MARTES, 4 de novembro. NO NOME DO PAI....
FESTA DE TODOS OS SANTOS
O sábado
pasado (1 de novembro) celebramos o "Día de Todos os Santos". Hoxe en
día falar de santidade resulta pouco menos que chocante para a sensibilidade
moderna, tan ocupada en "asuntos máis importantes". Aos santos
adoitámolos asociar con persoas moi antigas que vivían noutra época anterior á
nosa.
Esta
festividade é un día para recordar eses santos recoñecidos (e que adoitamos ver
en estatuas) pero tamén todos aqueles que pasaron por este mundo facendo o ben
e seguindo o exemplo de Xesús. Seguro que se o pensas coñeciches algún santo e
que tiveches a posibilidade de compartir bos momentos ao seu lado.
Destas
persoas oímos expresións como "era unha boa persoa", "sempre
estaba alí cando alguén o necesitaba", "era unha persoa
extraordinaria",…
E é que
rodearse destas persoas ou coñecer santos e as súas vidas paga a pena. É
posible que se nos achegásemos e lésemos a vida dalgún santo, primeiro, sorprenderíanos
e segundo, seguro que encontramos un apoio e un estímulo nos problemas do noso
día a día.
Durante
esta semana farémonos eco na oración da mañá de como seguen presentes na nosa
vida: no pasado, no presente e no futuro.
REFLEXIÓN:
Teñamos un
recordo especial por aqueles familiares e amigos que xa gozan da santidade ao
lado do noso Pai Deus no ceo e pidámoslle que nos axuden no noso camiño na vida
seguindo a Xesús.
EVANXEO:
Xesús díxolle: Eu son a Resurrección e a Vida. O que cree en min, aínda que
morra, vivirá" (Jn 11, 25)
Ave María
MÉRCORES, 5 de novembro. NO NOME DO PAI….
SANTOS DOS NOSOS DÍAS
Hai santos de hoxe? Entre nós? Ou é algo do pasado? Podemos falar de moitas celebridades recentes na historia que foron recoñecidos como santos: Teresa de Calcuta, Juan XXIII, Juan Pablo II … E tamén santos vicencianos, Vicente de Paúl, Luisa de Marillac, Juan Gabriel Perboyre, Catalina Labouré….
Pero non é necesario irnos ao pasado para descubrir persoas santas. Hoxe hai moitas persoas a nosos arredor que están a percorrer o camiño cara á santidade. Sen chamar a atención. Hai moita xente boa que vive para facer o ben aos demais!
Son persoas reais como a veciña, que dedica unha hora cada tarde aos rapaces que non teñen un lugar na casa para facer os deberes, ou eses amigos que colaboran co programa de Cáritas para axudar a aqueles sen fogar do barrio, ou tantos outros.... Non cres que podemos consideralos santos?
Todos estamos chamados a ser santos. O importante é escoitar a chamada que che fai Deus e dar unha resposta.
A santidade consiste en intentar estar sempre alegre, sendo feliz en cada momento da nosa vida: estudando, xogando, colaborando na casa, axudando á xente que ten máis dificultades, respectando, perdonando,… Nisto consiste en chegar a ser santo e polo tanto, totalmente feliz.
Pensa nun momento no que acabamos de ler. Seguro que hai un modo de ser santo que se adapta á túa situación persoal.
A santidade non é un privilexio para algúns, senón unha obriga para todos, para vostede e para min. (Santa Madre Teresa de Calcuta)
ORACIÓN:
Señor;
Unha palabra só: grazas!
Moitas grazas por ti,
porque este mundo doe de puro fermoso,
E polo teu amor que o creou.
Grazas pola pegada de ti en nós.
Grazas pola vida.
Grazas pola bondade e a beleza.
Mil grazas polo home.
Grazas por nós, porque o teu amor nos xunta
Grazas, Señor.
XOVES, 5 de novembro. NO NOME DO PAI....
Santos de Mañá
TODOS CHAMADOS Á SANTIDADE
Chámavos a atención isto de "Todos chamados á santidade"? Realmente podemos chegar a ser santos? En que consiste realmente?
A santidade é un desafío que podemos aceptar. Trátase dun camiño por percorrer. Ser santos non é algo doado. Nunca o foi. Pero tampouco se trata de algo imposible, e ademais contando coa compañía de Xesús.
O santo do noso tempo non destaca por unha forma de existencia extraordinaria, rechamante e fóra do común, senón que é aquel que vive con tal intensidade, que fai dela un acto de alegría e felicidade constante, así como un testemuño do amor de Cristo no medio do mundo.
O santo do noso tempo descobre neste mundo un ámbito de realización persoal querido por Deus. A súa presenza e compromiso no medio do mundo configuran tanto a súa identidade persoal coma a súa propia realización e felicidade. Esta presenza tradúcese nunha acción que transforma o mundo por medio do amor, acción que xermola dun compromiso profundo e que se manifesta no silencio das actividades de cada día.
REFLEXIÓN:
Ser santo é vivir a vida con intensidade, con profundidade, con sentido; e facela vivir así á xente que nos rodea convertendo a nosa realidade e o mundo en algo mellor.
A santidade é accesible a todos e é o camiño mellor de todos que hai que percorrer.
Oración:
Son moitos os benaventurados
que nunca fixeron falar deles
nin deixaron de si ningunha unha imaxe...
Aqueles dos que non se di nada,
os benaventurados da clase humilde,
os que non fixeron milagres.
Os que non deixaron máis pegada
que un anaquiño de terra ou un berce...
Son moitos, a xente sen importancia,
os benaventurados do cada día
que nunca entrarán na historia.
Os seus nomes están en moitas pedras,
e ás veces nas nosas pregarias...
Pero eles están no corazón de Deus. AMÉN
VENRES, 6 de novembro. NO NOME DO PAI....
SANTIDADE NOS PEQUENOS DETALLES
Para rematar a semana recordámosvos esta pequena historia que fala da importancia dos detalles e como ás veces xulgamos a xente antes de coñecela. O relato di así:
Encontrábase unha familia de cinco persoas pasando o día na praia. Os nenos estaban a facer castelos de area xunto á auga cando, ao lonxe, apareceu unha anciá, cos seus canos cabelos ao vento e os seus vestidos sucios e farrapeiros, que dicía algo entre dentes mentres recollía cousas do chan e as introducía nunha bolsa.
Os pais chamaron xunto a si os nenos e dixéronlles que non se achegasen á anciá. Cando esta pasou xunto a eles, inclinándose unha e outra vez para recoller cousas do chan, dirixiu un sorriso á familia. Pero non lle devolveron o saúdo.
Moitas semanas máis tarde souberon que a anciá levaba toda a súa vida limpando a praia de cristais para que os nenos non ferisen os seus pés.
REFLEXIÓN:
Ser santo é vivir a vida con intensidade, con profundidade, con sentido; e facela vivir así a xente que nos rodea convertendo a nosa realidade e o mundo en algo mellor.
ORACIÓN:
Señor,
Contigo comezamos un novo día.
Ti vés connosco e o teu amor asístenos.
Nunca dende as nubes nin dende arriba.
Pois, cando camiñamos, connosco camiñas.
Ao noso traballo o ombro arrimas
e fas co teu labor o noso labor máis fino.
Ven. Axúdanos hoxe coa túa presenza amiga
a servir e a axudar a quen o necesita
e a facer dende o amor un mundo mellor. AMÉN
No hay comentarios:
Publicar un comentario