viernes, 16 de noviembre de 2018

ORACIÓNS 19-23 NOVEMBRO

LUNS 19 NOVEMBRO
+NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

María está en pé acolléndonos. Como cando un chega a casa e alguén a está recibindo cos brazos abertos. Vén a nós coas mans abertas. Está presente, feita bondade, acollida, disposta a escoitarnos. Ponse ao noso servizo sen impoñerse e móstranos o camiño do verdadeiro encontro.
Pensa nos momentos da túa vida nos que necesitas axuda, apoio, acollida…. Acode a María. Preséntalle a túa realidade.

Pensa nos momentos da vida doutros que necesitan axuda, apoio, acollida… Pon esas persoas nas súas mans. Reza polos compañeiros sós, polos refuxiados, polos que non teñen fogar ou van perdelo, polos anciáns, polos nenos que non teñen familia…

As súas MANS ABERTAS, estendidas cara a quen se achega son un sinal de amor e de unión, prestas a abrazar os máis necesitados. Son as mans cheas de graza, xa que delas nacen as bendicións da Nai de Xesús.

E ti, para que ou para quen tes as túas mans abertas?

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!

Mentres pegamos a nosa resposta escoitamos e cantamos 



MARTES 20 NOVEMBRO
+NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

“De súpeto, os dedos da Santísima Virxe, que sostiñan o globo, cubríronse de aneis con pedrerías. Destas pedras saían uns raios dun brillante resplandor. Ao mesmo tempo, unha voz díxome: “estes raios son o símbolo das grazas que a Santísima Virxe concede ás persoas que llas piden”. Por último, algunhas pedras non despedían raios: son o símbolo das grazas que se esquecen de lle pedir”.

Os aneis son os símbolos da alianza. María fixo unha alianza con Deus e, desta alianza irradia o amor con Deus en forma de raios. Esa luz é a luz do Amor, a luz que ilumina e dá forza a todas as persoas que o necesitan. Por iso, os raios son o símbolo das grazas que se derraman.

Os RAIOS QUE SAEN DAS SÚAS MANS son as grazas que pedimos a Deus por medio da Virxe María; pero ao mesmo  tempo fainos ver que hai algúns raios apagados e que son todas aquelas cousas polas que esquecemos pedir. María quere que oremos, con fe. E ti, que grazas lle pedirías hoxe á Virxe? No cadro dos raios pedide polas intencións máis difíciles, por aqueles que necesitan da túa oración. Escribide nos raios as situacións máis necesitadas que coñecedes… é a vosa oración por elas



MÉRCORES 21 NOVEMBRO
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

O ser humano non pode seguir poñendo o seu corazón naquel que perdeu a pelexa, é dicir, no Demo e todas as súas seducións, apostemos por vivir unha vida chea de fe e alegría naquel que gañou, triunfou, resucitou e venceu co seu sangue o poder escuro que gobernaba no mundo. Hoxe, a través de María, quen tamén venceu o pecado porque creu en Deus e no seu propio Fillo, podemos nós camiñar na luz e vencer as tentacións deste mundo.

Como podemos recoñecer o mal no noso mundo actual? Por que pecado ou pecados te sentes ameazado e che custa rexeitar? Cales son as túas inxustizas?


OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A ti!


XOVES 21 NOVEMBRO
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

María está enriba do mundo. Un MUNDO que representa o planeta  onde vivimos e que actualmente se ve envolto nunha sociedade que valora o consumo, o ter e non o desenvolvemento integral dos humanos que en moitas partes sofren fame, miseria e marxinación.

É curioso observar como sempre que queremos cambiar o noso mundo intentamos que cambien os demais…

Escoitade este conto:
"De mozo eu era un revolucionario e a miña oración consistía en dicir a Deus: 'Señor, dáme forzas para cambiar o mundo'.
A medida que fun facéndome adulto, caín na conta de que pasaba media vida sen lograr cambiar unha soa alma, transformei a miña oración e comecei a dicir: 'Señor, dáme a graza de transformar a cantos entran en contacto comigo. Aínda que só sexa á miña familia e aos meus amigos. Con iso doume por satisfeito'.
Agora que son un vello e teño os días contados, empecei a comprender o estúpido que fun. A miña única oración é a seguinte: 'Señor, dáme a graza de cambiarme á miña mesmo'. Se eu orase deste xeito desde o principio, non malgastaría a miña vida."
O mundo cambiará cando eu sexa capaz de ir cambiando.

Como podes colaborar a construír un mundo mellor? Escríbeo mentres escoitamos a canción




Venres 23 novembro: OS DOUS CORAZÓNS
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Os dous corazóns son os de Xesús e María. Indícannos que sempre é tempo de amar. O corazón é, en todos os idiomas, o símbolo do amor.
Un dos dous corazóns está coroado de espiñas e o outro atravesado por unha espada. Estes símbolos ensínannos que amar non é cousa fácil. Todo amor leva nalgún momento sufrimento porque implica esquecerse de si para entregarse ao outro.
Sen amor, nada ten valor. O que vale unha persoa non se mide polos seus títulos ou diplomas, polo seu diñeiro... senón pola capacidade de amor. Non hai amor sen entrega, non hai felicidade sen amor.

Pensaches algunha vez como sería a vida sen aqueles aos que queres e sen aqueles que te queren? Decátaste do feliz que te fai amar? Que ocupa e preocupa hoxe o teu corazón?
(Escríbeo)

OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog