viernes, 24 de octubre de 2014

ORACIÓNS SEMANA 27 - 30 OUTUBRO

LUNS 27 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
O importante, o fundamental é manter sempre o respecto e a defensa da persoa. Porque é ela, e só ela, a que posúe a dignidade que comparte con Deus. Por iso é necesario respectala, comparta ou non o noso xeito de pensar, rece a un Deus diferente, ao noso ou teña unha escala de valores que non compartimos. E iso é así porque a dignidade non nola dá ningunha constitución nin ningún acordo internacional asinado por países, senón que a dignidade vén con nós. Nace cando nacemos nós e acompáñanos ao longo da nosa vida.

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
            Naquel tempo,  ao se decataren os fariseos de que Xesús lles tapara a boca aos saduceos, reuníronse onda el, e un deles, doutor da lei, preguntoulle para poñelo a proba:
            Mestre, cal é na Lei o gran mandamento?
            El respondeulle:
-      Amarás o Señor, teu Deus, con todo o teu corazón e con toda a túa alma e con todo o teu entendemento; este é o mandamen­to grande e primeiro. O segundo é semellante a el: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo. Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mais os profetas.

                        Palabra do Señor                                 R/. Loámoste, Cristo

CRER  NO  AMOR
            A afirmación de Xesús é clara. O amor é todo. O decisivo na vida é amar. Aí está o fundamento de todo. O primeiro é vivir ante Deus e ante os demais nunha actitud de amor. Do amor arranca todo o demais.
            Amar o Señor, o noso Deus, con todo o corazón é recoñecer a Deus como Fonte última da nosa existencia e responder con fe incondicional ao seu amor universal de Pai de todos.
            Pero non é posible amar a Deus e vivir de costas aos seus fillos e fillas. Unha relixión que predica o amor a Deus e se esquece dos que sofren é unha gran mentira.         A única postura realmente humana ante calquera persoa que encontramos no noso camiño é amala e buscar o seu ben como quixermos para nós mesmos.
            Hoxe o primeiro problema no mundo é a falta de amor, que vai deshumanizando, un tras outro, os esfuerzos e as loitas por construír unha convivencia  máis humana.
            Os seguidores de Xesús non temos de esquecer a nosa responsabilidade. O mundo necesita testemuñas que axuden a crer no amor pois non hai un futuro esperanzador para o ser humano se remata por perder a fe no amor.




MARTES 28 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
NENOS DA RÚA (I)

Bo día!
De acordo con fontes das Nacións Unidas, actualmente existen no mundo ata 150 millóns de nenos da rúa. Desprazados das súas casas pola violencia, o abuso de drogas e alcohol, a morte do pai ou a nai, crises familiares, guerras, desastres naturais ou simplemente polo colapso socioeconómico; moitos nenos indixentes son forzados a gañarse a vida nas rúas.

Existen diferentes categorías de nenos da rúa. Existen aqueles que traballan nas rúas como o seu único medio para obter diñeiro, aqueles que se refuxian nas rúas durante o día pero que á noite regresan a algunha forma de familia e aqueles que viven permanentemente na rúa sen ningunha rede familiar. Todos se encontran en risco de sufrir abuso, explotación e violencia; pero os máis vulnerables son aqueles que realmente dormen e viven nas rúas, ocultándose baixo pontes, en sumidoiros, en estacións ferroviarias. Aínda que é probable que posúan pequenos empregos como limpar zapatos ou a venda en mercados para sobrevivir, moitos rematan morrendo na rúa, vítimas das drogas, a rivalidade entre cuadrillas e as enfermidades. Sen algunha forma de educación básica e posibilidade económica, o futuro é sombrío para estes nenos da rúa e a súa expectativa de vida é terriblemente baixa.

EVANXEO
Estes preguntarán tamén: «Señor, cando te vimos famento ou sedento, nu ou forasteiro, enfermo ou encarcerado, e non te axudamos?» (Mt 25,44)

ORACIÓN (XUNTOS):
Do Señor é a terra e todo o que hai nela.
Pero a guerra non é do Señor.
Do Señor é a terra e todo o que a enche.
Pero a fame non é do Señor.
Do Señor son o mar, os ríos, as selvas, as montañas
Pero a degradación do mar, dos ríos, das selvas e das montañas non poden ser do Señor.
Do Señor son a vida, a beleza, o aire puro, a luz.
A fealdade, a destrución, o caos non son do Señor.
Do Señor é o home; nunca o desprezo do home
Nunca, nunca o sangue derramado do home.




MÉRCORES 29 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
Nenos da rúa (II)

Hai tempo escoitei unha conto que hoxe quero compartir… Parece para nenos, pero realmente, pode non ser un conto.
...O neno, non aparentaba máis de sete anos, deambulaba pola noite da cidade. Vestía un pantalón moi manchado, demasiado grande para el, atado ao van cun fío. O seu calzado estaba descosido e permitía ver os sucios dedos dos seus pés.
Era inverno e a xente ataviada con roupa de abrigo apuraba o paso para chegar a destino. O neno, fisicamente moi pequeno, todo o miraba cara a arriba e preguntábase se sería invisible porque ninguén parecía reparar nel. Sentía fame, pero iso era normal, sempre sentía fame.
Recordaba vagamente á súa nai porque había moito tempo que deixara de vela e a buscaba en cada cara de muller que cruzaba. Pero para o resto do mundo, el era invisible.
Instintivamente camiñou cara a onde estaban os recolledores de lixo. Alí sempre algún vagabundo vello lle deixaba un pouco da súa comida e de día dábanlle algunha moeda por buscarlles vidro e cartón. Ademais, nunca faltaba unha caixa grande na cal gorecerse para durmir.
A dor no peito, intensificárase e a tose tamén, sentíase moi débil. A vida endurecérao pero estalou en choro e deixouse caer boca arriba sobre a herba. Sabía que clamar pola súa nai non o ía axudar. As bágoas deron paso á visión clara e contemplou extasiado o universo poboado de estrelas resplandecentes. Xa non sentía frío nin dor, a tose cesara. Sorriu e deixou de respirar.

EVANXEO
"E todo o que fagades a un destes pequenos, facédesmo a Min" (Mt 25,40)

ORACIÓN:
Señor,
Concédenos ser cada día máis, vivir, vibrar, crecer,
Darnos e dar en tempo e proximidade,
vivir, amar, e ser felices dando.
Concédenos, Señor, a dita de acender cada mañá o lume e a ilusión de ser mellores.
Afasta de nós a inmobilidade e a morte das pedras,
a modorra dos animais fatigados ou tristes.
Concédenos, Señor, parecernos a ti, que vives e amas,
E es plenitude polos séculos dos séculos. Amén



XOVES 30 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...

Os nosos DEFUNTOS

A vida é o mellor agasallo que temos, e paga a pena aproveitala. Ás veces adoitamos dicir: gustaríame ter 18 anos para poder facer isto ou o outro; gustaríame ser maior para poder facer o que me peta;... Queremos ser o que non somos agora, pero iso non é posible. Nós temos que ser o que somos agora, non o que imos ser dentro de non sé cantos anos. Temos que aproveitar a nosa vida. Temos que ser persoas de 13, 14, 15 ou 16 anos, aceptarnos como somos para ir cambiando aos poucos, ata alcanzar a madurez.

Ao falar da vida, non podemos esquecernos da morte. É unha parte da nosa vida, e témola que ter en conta. Este próximo fin de semana celebramos a festa dos nosos santos e defuntos. Eles viviron antes ca nós; pero nós, os cristiáns, cremos que non marcharon para sempre, senón que están connosco, na casa de Deus Pai, na vida prometida por Jesús, e por iso chamámoslles santos. Cremos tamén que a nosa relación non se rompeu, que ao rezar unímonos todos de novo. Cremos que son un exemplo para todos nós, que iluminan a nosa vida, e por iso chamámoslles santos.

Entre eses santos contamos con san  Vicente. Aprendeu que non tiña que facer nada especial para ser santo, que era suficiente con vivir con alegría a vida e os traballos de cada día, axudando aos pobres, para lograr ser santo. Xunto con el temos outros moitos santos, moitos deles están entre nós, vivos, pero tamén hai outros que xa marcharon de entre nós. Pedímoslles a todos a súa axuda, queremos imitar o seu exemplo de vida, rezamos con eles para vivir a vida con alegría, porque a vida merece a pena ser vivida.

REFLEXIÓN:
Pensemos en como é a nosa vida; vexamos se paga a pena vivila como ata agora, ou si temos motivos para facer algo máis.
Recordamos a todos os nosos amigos e familiares defuntos; acordámonos especialmente do noso compañeiro Antonio: unámonos a eles ao rezar a nosa oración de hoxe.

ORACIÓN (xuntos): 
En vésperas da festa de "todos os Santos"
dirixímonos a ti e acordámonos de todos os homes e mulleres bos que se deixaron querer por ti ao longo da historia.
Grazas, Señor, pola gloria dos santos.
Grazas porque ti es capaz, dende o amor creativo,
de sacar do noso barro raras e preciosas obras de cerámica. Grazas porque os nosos santos viven na túa gloria para sempre.
Dános o teu favor para que saibamos imitar o máis nobre,
o máis xeneroso e desinteresado dos nosos maiores.
Para que saibamos seguir coa túa axuda,
os exemplos de humanidade, de fe e de virtude
dos santos que habitan xa na túa casa.
Pedímoscho pola intercesión de todos os santos. Amén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog