Luns, 13 de novembro. NO
NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
ACENDER
UNHA FE
GASTADA
EVANXEO
Mateo
25, 13:
Vixiade, xa que non
sabedes nin o día nin a hora.
REFLEXIÓN
A
primeira xeración cristiá viviu convencida de que Xesús, o Señor resucitado,
volvería axiña cheo de vida. Non foi así. Aos pouquiños, os seguidores de Xesús
tivéronse de preparar para unha longa espera.
Non é
difícil imaxinar as preguntas que se espertaron entre eles. Como manter vivo o
espírito dos comezos? Como vivir espertos mentres chega o Señor? Como alimentar
a fe sen deixar que se apague? Un relato de Xesús sobre o sucedido nunha voda
axudáballes a pensar a resposta.
Necesitamos ás présas
unha nova calidade na nosa relación con Xesús. Coidarmos todo o que nos axude
centrar a nosa vida na súa persoa. Non gastar enerxías no que nos distrae ou
desvía do seu Evanxeo. Acendermos cada domingo a nosa fe rumiando as súas
palabras e comulgando vitalmente con el. Ninguén pode transformar as nosas
comunidades coma Xesús.
Martes, 14 de novembro.
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
1. DEREITO A SER
RESPECTADO E RESPONSABILIDADE DE
RESPECTAR A TODOS
Convivir cos demais non é ás veces tarefa fácil, pero uno
dos valores que temos que traballar en todos os ámbitos da nosa vida é o
RESPECTO. O dereito a ser respectados é algo que debemos esixir aos demais, así
como traballar pola responsabilidade de respectar a todas as persoas que están
ao noso ao redor.
Esa responsabilidade pasa por respectar e ser respectado
nas nosas contornas familiares, escolares e sociais, practicando algo que
desexamos para connosco mesmos e que debemos buscar para todos os demais (e
referímonos ás persoas, ás cousas, aos animais, ao noso medio ambiente… )
LECTURA BÍBLICA:
Colosenses 3, 9-13
«Non vos mintades uns a outros! Como elixidos de Deus,
santos e amados, revestídevos de compaixón entrañable, bondade, humildade,
mansedume, paciencia. Soportádevos mutuamente e perdoádevos cando algún teña
queixas contra outro. O Señor perdoouvos: facede vós o mesmo».
REFLEXIÓN
O respecto é a consideración, atención, deferencia que se
debe a unha persoa. Podemos dicir tamén que é o sentimento que leva a recoñecer
os dereitos e a dignidade do outro. Este valor fundaméntase na dignidade da
persoa. Dignidade de igual a igual compartida por todos. O respecto aos demais
é a primeira condición para saber vivir e poñer as bases dunha auténtica
convivencia en paz.
Cústache respectar aos demais, as súas opinións, a súa
forma de ver a vida, a súa forma de vestir… Que temos que facer para mellorar o
respecto a nós mesmos e aos demais?
Mércores, 15 de novembro.
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
DEREITO Á EDUCACIÓN
E RESPONSABILIDADE DE
ESTUDAR
Cando botamos unha mirada ao longo da historia, non é
difícil darse conta que para que un país teña futuro e os seus cidadáns poidan
vivir nunhas boas condicións de benestar, é necesario que a educación sexa un
dos alicerces básicos.
É certo que é un dereito que fomos conquistando entre
todos, pero é a nosa responsabilidade, a de toda a sociedade o velar e coidar
porque este dereito se cumpra, pero tamén velar porque este dereito non nos
leve ao malgasto e falta de interese por mellorar constantemente.
EVANXEO: Mateo 28, 16-20
«Os once discípulos fóronse a Galilea, ao monte que Xesús
lles indicara. Ao velo, eles prostráronse, pero algúns dubidaron. Achegándose a eles, Xesús díxolles: «Déuseme
todo poder no ceo e na terra. Ide, pois,
e facede discípulos a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e
do Espírito Santo; ensinándolles a gardar todo o que vos mandei. E sabede que
eu estou convosco todos os días, ata o final dos tempos».
REFLEXIÓN
O estado Español gasta na educación aproximadamente
44.324 millóns de € ao ano, é dicir, un 4,27 % de PIB, o que corresponde a 937
€ por persoa e ano. Unha praza escolar de ESO custa máis de 6.000 € ao ano.
Estes datos económicos téñennos que facer reflexionar
sobre a nosa responsabilidade e actitude ante o estudo. É un gran privilexio
poder vivir nun lugar onde temos a posibilidade de formarnos para poder vivir
mellor no futuro e poder soster entre todos o que entre todos logramos.
Cal é a túa postura ante os estudos? Estás a ser
responsable ante a solidariedade de tantas persoas para que ti poidas estudar?
Es consciente da importancia que ten poder estudar?
AVE MARÍA
XOVES, 16 de novembro. NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
DEREITO Á SAÚDE E RESPONSABILIDADE DE COIDARSE
Todos valoramos a nosa vida e a dos nosos seres queridos,
e todos experimentamos nalgún momento a enfermidade, unha das cousas que máis
apreciamos cando a perdemos. Ter saúde é moi importante na vida, porque nos
posibilita ter autonomía, podernos mover dun lado para outro; ter saúde supón poder
gozar de todo o que a vida nos ofrece ao redor; pero a saúde é algo que podemos
ou non podemos ter, ás veces a enfermidade chega sen esperala, pero a maioría
das veces fáltanos saúde pola nosa maneira de vivir, o que comemos e bebemos,
os hábitos de vida que realizamos, se facemos ou non exercicio, se descansamos
ou non o suficiente… son cuestións que inflúen na nosa mellor ou peor saúde.
Temos dereito a que cando estamos enfermos nos coiden e
teñamos médicos e hospitais para iso, pero non menos certo é que a nosa maior
responsabilidade respecto da saúde é a de coidarnos e tratar de vivir dunha
forma que posibilite ter a maior saúde posible durante o maior tempo posible.
EVANXEO: Mateo 8, 5-13
«Ao entrar Xesús en Cafarnaún, un centurión achegóuselle
rogándolle: «Señor, teño na casa un criado que está na cama paralítico e sofre moito».
Contestoulle: «Vou eu curalo». Pero o centurión replicoulle: «Señor, non son
digno de que entres baixo o meu teito. Basta que o digas de palabra, e o meu
criado quedará san». Ao oílo, Xesús quedou admirado e dixo aos que o seguían: «En
verdade dígovos que en Israel non atopei en ninguén tanta fe. E dixo Xesús ao
centurión: «Vaite; que te suceda segundo criches». E naquel momento púxose bo o
criado».
REFLEXIÓN
Es responsable cos teus hábitos de vida e como estes
poden repercutir na túa saúde? Es consciente daquelas cousas que poden estragar
a túa saúde como fumar, beber alcol, consumir drogas, comer alimentos que
prexudican á túa saúde, non descansar o suficiente?
NOSOPAI
https://youtu.be/Xq3aFZu8Wgs
VENRES, 17 de novembro.
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
DEREITO Á PROTECCIÓN E
RESPONSABILIDADE DE COIDAR AOS MÁIS DÉBILES
Desde que o home viviu en sociedade, foi descubrindo que
necesitaba estar protexido por esa sociedade. Na evolución humana estudamos
como as especies sobreviviron pola selección natural, de forma que as especies
máis fortes predominaron ou resistiron mellor esa selección que as especies
máis débiles. Así ocorreu e tristemente segue ocorrendo actualmente no
desenvolvemento das sociedades humanas.
Se algo nos diferencia dos animais é que as persoas
coidamos doutras persoas e establecemos uns dereitos que tratan de protexer aos
máis débiles da nosa sociedade; desta maneira coidamos dos maiores, dos
enfermos, dos nenos, dos minusválidos, daqueles que quedan sen traballo, etc.,
é dicir, de todas aquelas persoas que en momentos concretos da vida son máis
débiles e vulnerables. Unha sociedade que non avance nesta dirección é unha
sociedade menos humana, menos solidaria e inevitablemente moito menos cristiá.
EVANXEO: Mateo 25, 31- 46
Porque tiven fame e déstesme para comer, tiven sede e
déstesme de beber, fun forasteiro e hospedástesme, estiven espido e vestístesme,
enfermo e visitástesme, no cárcere e viñestes verme. Entón os xustos
contestaranlle: Señor, cando te vimos con fame e te alimentamos, ou con sede e
démosche de beber?; cando te vimos forasteiro e te hospedamos, ou espido e
vestímoste?; cando te vimos enfermo ou no cárcere e fomos verte? E o rei
diralles: En verdade dígovos que cada vez que o fixestes cun destes, os meus
irmáns máis pequenos, comigo o fixestes.
REFLEXIÓN
Quizais sexa este texto do evanxeo de Mateo un dos máis
impactantes e directos á nosa actuación como persoas e como cristiáns. Cal é a
miña sensibilidade cara aos máis pobres e débiles da sociedade? Xustifícome,
paso ou comprométome? Teño conciencia da responsabilidade que teño cara aos
máis débiles e de que isto se plasma no meu estilo de vida?
NOSOPAI
No hay comentarios:
Publicar un comentario