ao baleiro contigo.
As cousas que me encadean.
Terei que deixar tras de min
o espello de min mesmo,
o 'eu' como únicas lentes,
a miña palabra ruidosa.
E levarei
todo aquilo que non pesa:
Moitos nomes coa súa historia,
mil rostros no recordo,
a vida no horizonte,
proxectos para o camiño.
Valor se ti mo dás,
amor que cura e non esixe.
Ti como guía e mestre,
e unha oración que te faga presente:
«A ti, Señor, levanto a miña alma, en ti confío,
non me deixes. Ensíname o teu camiño,
Mira o meu esforzo. Perdoa as miñas faltas.
Ilumina a miña vida, porque espero en ti».
José María Rodríguez
Olaizola, sj
No hay comentarios:
Publicar un comentario