viernes, 11 de enero de 2019

ORACIONS SEMANA 14-18 XANEIRO


LUNS 15 XANEIRO 2019. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN


Lectura do santo evanxeo segundo  san Lucas (3,15-16.21-22):

Naquel tempo, o pobo estaba expectante, e todos se preguntaban no seu interior sobre Xoán se non sería o Mesías, Xoán respondeulles dirixíndose a todos:
«Eu bautízovos con auga; pero vén o que é máis forte ca min, a quen non merezo desatarlle a correa das súas sandalias. El bautizaravos con Espírito Santo e lume».
E sucedeu que, cando todo o pobo era bautizado, tamén Xesús foi bautizado; e, mentres oraba, abríronse os ceos, baixou o Espírito Santo sobre el con aparencia corporal semellante a unha pomba e veu unha voz do ceo:
«Ti es o meu Fillo, o amado; en ti comprázome».

REFLEXIÓN
Onte,  festa do Bautismo do Señor, concluíu o Tempo de Nadal, coa manifestación de Xesús como o Fillo amado de Deus que vén darnos a salvación. E iso é o que Xesús nos anima vivir: a esperanza. Porque a vinda do Fillo de Deus, a Encarnación, é un río desbordante de esperanza. Con todo, para os homes e mulleres de hoxe, onde Deus non é evidente, a esperanza é un asunto inquietante. Non é que a xente non teña esperanza. Máis ben, a xente vai depositando pequenas confianzas en cousas, acontecementos, persoas que, desde fóra traian algo do que estrañamos. 

Os cristiáns temos que descubrir que a salvación que vén xenerosa e incondicionalmente de fóra na persoa do Fillo que se fixo Neno non pode quedar nunha mera constatación agradecida. Fai falta convencerse de que o Fillo encarnado e bautizado veu para que nós fagamos o mesmo ca el. Se Deus se fixo home quere dicir que somos esperanza. Se os homes de hoxe devecen por algo que lles diga que todo pode ir mellor, nós somos ese algo porque temos esperanza.
Debemos ser esperanza para aqueles que son os máis pequenos do Reino, os que están sós, os indefensos, persoas carentes de diñeiro e de vínculos familiares. Esperanza de cambio, transformados polo Evanxeo que se fai presente en todos nós; por iso cómpre alimentarnos das palabras de Xesús que son «espírito e vida». Se vivimos desde o Espírito de Xesús, atoparemos camiños novosde esperanza.



MARTES 15 XANEIRO 2019. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Xesús tivo un soño, o de facer un mundo novo: O Reino de Deus, chamábao El. Por ese Reino fíxose home, por ese Reino viviu e deu a vida. Moitas persoas ao longo da historia fixeron seu ese soño e fixeron crecer a sociedade, o mundo e o Reino de Deus.

Martin  Luther King deixounos un soño que se converteu en reto e que aos poucos se vai facendo realidade na nosa sociedade: Soñaba que a ninguén se lle discriminaría nin escravizaría por ser negro. Que brancos e negros sentarían na mesma mesa a comer, no mesmo barrio a vivir, na mesma casa a convivir...

Clara Campoamor soñou que as mulleres españolas poderían votar e exercer o seu dereito de elixir un goberno e ter un peso específico na sociedade.

 Rigoberta  Menchú loita por defender os dereitos dos indíxenas guatemaltecos e soña con que un día non dependa de onde nazas nin que raza teñas para poder vivir tranquila e poder ser unha muller con dereitos.

 Iqbal  Masih soñou que os nenos do seu país (Paquistán) non terían que ser vendidos ás fábricas de alfombras como o foi el con 4 anos por parte do seu pai. Morreu defendendo os seus dereitos en 1995.

Pensa en silencio: Crees que paga a pena ter estes soños? Xesús tocou as súas vidas e puxo no seu corazón a esperanza dun mundo mellor polo que merecía a pena arriscar...
Pon nas mans de Deus as vidas de tantas persoas que aínda hoxe arriscan a súa vida por conseguir o soño de Deus...

COLOR ESPERANZA




MÉRCORES 16 XANEIRO 2019. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

Seguimos soñando e hoxe ímolo a facer a través dunha canción... Formamos parte desta historia e todo o que fagamos ten unha gran importancia... A canción fálanos de tres operacións
matemáticas e unha tarefa de lingua:

SUMAR
RESTAR
MULTIPLICAR POR CERO
APRENDER A LER

Fíxate ben e tenta pensar que tes que sumar, restar, multiplicar por cero ou ler na túa vida:



NOSOPAI

XOVES 17 XANEIRO 2019. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

ENTRA EN TI MESMO
Pasas horas en limpar o coche.
Non escatimas tempo para escoller a túa roupa.
Non te pos nervioso na barbería.
Por que dedicas tan pouco tempo
ao "coidado" do teu corazón?
Se vives "para a galería",
se unicamente te interesas
polas aparencias, pola compostura,
pola reputación,
entón a túa felicidade
está supeditada a unha balanza de azares externos;
entón hoxe es feliz e mañá desgraciado;
hoxe estás de bo humor e mañá deprimido.
Entra en ti mesmo, traballa "cara adentro",
no máis profundo do teu corazón.
Alí habitan os sentimentos e os desexos
que te turban ou te alegran inmensamente.
( Phil  Bosmans)

PREGUNTAS PARA A REFLEXIÓN EN SILENCIO

MIRAS MOITO CARA AO TEU INTERIOR?
En moitas ocasións non queremos mirar cara ao noso interior porque tememos atoparnos cara a cara cun mesmo, decepcionarnos e atopar ese alguén que realmente somos e que a xente non coñece...

QUE TEMES?

CRES QUE TE COÑECES BEN A TI MESMO/A?

Oración: Ave María



VENRES 18 XANEIRO 2019. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A tentación de sucumbir ao fácil, ao que non esixe, de tirar a toalla…, en definitiva, a tentación de renderse é algo que sempre nos rolda, especialmente cando a escuridade da noite interior que acompaña a todos os seres humanos faise máis densa pola dificultade da vida. Non te rendas, esta poesía/oración,  convídanos a non caer…  Así afrontamos de novo o día cada mañá, así afrontamos  o comezo do ano… Non te rendas!

Non te rendas
Non te rendas, aínda estás a tempo 
de alcanzar e comezar de novo,
aceptar as túas sombras, enterrar os teus medos,
liberar o lastre, retomar o voo.
Non te rendas, que a vida é iso,
continuar a viaxe,
perseguir os teus soños,
 destrabar o tempo e destapar o ceo.

Non te rendas; por favor, non cedas,
aínda que o frío queime,
aínda que o medo morda,
aínda que o Sol se esconda e cale o vento,
aínda hai lume na túa alma,
aínda hai vida nos teus soños,
porque a vida é túa e teu tamén o desexo.

Porque existe  o amor, porque non hai feridas que non cure o tempo,
abrir as portas, quitar os ferrollos,
abandonar as murallas que te protexeron.

Vivir a vida e aceptar o reto,
recuperar o riso, ensaiar o canto,
baixar a garda e estender as mans,
despregar as ás e tentar de novo,
celebrar a vida e retomar os ceos.

Non te rendas; por favor, non cedas, 
aínda que o frío queime,
aínda que o medo morda,
aínda que o Sol se poña e cale o vento,
aínda hai lume na túa alma,
aínda hai vida nos teus soños,
porque cada día é un comezo,
porque esta é a hora e o mellor momento,
porque non estás só/ soa,
porque eu te quero.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog