LUNS,
12 de novembro. NO NOME DO PAI....
Clamor ante a pobreza infantil
O
Papa Francisco convídanos a celebrar, o vindeiro domingo, a II Xornada Mundial
dos pobres.
O
noso colexio súmase hoxe a esta cita cunha reflexión sobre a pobreza infantil
coa esperanza de poñer o noso gran de area para que outro mundo sexa posible.
En
primeiro lugar, coñeceremos a realidade da pobreza infantil cun breve vídeo e,
despois, unirémonos
nunha
oración cos nenos que sofren estas situacións.
Terminaremos
xuntando as nosas mans e rezando o NOSOPAI
como signo de unidade cos nenos que peor o pasan, tanto na nosa contorna
máis próxima como en países afastados de nós.
Ademais,
se é posible, propoñémosvos facer un xesto final (ver ao final da oración de
hoxe)
A
nosa realidade.
Oración pola pobreza infantil
Deus
noso, neste día non podemos deixar de pensar nos nenos, que son a semente do
mañá, a esperanza dun mundo mellor, un fermoso don dado por ti.
Pedímosche
polos que son vítimas dos problemas familiares, pelexas, violencia e malos
tratos, faltos de amor.
Polos
nenos que sofren o terror da guerra, o medo de perder ás súas familias, as
persecucións, que viven cheos de dor, medo, angustia e desesperación. Dálles
paz, Señor.
Polos
que son abandonados, rexeitados, desprezados, humillados e non teñen unha
familia onde crecer con alegría.
Polos
que non reciben educación porque teñen que traballar desde pequenos e moitos
son explotados e escravizados.
Polos
que non teñen comida, non teñen un teito e deambulan polas rúas, suplicando
caridade.
Polos
que tendo todo materialmente, son abandonados fronte a un televisor,
computadoras e xogos, no canto de estar acompañados pola familia.
Por
aqueles nenos que quedaron orfos, carentes do amor dos seus pais.
Por
todos, pedímosche que os protexas, que lles deas amor, que cambies os corazóns
de todos os que podemos cambiar a súa situación.
Que
ningún destes pequeniños se perda da túa man e sempre cheguen a ti.
Amén.
XESTO
1-
Debuxa a silueta da túa man no folio que tes sobre a túa mesa, escribimos a
nosa resposta persoal á cuestión exposta ao final do vídeo: Que podes facer ti?
2-
Toda a clase en pé, facemos un círculo coas mans recortadas simbolizando que
incluímos aos nenos do mundo no noso círculo e que nos comprometemos con eles a
vivir sen caprichos. A silueta da miña man collémola o meu compañeiro da
dereita e mais eu. E a silueta da man do meu compañeiro da esquerda collémola
el e mais eu.
3- Inmortalizamos este momento de reflexión e
oración cunha fotografía (o profesor/a faina co móbil) que sumaremos á de todos
os nenos e mozos que hoxe, do mesmo xeito ca nós, se comprometen con que acabe
a pobreza infantil.
Martes 13 novembro: ATRÉVETE A ATOPARTE CON
OUTROS, ATRÉVETE A ATOPARTE CON MARÍA
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO
"Limiteime
a dar un paso de xeonllos sobre os chanzos do altar, apoiando as mans sobre os
xeonllos da Virxe...
Alí,
transcorreu un momento, o máis doce da miña vida; paréceme imposible dicir todo
o que experimentei".
Catalina
achégase a María e, nun xesto de confianza, apoia as súas mans nos xeonllos da
Virxe. Que ben se sentiría Catalina e que ben nos sentimos cando estamos
confiados con alguén que queremos!
Alí
estableceu unha conversa íntima e chea de tenrura, deixou as súas reservas para
atoparse con María, a pesar, de que parecía imposible. María axúdalle a aclarar
os seus problemas, móstralle que a súa vida lle interesa e móstrase con ela
como unha amiga, como unha conselleira que a escoita e guía no camiño.
Es
capaz de confiar nas persoas coas que compartes a amizade, es capaz de
escoitalos? Déixaste aconsellar polos demais? Algunha vez acodes a María?
Nesta
mañá, escóitaaa, fálalle de todo o que preocupa ao teu corazón
OH
MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS!
Mércores 14 novembro: ENCÁRGANOS UNHA MISIÓN, MIRA O MUNDO E FAI ALGO POR EL.
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO
Deus
quéreche encomendar unha misión. Custarache moito traballo, contradiciránche,
pero contarás coa graza, non temas. Di todo, con confianza, o que pasa en ti,
cóntao con sinxeleza, ten confianza, non temas. Os tempos son malos, as
desgrazas cerneranse sobre o teu país, pero achegádevos ao pé deste altar, aquí
as grazas serán concedidas particularmente ás persoas que as pidan.
María
revela a Santa Catalina que Deus confía nela e pon nas súas mans unha misión
concreta dentro da realización do seu Proxecto de amor. Esta misión é difícil,
pero nada debe impedir a Catalina cumprila.
Hoxe,
coma onte, Xesús confía en nós
Non
nos pide grandes cousas... pero a nosa resposta poden ser pequenas pingas que
vaian transformando aos poucos a realidade que vivimos... Como?
-
Cando somos capaces de arrincar un sorriso...
-
Cando facemos as paces con quen estaba enfadado...
-
Cando somos quen de ceder ante os demais...
-
Cando non buscamos só as nosas intereses...
Cal
vai ser a túa pequena pinga no día de hoxe?
Se
non podes só, acode a María, acode ao seu altar; alí as grazas concederánselles
a quen as pida.
AVE
MARÍA
Pedímoslle
a María que nos acude a transformar a nosa realidade:
Xoves
15 novembro: O MUNDO NAS súas MANS, CARA A UNHA TERRA NOVA
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO
A
Santísima Virxe sostén nas súas mans un globo dourado coroado por unha pequena
cruz; sosténdoo de maneira moi sinxela, cos ollos elevados cara ao ceo,
ofrécello a Deus... Despois oín: Este globo representa o mundo enteiro e a cada
persoa en particular.
O
globo coroado cunha pequena cruz evoca o noso mundo, ao que Deus ama cun Amor
ata a tolemia, ata o punto de salvalo. A cruz colocada no corazón do mundo
lémbranos que a nosa vida é o lugar da presenza de Deus. O mesmo que a túa nai
te levou nos seus brazos cando eras neno, María leva a terra nas súas mans, é
dicir, do mesmo xeito Ela lévanos nos seus brazos. Hoxe María convídanos a amar
o mundo como Ela o ama e como o seu Fillo o amou, dando a súa vida ata o
extremo.
OH
MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS!
Venres 16 novembro: A MEDALLA MILAGROSA
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO
SANTO
En
torno ao marco ovalado, lin, en letras de ouro, esta invocación: "Oh María
sen pecado concibida, rogade por nós que recorremos a ti".
Con
esta medalla, María preséntanos o esencial da mensaxe cristiá.
A
medalla é un agasallo de Deus ao mundo que expresa a maneira de actuar de Deus
que se goza nos sinxelos e humildes.
É
un signo da bondade de Deus. Regálanos a Salvación: "as grazas derrámanse
nas súas mans".
É
un signo da presenza de María.
É
un signo de amor:
É
tamén un signo relixioso, un compromiso de vida que nos axuda a cumprir a
Vontade de Deus, como o fixo María: "Velaquí a escrava do Señor".
Chamámola
Milagrosa porque o pobo de París sentiu que era certa a presenza e a protección
de Deus e de María.
A XACULATORIA é
a oración que rodea a medalla e que nos convida a buscala, non só ante as
necesidades, senón sempre, porque é a nosa NAI.
Reflexionamos
e escribimos:
Cal é a oración persoal coa que ti
rodearías a Medalla?
OH
MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA. ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!
Mentres colocamos o símbolo podemos escoitar esta canción:
No hay comentarios:
Publicar un comentario