sábado, 20 de octubre de 2018

SEMANA 22-26 OUTUBRO

LUNS 22 OUTUBRO 2018. NO NOME DO PAI…..

CAMBIA O MUNDO
A Xornada Mundial das Misións, o  Domund, que onte celebramos, convídanos a traballar por “ cambiar o mundo”. A Mensaxe do Papa para esta Xornada indica que a misión é propia de corazóns  novos que contribúen “ao crecemento cultural e humano de tanta xente  sedenta de verdade”.
Estamos, pois, convidados a levar o Evanxeo a todos os que non coñecen a Deus. Se anunciamos a Boa Noticia e contribuímos a formar unha sociedade máis xusta e máis  fraterna, o mundo cambiará. Poñamos o noso pequeno gran de area para que isto ocorra e Deus sexa coñecido en toda a Terra.

O  Domund... cambia o mundo? Si, porque a misión vivida co Evanxeo na man  transforma  o medo en valentía, a escuridade en luz, a vinganza en unión, e, a quen está prostrado no  camiño, levántao e axúdao a camiñar con dignidade.

Fagámolo nós tamén unidos aos misioneiros que, lonxe da súa terra, transmiten o gozo do Evanxeo, sendo para nós exemplo de entrega gratuíta.

NOSOPAI




MARTES 23 OUTUBRO 2018. NO NOME DO PAI…..

 Tes un futuro cheo de esperanza

Velaí tres ideas para prepararte para o futuro que Deus garda coma un tesouro para ti.

1. Cre o mellor para o futuro. Dille a Deus que che dea unha visión do teu futuro e comprométete co que ves.

2. Fala ben do teu futuro. Deus está connosco. Está preto para protexernos. Temos a Presenza de Deus, o que non temos non importa. Isto é bo non só pensalo, senón dicilo cos nosos beizos. Dicir as súas Palabras ten un efecto transformador en nós e no ambiente que vivimos.

3. Comprométete co teu futuro.
Na Palabra de Deus o concepto de sementar é unha constante bíblica. Todo  sembrador confía que o que sementa dará froito. Un  sembrador sen fe, nunca sementaría. quedaría sentado na súa casa, lamentándose e ‘cociñando’ medos, xustificando o por que non sae a sementar. Pídelle a Deus ‘Visión de futuro’, fálao cos teus amigos( as) e ponte niso. Sementa. Que vas sementar? Accións. Pasos en fe. Actos de fe. Despois dunha visión vén a acción. Dá pasos cara ao que ves de Deus para ti. Sementa e cultivarás. Dá o paso e déixalle o desenlace a Deus.
Sabías que Deus ten un propósito marabilloso coa túa vida? 
Tes un futuro cheo de esperanza



MÉRCORES 24 OUTUBRO 2018. NO NOME DO PAI…


MISIONEIROS: +XUSTIZA, -INXUSTIZA

Lectura do santo evanxeo segundo san Lucas (12,13-21):

Naquel tempo, dixo un do público a Xesús: «Mestre, dille ao meu irmán que reparta comigo a herdanza.»
El contestoulle: «Home, quen me nomea xuíz ou árbitro entre vós?»
E dixo á xente: «Mirade: gardádevos de toda clase de cobiza. Pois, aínda que un ande sobrado, a súa vida non depende dos seus bens.»
E propúxolles unha parábola: «Un home rico tivo unha gran colleita. E empezou a botar cálculos: "Que farei? Non teño onde almacenar a colleita." E díxose: "Farei o seguinte: derrubarei os celeiros e construirei outros máis grandes, e almacenarei alí todo o gran e o resto da miña colleita. E entón direime a min mesmo: Home, tes bens acumulados para moitos anos; déitate, come, bebe e pégate a boa vida." Pero Deus díxolle: "Necio, esta noite vanche esixir a vida. O que acumulaches, de quen será?" Así será o que amasa riquezas para si e non é rico ante Deus.»

UN CONTO: SEMENTADOR DE NOGUEIRAS
Un día camiñaba polo campo, cando vin a un home bastante ancián, que estaba a cavar un pozo. Intrigado, achegueime a el para preguntarlle que estaba a facer. "A min sempre me gustaron as noces", contestoume. "Hoxe chegaron ás miñas mans as noces máis exquisitas que probei na miña vida, así que decidín plantar unha delas".
Entristecinme ao pensar que ese pobre home, a tan avanzada idade, xamais chegaría a probar unha desas noces. "Desculpe, amigo", díxenlle. "Para que unha nogueira dea froitos deben pasar moitísimos anos, e dada a súa idade, é moi probable é que cando esta árbore dea as súas primeiras noces, vostede xa morrería hai moito. Non pensou que talvez sería máis proveitoso para vostede sementase tomates, ou melóns ou sandías, que lle darán froitos que vostede si poderá saborear?".
O home miroume un instante en silencio, durante o cal, non souben se sentirme moi sagaz pola miña observación ou moi estúpido. Tras uns segundos que me pareceron horas, finalmente contestou: "Toda a miña vida deleiteime saboreando noces, cultivadas de árbores cuxos sembradores probablemente xamais chegaron a probar. Cando de noces se trata, non lle corresponde a quen sementa o ver os froitos. Por iso, como eu puiden comer noces grazas a persoas xenerosas que pensaron en min ao plantalas, eu tamén planto hoxe a miña nogueira, sen preocuparme de se verei ou non os seus froitos. Sei que estas noces non serán para min, pero talvez os teus fillos ou os meus netos as saborearán algún día."
E entón sentinme moi pequeniño e egoísta por pensar só en min. Desde ese día, dediqueime a plantar nogueiras.

REFLEXIÓN
Así é o labor do misioneiro. Se sementamos sandías ou tomates, obviamente pronto veremos os froitos, pero se a nosa sembra é profunda, o labor misioneiro é verdadeiro e está fundado en Cristo, quedará dentro dos corazóns da xente, e cando Deus queira, farao brotar e converterse en froitos abundantes.




XOVES 25 OUTUBRO 2018. NO NOME DO PAI…

EVANXEO - Mateo 7, 7-12
«Pedide e darásevos; buscade e acharedes; chamade e abrirásevos.
Porque todo o que pide recibe; o que busca, acha; e ao que chama, abriráselle.
Ou hai seica algún entre vós que ao fillo que lle pide pan lle dea unha pedra;  ou se lle pide un peixe, déalle unha culebra?
Se, pois, vós, sendo malos, sabedes dar cousas boas aos vosos fillos, canto máis o voso Pai que está nos ceos dará cousas boas aos que llas pidan!
«Por tanto, todo canto queirades que vos fagan os homes, facédello tamén vós a eles; porque esta é a Lei e os Profetas».

REFLEXIÓN
Ás veces chama a atención que tendo tantas cousas, non acabemos de estar felices, contentos coa vida que vivimos. Por que pode ser isto?
Cando vas andando pola rúa do teu pobo ou cidade e ves a cantidade de persoas diferentes con e sen problemas, felices ou tristes, ricos ou pobres, parácheste a pensar a que parte dese mundo pertences ti?
Velaquí unha canción que nos axuda a entender a diferenza entre ambos os mundos.


NOSOPAI



VENRES 26 OUTUBRO 2018. NO NOME DO PAI…..

MISIONEIROS: +INCLUSIÓN, -EXCLUSIÓN
Lectura do santo evanxeo segundo san Lucas (12,39-48):

Naquel tempo, dixo Xesús aos seus discípulos: «Comprendede que se soubese o dono de casa a que hora vén o ladrón, non lle deixaría abrir unha fenda. O mesmo vós, estade preparados, porque á hora que menos pensedes vén o Fillo do home.»
Pedro preguntoulle: «Señor, dixeches esa parábola por nós ou por todos?»
O Señor respondeulle: «Quen é o administrador fiel e solícito a quen o amo puxo á fronte da súa servidume para que lles reparta a ración ás súas horas? Ditoso o criado a quen o seu amo, ao chegar, atope portándose así. Asegúrovos que o poñerá á fronte de todos os seus bens. Pero se o empregado pensa: "O meu amo tarda en chegar", e empeza a  pegarlles aos mozos e ás raparigas, a comer e beber e emborracharse, chegará o amo dese criado o día e á hora que menos o espera e despedirao, condenándoo á pena dos que non son fieis. O criado que sabe o que o seu amo quere e non está disposto a poñelo por obra recibirá moitos azoutes. Ao que moito se lle deu, moito se lle  esixirá; ao que moito se lle confiou, máis se lle esixirá.»

REFLEXIÓN
Que é o que se che esixe a ti? 
Por que é necesario que nos unamos para un mundo máis xusto?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog