domingo, 19 de noviembre de 2017

ORACIÓNS SEMANA MILAGROSA

LUNS 20 NOVEMBRO. SEMANA DA MILAGROSA
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


Nestes días imos recordar a nosa nai, a Virxe Milagrosa. Nuns tempos tan difíciles para os cristiáns como foi o s. XIX, María visita unha sinxela Irmá e faille un pedido extraordinario: "Quero que comece unha Asociación de Mozos de María", e pouco despois Santa Catalina recibe unha nova misión: Fai acuñar unha Medalla segundo este modelo; todos os que a leven recibirán grandes grazas; as grazas serán abundantes para os que a leven con confianza... " Nun curto tempo este signo axudou a moitos enfermos a recobrar a saúde, aos dubidosos a retornar á fe e a todos os que a levan permítelles gozar de favores extraordinarios. Por iso a Medalla case dende os primeiros días en que foi acuñada foi chamada polo pobo "milagrosa".
A Medalla Milagrosa recórdanos a presenza de María na historia da salvación. As súas mans estendidas cara á terra na que se apoia, están abertas, cheas de bondade e de amor. Delas saen grazas para todo o que queira recibilas. Neste xesto María expresa a súa dispoñibilidade, a súa presenza continua. O mundo en que apoia os seus pés é unha terra nova, transformada polo amor de Deus, onde xa non hai lugar para o mal en ningunha forma. O mundo novo que han de construír os seus fillos, ha de estar cheo de xustiza e de paz.
María, mediadora de grazas ante o seu Fillo, a través dos raios que caen das súas mans, ilumina e transforma todo o que é destruído pola soberbia e o egoísmo. O mundo redimido por Xesucristo necesita persoas que continúen a súa misión. Nesta tarefa enormemente difícil a Nai de Deus quere que o mundo se faga un lugar de solidariedade, fraternidade e de desexos de axudar a todo necesitado.

E ti, pregúntate: Que fago para que o mundo ao meu arredor sexa mellor? Creo que podo contribuír un pouco máis á felicidade doutras persoas? Percibo as súas necesidades? Como podo socorrelos?...

Dicimos xuntos: 
Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a Ti!



MARTES 21 NOVEMBRO. FESTA DA VIRXE MILAGROSA. 
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

A Medalla Milagrosa ha de ser un símbolo identificativo da familia vicenciana á que todos pertencemos. E este ano no que celebramos o 400 aniversario do Carisma Vicenciano isto, ademais, ten que ser unha confirmación do compromiso na misión. Recibir e levar a Medalla con confianza significa tamén facer un esforzo por responder ao convite de María. Nós que somos os seus fillos, comprometémonos a construír a civilización do amor. Aproveitando a abundancia das grazas outorgadas por mans da nosa Nai, debemos levar a esperanza aos que a perderon. Debemos ser a prolongación das súas mans, debemos ensinar coa nosa vida que o mundo non se apoia unicamente sobre o progreso económico senón sobre a dignidade do ser humano e que esa dignidade é construída polo respecto mutuo, a xustiza e a paz. Deixémonos guiar por María.

Dicimos xuntos: 
Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recorremos a Ti!

ORACIÓN
GRAZAS, VIRXE MILAGROSA
Polo regalo da túa Medalla,
Porque es a nosa Nai:
pobre, sinxela, entregada, chea de misericordia.

Grazas pola túa fe, pola túa oración,
polo teu silencio, pola túa alegría,
pola túa fortaleza, pola túa esperanza.
Es tan pequena, que Deus te fixo a máis grande.
Es tan grande, que te sentes a máis pequena:

Serva de Deus e dos homes. Amén



MÉRCORES 22 NOVEMBRO: CATALINA LABOURÉ, MENSAXEIRA DA VIRXE

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


SER MEDALLA PARA OS DEMAIS

Entón deixouse oír unha voz que me dixo: Fai acuñar unha medalla con este modelo; todas as persoas que a leven recibirán grandes grazas ao levala ao pescozo, as grazas serán abundantes para as persoas que a leven con confianza

Con esta invitación María quere deixar un recordo da súa mensaxe de tenrura. Unha mensaxe que vai destinada a todos. Podemos levar a medalla como un recordo pero non ten valor en si mesmo. É o signo da presenza amiga de María que nos acompaña día a día. É o recordo da Boa noticia do Evanxeo.
Deus convídanos a encher o noso corazón coa súa graza. Se a medalla é un agasallo, recibila é unha misión.
Deus chámanos a ser medalla para os demais, a transmitir a mensaxe de María a todos os que nos rodean e tamén a mirar aos demais como medallas a través das súas palabras e actos.




ORACIÓN: 
MARÍA, AXÚDANOS A VIVIR O PROXECTO DE AMOR DE DEUS CARA AOS HOMES.


MARÍA, AXÚDANOS A SER PORTADORES DA BOA NOTICIA DE JESÚS A TODO O MUNDO.

MARÍA, AXÚDANOS A SER MEDALLAS VIVAS PARA TODOS Os QUE NOS RODEAN.  

AMÉN.

XOVES 23 NOVEMBRO

+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO


NAI MILAGROSA,
Que a través do camiño da vida
Deixemos rutas acendidas ao noso paso,
Raios de luz perdidos no camiño.
Portadores de alegría cristiá no noso traballo; raios de luz.
Portadores de amizade sincera entre os homes; raios de luz.
Portadores de pureza e humildade; raios de luz.
Portadores de calor, cariño, que desfaga o xeo frío; raios de luz.
Portadores de entusiasmo e alegría, para facer unha Igrexa nova, raios de luz.
Portadores de Evanxeo vivido na vida do quefacer diario; raios de luz.
Mantén o noso corazón levantado, cando a nosa fe vacile.
Amén.




OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!

VENRES 24 NOVEMBRO: 
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO



OH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECORREMOS A TI!


LUNS NOVEMBRO: FESTA DA VIRXE MILAGROSA. 
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

Vide ao pé deste altar...
Santa Catalina escoitou unha mensaxe e inmediatamente esta mensaxe encheu a súa vida. Recibiuna con atención, sinxeleza e humildade. Non hai nela ningunha idea preconcibida que poña obstáculo. Vive sinxelamente a FE sen dar cabida á dúbida; pide e ora e está segura que vai ser escoitada. 
Nós, que queremos, onde e en que poñemos os nosos desexos? Temos suficiente humildade para aceptar o que somos?
  
Que lugar damos á oración e ao silencio na nosa vida?

O terceiro punto inspirador en santa Catalina é a importancia da oración na súa vida. A santa obtivo todas as grazas pola intensidade da súa oración.

Que lugar damos á oración e ao silencio na nosa vida?

ORACIÓN (Todos xuntos)
Concédenos, Señor, a graza de estar atentos aos demais e ás súas necesidades, e de responder coa sinxeleza dun corazón verdadeiramente desprendido, con dispoñibilidade e humildade. Que escoite as chamadas que Deus fai resoar na miña vida, a través dos demais, familia, compañeiros, profesores,... pero tamén a través dos pobres, clamor ante tantas inxustizas, tantas incomprensións e tantas miserias. AMÉN



MARTES 28 NOVEMBRO: DÍA DE SANTA CATALINA LABOURÉ
+ NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO

GRAZAS, MARÍA, POR SER A NOSA NAI 
GRAZAS, MARÍA, POR LEVARNOS A XESÚS.
GRAZAS, MARÍA, PORQUE GRAZAS A TI XESÚS VEU AO MUNDO. 

GRAZAS, MARÍA, POR VISITARNOS, REGALARNOS A TÚA MEDALLA E ESTAR SEMPRE CONNOSCO. AMÉN



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog