LUNS 26 NOVEMBRO
+
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
A CRUZ COROA A INICIAL DE MARÍA: A FORZA DO
AMOR.
Despois de contemplar este cadro, pareceume
que daba a volta. Foi entón cando vin o reverso da medalla. Inquieta por saber
o que había que poñer no reverso da medalla, despois de moitas oracións, un
día, na meditación, pareceume oír unha voz que me dicía: "A cruz, o M e os
dous Corazóns din bastante".
Xesús foi no medio da humanidade a presenza
de Deus. Ensinoulles que El era Deus. Xesús mostrou un amor especial aos pobres
cos que se identificou. Ao aceptar, libremente e, por amor, o pasar polo camiño
da cruz, Xesús abriunos o camiño da Vida.
María ocupa un lugar principal no camiño de
vida e de amor. Ao decidir libremente ser a Nai de Deus ela vai
mostrándonos o camiño que nos leva a Xesús. María tamén estivo xunto á
cruz.
É entón cando Xesús nos regala a María como
Nai.
Decídete a poñer a Xesús e a María no
centro da túa vida, quita por hoxe os teus malos rollos, as túas preocupacións
inútiles, a túa preguiza, o teu egoísmo...
Deixa que eles estean aí, verás como todo
cambia.
Que significan para ti María e Xesús? Escríbeo e
ofrecello a María
Mentres, vemos esta reflexión da Festa de Cristo Rei
OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!
MARTES 27
NOVEMBRO
+
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
A medalla é para cada un de nós, como o
Reino de Deus. Xesús non pode facer nada sen os apóstolos, sen os seus
discípulos... Tampouco podería facer nada sen ti e sen min.
Nós somos cada unha desas 12 estrelas.
Representan aos doce apóstolos, aos mensaxeiros do Reino, a aqueles cos que
Deus conta para dar a coñecer a súa mensaxe. María é a principal estrela, a
estrela da Evanxelización.
Que nome lles pondrías ás 12 estrelas que iluminan
a túa vida? Nesas 12 estrelas poderán estarán os nosos
nomes, podedes escribilos un a un, podedes ir deixando o voso compromiso de ser
mellores persoas, seguidores de Xesucristo. Ao escribir o teu nome, es parte do
seu proxecto
OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS
QUE RECORREMOS A ti!
Podemos escoitar esta canción:
MÉRCORES
28 NOVEMBRO
+
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Día de Santa
Catalina Labouré
Naceu en Francia, os seus pais eran
campesiños. Ao quedar orfa de nai, aos 9 anos pediulle á Santísima Virxe que ela fose a súa nai. Como
a súa irmá maior se fixo Filla da Caridade, Catalina tivo que quedar á fronte
dos traballos da casa, e por isto non puido aprender a ler nin a escribir de
pequena.
Aos 14 anos pediu ao seu pai que lle
permitise irse de relixiosa, pero el, que a necesitaba para atender as moitas
tarefas da casa, non llo permitiu. Ela pedíalle ao noso Señor que lle concedese
o que tanto desexaba: ser relixiosa. E unha noite viu en soños a un ancián
sacerdote que lle dicía: "Un día axudarasme a coidar os enfermos". A
imaxe dese sacerdote quedoulle gravada para sempre na memoria.
Ao fin, con 24 anos, logrou que o seu pai a
deixase ir visitar á súa irmá Filla da Caridade, e ao chegar á casa onde estaba,
viu alí o retrato de San Vicente de Paúl
e deuse conta de que ese era o sacerdote que vira en soños e que a convidaba a
axudarlle a coidar aos enfermos. Desde ese día propúxose ser Filla da Caridade
e non parou ata conseguilo.
O 27 de novembro de 1830 estando Santa
Catalina rezando na capela, a Virxe María aparecéuselle totalmente resplandecente, derramando das súas mans
fermosos raios de luz cara á terra. Ela encargoulle que fixese unha imaxe da
nosa Señora e que mandase acuñar unha medalla que tivese por unha banda as
iniciais da Virxe María " M", e unha cruz, con esta frase "Oh
María, sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a ti". E
prometeulle axudas moi especiais para quen leve esta medalla e rezasen esa
oración.
Catalina viviu sinxelamente, sen darse
importancia, coidaba aos anciáns dunha residencia e a ninguén contou que se lle
apareceu a Virxe. Gustáballe o silencio.
Oración: (Todos)
Virxe Milagrosa, fai que a túa Medalla
derrame sobre todos nós a Luz e a forza que necesitamos. Pedímosche saúde para
os enfermos e paz para as nosas familias. Líbranos de todos os perigos. Amén
Canción: Celebra a vida ( Axel)
https://www.youtube.com/watch?v= Pjv19I7
xbSg
https://www.youtube.com/watch?v=bW-RueoIrLs
XOVES 29 NOVEMBRO
+
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Fundación
da Compañía das Fillas da Caridade
Profundamente conmovidos pola pobreza e o
sufrimento que lles rodeaba no París do século
XVII, Vicente de Paúl e Luisa
de Marillac comezaron con gran amor,
dunha maneira sinxela, a axuda aos necesitados e así comezou o carisma das
Fillas da Caridade.
Unha sinxela moza campesiña, Margarita Naseau, ofreceuse a Vicente para dedicar a
súa vida ao servizo dos pobres. O seu
exemplo foi contaxioso… Deste xeito naceu a Compañía das Fillas da Caridade.
Margarita morreu contaxiada da peste despois de acoller na súa cama a unha
pobre enferma. Luisa de Marillac
encargouse da formación das novicias; o 29 de Novembro de 1633 comezaron a
vivir o seu ideal en comunidade. As Fillas da Caridade eran distintas dos
outros grupos relixiosos daquel tempo.
As primeiras Irmás ían e viñan polas rúas
de París e coidaban aos pobres enfermos nas súas casas. Despois, serviron nos
hospitais, escolas e casas para nenos abandonados. Pronto comezaron o coidado
de enfermos, os soldados feridos nas guerras, os anciáns…
De feito, calquera persoa en necesidade era
obxecto dos seus coidados. Este sinxelo comezo en París, foise desenvolvendo
ata chegar a ser unha Comunidade estendida por todo o mundo. Ningunha forma de
pobreza foi estraña ao coidado das Fillas da Caridade, nin o é hoxe. Están ao
servizo dos máis necesitados: pódelas atopar vivindo e traballando en áreas de
marxinación social, con inmigrantes, en hospitais, escolas, fogares infantís,
residencias de anciáns, centros de acollida para as persoas sen teito, coas
mulleres maltratadas, xunto ás persoas con problemas de drogas, alcol… en
calquera parte onde haxa unha necesidade ou pobreza e elas poidan ser de axuda
e apoio.
Na actualidade están presentes en 93 países
de todos os continentes. En España, as Fillas da Caridade promocionaron as
profesións e servizos, de maneira especial, no campo sanitario, educativo e de
intervención social.
Oración:
(Todos)
Señor, dámosche grazas polas Fillas da
Caridade.
Porque elas manteñen vivo o carisma de San
Vicente de Paúl.
Por estar alí onde se necesitan: á beira
dos pobres e os máis necesitados.
E, sobre todo, porque son sementadoras de Esperanza e fan presente o
Reino de Deus aquí na terra.
Canción: Filla da Caridade
VENRES
30 NOVEMBRO
+
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Remata un novo mes de
novembro, mes dedicado á Virxe da Medalla Milagrosa, intentando espertar a nosa
confianza en Deus, igual que fixo Santa Catalina Labouré que confiaba en ver á
Virxe. Pensa por un momento na palabra CONFIAR (FIARSE DE) Que quere dicir? En
quen confío? De quen me fío? Se somos capaces de confiar con fe na nosa Nai a
Virxe Milagrosa seremos capaces de conseguir aquilo que nos propoñamos.
Oración (Todos xuntos)
María, Nai Milagrosa
Ti confías en nós, dásnos
a coñecer a Xesús
e ensínasnos a confiar en
Deus, o noso Pai.
María, axúdanos a sentir o
amor de Deus,
e a amar aos que nos rodean.
Ensínanos a ser coma ti,
sempre disposta a axudar,
a perdoar, a ofrecer un sorriso,
e a sementar Esperanza por
onde pasabas.
Abre o meu corazón a todos
os que sofren.
Eu tamén quero estar
disposto a construír un mundo mellor. Amén
No hay comentarios:
Publicar un comentario