LUNS 28 XANEIRO
2019. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
A SEMANA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Comezamos a Semana da Paz e a Non Violencia
que celebraremos o mércores.
Son días para lembrar o importante que é
construír entre todos a PAZ, buscar máis o que nos une que o que nos separa. A
paz é moi contaxiosa, capaz de unir os corazóns separados e enfrontados NUN SÓ
CORAZÓN, para transformar o noso mundo dividido NUNHA SOA FAMILIA onde todos
sexamos irmáns.
Imos fixarnos nunha breve pasaxe do Evanxeo
onde Xesús ten que facer fronte á violencia. Lémolo no evanxeo de Mateo.
"Pedro achegouse entón e díxolle:
-Señor, cantas veces teño que perdoar as
ofensas que me faga o meu irmán? Ata sete veces?
Respóndelle Xesús:
-Non che digo ata sete veces, senón ata setenta
veces sete”.
Na época de Xesús, como na nosa, había
frases feitas que todos entendían. Cando alguén falaba de perdoar sete veces
era como dicir perdoar moitísimo; así que perdoar setenta veces sete era o
mesmo que dicir que había que perdoar sempre.
A todos nos custa moito perdoar, pero é
case imposible renunciar á violencia sen empezar por perdoar.
A quen teño que pedir perdón? A quen teño
que perdoar? Que debería facer eu para traballar pola paz na miña clase? Na
miña familia? No mundo?
Pidamos a Xesús que nos axude nesta tarefa
de construír entre todos a paz.
NOSOPAI
Xesús comeza a súa misión no medio do noso mundo no que a esperanza, a liberdade, a saúde comezan a ser o característico da súa mensaxe. Nós estamos chamados tamén a ser mensaxeiros do seu Reino.
MARTES 29 XANEIRO 2019. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Mañá celebramos no colexio o día Escolar da Paz e a Non Violencia.
Declaración de Principios desta Xornada da Non-violencia e a Paz.
1- Creo que o amor é mellor que o odio e a paz mellor que a guerra.
2- Comprométome a ser amigo de todos. A non pensar mal das persoas e a fixarme en todo o bo que nos une antes que no que nos separa.
3- Comprométome a axudar a todos os que me necesiten, a perdoar aos que me ofendan, e a pedir perdón cando eu ofenda a alguén.
4- Farei todo o posible para que todos vivamos como UNHA GRAN FAMILIA, A VICENCIANA, CUN SÓ CORAZÓN, para que remate a violencia, a guerra, e consigamos a paz.
O noso centro educativo manifesta a súa aposta incondicional pola paz e en contra de calquera acción que implique violencia entre os seres humanos.
Os valores que promovemos son os que anuncia o Evanxeo, plenamente humanos: a vida, o amor, a liberdade, a xustiza e a paz.
Por principio, rexeitamos calquera actitude ou conduta que implique a perda deses valores fundamentais que nos fan humanos. As guerras entre irmáns nunca poden estar xustificadas; pero tampouco os insultos entre nós, as ameazas, os enfrontamentos entre grupos, as vinganzas, a discriminación…
XESTO: Un ou dous alumnos/ as de cada clase escriben unha frase/mensaxe/compromiso/oración de paz no interior da pomba do corredor da ESO (pode ser en diferentes idiomas)
MÉRCORES 30 FEBREIRO 2019. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Paulo recórdanos unha cousa fundamental que nos transmitiu Xesús: a paz e a unidade. Como todo o realmente importante na vida, non podemos conseguilas nós sós co noso esforzo. Debemos esforzarnos, claro, pero non podemos conseguilo sós.
Necesitamos rezar porque necesitamos contar coa presenza de Deus. Quizais esteas a rezar máis do que pensas. Xesús só pide unha cousa: que creas en Él e, entón, serás quen de escoitalo.
Esta semana queremos rezar pola paz e a non violencia, posto que mañá, 30 de xaneiro, celebramos a nivel mundial este día, rememorando a morte de Gandhi.
Sabemos que non pode haber paz se non estamos unidos entre nós.
Pedimos pola unidade de todas as igrexas cristiás, pero tamén pola unidade entre todos nós, aquí no colexio, cos nosos amigos, no noso pobo, o noso país... e entre todos os colexios vicencianos.
ORACIÓN
Señor Xesús,
fai que sexamos os sinais vivos do teu reino que vén.
Acéndenos a paixón pola xustiza e a paz entre todos os pobos.
Énchenos de fe, de esperanza e de amor que están no corazón do Evanxeo
e fainos UN para que o mundo crea.
Que o teu nome sexa santificado en todo o mundo,
que a túa Igrexa poida recoñecerse efectivamente reunida nun único corpo.
Comprometémonos a amarte,
a traballar pola xustiza, a paz e a unidade.
Queremos ser testemuñas túas.
Dános luz e forza para coñecer e vivir a fe e o amor,
para que outros te poidan recoñecer en nós
e que poidamos descubrirte neles. Amén
XOVES 31 FEBREIRO.
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
QUE É O AMOR?
Se necesitas a unha persoa para ser feliz, iso non é amor... É carencia.
Se tes celos, inseguridades e fas calquera cousa para manter a esa persoa ao teu lado, aínda sabendo que non es correspondido, iso non é amor... É falta de amor propio.
Se cres que a túa vida queda baleira sen esa persoa; e non consegues imaxinarte só, mantendo unha relación que se acabou, iso non é amor... É dependencia.
Se pensas que ese ser amado che pertence; sénteste dono e señor da súa vida e non lle dás a oportunidade de expresarse, de decidirse, iso non é amor... É posesión e egoísmo.
Se non o desexas; e con todo queres estar ao seu lado, iso non é amor... É amizade.
Se o teu corazón latexa máis forte; e a túa temperatura sobe e baixa vertixinosamente, só en pensar na outra persoa, iso non é amor... É paixón.
O amor é:
Paciente e servicial,
non ten envexa
nin busca a súa propia interese;
esquece as ofensas e perdoa,
non se alegra de algo inxusto,
sempre lle agrada a verdade.
O amor descúlpao todo,
todo o cre e todo o espera,
todo o soporta, pois o amor nunca pasará. Amén
NOSOPAI
NOSOPAI
VENRES 3 FEBREIRO.
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN
Escoitamos e mesmo dicimos moitas veces que
co Papa Francisco a Igrexa está a vivir unha nova primavera eclesial despois
dunha “longa noite de pedra”. Unha primavera na que recupera o diálogo co mundo
que inaugurara o Concilio Vaticano II desde dúas categorías: compromiso e
solidariedade.
Na liña marcada por Francisco, a oración de
hoxe quere ser unha invitación a que abramos portas de diálogo e entendemento;
portas de búsqueda do ben da persoa; portas de misericordia que poñan á persoa
no centro. Só así poderemos dicir que hoxe tamén se cumpre esta Palabra,
Palabra de vida, de esperanza, de alento, de compromiso, de compaña... de amor.
ORACIÓN (dous coros)
Fainos, Señor, instrumentos da túa Paz.
Que onde haxa odio, levemos amor.
Onde haxa agravio, levemos perdón.
Onde haxa dúbida, poñamos fe.
Onde haxa desesperación, poñamos esperanza.
Onde haxa tebras, levemos a luz.
E onde haxa tristeza, levemos a alegría.
Que non se me
afaga o corazón, Señor,
a ver persoas
sufrindo en situacións inxustas.
Que non vexa
normal tropezar todos os días
con homes e
mulleres desprazados, sen casa, sen teito.
Que me sorprenda
cada día deste mundo que montamos
no que uns
temos de todo e a outros fáltalles todo.
Que non se me
afaga o corazón
á mirada
triste e perdida,
ao xesto caído
e desanimado,
á palabra soez
ou burlona,
ás poucas
ganas de vivir,
a calquera
deterioro do irmán.
Que non se me
afaga o corazón, Señor,
a ver como
normal ao refuxiado
que cruza o
mar para buscar un futuro,
ao que quedou
sen familia, sen traballo, sen teito
e mañá non
atopará saída para o seu problema.
Pon tenrura,
Señor, no meu mirar;
pon agarimo na
miña man que saúda;
pon
misericordia na miña mente que fai xuízos;
pon sabedoría
na miña linguaxe;
pon escoita
nos meus oídos abertos. Amén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario