sábado, 11 de octubre de 2014

ORACIÓNS SEMANA 13 - 17 OUTUBRO SEMANA DO DOMUND


LUNS 13 OUTUBRO. NO NOME DO PAI

Segundo Xesús, Deus está a preparar un banquete final para todos os seus fillos pois a todos os quere ver sentados, xunto a el, gozando para sempre dunha vida plenamente ditosa.

Satisfeitos co noso benestar, xordos ao que non sexa os nosos intereses inmediatos, parécenos que xa non necesitamos de Deus

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

            Naquel tempo, Xesús púxose de novo a falarlles en parábolas  aos sumos sacerdotes e  aos anciáns do pobo:
            Parécese o Reino dos Ceos a un rei que celebrou o casamento de seu fillo. Mandou os seus criados ir chamar polos convidados á voda, pero estes non querían ir.
            Volveu mandar outros criados, encargándolles: "Dicídelles aos convidados: Mirade que teño preparado o banquete, xa están mortos os becerros e mais os demais animais cebados; todo está disposto: vide á voda!"
            Pero eles, sen lles faceren caso, fóronse: un ás súas leiras, outro aos seus negocios. Os demais botáronse aos criados, maltratáronos e matáronos.
            Entón o rei, todo indignado, mandou os seus exércitos, que acabaron cos asasinos aqueles e prendéronlle lume á cidade. E díxolles aos criados: "A voda está preparada, pero os convidados non a merecían. Así que ide ás encrucilladas dos camiños; e a cantos atopedes, convidádeos á voda".
            Saíron aos camiños os criados e xuntaron a todos os que atoparon, bos e malos, enchéndose de convidados a sala da voda.

                        Palabra do Señor                     R/. Loámoste, Cristo

Xesús era realista. Sabía que o convite de Deus pode ser rexeitado. Na parábola de "os invitados á voda" fálase de diversas reaccións dos convidados. Uns rexeitan o convite de xeito consciente e rotundo: "non" quixeron "ir. Outros responden con absoluta indiferenza: "non" fixeron "caso". Impórtanlles máis as súas terras e negocios.

Pero, segundo a parábola, Deus non se desalenta. Por riba de todo, haberá unha festa final. Por iso, hai que ir a "os cruzamentos dos camiños", por onde camiñan tantas xentes errantes, que viven sen esperanza e sen futuro.


MARTES 14 OUTUBRO. NO NOME DO PAI.

A NOSA SOCIEDADE, NON PENSAS CAMBIALA?
Bo día.Como foi ese fin de semana? Supoño que foron moitas as cousas que pensaches e fixeches. Ben, nós neste comezo de semana queremos que penses o que pode implicarnos; por iso queremos analizar situacións que pasan a noso arredor e ver que resposta hai... por parte da sociedade, dos que están contigo e mesmo túa.
Para empezar ofrecémosche esta reflexión. Coméntase que vivimos nunha sociedade na que ter un ídolo, algo que seguir é coma se non tiveses personalidade; na cal ducias de adolescentes, son rexeitados ou sofren algún tipo de marxinación, ou reciben a todas as horas insultos dos seus "compañeiros". Estamos presentes onde o diferente a nós mesmos se vive como algo raro, e onde os nosos maiores xa non obteñen respecto ningún por parte dos mozos.
A nosa sociedade, marxina ao diferente, é dicir, se non vistes de tal xeito, non pensas de tal xeito ou non falas de tal xeito, pasan de ti e déixante de lado. Nesta sociedade non podes ser ti mesmo, porque serás xulgado; Recórdaseche máis polos erros que cometiches que polos logros conseguidos. É esa nosa sociedade, na que nos teñen controlados, porque, parece que temos medo a desentoar e nos deixamos influír polo que os demais pensan de nós.
E ante esta realidade, nós… Que podemos facer?

Evanxeo
Despois de entrar en Xericó, atravesaba a cidade. Había un home chamado Zaqueo, que era xefe de publicanos, e rico. Trataba de ver quen era Xesús, pero non podía a causa da xente, porque era de pequena estatura. Adiantouse correndo e subiu a un sicómoro para velo, pois ía pasar por alí. E cando Xesús chegou a aquel sitio, alzando a vista, díxolle: Zaqueo, baixa pronto; porque convén que hoxe quede eu na túa casa. Apresurouse a baixar e recibiuno con alegría. Ao velo, todos murmuraban dicindo: Foi a hospedarse á casa dun home pecador. Zaqueo, posto de pé, dixo ao Señor: Darei, Señor, a metade dos meus bens aos pobres; e se en algo defraudei alguén, devolvereille o cuádruplo. Xesús díxolle: Hoxe chegou a salvación a esta casa, porque tamén este é fillo de Abraham, pois o Fillo do home veu a buscar e salvar o que estaba perdido.
Palabra de Deus




MÉRCORES 15 OUTUBRO. NO NOME DO PAI….

AS ENFERMIDADES NON TEÑEN FRONTEIRAS
Bo día. Imos ir recordando situacións reais que encontramos no noso mundo. Hoxe recordamos unha realidade da que todos os medios de comunicación falan: A enfermidade do Ébola. Esta enfermidade segue vixente nalgúns países, mesmo se están a dar casos no noso país.
Nalgunhas zonas de África como Serra Leoa e Liberia, óense cifras como uns 4269 afectados e uns 2288 mortos. Aínda que os médicos de Médicos sen fronteiras cren que estes números son bastantes máis elevados.
Ante esta realidade xorde unha situación de inseguridade, polo que moitos estudantes quedan nas súas casas e moitos colexios están pechados; as tendas e os negocios están en declive; o que periga que estes países poidan progresar e crean situacións de gran tensión.
Vendo esta situación asáltanos unha pregunta: Que se pode facer? A cuestión é non quedar parado e iso é o que fixeron os misioneirosos de Liberia e de Serra Leoa. Crearon unha serie de accións para que todo o mundo poida estar informado: Actividades nas prazas, realizando espectáculos informativos, axudando ás familias pobres con alimentos e medicamentos, crear un centro onde poidan acoller uns 60 nenos orfos debido á epidemia do Ébola. Deste xeito pretende chegar á xente e buscar en colaboración con todos, unha solución ao problema que lles está a afectar.
Agora vén o segundo paso. Ti coñeces algunha situación na que cres que podes axudar? Cal é a túa actitude?

Evanxeo:
Pedro que andaba percorrendo todos os lugares, baixou tamén a visitar os santos que habitaban en Lida. Encontrou alí un home chamado Eneas, tendido nunha padiola dende había oito anos, pois estaba paralítico. Pedro díxolle:"Eneas, Xesucristo cúrate; levántate e arranxa o teu leito. " E ao instante ergueuse. Todos os habitantes de Lida e Sarón o viron e convertéronse ao Señor.

VIDEO:  (O Ébola é un compañeiro de viaxe máis, como a febre amarela ou o Tifo)


ACORDÁMONOS DOS NECESITADOS
Hoxe e mañá comezamos falando dun día moi especial, o Domund.
O DOMUND é o día en que a Igrexa universal reza polos misioneiros e misioneiras e colabora con eles no seu labor evanxelizador desenvolvido entre os máis pobres.
A Xornada Mundial das Misións, Domund 2014, celebrarase o 19 de outubro co lema "Renace a alegría"
O DOMUND é unha chamada de atención sobre a común responsabilidade de todos os cristiáns na evanxelización e invita a amar e apoiar a causa misioneira. Os misioneiros dan a coñecer a todos a mensaxe de Xesús, especialmente naqueles lugares do mundo onde o Evanxeo está nos seus comezos e a Igrexa aínda non está asentada.
Por que celebramos o DOMUND?
A supervivencia dos Territorios de Misión depende dos donativos. O DOMUND é unha chamada á colaboración económica dos fieis.
Cada ano os misioneiros levan a cabo infinidade de Proxectos Pastorais como a construción de igrexas e capelas; a formación básica e permanente dos responsables da pastoral; o sostemento de comunidades relixiosas; o mantemento dos catequistas misioneiros;
A Igrexa ten un amplo labor social e educativo en todo o mundo: atende a institucións sociais como hospitais, residencias de anciáns, orfanatos e comedores para persoas necesitadas en todo o mundo. Encárgase tamén de institucións educativas.

Na actualidade hai preto de 13.000 misioneiros españois por todo o mundo.

Todos estes proxectos son financiados cos donativos recollidos no DOMUND. As misións e as persoas máis pobres da terra seguen necesitando a nosa axuda.


ORACIÓN (TODOS XUNTOS)
Virxe e Nai María,
axúdanos a dicir o noso "si"
ante a urxencia, máis imperiosa que nunca,
de facer resoar a Boa Nova de Xesús.
Intercede pola Igrexa,
para que nunca se encerre nin se deteña
na súa paixón pola actividade misioneira.
Axúdanos a resplandecer
no testemuño da comuñón,
da fraternidade e da solidariedade,
da fe ardente e xenerosa,
da xustiza e o amor aos pobres,
para que a ledicia do Evanxeo
chegue ata os confíns da terra
e ningunha periferia se prive da súa luz.
Nai do Evanxeo vivente,
manancial de ledicia para os pequenos,
roga por nós. Amén.
(Cf. Francisco, Evangelii gaudium)

Enlaces de interese:

Colabora cun donativo
http://www.omp.es/Donativos/donativo.htm
Mensaxe do Santo Padre Francisco para a Xornada Mundial das
Misións: http://www.omp.es/OMP/domund/jornada/materiales/mensaje.pdf



Reflexión pastoral " Renace a alegría". "PDF: http://www.omp.es/OMP/domund/jornada/materiales/reflexionpastoral.pdf

VENRES 17 OUTUBRO. NO NOME DO PAI…
DOMUND
Bo Día. Chegamos á fin de semana, e ímolo facer con ganas. Este finde é importante, non só porque imos descansar senón porque este domingo celebramos o Domingo Mundial das Misións ou DOMUND. Este mes está dedicado especialmente á solidariedade. Dentro do mes ten especia relevancia este próximo Domingo, día 19.
O Domund celébrase en todo o mundo. E por suposto en todos os colexios vicencianos estanse a facer campañas, dando a coñecer o labor dos misioneiros e invitando a cada un de nós a poñer o noso gran de area.
O lema deste ano é RENACE A ALEGRÍA. No cartel que seguramente vexamos por moitos sitios aparece o sorriso duns mozos de diferentes razas que serve para expresar a alegría que xermola do corazón. As súas miradas e as súas mans entrelazadas reflicten que esa alegría nace dun corazón unido e unha fraternidade profunda. É a forza contaxiosa do amor, que descobren a cada paso as persoas que se entregan polos demais.
Estes son os obxectivos que se pretende conseguir coa campaña do Domund:
1. Rezar polos misioneiros e misioneiras e colaborar con eles no seu labor de levar a palabra de Xesús entre os máis pobres.
2. É unha chamada de atención sobre a común responsabilidade de todos os cristiáns na evanxelización e invita a amar e apoiar a causa misioneira.
3. Colaborar cunha achega económica coas necesidades materiais dos misioneiros e das misións.
Por iso cando este domingo vexas ou escoites a palabra Domund invitámoste a que non quedes indiferente.

EVANXEO:
Despois disto, designou o Señor outros 72 e enviounos por diante, de dous en dous, a todas as cidades e sitios onde el había de ir. E díxolles: "A mies é moita e os obreiros poucos. Pregade, pois, ao Dono da mies que envíe obreiros á súa mies".

VIDEO: Vídeo Domund 2014: "A mellor xogada"


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog