jueves, 30 de noviembre de 2017

ORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A discapacidade é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase para definir unha deficiencia física ou mental, como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.

As persoas con discapacidade adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns súmanse a discriminación social e a falta de lexislación adecuada para protexer aos discapacitados.

Está amplamente demostrado que, unha vez eliminados os obstáculos á integración das persoas discapacitadas, estas poden participar activa e  productivamente á vida social e económica das súas comunidades. Por iso é necesario eliminar as barreiras da asimilación dos discapacitados á sociedade.

A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais recoñecidos pola Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades. Son as condicións sen as cales non poden gozar das súas outros dereitos. A Convención pide que as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade.

ORACIÓN:

MÍRAME
Son humano coma ti,
Teño sentimentos, aptitudes, inquedanzas e esperanzas.

REFLEXIONA
o meu comezo foi igual ao teu,
as ilusións que acompañaron o meu nacer
foron as mesmas que tiveron os teus pais.

ACÉPTAME
tal como son,
en razón de xustiza e non de piedade.

FAI POSIBLE
que os meus beizos se iluminen
coa luz dun sorriso
e quite deles esa sombra triste
da incerteza e do temor.

TRANSFÓRMAME
nun ser útil e non nun ser de esmola.

LÍBRAME
da ignorancia, da burla,
da dependencia e da explotación.

AXÚDAME
a non ser unha carga
dándome a oportunidade de mostrar á sociedade
que son unha persoa capaz de producir.

DEMÓSTRAME
a túa capacidade de amar, comprender,
de axudar e de xustiza social.​

SEÑOR,
Ti nos coñeces a cada un polo nome,
coñeces a nosa mente, os nosos intereses
e desexos máis profundos,
que nós non alcanzamos a ver nin entender.

Permítenos ser  compasivos e bos
Apoiar a todas as persoas
 e amar como Ti queres

Que saibamos protexer, respectar e acoller
a todos por igual

Énchenos da túa paz,
reine en todos a túa  Misericordia
e fainos sensibles, xenerosos e  agradecidos. AMÉN



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog