LUNS 20 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
Qué difícil nos resulta moitas veces ser agradecidos e
recoñecer que os demais teñen feito cousas por nós!. Cómo nos poden o orgullo,
a autosuficiencia ou a soberbia!. Porén, a mensaxe que Deus nos presenta para
seguir e vivir é sempre a mesma: sede agradecid@s, non deixedes de tender a
man, abride horizontes de fraternidade, non deixedes que nada nin ninguén vos
roube a esperanza
Permitamos que a palabra que vai ser proclamada resoe
nos nosos corazóns. Só deste xeito poderemos aclamar a gloria de Deus no
pequeno e sinxelo, no sorriso compartido, no tempo agradecido ao servizo dos
demais!, como fan tantas e tantas misioneiros, cuxa tarefa tivemos presente dun
xeito especial na Xornada Mundial das Misións, o DOMUND, unha xornada na que a
Igrexa, cada un e cada unha de nós, tomamos conciencia da universalidade da
nosa tarefa evanxelizadora, porque evanxelizar é transmitir alí onde nos
atopamos coas nosas palabras, cos nosos xestos, coas nosas obras… en resumo,
coa nosa vida, unha nova sinxela, unha nova cercana, unha nova que é alegría:
Deus quérenos, ocúpase e preocúpase por nós.
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO
MATEO
Naquel
tempo, os fariseos fóronse reunir para veren o xeito de sorprender a Xesús
nalgún dito. Así é que lle mandaron algúns discípulos deles con algúns
partidarios de Herodes, que lle preguntaron:
‑
Mestre, sabemos que es sincero, que de verdade ensinas o camiño de Deus e que
non andas con miramentos, pois non reparas na aparencia das persoas. Dinos,
logo, que che parece: Está permitido pagarlle o tributo ao Cesar ou non?
Xesús,
que lles coñeceu a malicia, contestoulles:
‑
Por que me queredes comprometer, hipócritas? Mostrádeme a moeda do tributo.
Eles
presentáronlle un denario. E el preguntoulles:
‑
De quen é esta imaxe e mais a inscrición?
Contestáronlle:
‑
Do César.
Entón
replicoulles:
‑
Pois logo dádelle ao César o que é do
César, e a Deus o que é de Deus.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
NOSOPAI
MARTES 21 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
Como foi a xornada do DOMUND? Fomos capaces de colaborar ou pasou sen máis? Hoxe propoñémosvos facer algo diferente na vosa clase. Por iso, ímonos fixar nun anuncio da tele que supoño que teredes visto: nel hai un rapaz ao que lle gusta unha rapaza de clase e para que ela se poida fixar nel decide ser unha boa persoa e mellorar.
Para mellorar un mesmo necesitamos dos demais. Na medida que ti te ofreces e creces, os demais tamén van medrando; ademais non necesitas facer grandes cousas, cos pequenos detalles vale.
Pode ser que na túa clase haxa compañeiros ou compañeiras que entendan mellor as mates ou a lingua ou o inglés: estes teñen a capacidade de axudar aos demais, precisamente a aqueles ou a aquelas que presentan máis dificultades nalgunha materia.
Axudándovos uns con outros, todos saiades gañando.
Evanxeo:
E dixo Xesús: Así pois, calquera que sexa humilde como este neno, ese é o maior no reino dos ceos. E quen reciba un neno como este no meu nome, a min me recibe.
Ave María
MÉRCORES 22 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
Os "SEN FOGAR"
Cada vez estamos máis afeitos a ver xente que pide esmola pola rúa, ás portas da Igrexa ou nas estacións... Algunhas veces os vemos tombados nos caixeiros automáticos ou entre cartóns. Cantas veces nos paramos a pensar cal é a súa historia? Ou por que chegaron a esa situación?
Sabemos que é unha triste situación e que se estende cada vez máis provocado pola crise económica. Esta realidade dáse frecuentemente nas grandes cidades e en sectores que teñen menos posibilidades de sobrevivir.
Ninguén vive e dorme na rúa porque quere, é o final dun desagradable camiño no que fallan moitos ámbitos: a familia, o traballo… e, sobre todo, pola imposibilidade de poder afrontar os pagamentos básicos. Todos estes factores provocan que cada vez máis vexamos xente con necesidades básicas.
Segundo Cáritas Española xa se estima que son unhas 40.000 persoas que se consideran Sen Fogar e un millón e medio de familias que viven en infravivendas, sen servizos mínimos (auga, luz...) e ventilación axeitada.
A maioría das persoas que vive na rúa ou fai uso dos comedores sociais ou albergues é, na actualidade, o 54,2%. O número de persoas sen fogar aumentou nos últimos tres anos, nos que case a metade dos afectados perdeu a súa vivenda ao quedar sen traballo. Tamén aumentou a cifra de persoas que acumulan xa moitos anos sen ter un fogar.
Ata aquí os datos, e agora que? Que se pode facer? Ao mellor pensas que non podes facer nada, pero en cambio cada un pode achegar o seu pequeno gran de area. Un exemplo propoñémosvolo no vídeo, pero cada un acorde á súa idade pode facer algo: mostrando respecto por esas persoas, non mirándoas dun modo indiferente....
Evanxeo:
"A multitude dos crentes tiña un só corazón e unha soa alma. Ninguén consideraba os seus bens como propios, senón que todo o tiñan eles en común...
Non había entre eles ningún necesitado, pois todos os que posuían campos ou casas os vendían, traían o importe das vendas, e poñíano ao pé dos apóstolos, e repartíase a cada un segundo a súa necesidade. "
Ave María
XOVES 23 OUTUBRO. NO NOME DO PAI...
AO ENCONTRO DA FELICIDADE
Algún se fixou onte nos homes que aparecían se estaban tristes? Viamos que sufrían pero a pesar diso non perdían o sorriso e por iso nos xorde a pregunta... Nós somos felices? Cantas veces nos fixemos esta pregunta ou nola fixeron? O noso tempo divídese en aprender e divertirnos, na casa, no colexio e cos nosos amigos. A preocupación pola felicidade parece cousa de maiores pero nós podemos contribuír a ela con algúns detalles.
Existen persoas e momentos felices que nos fan sentirnos así. Dicimos que estamos felices ante un feito puntual que nos produce satisfacción e somos felices por unha situación que cremos duradeira no tempo. A planificación dunha viaxe, unha boa nota ou un bo resultado nunha competición deportiva prodúcennos esa sensación, pero tamén nos sentimos así cando algo bo lle pasa a alguén que queremos e alegrámonos por iso.
A verdadeira felicidade é unha sensación de plenitude, de paz e serenidade interior que nos permite gozar da vida.
Pero, agora, vén a pregunta que sempre nos facemos: Onde está ou onde encontramos a verdadeira felicidade? Cada un ten que ir descubrindo onde a encontra pero unha cousa é segura, na medida que imos poñendo a nosa felicidade en cousas materiais, esas van pasando e esa felicidade vai decaendo. Non sei se te fixaches algunha vez, pero, estiveches preto dalgunha persoa pobre? Ou fixácheste nos mozos que aparecen cando se fala de África? Se te fixas ves que nas súas caras non hai unha engurra de tristur,a senón máis ben aparece un sorriso. Os seus rostros transmiten certa serenidade.
Tede claro que as respostas na vida para ser felices só as temos nós. Decisión, vontade e actitude son as que nos teñen que levar a escoller ser feliz, e que ao noso arredor hai moitas notas de felicidade: un abrazo, un sorriso, un bico, un encontro, un paseo, unha posta de sol, ser solidario, ....
Invítovos a que durante o día teñamos un detalle de felicidade cos demais.
Evanxeo:
"Se gardades os meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu teño gardado os mandamentos do meu pai, e permanezo no seu amor. Díxenvos isto para que a miña felicidade estea en vós, e o voso gozo sexa enchido. Este é o meu mandamento: que vos amedes os uns aos outros como eu vos amei. "
AVE MARIA
AVE MARIA
VENRES 24 OUTUBRO. NO NOME DO PAI
NACIÓNS UNIDAS
Hoxe recórdase dun modo especial ás Nacións Unidas.
Seguramente todos coñezamos a Shakira, Angelina Jolie, Fernando Alonso, Pau Gasol, Imanol Arias, Ronaldo... E así ata 300 personalidades que exercen como embaixadores de Boa Vontade para as Nacións Unidas. Son persoas que proceden de ámbitos moi diversos: deportes, comunicación, cultura... Pero todos eles teñen en común que son solidarios cos que máis o necesitan.
Os embaixadores da ONU son elixidos por un ano, aínda que poden renovar, e non cobran polo seu labor. Dedícanse a difundir os valores de Nacións Unidas, o respecto aos Dereitos Humanos e a solidariedade cos que son máis vulnerables.
Deste xeito, a ONU quere facer visible aos invisibles, é dicir, intentan que todo o mundo poida coñecer a realidade doutros países que están nunha situación de gran pobreza. Para que sexamos conscientes dalgúns dos labores que fai a ONU deixámosvos algúns datos
- cada día reparte alimentos a 90 millóns de persoas en 73 países diferentes
- Vacinan o 58% dos nenos
- Asisten a 36 millóns de persoas refuxiadas que foxen das guerras, a fame ou desastres naturais.
- Manteñen a paz con 120.000 cascos azuis en 16 operacións en 4 continentes.
- Protexen e promoven os dereitos humanos a través de 30 tratados internacionais.
- Mobilizan 12.000 millóns de euros para a asistencia de emerxencia.
Ás veces sentimos que o que facemos é só unha gota no mar; pero o mar sería menos se lle faltase unha gota (Nai Teresa de Calcuta)
Ave María
No hay comentarios:
Publicar un comentario