martes, 2 de mayo de 2017

MES DE MAIO, MES DE MARÍA

XOVES 4 MAIO. 

No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo


Comezamos o mes de maio. É un mes no que recordamos, de forma especial, a María.

De María hai moitas cousas que non sabemos: non sabemos se foi loura (probablemente non), se tiña a pel branca e suave (probablemente tampouco), se era alta, baixa, delgada ou gorda.
Pero hai unha cousa que si sabemos: foi unha muller bela. Non falamos da beleza que vén do externo (do físico, dos adornos ou dos vestidos), senón desa beleza que sae do interior, da forma de ser, do realmente importante. María foi preciosa aos ollos de Deus.
María CONFIOU. Confiou na Palabra de Deus que se lle dirixía a ela. Podía ter mirado cara a atrás coma se con ela non fose a cousa, pero non o fixo. CONFIOU. Dixo SI
María ATREVEUSE. Atreveuse a desafiar a vergoña, a incomprensión, a soidade, o repudio.
María apostou pola VIDA. A vida de Deus en primeiro lugar. A vida do seu fillo en segundo lugar. E, despois, a vida da humanidade enteira e a súa propia.
Si. María atreveuse, confiou e viviu. Sóache?
Ogallá este mes nos sirva para coñecer un pouco mellor a María, que nos acompañe no camiño e que sexa tamén modelo para nós.

Lectura do evanxeo de san Lucas 1,26-38
O sexto mes enviou Deus ao anxo Gabriel a unha cidade de Galilea chamada Nazaret, a unha virxe prometida a un home chamado Xosé, da familia de David; a virxe chamábase María. Entrou o anxo a onde estaba ela e díxolle: -Alégrate, favorecida, o Señor está contigo. Ao oílo, ela turbouse e discorría que clase de saúdo era aquel. O anxo díxolle: -Non temas, María, que gozas do favor de Deus. Mira, concibirás e darás a luz un fillo, a quen chamarás Xesús. Será grande, levará o título de Fillo do Altísimo; o Señor Deus daralle o trono de David, o seu pai, para que reine sobre a Casa de Xacobe por sempre e o seu reinado non teña fin. María respondeu ao anxo: -Como sucederá iso se non convivo cun varón? O anxo respondeulle: -O Espírito Santo virá sobre ti e o poder do Altísimo farache sombra; por iso, o consagrado que naza levará o título de Fillo de Deus. Mira, tamén á túa parente Isabel, concibiu na súa vellez, e a que se consideraba estéril está xa de seis meses. Pois nada é imposible para Deus. Respondeu María: -Aquí tes a escrava do Señor: que se cumpra en min a túa palabra. O anxo deixouna e foise.
Palabra de Deus

AVE MARÍA



VENRES 5 MAIO. 

No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo



NAI NON HAI MÁIS QUE UNHA...


Á escoita da Palabra de Deus
«Xunto á cruz de Xesús estaban a súa nai, a irmá da súa nai, María a de Cleofás, e María la Magdalena. Xesús, ao ver a súa nai e preto ao discípulo que tanto quería, dixo á súa nai: "Muller, aí tes o teu fillo". Logo, dixo ao discípulo: "Aí tes a túa nai". E dende aquela hora, o discípulo recibiuna na súa casa»
(Jn 19,25-27)

Momento de reflexión
O mes de maio comeza coa mirada posta no día da Nai (que é este domingo). Pero este mes non só nos recorda a importancia de cada unha das nosas nais, senón tamén a da nosa Nai María. Xesús deixóunola como nai nosa, como nai de todos os discípulos, como escoitamos na lectura do evanxeo.

UNHA HISTORIA SOBRE AS NAIS...
A seguinte historia pode axudarnos a recoñecer canto vale unha nai, canto a necesitamos, e valorala como un regalo de Deus. Tamén María:
Deus que estaba ocupado en crear as nais, levaba xa seis días traballando horas extraordinarias, cando un anxo se lle presentou e díxolle:"AFÁNASTE DEMASIADO, SEÑOR".
O Señor repuxo: pero non te decatas de que esta criatura ten que ser lavable de pés a cabeza, sen ser de plástico e que ten que levar cen pezas movibles, todas substituíbles, funcionar a base de café negro e das sobras de comida, que ten que posuír un regazo capaz de desaparecer cando se poña de pé, un bico capaz de curar todo, dende unha perna rota ata un amor frustrado e ter seis pares de mans…?
E o anxo, confundido observou: Seis pares de mans Señor? Iso non é posible! Non son as mans o problema, agregou o Señor, senón os tres pares de ollos.
E iso é para o modelo normal? Preguntou o anxo.
E o Señor explicoulle: un para ver a través da porta sempre que pregunte:  Nenos, que estades a facer aí dentro? Aínda que xa o saiba moi ben; outro detrás da cabeza para ver o que máis lle valera ignorar, pero que precisa saber; e dende logo os de adiante, para mirar a un neno en apuros e dicirlle, sen pronunciar sequera unha palabra: "enténdote, fillo, e quérote moito".
Xa fixen unha que se cura por si soa cando enferma; que é capaz de alimentar unha familia cun pouco de arroz e de convencer un neno de catro anos que estea quieto mentres o baña.
Lentamente, o anxo deu a volta en torno a un dos modelos maternais dicindo: paréceme demasiado delicada, comentou cun suspiro.
Pero é moi resistente asegurou Deus emocionado, non tes idea do que é capaz de facer e soportar.
Poderá pensar? preguntou o anxo.
Claro, e razoar tamén, respondeu o Señor.
Por último o anxo inclinouse e pasou un dedo pola meixela do modelo, dicindo: ten unha fuga!
E dixo Deus: non é unha fuga, é unha bágoa.
¿E... para que serve? Dixo o anxo.
Para expresar gozo, aflición, desengano, pesadume, soidade e orgullo.
Es un xenio, Señor, comentou o anxo.
E Deus, cun perfil de tristura observou e dixo: "Eu non lla puxen”.

Oración
SEÑOR XESÚS:
Grazas polas nais que nos deches.
Os máis nobres sentimentos que temos,
sementounos en nós a nosa nai:
a fe, a honestidade, o amor ao traballo.
Nesta hora de retos e desafíos,
as nais necesitan da túa axuda.
Que a Virxe Nai as encha de fortaleza.
Que a Virxe María siga sendo
modelo de todas as nais.
Que tamén elas loiten pola xustiza
e que confíen no Deus dos pobres:
O Deus que quere pan en todas as mesas
e paz en todos os fogares;
o Deus que destrúe o poder corrompido
e protexe os indefensos e humillados.
Ilumina a vida das nosas nais.
Premia os seus desvelos e traballos.
Dá paz as nais xa defuntas.
Bendice a todos os fogares.
E que os fillos sexan sempre
gloria e coroa das nais. Amén.

Este vídeo recórdanos a importancia das nais, un convite ao agradecemento pola súa presenza na nosa vida. Tamén para agradecer á nosa Nai a Virxe María o seu auxilio e a súa protección:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog