NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Celebramos onte a festa da
Ascensión de Xesús ao ceo.
Aquel home que
naceu Neno en Belén; aquel que curou a enfermos e acompañou os tristes; aquel
que curou feridas e que subiu á cruz; aquel que, ao terceiro día resucitou … SOBE
AOS CEOS!
É esta unha
festa de grande alegría. Xesús, ao entrar no ceo, deixa unha porta aberta
pola que nós tamén entraremos un día a formar parte desa familia.
Xesús vaise ao ceo e agora é a nosa
quenda. Nós temos que levar a cabo a misión de Xesús, continuando a tarefa, o
traballo que Xesús comezou: Anunciar a Boa Noticia e ser testemuñas do amor de
Deus. Desde o ceo acompáñanos para que non esquezamos ir polos camiños que El
nos marcou
1.-Xesús cumpriu
a súa misión: amosar o amor de Deus, querernos con
loucura ata dar a vida por nós, ensinarnos como temos que querernos, perdoarnos,
vencer a morte e abrirnos o corazón de Deus para que vivamos nel, enviarnos o
Espírito.
2.-Xesús non nos
abandona, segue connosco: o Espírito Santo é
unha nova maneira de estar connosco. El está na Palabra de Deus, no Pan que
comungamos, cando nos reunimos no seu nome, en cada persoa que está xunto a nós
é Xesús que está ao noso carón.
A nosa tarefa é cumprir a tarefa de Xesús,
continuar a súa misión. É dicir, ser as súas testemuñas hoxe. Que nos pide hoxe Xesús?
MARTES 30 MAIO.
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
Dios todopoderoso, tu que inspiraste a la Virgen María, cuando llevaba en su seno a tu Hijo, el deseo de visitar a su prima Isabel, concédenos, te rogamos, que, dóciles al soplo del Espíritu, podamos, con María, cantar tus maravillas durante toda nuestra vida. Por Nuestro Señor Jesucristo. Amén.
ORACIÓN FINAL
Bendita sea tu pureza
Bendita sea tu pureza
y eternamente lo sea,
y eternamente lo sea,
pues todo un Dios se recrea
en tan graciosa belleza.
en tan graciosa belleza.
A Ti, celestial princesa,
Virgen Sagrada María,
te ofrezco en este día,
alma, vida y corazón.
Mírame con compasión,Virgen Sagrada María,
te ofrezco en este día,
alma, vida y corazón.
no me dejes, Madre mía
MÉRCORES 31 MAIO.
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
EVANGELIO: Lucas 1, 46-47
Cantemos todos na honra de María:
XOVES 1 XUÑO.
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTOO AGORA E A GRATUIDADE
LECTURA BÍBLICA: Feitos 5, 29-33
«Pedro e os apóstolos replicaron: Hai que obedecer a Deus antes que aos homes. O Deus dos nosos pais resucitou a Xesús, a quen vós matastes, colgándoo dun madeiro. Testemuñas disto somos nós e o Espírito Santo, que Deus dá aos que lle obedecen. Esta resposta exasperounos, e decidiron acabar con eles»
LECTURA: "Momento tras momento todo o mundo emerxe da nada. Esta é a verdadeira alegría da vida" S. Suzuki
A verdadeira alegría da vida céntrase en dúas realidades profundamente unidas: o agora e a gratuidade.
Neste momento a existencia está a serche regalada. Todo neste preciso instante está a ser procreado.
Toma conciencia disto!
Na tradición cristiá expresouse todo isto como "creación continua": a creación non ten nada que ver co tempo e o espazo e tampouco co concepto de "fabricación". Deus está a ser agora e todo está a ser procreado neste momento. Neste momento Deus procréase a si mesmo cara a fóra e exprésase en todo o que experimentamos, interior e exteriormente.
Cada pequeno detalle, cada escintileo de luz, cada movemento da alma, cada mirada, cada respiro e cada sorriso, todo o que oio, vexo e sinto, todo o que percibo, soño e imaxino: estase procreado agora no seo da divindade como agasallo de amor.
Sente a vida. Palpita coa vida. Vive con intensidade cada respiro. Toca a raíz da vida sen medo. Deus está a darse o ser para ti, en ti, contigo.
ORACIÓN
Axúdanos a cambiar, Señor,
a nosa mirada mundana, egoísta,
pouco comprometida,
medorenta, acomodada.
Axúdanos a cambiar
para mirar as cousas, o mundo,
a vida, coa túa mirada
e desde os teus ollos.
VENRES 2 XUÑO.
NO NOME DO PAI, DO FILLO E DO ESPÍRITO SANTO
A IMPORTANCIA DE CADA DETALLE
EVANXEO: Xoán 6, 14
«A xente ao ver os sinais milagrosos feitos por Xesús, dicían: Verdadeiramente este é o profeta que había de vir ao mundo»
LECTURA
- O que máis me deprime é a absoluta vulgaridade da miña existencia. Xamais na vida fixen nada tan importante como para merecer a atención do mundo.
- Equivócaste se pensas que é a atención do mundo o que fai que unha acción sexa importante, dixo o Mestre. Seguiu unha longa pausa.
- Bo, pero é que tampouco fixen nada que influíse nalguén, nin para ben nin para mal...
- Equivócaste se pensas que é o influír nos demais o que fai que unha acción sexa importante, volveu dicir o Mestre.
- Pero, entón, que é o que fai que unha acción sexa importante?
- Realizala por si mesma e poñendo niso todo o propio ser. Entón resulta ser unha acción desinteresada, semellante á actividade de Deus.
Anthony de Mello. Un minuto para o absurdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario