domingo, 5 de noviembre de 2017

ORACIÓNS 6 -10 NOVEMBRO

LUNS 6 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

A FRATERNIDADE É O MÁIS SAGRADO: A diferenzación de funcións na sociedade conduciu a unha discriminación das persoas e consagrou unha orde xerárquica.
Con todo, a igualdade entre todos os homes é máis orixinaria e sacra ca calquera xerarquía.
Todos temos un mesmo Pai e  é o noso Mestre.
Xesús criticou repetidamente o modelo da pirámide e quixo que os seus discípulos vivisen fraternalmente, sen facer ostentación de cargos. Aínda que sexan necesarias as funcións e os ministerios pastorais na Igrexa, bispos e sacerdotes son tamén primeiro fieis e irmáns.

Evanxeo     Mt 23, 1-12
Din, pero non fan
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

            Naquel tempo, díxolles Xesús aos discípulos e mais á xente:
            ‑ Na cátedra de Moisés sentaron os letrados e mais os fariseos. Facede, logo, e cumpride canto vos digan, pero non imitedes a súa conduta porque falan pero non cumpren. Atan fardos pesados e cánganos no lombo dos outros, pero eles nin un dedo poñen para os mover.
            Todo o que fan é para que os vexan: visten aparatosamente; buscan os primeiros postos nos banquetes e os primeiros asentos nas sinagogas; que lles fagan reverencias nas rúas e que lles chamen "mestre".
            ‑ Vós non vos fagades chamar "mestre", pois un só é o voso Mestre, e todos vós sodes irmáns. E a ninguén na terra chamedes "pai", porque un só é o voso Pai, o celestial. Nin tampouco vos fagades chamar "guieiro", porque un só é o voso Guieiro, Cristo.
            O máis importante entre vós ha de ser servidor voso. Porque quen se enaltece, será humillado, e quen se humilla, será enaltecido.

                        Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo        

ORACIÓN
Non nos abandones na tentación.
Non nos deixes expostos ao pracer,
nin ao consumo, nin á pura ciencia,
nin aos valores dominantes, nin ao cansazo, 
nin ao aburguesamento que traen os anos, 
nin á autosuficiencia, nin ao fariseísmo,
nin ao engano propio, nin ao esquecemento de ti. 
Somos débiles, aínda que ás veces
non nolo creamos nós mesmos.
Líbranos do mal,
da cegueira e do endurecemento de corazón, 
da instalación 
e do cambio de rúa, cando apareces ti na outra esquina. AMÉN

NOSOPAI



MARTES 7 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

LECTURA BÍBLICA: Proverbios 15, 32

«Quen desatende a corrección desprézase a si mesmo, quen escoita a reprensión adquire sensatez»

LECTURA
Estreamos unha nova semana con “Receitas para a convivencia” que, a modo de bos consellos, poden servirnos para mellorar a nosa relación cos demais, cultivar a educación cívica e ata a nosa maneira de ser mellores persoas.

Hoxe ímonos fixar niso de “ter a razón en todo”, “querer sempre ter a razón” ou “saírme coa miña”. 

Por que podemos persistir nun erro a pesar de que todos nos digan o contrario? Por que sempre que discutes cres estar na posesión da verdade? E por que o sabes? Por que sempre estás tan seguro de ter razón? Pois curiosamente para saber iso hai que exporse á pregunta contraria. Como saber que estás equivocado? Que sente cando estás equivocado? Pensa un pouco. Cales son as sensacións que tes cando estás equivocado. Talvez, decepción? Enfado? Quizais, infelicidade? Incomodidade, vergoña, arrepentimento, dependendo de cal sexa o erro? Mesmo ás veces te podes rir dalgún erro parvo que poidas cometer, non?

Eses son os sentimentos que tes ou tiveches cando estiveches equivocado porque agora, como xa sabemos tes razón.

Espera, espera, espera. STOP. Ese é o problema. Iso non é o que sente cando estás equivocado. Iso é o que sentes cando te dás conta de que ESTABAS equivocado. Non podes saber que estás equivocado porque no momento en que descobres que estás equivocado deixas de estalo.  Non existe nada na nosa natureza que nos indique, que nos avise de que estamos equivocados agora. No momento actual, agora mesmo estamos totalmente cegos ante o erro porque cando estás equivocado o que sentes é… iso, que tes razón.

VÍDEO: Como saber se tes razón (5`15): 
https://www.youtube.com/watch?v=OvFmaqR5tJ0

MÉRCORES 8 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

LECTURA BÍBLICA: Efesios 4, 29-32
«Non saia da vosa boca ningunha palabra ofensiva, senón unha palabra boa que edifique a quen o necesite e agrade a quen a escoita. Afastade de vós toda amargura, paixón, cólera, berros, insultos e calquera tipo de maldade. Sede amables e compasivos uns con outros».

INTRODUCIÓN

Hoxe centrarémonos no dereito a “discrepar ou disentir”, algo que a primeira vista nos pode parecer contrario a ser felices porque significa levar a contraria, dar unha opinión en contra, ser diferentes, autónomos, defender os nosos dereitos e a nosa personalidade…

O dereito individual e colectivo a discrepar, a disentir, a non estar de acordo unha persoa con outra sobre un ou varios asuntos é algo normal, tal e como o vemos no mundo político con esa capacidade de tantos verbos que o expresan como discutir, debater, disputar, cuestionar; contrariar, negar, dificultar, opoñerse,… e que coa situación de Cataluña vivimos de forma moi intensa semanas pasadas e o que seguirá…  Recemos para que a cordura, a sensatez e o respecto sexan as fórmulas para tratar as posturas diferentes.

REFLEXIÓN

Lembra que, por moito que desexes non discutir, ás veces é inevitable. Xa sexa cun familiar, parella, amigo, compañeiro de traballo e mesmo un xefe, o importante é lograr que non sexa desagradable, senón un intercambio educado de impresións e que manteñas esas actitudes ou claves para mellorar as discusións. Discutir ben non é gañar. Para poder discutir ben, hai que ter en conta que a situación non deixa de ser unha conversación, non unha competición. Non esquezamos a gran frase do escritor francés Joseph Joubert, “o obxecto de toda discusión non debe ser o triunfo, senón o progreso”. Nunha discusión, os participantes poden enriquecerse mutuamente se a actitude é positiva e construtiva. Pola contra, as posturas serán cada vez máis distantes e o beneficio mutuo converterase en enfado, impotencia e mesmo rabia.

O texto bíblico escollido ao comezo é máis que suxestivo para dar sentido a este momento de oración. A clave da convivencia é a harmonía. A clave da relixión é a boa amizade e relación con todos para alcanzar a Deus.

E en caso de discusión ou discrepancia sempre nos queda o perdón e o amor que está por riba de toda opinión e diferenza. Xa o dicía San Pablo nese texto aos Efesios “Non se poña o sol mentres dura a vosa ira, non cedades ao Diaño”. As DIFERENZAS ENRIQUECEN.

NOSOPAI

VÍDEO: Aprender a discutir (3?41): 
https://www.youtube.com/watch?v=B_SxJ02xHX0


XOVES 9 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

LECTURA BÍBLICA: 1 Corintios 12, 4-7
«Existen carismas diversos, pero un mesmo Espírito; existen ministerios diversos, pero un mesmo Señor; existen actividades diversas, pero un mesmo Deus que executa todo en todos. A cada un dáselle unha manifestación do Espírito para o ben común»

INTRODUCIÓN

A nosa semana ao redor deses valores da convivencia como receitas de felicidade está na metade. Hoxe ímonos a centrar no tema da diversidade, das diferenzas… Vivimos nun mundo e unha sociedade cada vez máis multicultural e diverso que se manifesta mesmo no noso colexio, con persoas de orixe moi variada, con referencias culturais, relixiosas e tradicións moi diferentes. Pero persoas, en definitiva, que nos fan ser iguais en dignidade e dereitos, coa materia sempre pendente de aprender a saber convivir e respectarnos mutuamente, porque iso é o que nos une e axúdanos a ser tamén máis felices

Posiblemente coñecemos casos de rexeitamento cara a nós ou outras persoas por cuestións de xénero, cultura, lingua, relixión, sexo, etc. Saber aceptarnos, comprendernos e non excluírnos é algo fundamental na nosa sociedade. Por desgraza, todos os días hai noticias que nos falan de como isto segue sen cumprirse en casos como as vítimas dos malos tratos de xénero, no acoso escolar, nas diferenzas que se establecen cando alguén é contratado ou rexeitado nun traballo, cando vas á discoteca e cóbranche por ser mozo e non por ser moza, e tantos outros miles de casos que falan de machismo, discriminación, indiferenza, rexeitamento, etc

Cando se aprecia e valora a unha persoa créanse uns estímulos que potencian moitas posibilidades positivas, moita creatividade e unha mellora das relacións humanas en todas partes. Agora o interesante sería que cada un descubrísedes que aspectos dominan máis nas vosas vidas porque seguramente que iso explica moito dos nosos comportamentos. 

Pidamos ao Señor pola paz e fraternidade entre todos os pobos e razas do mundo enteiro, pola amizade e unidade entre todos os seres humanos.

NOSOPAI

VÍDEO: 
Diversidade (2?32): 
https://www.youtube.com/watch?v=UJNYYP3-CUQ

VENRES 10 NOVEMBRO. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO. AMÉN

TRES PALABRAS MÁXICAS

LECTURA BÍBLICA: Filipenses 1, 3
«Dou grazas ao meu Deus cada vez que me acordo de vós»

INTRODUCIÓN

“Trata aos demais como queres que te traten”. É a regra de ouro da convivencia que, curiosamente, está recollida en todas as relixións tamén, como é o caso do cristianismo cando Xesús di “o que fagades de bo a outro facédesmo a min e non quedará sen recompensa”. Hoxe ímonos a fixar nalgunhas palabras máxicas que teñen un efecto inmediato, como son “por favor”, “grazas” e “perdón”.

LECTURA/REFLEXIÓN
Sen dúbida que a forma máis educada e adecuada de pedir as cousas é sempre por favor. Moitas veces non conseguimos o que pedimos polos malos modais empregados ou por esixilos de forma maleducada, o cal favorece que o outro se negue a facelo porque se ve menosprezado ou humillado… Non custa nada dicir “por favor” e hai que saber dicilo con amabilidade e respecto en todas as circunstancias e lugares.
Outra palabra máxica é “grazas”. Ás veces damos por supostas certas cousas e non se agradecen ou valoran nin sequera cun simple “grazas”. Pensade, por exemplo, nos vosos pais, que se cadra vos din que non llo digades ou non as merecen, pero é un signo de cortesía, de aprezo, de agarimo… Hai tantos exemplos para agradecer cada día… ao cedernos o paso, un asento, cando nos esperan, nos felicitan, interésanse por nós e a nosa saúde, sempre hai que corresponder co grazas.  Cando nos prestan algo (materiais, cadernos, apuntamentos…), hai que devolver pronto as cousas e dar as grazas. Nada hai que custe tan pouco e sirva tanto como un GRAZAS
A terceira palabra máxica é “perdoa/ desculpa/ sínto”. Xa o dicían os romanos que “equivocarse é de humanos”, pero máis humano e signo de madurez é recoñecer os erros. Por iso, cando de forma involuntaria molestamos a alguén é de xustiza e boa educación pedir desculpas. Ao interromper a outros tamén hai que pedir perdón. Isto é o que realmente nos fai grandes, a nivel humano. Pedir desculpas e aceptar as desculpas dos demais é fundamental para a boa convivencia, para solucionar os conflitos, para non dar demasiada importancia a algo que non a ten e, se a ten, recoñecer o noso erro.

            Estes aspectos tan sinxelos pero tan útiles e importantes na convivencia de cada día, fará que as nosas relacións sexan máis agradables co esforzo de todos. Aprender a convivir significa aceptar as diferenzas, pero tamén a respectarnos e coidar os aspectos xerais e fundamentais para todos.
Concluímos rezando xuntos, que é unha forma de agradecer a Deus o que nos concede

ORACIÓN

Grazas, Señor, por este novo día,
por esta nova mañá onde a túa luz
despexa toda escuridade,
vaise todo temor e reina o teu amor.

Presentámosche as nosas vidas para que as limpes
de todo aquilo que non te agrada,
dános unha mente renovada e
que estea centrada na túa vontade.

Neste novo día encomiámosche e bendicimos o teu nome,
dámosche as grazas polas nosas familias
e polo traballo que podemos realizar día a día.
Dános sabedoría para falar,
para saber dicir as cousas e para escoitar
coa atención necesaria,
que poidamos manter a calma,
e pasar o día sendo pacientes
en todo o que teñamos que realizar.

Pedímosche que protexas ás nosas familias
ás nosas amizades e seres queridos
cóidaos e líbranos de todo mal.

Grazas por estar ao noso lado,
polas oportunidades que nos dás
polas portas que se abrirán hoxe,
grazas por darnos o teu amor, perdón e bendición.




Aproximadamente primeiros 5 minutos da Ponencia de Gregorio Luri: "Las cuatro palabras mágicas en educación"



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog